Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaboran a prol da accesibilidade nos actos institucionais
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, e o presidente da FAXPG, Iker Sertucha, asinaron hoxe o acordo para dotar de medios de interpretación os eventos que se realicen ao longo deste ano
A Xunta destaca que Galicia consolídase como un dos lugares coa maior esperanza e calidade de vida
Lembra que a nosa Comunidade foi seleccionada por un comité internacional para analizar a súa calidade e lonxevidade, así como a súa posible catalogación como ‘zona azul’
O nuncio do Papa e o máximo responsable de custodiar os lugares sagrados de Terra Santa viaxan a Santiago para a inauguración da exposición ‘Tesouros reais’
O conselleiro en funcións de Cultura destaca que Santiago será a única cidade de España onde se poderá contemplar un dos grandes tesouros artísticos do mundo
A Xunta destaca a importancia de implementar estratexias silvícolas para mellorar o manexo dos montes de piñeiro e avanzar na súa reestruturación
José González resaltou que foros como o que se celebra entre hoxe e mañá en Mondariz favorecen o asentamento dunha folla de ruta para estruturar o Plan estratéxico das coníferas en Galicia
Rueda garante que Galicia seguirá ofrecendo estabilidade para atraer investimentos sustentables, á vez que continuará blindando os servizos públicos
“Arrancamos catro anos de enorme estabilidade, onde Galicia vai ser protagonista de moitas decisións que se tomen a nivel estatal”, asegura
O Consello Interdepartamental para a prevención do suicidio aborda a identificación dos puntos negros arquitectónicos e xeográficos e a creación de barreiras de acceso
A 6ª reunión deste organismo estivo presidida polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e contou coa presenza de representantes da FEGAMP así como das deputacións.
A Xunta abre mañá o prazo para as axudas a proxectos de fotovoltaica en empresas e administracións locais
O DOG publica as bases da convocatoria que se tramitará en réxime de concorrencia competitiva e que contará con 5,5 M€ de orzamento
A Xunta lembra que este venres 22 de marzo finaliza o prazo para solicitar a realización de obradoiros duais de emprego entre 2023 e 2024 cun orzamento de 39,1m€
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de Inauguración da primeira fase da reforma da praza de abastos do Porriño