Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.199 novas:

20/04/2024 | 12:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O conselleiro de Cultura inaugura a nova biblioteca municipal María Magdalena de Mos

José López destaca que a reforma integral permite dotar a este contedor cultural de novos espazos infantís, tecnolóxicos e máis recursos audiovisuais 

20/04/2024 | 12:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia do deporte para avanzar cara a plena inclusión das persoas con discapacidade

A directora xeral Begoña Abeijón participou hoxe na inauguración dos XXIV Xogos Autonómicos de Atletismo de Special Olympics Galicia

20/04/2024 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza na preparación do vindeiro curso coas convocatorias para a mellora de competencias en idiomas e dixitais no ensino galego

Os colexios e institutos que o desexen, de forma voluntaria, xa poden solicitar a súa incorporación á Rede de Centros Plurilingües e ao proxecto E-Dixgal

20/04/2024 | 11:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta organiza unha xornada técnica sobre benestar laboral no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou esta semana esta xornada que dá comezo aos actos organizados co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que se conmemora o próximo 28 de abril

20/04/2024 | 10:28 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove esta fin de semana a ‘Primavera de Portas Abertas’ nas rutas dos viños na Ribeira Sacra

Da man de Turismo de Galicia, un grupo de influencers especializados en enogastronomía e viaxes divulgan a iniciativa que comezará en maio para o público

19/04/2024 | 19:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sinala como obxectivo central e prioritario da lexislatura chegar a poñer á disposición dos cidadáns 8.000 vivendas de promoción pública para duplicar o parque actual

Martínez Allegue tamén remarca o obxectivo da Xunta de impulsar o desenvolvemento de solo residencial para 20.000 inmobles protexidos

19/04/2024 | 19:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións de reforzo da comunicación e contacto coa mocidade

O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin de semana participan nun encontro formativo no albergue xuvenil Marina Española

19/04/2024 | 18:42 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña o traballo dos profesionais na primeira reunión cardioprimaria en Lugo

O máximo responsable do Sergas, pon en valor o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio, instaurado pola Xunta no 2005, e pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial