Servizo de atención ao cidadán: suxestións e queixas da cidadanía empregando a certificación de sinatura electrónica
Desde esta páxina web vostede poderá acceder á folla de suxestións ou queixas, tanto para presentala telematicamente como para obtela cuberta para a súa presentación en calquera Rexistro da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican nesta páxina. Para a presentación telemática debe dispor dun certificado dixital baixo a norma X509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda ou dun DNI electrónico vixente.
Agradecemos a súa colaboración por canto poida redundar nunha mellora na calidade dos servizos que presta a nosa Administración.