Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 10 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal.

O Pleno da Corporación, en sesión de vinteseis de maio de dous mil un, prestou aprobación definitiva

o Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 10, situada entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal, documento subscrito polos arquitectos Castro e Alonso con visado da delegacion en Pontevedra do COAG con data 5-4-2001 -como texto refundido ou recompilatorio do inicialmente aprobado e intervido o 4-2-2000 e os documentos adicionais visados o 30-10-2000 e 22-11-2000, anulándose daquel os seus planos P-8 e P-9- recolléndose nel as observacións formuladas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en informe preceptivo e vinculante do 13-3-2001, facéndose constar expresamente que o réxime aplicable ó ámbito do plan será o establecido na disposición transitoria segunda punto 1.b) da Lei 1/1997, do solo de Galicia, coa particularidade de que o aproveitamento dos propietarios do solo será o 90% do medio do polígono e será de aplicación o réxime do solo urbano non consolidado, significándose tamén sobre o contido das

alegacións formuladas durante a información pública do procedemento por Alberto Peón Loureiro e José Carlos Loureiro Álvarez-Builla, que de conformidade co informe do arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística, que se incorpora como motivación deste acto nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o aproveitamento da propiedade será o noventa por cento do resultante da aplicación das ordenanzas da zona residencial intensiva en cuarteirón pechado para unha altura de edificación de baixo e catro plantas, ou 15,40 metros e que a valoración detallada da urbanización haberá de ser un documento necesario no proxecto de urbanización que teña que redactarse, definindo a súa execución material coa repercusión sobre os propietarios da parcela 3, que quedará descrita no proxecto de compensación.

O texto da normativa do plan especial foi publicado no BOP número 145, do 30-7-2001, en cumprimento dos artigos 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso administrativo pertante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º.6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes segundo dereito, significando que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interpo

sición de recursos en vía administrativa contra as diposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 14 de setembro de 2001.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral