Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.522 novas:

27/02/15 | 12:01  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Román Rodríguez salienta que o investimento de máis de 1,8 millóns de euros sitúa a Xunta de Galicia como a maior garante da conservación da Catedral de Ourense

O conselleiro de Cultura e Educación visitou esta mañá o templo, onde o seu departamento ten previsto realizar novas intervencións de reforma da instalación eléctrica, e de restauración das reixas da Capela Maior e da decoración románica da cabeceira

escoitar

27/02/15 | 11:14  | C. de Traballo e Benestar

Traballo destinou preto de 180.000 euros para a formación de 20 persoas nun obradoiro de emprego para Miño e Paderne

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do alcalde de Miño, Jesús Veiga; e do alcalde de Paderne, César Longo; clausurou hoxe esta iniciativa

Os alumnos, que recibiron un certificado de profesionalidade de validez nacional, especializáronse en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes

A titular do departamento autonómico apuntou que no ano 2014 a Consellería destinou máis de 230.000 euros ao desenvolvemento de diferentes iniciativas relacionadas co emprego no concello de Miño; e máis de 340.000 euros no concello de Paderne, algunhas delas en colaboración con outros concellos

Nos últimos seis meses, á provincia da Coruña destináronse 2,8 millóns de euros cos que se financiaron 15 obradoiros e participaron 32 concellos e 315 alumnos
 

escoitar

27/02/15 | 11:06  | C. de Facenda

A Xunta abre o prazo de inscrición nas listas de contratación de persoal laboral temporal e para o nomeamento de funcionarios interinos

Este prazo permanecerá aberto do 1 de marzo ao 15 de xullo, e a inscrición poderá realizarse a través da web da Xunta

Como novidade, ábrense nove listas respecto ao ano pasado
 

escoitar

27/02/15 | 10:18  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O CDTIC acolle o 4 de marzo unha sesión demostradora sobre as últimas novidades tecnolóxicas para a xestión de bodegas

Bodegueiros, colleiteiros, envasadores, enólogos e distribuidores poderán coñecer as últimas solucións de trazabilidade, EMCS, libros de bodega e innovadoras ferramentas de captación e fidelización de clientes

A actividade está organizada pola empresa galega Prom Sistemas Informáticos

A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/
 

escoitar
Os concellos de Trazo, Frades e Ordes trasladan á Xunta o proxecto para a realización conxunta dun obradoiro de emprego

27/02/15 | 10:13  | C. de Traballo e Benestar

Os concellos de Trazo, Frades e Ordes trasladan á Xunta o proxecto para a realización conxunta dun obradoiro de emprego

O programa mixto pretende ofrecer formación e emprego aos participantes, co fin de mellorar a súa empregabilidade

A Consellería de Traballo e Benestar destina a este programa 10,2 millóns de euros, co fin de beneficiar a uns 1.300 desempregados de toda Galicia
 

escoitar

26/02/15 | 20:45  | C. de Economía e Industria

Economía e Industria achega aos comerciantes do Salnés apoios para innovar nos seus negocios

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, presentou en Sanxenxo a nova convocatoria de axudas dotada con 2,5 millóns, con apoios para combinar o comercio on line e o off line ou para utilizar as redes sociais para a venda

Con esta convocatoria, que permanecerá aberta ata o vindeiro 11 de marzo, tamén se promove a implantación de novas ferramentas de xestión e melloras na presentación dos produtos

Inclúense como novidade axudas para actuacións de mellora da imaxe exterior e o acondicionamento dos establecementos comerciais

A Consellería leva activados xa nos primeiros dous meses do ano programas de apoio ao sector comercial por 7,6 millóns de euros

Ata o 31 de agosto poden solicitarse as axudas para a transmisión xeracional, co obxectivo de impulsar o emprendemento e a continuidade do saber facer do sector

escoitar
O Museo de Pontevedra amosa o traballo de restauración do cinema dos irmáns Barreiro realizado polo CGAI

26/02/15 | 20:02  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O Museo de Pontevedra amosa o traballo de restauración do cinema dos irmáns Barreiro realizado polo CGAI

A Agadic e a Deputación organizaron unha sesión sobre a recuperación do material filmado de 1932 a 1934 por Enrique e Ramón Barreiro coas proxeccións de ‘Noticiario Folk 1932’ e ‘Visita do Presidente da República a Pontevedra’

A primeira das fitas exhibidas, tamén coñecida como ‘Noticiario nº1’, agrupa unha ducia de reportaxes mudas sobre acontecementos de actualidade e escenas costumistas gravadas na cidade do Lérez e no resto de Galicia

O segundo título, rodado pola produtora pontevedresa Folk durante a visita ás Rías Baixas de Niceto Alcalá Zamóra, é o primeiro dos documentos sonoros que se conservan en Galicia

escoitar
Ethel Vázquez anuncia a posta en marcha do Plan de saneamento local da Ría de Pontevedra

26/02/15 | 19:40  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a posta en marcha do Plan de saneamento local da Ría de Pontevedra

A conselleira de Medio Ambiente traslada aos concellos de Marín, Poio, Pontevedra e Vilaboa a súa colaboración para diagnosticar as redes de saneamento e planificar actuacións que eviten os vertidos sen depurar á ría

Aposta por aproveitar a oportunidade que abre o novo fondo operativo de fondos europeos para completar o saneamento desta ría

Adianta que a obra de saneamento de Pereiro- O Pozo será adxudicada no mes de marzo; período no que tamén se licitará a obra de saneamento de Pereiro-Cadrelo

escoitar
Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o Servizo Galego de Saúde e a Sociedade Española de Medicina de Catástrofes colaborarán para mellorar a asistencia nos incidentes de múltiples vítimas

26/02/15 | 19:40  | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o Servizo Galego de Saúde e a Sociedade Española de Medicina de Catástrofes colaborarán para mellorar a asistencia nos incidentes de múltiples vítimas

A tal efecto, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, e o presidente de Semeca, Carlos Álvarez Leiva, asinaron un acordo

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear