Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.582 novas:

17/09/14 | 20:30  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Xesús Vázquez Abad asistiu á reapertura do auditorio de Gondomar tras as obras de mellora das instalacións, nas que o seu departamento investiu 170.000 euros

A reforma levouse a cabo para que o concello pontevedrés conte cun espazo onde ofrecer unha programación cultural de calidade

escoitar
Xunta e Concello avogan por seguir traballando polo futuro da Fábrica de Armas consolidando a reactivación da factoría e a recuperación do emprego

17/09/14 | 20:26  | C. de Economía e Industria

Xunta e Concello avogan por seguir traballando polo futuro da Fábrica de Armas consolidando a reactivación da factoría e a recuperación do emprego

Apostan por seguir avanzando, desde a unidade de acción das partes implicadas, no desenvolvemento dun proxecto que garanta unha actividade industrial sólida e de calidade

Recoñecen o esforzo e a implicación dos traballadores para garantir a continuidade da fábrica

Salientan a importancia do capital humano da compañía e agardan que os empregados poidan ter continuidade nos seus postos de traballo
 

escoitar
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2014 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural

17/09/14 | 20:07  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2014 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural

O escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro Pen Galicia son os premiados nas diferentes categorías da presente edición

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presidiu a xuntanza do xurado, que se reuniu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia

Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega

escoitar
Feijóo refírese ao Camiño como un dos nosos principais sinais de identidade para o futuro e avoga por reforzalo a través de proxectos como a creación dun centro internacional de acollida aos peregrinos

17/09/14 | 19:38  | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao Camiño como un dos nosos principais sinais de identidade para o futuro e avoga por reforzalo a través de proxectos como a creación dun centro internacional de acollida aos peregrinos

Salienta o impacto turístico que o Camiño ten para Galicia e lembra o deseño por primeira vez dun Plan Director dos Camiños de Santiago, que permitirá trazar unha folla de ruta estable, pensando xa especialmente no próximo Ano Santo 2021

Máis de 215.000 peregrinos, de máis de 150 nacionalidades distintas, chegaron a Galicia o pasado ano, cifras que van en aumento, toda vez que nos primeiros oito meses deste 2014 xa se rexistrou un crecemento próximo ao 10 por cento

O presidente da Xunta dá a benvida aos asistentes ao foro que desde hoxe, ata o día 20, reúne a 350 participantes procedentes dos cinco continentes, e cun resultado moi parecido ao que se produce todos os días nos camiños que conducen ata Compostela: fusión de ideas e novos plantexamentos que nacen do intercambio e do diálogo

escoitar
Cultura e Educación inaugura o IX ciclo ‘Escritores na universidade’ na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo

17/09/14 | 17:28  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación inaugura o IX ciclo ‘Escritores na universidade’ na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo

O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto co que se abriu este ciclo de mesas redondas

‘Escritores na universidade’ é froito da colaboración de Cultura e Educación coa Asociación de Escritores en Lingua Galega e coa Universidade de Vigo
 

escoitar
A Xunta impulsa a creación e o desenvolvemento de empresas TIC mediante un proxecto de cooperación co norte de Portugal

17/09/14 | 17:08  | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a creación e o desenvolvemento de empresas TIC mediante un proxecto de cooperación co norte de Portugal

O director do Igape, Javier Aguilera, participa en Braga na presentación de ACEint, que acelerará empresas TIC orientadas a mercados internacionais


Prevese habilitar estruturas conxuntas de servizos e recursos que inclúen un sistema para detectar novas oportunidades de negocio

No desenvolvemento deste proxecto participan tamén a Universidade de Santiago e a axencia de desenvolvemento do norte de Portugal BICMiño

escoitar
A secretaria xeral de Igualdade mantén unha xuntanza coa recente gañadora do Premio ‘María Josefa Wonenburger’

17/09/14 | 16:57  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A secretaria xeral de Igualdade mantén unha xuntanza coa recente gañadora do Premio ‘María Josefa Wonenburger’

Susana López Abella destacou que a Xunta creou este premio no 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e tecnoloxía

escoitar
A Xunta destaca que o Fondo de Compensación Ambiental continuará apostando polos concellos e o respecto ao medio ambiente

17/09/14 | 16:47  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca que o Fondo de Compensación Ambiental continuará apostando polos concellos e o respecto ao medio ambiente

O vicepresidente Alfonso Rueda visitou as actuacións levadas a cabo polo Concello de Neda ao abeiro destas subvencións procedentes do canon eólico

O Executivo galego puxo en marcha o FCA en 2010, permitindo que por vez primeira os concellos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas
 

escoitar
Feijóo salienta o compromiso da Xunta co sector da enerxía e a aposta polo medio ambiente e reitera o obxectivo de que o 95% do total do consumo en Galicia proveña de fontes renovables

17/09/14 | 15:04  | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Feijóo salienta o compromiso da Xunta co sector da enerxía e a aposta polo medio ambiente e reitera o obxectivo de que o 95% do total do consumo en Galicia proveña de fontes renovables

Destaca que Galicia é a segunda produtora de enerxía eólica: produce o 17,4% da electricidade de España xerada con tecnoloxía eólica, un 18% máis que en 2012

No tocante á produción de enerxía hidráulica, avoga pola repotenciación dos encoros para returbinar a auga e producir máis enerxía sen incrementar nin os pantanos nin os encoros

“Seguiremos tamén desenvolvendo todo o concurso eólico co máximo compromiso co medio ambiente, diminuíndo o número de aeroxeradores de xeito que un parque de 20 ou trinta 30 se converta nun parque de dous ou tres, coa mesma potencia pero diminuíndo o impacto visual”, di

No eido da biomasa, afirma que o obxectivo é investir e mobilizar máis de 450 millóns de euros entre 2014 e 2020, o que suporá 1.000 empregos directos só neste sector e unha diminución dos riscos forestais, debido ao aproveitamento máis razoable dos montes galegos

Refírese ao sector da enerxía como un sector estratéxico para os territorios, “xa que aqueles que teñan garantido o subministro, que teñan garantido as fontes de enerxía e que avancen nas enerxías renovables terán un plus para captar a instalación de mercados, de empresas e industrias”
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear