Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.793 novas:

22/07/14 | 10:51  | C. de Traballo e Benestar

A carpa Xplora de xuventude visita hoxe o Incio e Sarria para informar sobre os recursos dispoñibles para a mocidade

A actividade, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, estará entre as 11,00 e as 14,00 horas na Praza de España do Incio

Pola tarde, entre as 17,00 e as 19,00 horas desprazarase ata a localidade de Sarria, onde se situará na zona recreativa do Chanto

Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega
 

escoitar

22/07/14 | 10:21  | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade adxudica o subproxecto Fogar Dixital, dentro da iniciativa Innovasaúde

Posibilitará dispor dunha canle bidireccional de comunicación entre o servizo de saúde e o paciente

Permitirá solicitar datos das constantes dos doentes (presión arterial, temperatura, peso, pulso, glicosa, etc.) para revisar o seu estado de saúde
 

escoitar
Galicia, Castela e León e Asturias fixan unha estratexia común dentro da macrorrexión para o desenvolvemento loxístico da península ibérica a través do corredor atlántico

21/07/14 | 21:35  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Galicia, Castela e León e Asturias fixan unha estratexia común dentro da macrorrexión para o desenvolvemento loxístico da península ibérica a través do corredor atlántico

Os tres responsables en materia de Infraestruturas das tres comunidades autónomas comprometéronse a reforzar a alianza institucional dentro da macrorrexión para impulsar as interconexións de redes de modos de transporte e loxística, en xeral, e do Eixe Atlántico, en particular

O eixo atlántico, considerado pola UE ‘Corredor Europeo Prioritario de mercadorías’ na Rede Transeuropea de Transporte, conectará 12 países bañados polo Atlántico cuxa área de influencia representa o 30 e o 40 % do PIB da zona euro

escoitar

21/07/14 | 17:30  | Axencia de Turismo de Galicia

Raquel Arias afirma que a praia das Catedrais contará dende o xoves cun servizo de guías medioambientais para a conservación do contorno do areal

Un grupo de profesionais traballará dende o día 24 en quendas de tres persoas que estarán dispoñibles de luns a domingo en horario de 10.00 a 20.00 horas

O seu labor centrarase na divulgación de puntos perigosos para as persoas e o ecosistema, informar sobre a conservación ambiental e sobre as mareas
 

escoitar
Igualdade recibirá máis de 230.000 euros do Goberno central para a atención das vítimas de violencia de xénero

21/07/14 | 16:46  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Igualdade recibirá máis de 230.000 euros do Goberno central para a atención das vítimas de violencia de xénero

Susana López Abella asistiu hoxe á Conferencia Sectorial de Igualdade para tratar a distribución do crédito estatal dedicado a atención das vítimas e menores

A secretaria xeral manifestou a necesidade de ter en conta a dispersión da poboación como criterio para o reparto, factor moi vinculado ao ámbito rural
 

escoitar
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade tomou posesión como nova secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

21/07/14 | 16:42  | C. do Medio Rural e do Mar

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade tomou posesión como nova secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

O acto de toma de posesión estivo presidido pola titular do departamento, Rosa Quintana

escoitar
Raquel Arias revisa o inicio das obras de mellora do colexio de Outeiro de Rei no que se ampliará o aulario e dotarase dun patio cuberto

21/07/14 | 14:11  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Raquel Arias revisa o inicio das obras de mellora do colexio de Outeiro de Rei no que se ampliará o aulario e dotarase dun patio cuberto

A delegada territorial afirmou que está previsto que os traballos, nos que a Consellería de Educación inviste preto de 80.000 euros, estean rematados de cara ao inicio do curso

Esta actuación, que foi demandada polo alcalde e pola comunidade educativa do centro, corresponde a primeira fase dun proxecto co que se pretende “adaptar as instalacións as novas necesidades polo incremento de alumnos”, expuxo Arias
 

escoitar
Os 25 mozos e mozas do campo de traballo audiovisual de Celanova rodarán unha curtametraxe

21/07/14 | 14:03  | C. de Traballo e Benestar

Os 25 mozos e mozas do campo de traballo audiovisual de Celanova rodarán unha curtametraxe

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos voluntarios desta iniciativa, que proveñen de Galicia, doutras comunidades e de Corea do Sur, Ucraína, Alemaña, República Checa e Francia

Posteriormente, Rodeiro e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, desprazáronse tamén ao campo de traballo de Muíños, de temática medioambiental

Tamén en Muíños se está a desenvolver un campamento para os máis novos, polo que pasarán un cento de participantes de entre 13 e 16 anos
 

escoitar

21/07/14 | 14:02  | C. de Traballo e Benestar

Traballo destina 2,2 millóns a manter a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local integrada por 258 traballadores

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas da Consellería de Traballo e Benestar destinada á contratación de profesionais cualificados que actúen como dinamizadores do desenvolvemento económico

As subvencións están dirixidas aos concellos e a súa finalidade é reactivar, principalmente, a economía das zonas rurais

Este ano mantéñense de novo os criterios que priman os proxectos de xestión compartida

As entidades locais contarán a partir de mañá do prazo dun mes para presentar as súas solicitudes
 

escoitar
Feijóo subliña que a Estratexia de Impulso á Biomasa prevé a mobilización de 450 millóns en investimentos ata 2020, a creación de 1.000 empregos e axudas directas que superan os 89 millóns

21/07/14 | 13:19  | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Feijóo subliña que a Estratexia de Impulso á Biomasa prevé a mobilización de 450 millóns en investimentos ata 2020, a creación de 1.000 empregos e axudas directas que superan os 89 millóns

Destaca que o proxecto nace co obxectivo de “potenciar unha nova industria ao servizo da recuperación económica” de Galicia, creando unha “auténtica industria da biomasa” que lle posibilitará á Comunidade ser “líder” a nivel español

“Temos ante nós unha oportunidade económica que permite o aproveitamento de todo o potencial que ofrecen os nosos montes”, asegura, salientando a aposta por unha industria que abrangue toda a cadea de valor do produto, que permite fixar emprego no rural e que está en consonancia cos obxectivos da RIS3

Trátase de potenciar unha enerxía limpa, capaz de reducir a dependencia enerxética de Galicia dos derivados do petróleo; de mellorar a xestión e o rendemento dos montes galegos contribuíndo á prevención de incendios; que impulsa o aforro e a eficiencia enerxética; e protexe o medio natural ao reducir as emisións de CO²

Adianta que as empresas do sector poderán amparar os seus produtos baixo o selo Galicia Calidade, que recoñecerá as condicións relativas á orixe, calidade, produción e sustentabilidade, de modo que a biomasa terá unha certificación “que garanta a súa orixe 100% galega”

Considera que a industria da biomasa será unha “nova ferramenta” que contribuirá a que a recuperación económica “sexa unha ola á que subirse o antes posible e coa que trazar a economía do futuro”

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear