Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.597 novas:
Educación inicia hoxe os traballos de mellora da instalación eléctrica do Colexio de educación infantil e primaria Eugenio López, no Concello de Cee

22/12/14 | 11:35  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Educación inicia hoxe os traballos de mellora da instalación eléctrica do Colexio de educación infantil e primaria Eugenio López, no Concello de Cee

Aproveitarase o período non lectivo de Nadal para non interferir no desenvolvemento normal da actividade académica

O departamento autonómico destinará unha achega de 16.000 euros á realización destes traballos
 

escoitar

22/12/14 | 11:01  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do Río Ulla, polo que se incrementará a oferta de permisos

Os permisos de pesca de salmón pasarían dos 16 actuais a 20/día e tamén se proporcionan 24 novos permisos ao día baixo a modalidade de pesca sen morte

Este plan pretende aumentar a oferta de permisos de pesca para o salmón no Ulla conforme á mellora da situación da especie nesta canle fluvial, garantindo o aproveitamento sostible e preservando o futuro desta valiosa poboación

Segundo a lexislación de pesca fluvial autonómica, os plans de xestión son preceptivos en augas habitadas por salmón e reo
 

escoitar

22/12/14 | 10:53  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O 061-Galicia asistiu a 93 persoas por 65 accidentes de circulación durante a fin de semana

Dende as 15:00 horas do venres 19 de decembro ás 23:59 horas do luns 21 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 78 chamadas por accidentes de tráfico

escoitar

22/12/14 | 10:44  | C. do Medio Rural e do Mar

A Xunta destina 2,1 millóns de euros á compra de motobombas contra incendios forestais para a súa cesión aos concellos galegos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de Medio Rural e Mar que regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas aos concellos para o apoio á extinción de incendios forestais, consistentes na cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados estas funcións

escoitar

22/12/14 | 09:47  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta volve a ampliar as axudas a mulleres que sofren violencia de xénero para que ningunha vítima quede sen atender

O crédito incrementase en 64.000 euros, que sumados á anterior ampliación de outubro fan un total de máis de 1,1 millóns de euros neste 2014

O obxectivo destas axudas é garantir a independencia económica das vítimas respecto do seu agresor e favorecer a súa saída do ciclo da violencia

escoitar

21/12/14 | 12:43  | C. de Economía e Industria; Axencia de Turismo de Galicia

Galicia Calidade en ruta achegou a excelencia dos produtos gastronómicos certificados pola marca a preto de 3.000 persoas

Nos talleres impartidos polos chefs e sumilleres participaron máis de 800 consumidores, profesionais da gastronomía, bloggers e prescriptores

A iniciativa tivo unha ampla repercusión nas redes sociais, onde alcanzou unha audiencia de máis de 600.000 usuarios
 

escoitar

21/12/14 | 12:17  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación programa no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, unha serie de actividades para achegar os segredos do mundo mariños aos máis pequenos neste Nadal

O departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad ten previsto máis de 70 actividades nos museos e bibliotecas de Galicia que del dependen nestas datas festivas

escoitar
Nava Castro salienta o gran potencial do enoturismo de Galicia na I Festa do Escumoso do Viño do Condado do Tea

21/12/14 | 12:16  | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro salienta o gran potencial do enoturismo de Galicia na I Festa do Escumoso do Viño do Condado do Tea

Nava Castro manifestou que dende Turismo de Galicia “traballamos para activar e dinamizar os nosos territorio vinícolas para que o enoturismo se converta nun dos nosos principais reclamos como destino”

A directora de Turismo de Galicia lembrou que a Comunidade galega é o territorio con máis bodegas certificadas co Q de Calidade turística, incluídas no eido do turismo industrial

Citou, entre outras iniciativas de promoción, as Rutas dos viños de Galicia, os Trens turísticos das rutas dos viños de Galicia e a aplicación para smartphones Enoturismo de Galicia
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear