Xunta de Galicia

Inicio

Oficina de Rexistro e Información

ATENDÉMOLO/A  

Oficina de Rexistro e Información

  •  	  	Oficina de Rexistro Único e Información
    Oficina de Rexistro Único e Información

Que é?

É un centro de atención aos cidadáns que acudan a presentar solicitudes, escritos e comunicacións na Xunta de Galicia ou a informarse acerca dos servizos ofrecidos.

Que ofrece?

Recepción e axuda aos cidadáns.
Rexistro de entrada de documentos dirixidos a calquera Administración pública.
Orientación e información xeral.
Da Xunta de Galicia: Diario Oficial de Galicia, departamentos, estruturas orgánicas, etc.
Acerca dos procedementos administrativos: convocatorias de bolsas, subvencións, axudas, oposicións, etc.

 

Como se pode acceder a estes servizos?

Persoalmente:

Principais oficinas de rexistro e información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:
  • Servizos Centrais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, edificio administrativo de San Caetano.
  • Edificio administrativo da Coruña, Praza Luís Seoane, s/n, Monelos.
  • Edificio administrativo de Ferrol, Praza Camilo José Cela, s/n.
  • Edificio administrativo de Lugo, Rolda da Muralla, 70.
  • Edificio administrativo de Ourense, Avda. da Habana, 79.
  • Edificio administrativo de Pontevedra, Fernández Ladreda, 43, Campolongo.
  • Edificio administrativo de Vigo, Praza da Estrela/r. Concepción Arenal, 8.
Horario de atención ao público: das 9.00 ás 19.00 horas en xornadas de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados e os días 24 e 31 de decembro cando sexan laborables. Horario de verán: do 20 de xuño ao 20 de setembro de 2011, o horario de atención ao público será de 9.00 h a 14.00 h, de luns a sábados.
O horario de atención ao público das oficinas de información administrativa e atención á cidadanía así como as oficinas de rexistro non citadas no parágrafo anterior será das 9.00 ás 14.00 horas en xornada de luns a venres.

 

Atención telefónica:

Información administrativa xeral: chamando ao número 012 de luns a venres, de 8 horas a 20 horas.