Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.662 novas:

01/09/14 | 13:05  | C. de Traballo e Benestar

Un total de 42 desempregados formaranse en Oza-Cesuras e A Laracha en 2 obradoiros cun investimento de preto de 380.000 euros

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, inaugurou hoxe en Oza-Cesuras o obradoiro de emprego que agrupa este concello e o de Coirós, cun orzamento de 180.000 euros

Posteriormente, desprazouse ata o obradoiro que agrupa os concellos da Laracha e Arteixo, ao que se destinan preto de 200.000 euros
 

escoitar

01/09/14 | 12:58  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Vázquez Abad visita as obras de reforma e ampliación do CEIP Laverde Ruíz, en Outeiro de Rei, que suporán un investimento total de preto de 222.000 euros

O conselleiro percorreu hoxe o centro, onde se está ultimando a primeira fase da reforma das instalacións, que abrangue unha aula de infantil e a construción dun patio cuberto

Unha vez se completen as 3 fases previstas o recinto escolar contará con 3 aulas máis, un novo patio cuberto, unha zona de administración e comedor máis amplos e cun acceso mellor ordenado

 

escoitar

01/09/14 | 10:55  | C. de Sanidade

O 061-Galicia asistiu a 74 persoas por 58 accidentes de circulación durante a fin de semana

Dende as 15:00 horas do venres 29 de agosto ás 23:59 horas do domingo 31 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 69 chamadas por accidentes de tráfico

escoitar
Nava Castro recibe a distinción de Confrade de Honra da Confraría do Viño do Condado cuxa festa celebra a súa LV edición

31/08/14 | 13:01  | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural e do Mar

Nava Castro recibe a distinción de Confrade de Honra da Confraría do Viño do Condado cuxa festa celebra a súa LV edición

A directora de Turismo de Galicia subliña a importancia que está a acadar o turismo enolóxico na comunidade galega e as iniciativas que leva a cabo o departamento que dirixe para a súa promoción

Asegura que Galicia é a primeira comunidade autónoma en certificacións de calidade turística no eido do turismo industrial, no que se inclúen as adegas

escoitar

31/08/14 | 12:30  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Xunta impulsa 43 novas actuacións escénicas e musicais en 29 concellos na recta final do programa ‘Cultura no camiño’

A segunda edición deste ciclo, organizado pola Consellería de Cultura e Educación e por Turismo de Galicia, concluirá a finais de setembro despois de percorrer 81 municipios das rutas xacobeas e ofrecer 323 funcións de teatro, música, maxia e novo circo

Un total de 134 compañías e artistas galegos participan nesta iniciativa, que se enmarca na conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela
 

escoitar

31/08/14 | 12:02  | C. de Facenda

O número de mulleres que ocupan na Xunta postos de alta responsabilidade iguálase por primeira vez ao de homes

Os datos da Dirección Xeral da Función Pública confirman que 2014 é o primeiro ano no que a presenza feminina en Subdireccións e Xefaturas de Servizo iguala á masculina

423 mulleres e 428 homes ocupan o total dos postos de Subdireccións e Xefaturas de Servizo

O 69% dos efectivos da Administración Autonómica son mulleres
 

escoitar

31/08/14 | 11:15  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación anuncia que a visita á mostra ‘Auga doce’ do Gaiás será gratuita os últimos quince días de exposición

Os visitantes poderán descubrir a exposición ata o 14 de setembro e participar nun sorteo diario dunha estancia, nalgunha das nosas termas, por cortesía de Balnearios de Galicia

O Museo Centro Gaiás acollerá o 12 de setembro un concerto no que o guitarrista Daniel Minimalia presentará o seu novo disco: ‘Arenas de luna’

escoitar

31/08/14 | 11:00  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta colabora coa ONG Médicos Sin Fronteras nunha campaña de sensibilización en materia de acción humanitaria

A Vicepresidencia asinou un convenio de colaboración para a posta en marcha da campaña “Santiago sen Fronteiras” na capital galega

O proxecto levarase a cabo entre o 22 de setembro e ó 5 de outubro e inclúe actividades diversas destinadas a concienciar á poboación compostelá

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear