Xunta de Galicia

Sede Electrónica

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA  

Sede Electrónica

Acceda a todos os procedementos e servizos que a Xunta ten dispoñibles para a súa tramitación en liña e consulte os seus expedientes. Durante todos os días do ano e as 24 horas do día.                                                            

 

Acceso á Sede Electrónica

 

A sede electrónica da Xunta de Galicia crease para facilitar o acceso, por medios electrónicos, á información, servizos e procedementos administrativos desta, dando así cumprimento á Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, que garante o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por esta vía e contribúe a estas sexan percibidas como organismos máis eficaces e accesibles.

 

A través de https://sede.xunta.es, é posible interactuar coa Xunta de Galicia por medios electrónicos, e en condicións totalmente seguras, durante todos os días do ano e as 24 horas do día.

 

Se é a primeira vez que vostede accede a esta sede, é posible que atope unha mensaxe que lle indique que existe un problema co certificado de seguridade deste sitio web. Isto, pode deberse a que o navegador que está utilizando non ten instalados aínda os certificados raíz requiridos por esta sede. Nese caso, debe proceder á descarga, e posterior instalación, dos seguintes:

Nas seguintes guías detállase o proceso que debe seguir para completar correctamente a descarga e instalación destes certificados: