Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.740 novas:
Os participantes na campaña Máis que comercio! elixen como establecemento favorito de o Porriño a Autoescuela Carril 32

22/10/14 | 13:56  | C. de Economía e Industria

Os participantes na campaña Máis que comercio! elixen como establecemento favorito de o Porriño a Autoescuela Carril 32

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, entregou o recoñecemento ao negocio que máis clics recibiu no xogo en liña www.maisquecomercio.com, no que os clientes podían optar a diferentes premios votando o seu comercio preferido en cada un destes centros comerciais abertos

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria desenvolveuse durante todo o mes de setembro nos comercios asociados a este CCA co obxectivo de impulsar as vendas e reforzar o comercio de proximidade
 

escoitar

22/10/14 | 13:51  | C. de Traballo e Benestar

Xuventude participa en Berlín nun encontro para desenvolver iniciativas coordinadas de mobilidade transnacional

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, está a tomar parte nesta xuntanza na que participan unha rede de entidades xestoras do Fondo Social Europeo de 10 países

Son obxectivos desta convocatoria, entre outros, incrementar os coñecementos, habilidades e competencias dos mozos participantes a través de experiencias no estranxeiro en materia de educación, prácticas profesionais e emprego
 

escoitar
Cultura e Educación pecha ‘Focus Galicia’ cunha sesión de traballo entre programadores internacionais e representantes da industria musical galega

22/10/14 | 13:42  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación pecha ‘Focus Galicia’ cunha sesión de traballo entre programadores internacionais e representantes da industria musical galega

A última actividade deste programa para a promoción exterior da nosa música tivo lugar este mediodía na Cidade da Cultura de Galicia, nos momentos previos á apertura das portas de Womex no Museo Centro Gaiás

Os axentes musicais desprazados a Galicia desde 16 países coñeceron de primeira man a nosa música e cultura a través de 12 ‘showcases’ e visitas culturais ás cidades de Santiago, A Coruña, Ourense e á comarca do Ribeiro

Radio Cos, Banda Crebinsky, Som do Galpom, Najla Shami, Luar na Lubre, Sumrrá, Rosa Cedrón, Abe Rábade, Daniel Minimalia, Caxade, Cuarteto Caramuxo e Sés protagonizaron as actuacións desta iniciativa, que contou tamén coa colaboración especial de Susana Seivane
 

escoitar
A firma Kauman de Ponteareas traslada á Xunta a súa aposta polo I+D e a internacionalización dos seus mercados

22/10/14 | 13:16  | C. de Economía e Industria

A firma Kauman de Ponteareas traslada á Xunta a súa aposta polo I+D e a internacionalización dos seus mercados

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra coñeceu a labor desta firma que exporta a 50 países e que se dedica á construción de bandas transportadoras

O investimento da empresa en novas liñas de investigación roldou os 4 millóns de euros, dos cales case 1,4 millóns foron aportados pola Consellería de Economía e o Ministerio de Industria

Na actualidade está a traballar nun proxecto para a execución de barreiras para a seguridade viaria nos quitamedos e nunha nova transportadora cilíndrica
 

escoitar

22/10/14 | 13:14  | C. de Economía e Industria

Os participantes na iniciativa ‘Máis que comercio!’ elixen a xoiería Prada como o seu establecemento favorito no CCA ourensán do Couto

Este negocio familiar, creado hai 30 anos, foi o que máis clics recibiu no xogo en liña www.maisquecomercio.com, no que os clientes podían optar a diferentes premios votando ao seu comercio preferido

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria desenvolveuse durante o mes de setembro nos negocios asociados ao centro comercial aberto co obxectivo de impulsar as vendas e reforzar o comercio de proximidade
 

escoitar
A Xunta de Galicia conmemora o décimo aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a Galeguidade Empresarial

22/10/14 | 13:06  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Xunta de Galicia conmemora o décimo aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a Galeguidade Empresarial

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou esta mañá no acto organizado en colaboración co Parlamento de Galicia e mais co Foro Enrique Peinador

‘A política lingüística do Goberno galego está inspirada no Plan, cunha acción de promoción que aspira a darlle ao galego presenza na vida comercial, empresarial e xurídica e que, por parte, pretende incorporalo aos sectores máis dinámicos e ás TIC, xa que é aí onde se xoga a posibilidade de futuro’, manifestou Xesús Vázquez durante a súa intervención
 

escoitar

22/10/14 | 13:04  | C. de Sanidade

Sanidade e o concello de Ribeira asinan un protocolo para a ampliación das urxencias do Hospital do Barbanza

A superficie total da reforma é duns 1.000 m2

A conselleira de Sanidade visitou tamén as obras de remodelación da área administrativa e de xestión, ademais do Punto de Atención ao Traballador
 

escoitar
A arte e as emocións centran o encontro que se celebra no Museo de Belas Artes da Coruña de Cultura e Educación

22/10/14 | 12:58  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A arte e as emocións centran o encontro que se celebra no Museo de Belas Artes da Coruña de Cultura e Educación

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo promove esta iniciativa, na que participan especialistas en historia cultural e da arte, filosofía e literatura

Desde hoxe e ata o 24 de outubro, o encontro abordará temas como as paixóns no mundo antigo, as emocións no cine, os sentimentos no romanticismo alemán ou a expresión na pintura do século XIX
 

escoitar

22/10/14 | 12:10  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación recoñece os bos resultados de 20 estudantes de bacharelato cos Premios Extraordinarios correspondentes ao curso 2013/14

Este galardón valora o esforzo e a dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, algunha das modalidades de bacharelato no sistema educativo galego.

escoitar

22/10/14 | 12:04  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta reitera o seu compromiso cos concellos galegos e destaca que este apoio se reflicte nos Orzamentos 2015

O vicepresidente visitou hoxe o paseo fluvial da Coelleira, en Gondomar, cuxa adecuación financiouse ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público

Este ano as axudas contan cunha dotación de 2 millóns de euros, un 50 por cento máis que en 2013, e beneficiarán a 73 concellos galegos

Rueda salientou que este tipo de actuacións demostran as vantaxes da colaboración entre administracións e benefician directamente aos cidadáns
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear