Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.962 novas:

18/05/2024 | 10:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contrata por case 110.000 € a instalación de paneis solares fotovoltaicos na planta de residuos voluminosos de Cerceda

Os traballos teñen como fin executar as obras necesarias para a colocación, montaxe e posta en servizo destes novos elementos e reducir a factura enerxética actual

18/05/2024 | 10:01 | Axencia de Turismo de Galicia

Preto de 20 adegas, restaurantes, e aloxamentos do Ribeiro participan esta fin de semana na Primavera de Portas Abertas nas rutas dos viños da Xunta

Ata xuño irán desenvolvéndose accións no resto de territorios vitivinícolas con máis de 100 establecementos e máis de 60 actividades programadas

17/05/2024 | 18:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Unha trintena de profesionais do Parque Nacional das Illas Atlánticas recibe formación para atender emerxencias e evacuacións sanitarias

Este verán os profesionais deste espazo protexido disporán dunha mochila médica, que facilitará unha comunicación directa e permanente con persoal médico en terra

17/05/2024 | 18:00 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona a artesanía alimentaria no mercado Gastrotur do Ulla con apoio a 17 empresas do sector

María José Gómez salientou a ampla gama de produtos presentes neste evento e o programa de actividades previsto, con degustacións, obradoiros de artesanía e xogos para os máis pequenos

17/05/2024 | 17:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e o Norte de Portugal avanzan no desenvolvemento da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza

Representantes do ecosistema de I+D+i Eurorrexión reuníronse en Vigo para iniciar os traballos de deseño do novo plan

17/05/2024 | 17:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
17/05/2024 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a prestación de asistencia alimentaria á poboación desprazada pola crise humanitaria en Mozambique

A través desta colaboración reforzarase a subministración de medicamentos de urxencia a tres centros de saúde, así como as capacidades do persoal sanitario en xestión de riscos nun contexto de crise humanitaria aguda