Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.784 novas:

30/07/14 | 12:40  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación, o Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA conmemorarán cunha mostra no Museo de Belas Artes o 120 aniversario da primeira exposición de Picasso na cidade

A actividade enmárcase na programación que a cidade herculina dedicada ao pintor malagueño durante o 2015

Xesús Vázquez destacou este centro museístico, dependente da Consellería, como o espazo idóneo para acoller a exposición polas súas instalacións e a excelencia do traballo do seu persoal

escoitar

30/07/14 | 12:40  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación destina 175.000 euros ás axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais cun incremento do 16,6 por cento respecto a 2013

Forman parte do programa xeral de apoio ao sector, que conta cun orzamento de 2.530.000 euros para as cinco convocatorias de 2014 xestionadas pola Agadic

As subvencións convocadas esta semana contribuirán ao financiamento dos traballos previos á produción de novas longas cinematográficas de ficción e de animación, así como de diferentes produtos televisivos realizados por produtoras independentes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde hoxe e ata o 29 de agosto

escoitar

30/07/14 | 12:15  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta condena o acto de violencia de xénero que acabou coa vida dunha muller en Pazos de Borbén (Pontevedra)

Reitera o seu apoio ás vítimas e pide a todas as galegas e galegos inconformismo para rebelarse contra esta repudiable lacra

escoitar

30/07/14 | 12:06  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Traballo e Benestar

A biblioteca pública Ánxel Casal e o programa de Voluntariado Dixital da Xunta organizan un obradoiro de iniciación ao GIMP

O obxectivo é capacitar aos asistentes no retoque fotográfico e edición de imaxes dixitais a través do programa libre e gratuíto Gimp

A actividade é de balde e terá lugar do 4 ao e 8 de agosto en horario de mañá

Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos, socias da biblioteca e con coñecementos básicos de informática
 

escoitar

30/07/14 | 11:49  | C. de Traballo e Benestar

O ISSGA contabiliza 296 casos de enfermidades profesionais no segundo trimestre do ano 2014

O 77,52% das enfermidades con baixa e o 80,24% das enfermidades sen baixa foron por axentes físicos

A industria e os servizos foron os sectores que tiveron un maior número de afectados, seguidos da construción
 

escoitar
Rosa Quintana destacou o carácter innovador da empresa La Finca de los Cuervos e a súa aposta polos produtos da horta

30/07/14 | 11:47  | C. do Medio Rural e do Mar

Rosa Quintana destacou o carácter innovador da empresa La Finca de los Cuervos e a súa aposta polos produtos da horta

A conselleira salientou a necesidade de poñer en valor a alta calidade dos produtos do rural galego

escoitar

30/07/14 | 11:25  | C. de Traballo e Benestar

A Carpa Xplora Xuventude chega hoxe a Rianxo para dar a coñecer os recursos para a mocidade

A iniciativa, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, está ubicada na Praza do Concello entre as 11,00 e as 13,00 horas

escoitar

29/07/14 | 20:45  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Vazquez Abad refírese a Manuel Colmeiro como “un dos artistas máis importantes da arte no pasado século e cunha raíz profundamente galega”

O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou esta tarde a exposición do artista silledense no Museo de Belas Artes da Coruña

escoitar
Galicia ratifica os novos indicadores aprobados polo Estado para avaliar o Plan anual de política de emprego 2014

29/07/14 | 19:44  | C. de Traballo e Benestar

Galicia ratifica os novos indicadores aprobados polo Estado para avaliar o Plan anual de política de emprego 2014

O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, participou hoxe en Madrid na LIX Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais

Martiñá valorou positivamente para a Comunidade autónoma a introdución de tres novos criterios referidos á acreditación de competencias profesionais; emprego nas empresas de economía social; e constitución de sociedades cooperativas

escoitar
Nava Castro resalta a potencialidade do destino Galicia para liderar a oferta de turismo sustentable no acto de izado da Bandeira Azul do real Club Náutico da Coruña

29/07/14 | 18:30  | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro resalta a potencialidade do destino Galicia para liderar a oferta de turismo sustentable no acto de izado da Bandeira Azul do real Club Náutico da Coruña

Galicia conta con 19 portos con este distintivo e é a comunidade líder do Estado en areais con Bandeira Azul, con 123 praias

A directora de Turismo de Galicia explica que a provincia da Coruña rexistrou en xuño, segundo a Enquisa de Ocupación Hoteleira do INE, un incremento do 9% na cifra de pernoitas rexistradas nos establecementos hoteleiros.
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear