Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.720 novas:

19/06/13 | 19:30  | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ás pemes da Coruña as novas axudas do Igape para investimentos, competitividade e internacionalización

A delegada territorial, Belén do Campo, salientou que a Xunta vai ampliar a estratexia de apoio a emprendedores cun paquete de incentivos para facilitar o acceso ao solo industrial existente en Galicia

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou que a Consellería de Economía e Industria está a habilitar un completo marco de apoios para impulsar ás empresas galegas

O Igape ten abertos os programas de apoio para emprendedores e microempresas, así como os destinados a apoiar a mellora da competitividade das pemes

Aguilera Navarro salienta que as exportacións da provincia medraron un 17,4% durante o primeiro trimestre deste ano con respecto ao mesmo período do ano anterior, contando co apoio da Xunta

escoitar

19/06/13 | 19:29  | C. de Traballo e Benestar

Traballo presenta aos empresarios da Grela o novo contrato de formación para loitar contra o paro entre os menores de 30 anos

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana Díaz, reuniuse hoxe cos empresarios da Grela para explicar esta iniciativa que se impulsará en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

Consiste en proporcionar aos beneficiarios un contrato nunha empresa desde o primeiro momento

Dito traballo estará asociado a unha actividade formativa de calidade vinculada a demanda real das propias empresas e a un certificado de profesionalidade de validez estatal

A duración mínima destes contratos será dun ano, podendo chegar ata os tres

Durante a vixencia deste, as empresas contarán con reducións da cota empresarial da seguridade social que irán desde o 75% ao 100%
 

escoitar
A Xunta de Galicia achega ao concello de Oza-Cesuras 19.500 euros para traballos de acondicionamento, limpeza e mellora da ruta polo río Mendo

19/06/13 | 17:55  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta de Galicia achega ao concello de Oza-Cesuras 19.500 euros para traballos de acondicionamento, limpeza e mellora da ruta polo río Mendo

A actuación inclúese dentro do programa de axudas á Rede Natura 2000

A delegada territorial da Xunta na provincia mantivo unha reunión co presidente da xestora do municipio, ao que lle trasladou o compromiso do Goberno galego co coidado da paisaxe
 

escoitar
Feijóo destaca que a Xunta triplicou este ano o seu investimento no sector vitivinícola de Galicia ata os 3,5M€ para impulsar a súa profesionalización e facelo máis competitivo en mercados internacionais

19/06/13 | 15:57  | Presidencia

Feijóo destaca que a Xunta triplicou este ano o seu investimento no sector vitivinícola de Galicia ata os 3,5M€ para impulsar a súa profesionalización e facelo máis competitivo en mercados internacionais

Asegura que o futuro do sector do viño non é só optimizar o consumo interno, “é saber que a capacidade produtiva está aquí pero a capacidade económica está fóra de España”; e avoga por facer da produción local “unha fiestra internacional e unha etiqueta distintiva no exterior”

Indica que a D.O. do Ribeiro conta con máis de 6.000 viticultores adscritos, e abrangue unha superficie de case 3.000 hectáreas na que se producen 13 millóns de quilos de uva e máis de 8 millóns de litros de viño que, só no 2012, acadaron un valor estimado de facturación de 21 millóns de euros

Salienta a “acertada labor” que o Consello Regulador do Ribeiro vén exercendo sobre a produción vitivinícola desta parte máis occidental da provincia de Ourense, e o inxente traballo dos colleiteiros e adegueiros para facer deste sector “un puntal” para a economía de Galicia

Aposta por aproveitar a especial maridaxe en Galicia do sector vitivinícola coa gastronomía e o turismo, da que o Plan de Enogastronomía de Galicia 2012-2014 busca facer un reclamo turístico

 

escoitar

19/06/13 | 14:55  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Máis de 200 escolares de Galicia, A Rioxa, Canarias, Cataluña, País Vasco e Albacete participan hoxe nunha xornada dedicada a sostibilidade e a paisaxe

Trátase da primeira acción pública da Rede de Redes de Centros Educativos pola Sostibilidade (ESenRED) e a primeira acción educativa para xóvenes a nivel nacional centrada na paisaxe

A Xunta aposta por este tipo de eventos porque reforzan a educación ambiental e a paisaxe nos centros educativos de Galicia, consolídase o traballo en rede e amplíanse e compártense as experiencias con outros centros educativos de España

Ao longo da tarde, celebraranse obras de teatro no que o tema principal xirará en torno a sostibilidade e a paisaxe e rematará coa presentación e posta en común das conclusións da xuntanza

escoitar

19/06/13 | 14:32  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación garante no Parlamento unha acción eficiente cara a dinamización e competitividade das industrias culturais galegas

O director da Agadic compareceu hoxe a petición propia para explicar tanto as liñas programáticas como as actuacións concretas do organismo que incidirán nos sectores audiovisual, escénico e musical

Baseou a súa intervención nunha diagnose realista da situación económica e da identificación dos principais problemas que acusan na actualidade as empresas culturais e creativas
 

escoitar
A edición número XIII de Termatalia posicionará Galicia como destino internacional líder en turismo de saúde e benestar

19/06/13 | 14:30  | Axencia de Turismo de Galicia

A edición número XIII de Termatalia posicionará Galicia como destino internacional líder en turismo de saúde e benestar

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do comité executivo de Expourense, Celso Manuel Barbosa, asinaron esta mañá un convenio de colaboración con motivo da celebración da Feira Internacional de Turismo Termal Termatalia 2013

Ourense acollerá a nova cita da feira orientada ao sector do turismo de saúde e benestar, que na edición de 2012 se celebrou en Perú e que regresa a Galicia en setembro
 

escoitar
O novo Renove de lousa apoia ao sector mobilizando 1,5 millóns na substitución de cubertas nos edificios de vivendas

19/06/13 | 14:27  | C. de Economía e Industria

O novo Renove de lousa apoia ao sector mobilizando 1,5 millóns na substitución de cubertas nos edificios de vivendas

O Conselleiro de Economía e Industria resalta a importancia do plan nun encontro mantido con representantes da Asociación Nacional de Colocadores de Pizarra (ANCOP) e do Clúster da Lousa de Galicia

O programa beneficiará a preto de 150 propietarios e comunidades de veciños que poderán solicitar axudas de ata un 40% do total do investimento subvencionable

Foméntase o aforro e a eficiencia enerxética ao tempo que se impulsa o sector da lousa, un produto no que Galicia é líder producindo o 50% da lousa mundial para cubertas

escoitar
A Escola Galega de Administración Pública acolle un curso monográfico sobre ‘O futuro do Estado autonómico’

19/06/13 | 14:21  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Escola Galega de Administración Pública acolle un curso monográfico sobre ‘O futuro do Estado autonómico’

Está dirixido ao persoal ao servizo das administracións galegas, profesionais, universitarios e interesados en xeral, e están inscritos un total de 70 persoas

 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear