Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.718 novas:
Turismo de Galicia e o Grupo Nove mostran o potencial da cociña galega e a virtude dos seus cociñeiros nun showcooking en Barcelona

24/11/14 | 20:30  | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia e o Grupo Nove mostran o potencial da cociña galega e a virtude dos seus cociñeiros nun showcooking en Barcelona

O acto contou coa presenza da directora de Promoción de Turismo de Galicia, primeiras figuras da cociña tanto galega como catalá e máis de 250 asistentes

Carmen Pita felicitou aos cociñeiros galardoados, a pasada semana, coa Estrela Michelin e afirmou que todos eles “son os grandes embaixadores da gastronomía galega a nivel internacional e un referente empresarial de éxito”

A enogastronomía converteuse na segunda motivación pola que os turistas elixen Galicia como destino
 

escoitar
Vázquez Abad salienta a “excelencia” e a “calidade” da Escola de Altos Estudos Musicais, na inauguración do curso 2014-15

24/11/14 | 20:17  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Vázquez Abad salienta a “excelencia” e a “calidade” da Escola de Altos Estudos Musicais, na inauguración do curso 2014-15

O conselleiro de Cultura e Educación asegurou que a EAEM está “na vangarda de Europa”

O compositor aragonés Antón García Abril foi o encargado do relatorio inaugural cunha conferencia baixo o título “Mis encuentros con Galicia”
 

escoitar
Raquel Arias destaca que a Xunta loita contra a violencia de xénero con medidas transversais que procuran “a rehabilitación integral das vítimas”

24/11/14 | 19:42  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Raquel Arias destaca que a Xunta loita contra a violencia de xénero con medidas transversais que procuran “a rehabilitación integral das vítimas”

A delegada territorial explicou en Burela os programas de atención á saúde física e psíquica, as axudas económicas, e outros recursos de acollida e asistencia que ten en marcha o Goberno autonómico

escoitar
A Consellería de Cultura e Educación proxecta esta semana no CGAC a estrea do documental ‘Five days to dance’ e unha performance do artista Filippos Tsitsopoulos

24/11/14 | 19:04  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación proxecta esta semana no CGAC a estrea do documental ‘Five days to dance’ e unha performance do artista Filippos Tsitsopoulos

A proxección celebrarase mañá, mentres que o xoves 27, en colaboración coa galería About Art, o artista Filippos Tsitsopoulus desenvolverá a performance ‘Kage where K for Kott’

escoitar

24/11/14 | 19:00  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Comeza na AGASP o curso de mediación policial para o Corpo Nacional de Policía

escoitar
Mato solicita ao Senado apoio para promover unha estratexia nacional que faga fronte ao problema demográfico

24/11/14 | 18:40  | C. de Traballo e Benestar

Mato solicita ao Senado apoio para promover unha estratexia nacional que faga fronte ao problema demográfico

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe, a petición da Cámara alta, na Comisión de entidades locais, no marco da ponencia de estudo para a adopción de medidas en relación co despoboamento do rural en España

Presentou o balance do Plan de dinamización demográfica, que en menos de dous anos xa ten en execución máis do 60% das súas medidas

Destacou o avance realizado nas deducións ás familias, unha liña que continuará no próximo exercicio, e que converterá a Galicia na comunidade autónoma con maiores beneficios fiscais nesta materia do Estado

Adiantou actuacións novidosas de cara ao ano que vén, como a posta en marcha do Observatorio galego de dinamización demográfica ou das casas niño

A titular do departamento autonómico apostou por dar unha “resposta de país” ante este “problema estrutural”

escoitar

24/11/14 | 18:20  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta aposta pola educación como a mellor ferramenta para erradicar a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou esta tarde as I Xornadas contra a Violencia de Xénero do Concello de Tui

López Abella subliñou que se trata dunha loita que só se pode gañar “entre todos e todas” e apelou ao traballo conxunto das administracións competentes

Actualmente 336 vítimas da violencia de xénero perciben axuda económica da Xunta, o 38 por cento delas na provincia de Pontevedra
 

escoitar
A Xunta de Galicia destina preto de 130.000 euros para a recuperación dunha zona verde en Castelo, no Concello das Somozas

24/11/14 | 16:16  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta de Galicia destina preto de 130.000 euros para a recuperación dunha zona verde en Castelo, no Concello das Somozas

As obras leváronse a cabo a través do Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico

A partida económica destinouse á limpeza do terreo e á plantación de céspede nunha parcela de case 41.000 metros cadrados de superficie

Belén do Campo asinou hoxe xunto co alcalde, Juan Alonso Tembrás, a acta de conformidade dos traballos
 

escoitar

24/11/14 | 16:04  | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia lidera o crecemento de viaxeiros aloxados no mes de outubro a nivel estatal

Galicia rexistrou un crecemento do 15,5% no volume de viaxeiros aloxados, ata situarse nos 334.816 viaxeiros, e do 13,7% no nivel das pernoitas acadando as 645.332

Nos dez primeiros meses o turismo internacional acadou en Galicia un máximo histórico de viaxeiros aloxados –superando os 900 mil-, de pernoitas –con máis de 1,45 millóns- e de peso no conxunto da demanda –co 28% dos viaxeiros e o 23% das pernoitas acumuladas-
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear