Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.793 novas:

12/05/2024 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a Festa da troita de Oroso como un referente para a promoción do relevo xeracional na pesca deportiva

Fai fincapé en que os pescadores contan coa colaboración e man tendida da Xunta para garantir o obxectivo de preservar o estado dos distintos recursos e garantir a sostibilidade desta práctica de cara ao futuro

12/05/2024 | 12:46 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta o crecente atractivo turístico da Festa do Melindre de Melide

O director de Turismo de Galicia participa na inauguración oficial desta festividade, unha das máis de 140 festas de Interese turístico de Galicia

12/05/2024 | 12:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais Viratec analizan vías de colaboración no eido da innovación e a divulgación na loita contra o cambio climático

O Executivo galego e a entidade coinciden na necesidade de coordinar a posta en coñecemento das solucións ambientais, servizos tecnolóxicos ou medidas a prol da economía circular dispoñibles en Galicia

12/05/2024 | 12:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Cidade da Cultura despide o próximo domingo a instalación inmersiva ‘Hábitats’ con preto de 10.000 visitantes e coas entradas esgotadas desde marzo

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude avanza novas aventuras dixitais na Cidade da Cultura para 2025 tras o éxito desta pioneira experiencia

12/05/2024 | 12:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Máis de medio cento de actividades nos museos da Xunta para celebrar o seu Día Internacional

Inclúense visitas guiadas, obradoiros para a cativada, xornadas de portas abertas, actividades didácticas, teatro e propostas musicais vinculadas coas exposicións que se programan

12/05/2024 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ desenvolverase en Galicia o 25 de maio coa participación de máis de 900 praceiros galegos

A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración terá lugar o Día do Mercado en 41 prazas galegas que toman parte desta actuación

12/05/2024 | 09:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa axudas por 1,27 M€ para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables

Os apoios, que poden solicitarse ata o vindeiro 30 de maio, permitirán a mobilización de 4,3 millóns de euros