Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.611 novas:

30/09/14 | 13:41  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Susana López Abella fai entrega dos diplomas do Programa Aurora do concello de Curtis

O programa AURORA está dirixido a mellorar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural

 

escoitar

30/09/14 | 13:30  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Medio Ambiente remata a construción de 13 novos puntos de conexión coa EDAR de Guillarei, en Tui, mellorando o sistema de saneamento deste concello

As obras proxectadas centráronse na realización de novas conexións dos núcleos de Baldráns, Caldelas, Paramos, Randufe, Rebordáns e Tui, coa rede xeral de saneamento de Tui
 

As actuacións permitirán que as augas residuais dos novos núcleos conectados sexan tratadas na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei

Estas conexións beneficiarán a unha poboación de preto de 5.400 habitantes deste municipio pontevedrés
 

As obras están enmarcadas nun proxecto para a mellora do sistema de colectores do Louro e para o que se leva investido un orzamento de preto de 14 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia
 

escoitar

30/09/14 | 13:26  | A Presidencia da Xunta

Feijóo aposta por reforzar a alianza entre Galicia e a PSA Peugeot e apoiar posibles lanzamentos de novos vehículos desde Vigo para o mundo

Incide no interese da Xunta en que Vigo chegue á fase final de candidatos para seguir fabricando novos modelos para este grupo, e lembra que a factoría busca maior eficiencia para poder competir en Europa e no mundo

Salienta que Vigo conta coa factoría de maior competitividade do grupo en toda Europa; con innovación e investigación a través do CTAG e cun polo automobilístico instalado desde a década dos anos 50

Lembra que a cidade olívica ten un porto próximo á factoría, “onde poden saír todos os vehículos a través das autoestradas do mar”; así como cunha das cinco zonas francas que existen en España, “que está axudando desde o punto de vista financeiro e de investimentos para esta candidatura”

Subliña en que esta viaxe está centrada exclusivamente na automoción, “para coñecer os grandes centros técnicos de investigación e de deseño en Francia da compañía”
 

escoitar
Sanidade asina o contrato para a redacción do Plan director do Hospital da Costa en Burela

30/09/14 | 13:21  | C. de Sanidade

Sanidade asina o contrato para a redacción do Plan director do Hospital da Costa en Burela

O orzamento é de 112.530 euros e conta cun prazo de execución de 4 meses

escoitar
A Xunta destaca a importancia das introdución das novas tecnoloxías no futuro da Administración de Xustiza

30/09/14 | 13:16  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia das introdución das novas tecnoloxías no futuro da Administración de Xustiza

O vicepresidente do Goberno galego participou hoxe na inauguración das xornadas da EGAP “A Xustiza que vén”

escoitar

30/09/14 | 13:02  | C. de Economía e Industria

A industria auxiliar do naval poderá acceder a partir de mañá aos avais cos que a Xunta mobilizará 24 millóns de euros en apoio do sector

Ao abeiro das bases que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia as compañías poderán presentar as súas solicitudes ata o 15 de novembro de 2015

O novo programa facilitará operacións de financiamento comprendidas entre 100.000 e 300.000 euros, avaladas polo Igape e destinadas a achegar circulante para as pemes beneficiarias

As auxiliares da construción naval poderán acceder así ao crédito que precisen para o seu financiamento operativo no actual proceso de incremento de carga de traballo
 

escoitar
A Xunta certifica as accións dos voluntarios galegos, a primeira administración autonómica en poñer en marcha esta iniciativa

30/09/14 | 12:24  | C. de Traballo e Benestar

A Xunta certifica as accións dos voluntarios galegos, a primeira administración autonómica en poñer en marcha esta iniciativa

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe en Santiago a I Xornada de Voluntariado Xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar

Rodeiro destacou que Galicia foi a primeira administración autonómica en certificar aos voluntarios as súas experiencias en proxectos solidarios grazas á posta en marcha do Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia
 

escoitar

30/09/14 | 12:18  | C. de Traballo e Benestar

Benestar financia con 440.000 euros un programa de animación 3D da Fundación Averhó para 75 persoas con discapacidade

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe na sinatura dun convenio de colaboración entre a Fundación Averhó e o Clúster Audiovisual Galego

O departamento autonómico incremento en 2014 nun 8% o orzamento dos programas de emprego para discapacidade, ata os 17,4 millóns de euros

De feito, só á subvención de 2.000 traballadores dos 114 centros especiais de emprego que hai en Galicia dedícanse 7,5 millóns

Ademais, o pasado mes de xuño publicouse unha orde de axudas dotada con máis dun 1,1 millóns de euros dirixida a incentivar a contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria
 

escoitar

30/09/14 | 12:03  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Xesús Vázquez Abad reivindica a Carlos Casares como autor teatral na presentación en Ourense da estrea de ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’

O Centro Dramático Galego inaugura a súa temporada 2014-15 no Teatro Principal, que o venres 3 acolle a primeira función para público familiar deste espectáculo de teatro musical con dirección escénica do luso-brasileiro José Caldas

O conselleiro de Cultura e Educación salientou o elenco que integran Alba Taín, Alberte Cabarcos, Davide González, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde, como representantes da nova xeración de intérpretes que se está a formar en Galicia

Un total de 700 alumnos de toda a provincia asistirán mañá e o xoves aos pases matinais cos que dá comezo a campaña escolar desta produción, que o CDG presentará noutras dez localidades galegas ata finais de ano
 

escoitar
O Goberno galego espera os resultados dun laboratorio da Universidade da Coruña para poder determinar a orixe do vertido na zona do Porto de Tragove, en Cambados

30/09/14 | 11:43  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

O Goberno galego espera os resultados dun laboratorio da Universidade da Coruña para poder determinar a orixe do vertido na zona do Porto de Tragove, en Cambados

O director de Augas de Galicia sinala que se está a espera de novos resultados das analíticas realizadas, cunha tecnoloxía máis avanzada, para poder determinar a orixe do vertido e, consecuentemente, abrir o expediente ao responsables do mesmo

A Consellería de Medio Ambiente deseñou o Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, no que xa se mobilizaron 55 millóns de euros, dos cales a Xunta aporta máis de 36
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear