Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.816 novas:
O conselleiro de Cultura e Educación salienta o investimento de preto de 176.000 euros no CEIP Monte dos Postes de Santiago

23/07/14 | 17:07  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Cultura e Educación salienta o investimento de preto de 176.000 euros no CEIP Monte dos Postes de Santiago

Xesús Vázquez comprobou hoxe o avance das obras de renovación da cuberta que se están a desenvolver neste centro

escoitar
A Xunta confirma que o novo servizo de notificacións e embargos de Vigo estará listo antes de que remate o ano

23/07/14 | 15:34  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta confirma que o novo servizo de notificacións e embargos de Vigo estará listo antes de que remate o ano

 Rueda e Bravo Bosch visitaron as obras do edificio tras reunirse na Delegación Territorial para facer balance do seu traballo nos cinco anos que leva en marcha

Rueda instou ao concello de Vigo a cumprir os seus compromisos e ceder os terreos para o novo edificio xudicial, como xa teñen feito Santiago ou Ourense

Nestes cinco anos de traballo, a Delegación de Vigo reduciu un 23 por cento os tempos de tramitación dos expedientes e acadou un aforro de preto de 5 millóns
 

escoitar
A Xunta anima a investidores vigueses a integrarse na futura rede galega de Business Angels de apoio a proxectos emprendedores

23/07/14 | 14:45  | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a investidores vigueses a integrarse na futura rede galega de Business Angels de apoio a proxectos emprendedores

Os directores do Igape, Javier Aguilera, e de Xesgalicia, Juan Cividanes, participaron nun encontro de traballo no Circulo de Empresarios para avanzar na configuración da rede de investidores particulares impulsada pola Xunta

Salientan a importancia de sumar capital privado e público para que os proxectos viables conten coas fontes de financiamento máis axeitadas

Aguilera lembra que a Xunta achega formación e asesoramento a través da Unidade Galicia Emprende e que os emprendedores poden acceder a préstamos directos e con xuros bonificados, capital risco, e microcréditos do programa Galicia 1000

escoitar

23/07/14 | 14:27  | C. de Traballo e Benestar

Traballo aposta polos emprendedores e autónomos destinando 25 millóns de euros ao ano en axudas para a creación de emprego

O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, clausurou hoxe na Cámara de Comercio de Pontevedra un curso de creación e consolidación de empresas

Martiñá indicou que os autónomos e os emprendedores son “o motor que precisa a sociedade para a dinamización económica e a xeración de emprego”, tendo en conta que supoñen o 24,78% da afiliación á Seguridade Social

Destacou que o Plan de Emprego Xuvenil da Xunta, que está dotado con 100 millóns de euros, inclúe medidas específicas para o área do emprendemento

escoitar
A Consellería de Cultura e Educación exhibe na Biblioteca de Galicia mapas únicos doados por Rodolfo Núñez de las Cuevas

23/07/14 | 14:06  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación exhibe na Biblioteca de Galicia mapas únicos doados por Rodolfo Núñez de las Cuevas

Xesús Vázquez Abad inaugurou hoxe a exposición ‘Colección cartográfica Vilardevós’, con documentos singulares da historia e da evolución da cartografía que se poderán visitar ata o 14 de setembro

A doazón deste material supón para a Biblioteca de Galicia a incorporación dun valioso fondo de variada especialización, centrado na cartografía e na topografía

Entre os documentos máis singulares destacan a primeira folla do Mapa Topográfico Nacional, un mapa utilizado polo xeneral Eisenhower tras o desembarco de Normandía, ou o ‘Hispaniae veteris descriptio’ de 1586
 

escoitar
Cores Tourís comprobou o remate das obras de pavimentación de catro camiños rurais en Vilaboa

23/07/14 | 13:59  | C. do Medio Rural e do Mar

Cores Tourís comprobou o remate das obras de pavimentación de catro camiños rurais en Vilaboa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou estes traballos, que se atopan dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e Mar, e que supoñen un investimento de 60.000 euros

escoitar
O ‘Menú peregrino, de Asís a Compostela’ pode degustarse en 12 establecementos da rede de Paradores e exaltará a gastronomía galega con receitas elaboradas por 8 restauradores galegos con Estrella Michelin

23/07/14 | 13:30  | Axencia de Turismo de Galicia

O ‘Menú peregrino, de Asís a Compostela’ pode degustarse en 12 establecementos da rede de Paradores e exaltará a gastronomía galega con receitas elaboradas por 8 restauradores galegos con Estrella Michelin

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez e mais a presidenta de Paradores, Ángeles Alarcó presentaron hoxe no Hostal dos Reis Católicos esta iniciativa que se enmarca nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago

No acto de Presentación-Degustación do menú interviñeron tamén unha representación dos cociñeiros galegos con Estrella Michelín que participan na iniciativa: Yayo Daporta, Pepe Solla, Javier Olleros, Manuel Costiña, Fernando Agrasar, Juan Crujeiras e Bea Sotelo

Os Paradores de Bielsa, Olite, Santo Domingo de la Calzada, Lerma, Cervera de Pisuerga, Benavente e León, ademais dos galegos de Santo Estevo de Ribas de Sil, Baiona, Cambados, Ribadeo e o Hostal dos Reis Católicos en Santiago contan con este menú elaborado con receitas de oito restauradores galegos distinguidos coa Estrella Michelin

escoitar
Economía e Industria inviste 459.000 euros nun proxecto conxunto de mellora enerxética en 9 municipios das comarcas de Celanova e Baixa Limia

23/07/14 | 13:29  | C. de Economía e Industria

Economía e Industria inviste 459.000 euros nun proxecto conxunto de mellora enerxética en 9 municipios das comarcas de Celanova e Baixa Limia

O delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, visitou esta mañá o concello de Bande, onde se levará a cabo unha das actuacións.

Dotarase con case 800.000 euros a outros 2 proxectos de agrupacións municipais na provincia

Rogelio Martínez destacou a importancia desta liña para a renovación da luz pública exterior do goberno, que permitirá diminuír ata 1 millón de euros na factura eléctrica das instalacións substituídas

escoitar

23/07/14 | 13:26  | Axencia de Turismo de Galicia

O turismo internacional rexistra en Galicia un novo máximo histórico cunha suba do 6,4% en xuño e do 6% no primeiro semestre

En xuño aloxáronse nos establecementos hoteleiros de Galicia un total de 129 mil viaxeiros estranxeiros. No primeiro semestre a cifra ascende a 400 mil. O peso no conxunto da demanda deste segmento de viaxeiros é do 28% e do 24% no caso das pernoitas acumuladas no primeiro semestre

A cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da comunidade medrou un 4,3% e a cifra de pernoitas rexistradas medrou un 6,1% con respecto a xuño de 2013. A suba supera tamén á media rexistrada no conxunto do Estado, que foi do 3,3% en viaxeiros e do 2% en pernoitas

Xuño rexistrou tamén subas no turismo nacional do 8,5%. No acumulado do ano, o turismo nacional aloxado nos establecementos hoteleiros galegos subiu tamén un 3,7%

A cifra de peregrinos que chegaron a Compostela no que vai de ano supera os 108 mil, preto do 9% máis que no mesmo período de 2013
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear