Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.816 novas:

24/07/14 | 16:10  | C. de Economía e Industria

Economía e Industria promove a incorporación de investidores coruñeses á rede galega de business angels para financiar proxectos emprendedores

Javier Aguilera e Juan Cividanes, directores do Igape e Xesgalicia, participaron nunha reunión de traballo para avanzar na articulación da Rede impulsada pola Xunta ao amparo da Lei do emprendemento

Destacan a importancia de xuntar fondos públicos e privados para que os proxectos viables dispoñan de máis facilidades para conseguir o financiamento adecuado

O director do Igape salienta que a Consellería de Economía e Industria facilita asesoramento mediante a Unidade Galicia Emprende e que os emprendedores poden acceder a préstamos directos e con xuros bonificados, capital risco, e microcréditos
 

escoitar
Cores Tourís visitou o Concello de Vilagarcía de Arousa para comprobar as obras de reforma da cuberta do CEIP Arealonga

24/07/14 | 14:42  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cores Tourís visitou o Concello de Vilagarcía de Arousa para comprobar as obras de reforma da cuberta do CEIP Arealonga

A mellora da cuberta deste centro supuxo un investimento de case 60.000 euros

Na visita, o delegado territorial aproveitou tamén para anunciar a adxudicación dos traballos de reforma da cuberta do CEIP Rosalía de Castro de Carril

escoitar
Feijóo avanza que a Xunta aprobará a primeira Lei de portos de Galicia para axilizar o funcionamento das 122 dársenas autonómicas e facilitar os investimentos nelas

24/07/14 | 14:38  | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural e do Mar

Feijóo avanza que a Xunta aprobará a primeira Lei de portos de Galicia para axilizar o funcionamento das 122 dársenas autonómicas e facilitar os investimentos nelas

Destaca a necesidade de regular a actividade nas dársenas pola enorme diversidade de usos que teñen: pesqueiros, náutico-deportivos, comerciais e complementarios

Resalta que se pretende acurtar os prazos de tramitación das concesións de 4 meses a 1 mes e ampliar o período das concesións desde os 30 ata os 50 anos

Salienta que a autoridade portuaria poderá retirar buques que permanezan máis de seis meses no mesmo sitio sen actividade e sen aboar as taxas e os vehículos ou maquinaria abandonados durante un mes ou máis

Anuncia que se desenvolverán plans directores das infraestruturas portuarias cun horizonte de cinco anos e que se dotará de carácter de axente de autoridade ao persoal encargado da seguridade das dársenas

Indica que se prohibirá todo tipo de verteduras e se obrigará aos seus responsables a asumir a plena rexeneración das augas

escoitar

24/07/14 | 14:13  | C. do Medio Rural e do Mar

Máis da metade das confrarías de pescadores revalidan no seu posto os seus patróns maiores

Hoxe foron proclamados definitivamente os patróns/oas maiores elixidos en 62 das 63 confrarías de pescadores de Galicia

O seguinte paso é a toma de posesión do seu cargo, este sábado 26 de xullo

No caso da Confraría de Pescadores de Raxó, na provincia de Pontevedra, a primeira votación foi anulada, repetiuse o 19 de xullo e o 5 de setembro serán proclamados de xeito definitivo o patrón/oa maior, vicepatróns/oas maiores e vogais do cabido
 

escoitar
'Falaredes', de Cultura e Educación, festexa o Día de Galicia coas propostas de lecer en galego 'Os Bolechas e o Sabichón' e 'Os sons do vento que pasa'

24/07/14 | 14:04  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

'Falaredes', de Cultura e Educación, festexa o Día de Galicia coas propostas de lecer en galego 'Os Bolechas e o Sabichón' e 'Os sons do vento que pasa'

O concurso infantil visita mañá o concello lucense de Quiroga, mentres que o concerto de fados fará parada no de Ribas de Sil

Durante toda a semana, oito vilas da Rede de Dinamización Lingüística recibirán a visita destas dúas actividades mais a da xincana Augalingua
 

escoitar
A Xunta define os novos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia ata 2020 logo de conseguir universalizar o acceso a internet, impulsar a Administración electrónica e introducir as novas tecnoloxías nos servizos públicos e no tecido empresarial

24/07/14 | 13:42  | A Presidencia da Xunta; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta define os novos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia ata 2020 logo de conseguir universalizar o acceso a internet, impulsar a Administración electrónica e introducir as novas tecnoloxías nos servizos públicos e no tecido empresarial

O presidente da Xunta avanza que os novos eixes serán: pechar a modernización da Administración; completar a inclusión dixital dos cidadáns; seguir contando coas TIC como instrumento de cambio de modelo produtivo; consolidar este sector como estratéxico; e avanzar na calidade da cobertura de internet

Destaca que o Goberno galego mobilizou un investimento público-privado de máis de 1.000 millóns de euros desde 2009 no fomento das novas tecnoloxías

Salienta que a poboación con acceso á rede pasou do 71% a finais de 2009 ao 97% actual e que máis de 1,4 millóns de galegos teñen xa acceso a redes de 100 megas, máis do dobre que en 2008, o que permitiu reducir en máis de 10 puntos a fenda co Estado e en 8 a distancia con Europa

Remarca que a sede electrónica da Xunta permite realizar telematicamente o 40% dos procedementos (600) fronte ao 4% de 2009, e que a xestión integral das TIC públicas permitiu aforrar 6 millóns de euros

Subliña os avances rexistrados na modernización da Xustiza, onde o 84% das sedes teñen conexións de 100 megas e o 96% dos equipos menos de 7 anos; ao tempo que se implantaron sistemas de xestión procesual; se despregaron as videoconferencias; e se comeza a poñer en marcha a gravación das vistas

Pon en valor que o 100% da expedición de receitas da sanidade pública é electrónica e que o 100% dos centros de saúde teñen acceso á historia clínica dixital, ao tempo que, na educación, o Proxecto Abalar dixitalizou máis de 2.000 aulas e beneficia xa a 45.000 alumnos

escoitar

24/07/14 | 13:36  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Un novo servizo de guías medioambientais inicia hoxe a súa actividade na praia das Catedrais para prestar atención aos usuarios do areal e promover a conservación do entorno

O seu labor desenvolverase durante o período de verán, en horario de 10.00 a 20.00 horas, e centrarase na divulgación de puntos de interese para as persoas e os valores do ecosistema, informar sobre a conservación ambiental e as mareas

escoitar
Raquel Arias revisa as obras de recambio da cuberta do pavillón do colexio de Sober, que a Xunta remata hoxe logo dun investimento de 38.000 euros

24/07/14 | 13:32  | Secretaría Xeral para o Deporte

Raquel Arias revisa as obras de recambio da cuberta do pavillón do colexio de Sober, que a Xunta remata hoxe logo dun investimento de 38.000 euros

A delegada territorial sinalou que a actuación, realizada a través dun convenio da Secretaría Xeral para o Deporte, correspóndese cunha primeira fase das melloras previstas para este centro

escoitar
O presidente da Xunta avanza o inicio nas vindeiras semanas das obras da EDAR de Ribeira, un investimento de case 30 millóns de euros que dará servizo a máis de 32.500 habitantes

24/07/14 | 13:21  | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

O presidente da Xunta avanza o inicio nas vindeiras semanas das obras da EDAR de Ribeira, un investimento de case 30 millóns de euros que dará servizo a máis de 32.500 habitantes

Salienta que a infraestrutura dará saneamento ao núcleo urbano de Ribeira e ás poboacións de Aguiño, Ameixida, Revolta e Castiñeiras e garantirá “o bo estado das augas tanto desde o punto de vista do baño como desde o punto de vista do marisqueo e da pesca de baixura na ría de Arousa”

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear