Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2000 pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da resolución de aprobación definitiva do proxecto do Plan especial do porto de Marín-Pontevedra (Pontevedra).

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no día 3 de outubro de 2000 dictou a resolución que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Resolvo: outorga-la aprobación definitiva ó proxecto do Plan especial do porto de Marín-Pontevedra (Pontevedra) que, formulado pola autoridade portuaria de Marín-Pontevedra, fora aprobado provisionalmente polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na súa sesión do 26 de maio do ano que corre.

Notifíquese esta resolución e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes».

O que se fai público para xeral coñecemento para os efectos oportunos, advertíndose que contra a dita resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, conforme o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2000.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda