Xunta de Galicia

O himno

SÍMBOLOS DE GALICIA  

O himno

  • 	O himno
    O himno

O himno galego conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.

O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.

HIMNO GALEGO

Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?

Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecement da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, máis sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden, non.

Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, onde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.