Antecedentes
O proxecto de reforma administrativa desenvolvido pola Xunta de Galicia permitiu dispoñer dun sistema de xestión integral para a tramitación dos procedementos administrativos que sexan iniciados polo cidadán, logo de solicitude do interesado: axudas e subvencións, autorizacións, permisos e licencias.
Esta plataforma, unida ó traballo constante de realización de procedementos, permite establecer servizos singulares de atención ó cidadán. Neste contexto nacen os SERI, Servicios de Resposta Inmediata, co obxectivo fundamental de contimuar mellorando as relacións dos cidadáns coa Administración, o que constitúe un dos eixos fundamentais do proxecto de reforma administrativa.
Que son os SERI?
Son unidades administrativas dentro de cada consellería, responsables de xestión dunha serie de procedementos iniciados polo cidadán, que teñen como principal característica a de que a resolución do procedemento se dá no momento á vista da documentación prestada polo interesado.
Características do SERI