Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.368 novas:
Lete Lasa lembra que o Deporte sempre ten recompensa e anima aos máis novos do balonmán galego a seguir xogando e gozando

26/01/15 | 20:45  | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa lembra que o Deporte sempre ten recompensa e anima aos máis novos do balonmán galego a seguir xogando e gozando

Gaba “o pavillón ben alto” que deixou a selección galega nos encontros de Castellón, nos que obtivo unha medalla de ouro, dous de bronce, un quinto posto e dous sextos

Indica que o mundo do deporte é serio pero tamén divertido e sempre ten recompensa, ás veces en forma de bos resultados competitivos, pero sempre en forma de diversión, gozo, aprendizaxe e superación persoal
 

escoitar
A Xunta colabora coa Oficina de Igualdade do Concello de Lalín nunha campaña contra a violencia de xénero

26/01/15 | 19:31  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta colabora coa Oficina de Igualdade do Concello de Lalín nunha campaña contra a violencia de xénero

A campaña está especialmente dirixida á mocidade galega, e ten como obxectivo transmitir, a través da música, unha mensaxe clara de rexeite contra a violencia de xénero dende as idades máis temperás

escoitar
Cultura e Educación colabora co II Certame de Escultura Francisco Asorey, que promove a creatividade dos artistas

26/01/15 | 18:37  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación colabora co II Certame de Escultura Francisco Asorey, que promove a creatividade dos artistas

O conselleiro Xesús Vázquez Abad salientou o compromiso da Consellería que dirixe cos artistas e animounos a participar nesta cita

O evento está promovido pola asociación cultural ‘Francisco Asorey’ e, ademais da Xunta, conta co apoio da Deputación de Pontevedra e do Concello de Cambados
 

escoitar
A Xunta participará na Iniciativa Pyme, que permitirá mobilizar en Galicia 180 millóns en préstamos á pequena e mediana empresa

26/01/15 | 17:55  | C. de Facenda

A Xunta participará na Iniciativa Pyme, que permitirá mobilizar en Galicia 180 millóns en préstamos á pequena e mediana empresa

A conselleira de Facenda asistiu esta tarde en Madrid á sinatura deste importante acordo entre o Goberno de España e o Banco Europeo de Inversiones

A achega de Galicia será de 45 millóns de Fondos FEDER que permitirán multiplicar por catro cada euro investido

Muñoz Fonteriz asegurou que o feito de que as pemes conten con créditos, e nas mellores condicións, “redundará, sen dúbida, en afianzar a recuperación económica”
 

escoitar
Medio Ambiente iniciou hoxe as obras da depuradora e dos colectores de Baroña, no concello de Porto do Son, cun investimento dun millón de euros

26/01/15 | 17:42  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Medio Ambiente iniciou hoxe as obras da depuradora e dos colectores de Baroña, no concello de Porto do Son, cun investimento dun millón de euros

Este proxecto pretende dotar dun servizo de saneamento axeitado á parroquia de Baroña co fin de eliminar as verteduras sen tratamento

Esta actuación de saneamento, que beneficiará a máis de 500 habitantes, súmase a outras nas que a Consellería de Medio Ambiente tamén está a traballar nesta zona, como son as depuradoras de Quiruga e Xuño

A nova estación depuradora instalarase ao oeste do núcleo de Abuín, ao outro lado da estrada Cee-Ribeira (AC-550)
 

escoitar
A Axencia Tributaria de Galicia disporá de 26 técnicos para a campaña especial de asistencia aos pensionistas retornados

26/01/15 | 15:50  | C. de Facenda

A Axencia Tributaria de Galicia disporá de 26 técnicos para a campaña especial de asistencia aos pensionistas retornados

A conselleira de Facenda explicou que en marzo comezará a campaña de axuda para facilitar o proceso de regularización a este colectivo, e durará catro meses

A Axencia Tributaria do Estado habilitará dende o vindeiro mes de febreiro un sistema de cita previa por teléfono e por internet

A asistencia aos contribuíntes realizarase nas oficinas da AEAT, a través de plataformas conxuntas nas que participará tamén persoal da Xunta

Elena Muñoz Fonteriz recordou que os pensionistas retornados xa poden solicitar dende o 1 de xaneiro a devolución das sancións, recargos e xuros de demora
 

escoitar
Turismo de Galicia e a Secretaría de Turismo de Querétaro afianzan a súa colaboración nunha reunión celebrada en Compostela

26/01/15 | 15:12  | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia e a Secretaría de Turismo de Querétaro afianzan a súa colaboración nunha reunión celebrada en Compostela

A directora de Turismo de Galicia recibiu, na sede da Administración turística galega, unha delegación da Secretaría de Turismo de Querétaro encabezada polo seu secretario de Turismo

Este encontro está enmarcado no convenio asinado entre a directora de Turismo de Galicia e mais do secretario de Estado de Turismo de Querétaro na pasada edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid

A relación entre a Administración turística galega e mais o Estado mexicano ten por obxectivo establecer orientacións definidas en común dirixidas ao desenvolvemento dunha colaboración en materia de turismo entre ambos os territorios
 

escoitar

26/01/15 | 14:08  | C. de Sanidade

O xerente do Sergas asina coa empresa Dragados a acta de replanteo que oficializa o inicio das obras de ampliación do Hospital do Salnés

Cofinanciadas polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, teñen un orzamento de máis de 7,7 millóns de euros

Contemplan a construción dunha nova infraestrutura que afectará a cinco áreas hospitalarias, que representan unha superficie asistencial de 4.157 m2
 

escoitar
Conde destaca a rebaixa do 50% no custo do solo industrial en Ortigueira co obxectivo de atraer empresas e investimento

26/01/15 | 14:01  | C. de Economía e Industria

Conde destaca a rebaixa do 50% no custo do solo industrial en Ortigueira co obxectivo de atraer empresas e investimento

O conselleiro de Economía e Industria salienta na súa visita ao parque empresarial de A Rega unha medida incluída na Axenda da Competitividade Industrial, Galicia Industria 4.0, que o Goberno galego está a consensuar cos axentes económicos

Resalta que o investimento da Xunta no polígono industrial permitiu modernizar as infraestruturas cun punto limpo, unha nave na que se están a impartir cursos de formación e capacitación, e redes inalámbricas para mellorar as comunicacións

Os diferentes programas de colaboración municipal permitiron mobilizar nos últimos 6 anos preto de 5 millóns en Ortigueira impulsando actuacións que contribúen ao seu desenvolvemento económico e social

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear