DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 01 de xuño de 2004 Páx. 7.751

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN conxunta do 24 de maio de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CC.OO., CIG, UGT, CSI-CSIF e SAE, de selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

No marco da mesa sectorial de persoal das institucións sanitarias do Sergas, coa finalidade de establecer un sistema de selección temporal para o persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde, negociáronse os pactos publicados nos DOG do 13 de abril de 1993, do 12 de maio de 1994, do 21 de decembro de 1995, do 10 de marzo de 1997 e do 4 de febreiro de 2000.

Prorrogada automaticamente a vixencia do último pacto e tras a denuncia da organización sindical CIG, no seo da mesa sectorial do 22 de decembro 2003, iniciáronse as negociacións dun novo pacto regulador do sistema de selección temporal de persoal estatutario das institucións dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Tras o mencionado proceso negociador acadouse o pacto que se publica, subscrito entre a Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., CIG, UGT, CSI-CSIF e SAE. A negociación foi celebrada de conformidade co artigo 35 da Lei

9/1987, do 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas.

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Acordar a publicación do pacto de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde que se inclúe xunto con esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2004.

Manuel Antonio Silva RomeroJosé Ignacio Lema Piñeiro

Secretario xeral da ConselleríaDirector xeral da División

de Sanidadede Recursos Humanos

Pacto de selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde asinado entre a Administración sanitaria e as organizacións sindicais CC.OO., CIG, UGT, CSI-CSIF e SAE

En Santiago de Compostela o 6 de maio de 2004, no marco da mesa sectorial de negociación do persoal de institucións sanitarias do Sergas, de conformidade coas facultades conferidas no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións

públicas, así como das competencias outorgadas á referida mesa sectorial polo acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais da mesa xeral. Tras o proceso negociador mantido no seno da Mesa Sectorial Sanitaria, subscríbese este pacto de selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Sergas, co contido que a seguir se expón:

I. Normas xerais.

1. Vixencia do pacto.

1º Este pacto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, agás o previsto na norma xeral 2, réxime transitorio para os supostos comprendidos na norma xeral 12.3 e 12.5.

Para a selección dos aspirantes, unha vez publicado no DOG este pacto, a División de Recursos Humanos efectuará unha convocatoria xeral concernente ás categorías que se determinen, logo de informe da comisión central de seguimento do pacto. A selección dos aspirantes desa convocatoria rexerase polos baremos de méritos e criterios ordenadores previstos neste pacto, ben que as novas listas que se confeccionen non terán virtualidade ata a data prevista para a súa entrada en vigor, de conformidade co que se prevexa na respectiva convocatoria.

2º Este pacto terá vixencia dun ano a partir da data da súa entrada en vigor, con prórroga automática por idéntico ou idénticos períodos, de non mediar denuncia expresa por ningunha das partes cando menos con tres meses de antelación ao seu termo.

De existir denuncia da vixencia deste pacto, prorrogarase a súa efectividade ata a formalización do novo pacto ou norma que o substitúa, tras a negociación correspondente.

2. Réxime transitorio.

1º En canto non se publiquen as listas definitivas das categorías que se convoquen, para efectuar os chamamentos que resulten precisos aplicaranse as listas confeccionadas en desenvolvemento do pacto do 4 de febreiro de 2000 (Resolución do 28 de decembro de 2001, DOG nº 13, do 18 de xaneiro 2002).

2º A selección de persoal temporal para a cobertura de postos de traballo correspondentes ás RPT de funcionarios da Lei 17/1989, da clase de saúde pública, realizarase de conformidade co pacto do 4 de febreiro de 2000 e coas listaxes elaboradas con base nel e vixentes na data de publicación deste pacto, que se manterán ata a data de finalización dos procesos selectivos, actualmente convocados ou que se convoquen, ao final dos cales no seo da mesa sectorial negociarase o sistema de selección temporal específico para estes postos.

3º O réxime previsto para as vinculacións de curta duración na norma xeral 12.3 será de aplicación á entrada en vigor das novas listaxes da categoría que corresponda elaborados ao abeiro deste pacto.

4º A selección do persoal temporal das categorías de médicos de familia e de ATS/DUE para a cobertura das necesidades no ámbito das urxencias extrahospitalarias será de aplicación no momento en que se publiquen as listaxes definitivas a que se refire a norma xeral 12.5, agás nos casos previstos nas regras transitorias que se rexerán polas súas disposicións específicas.

5º Cada un dos exercicios que integren a fase de oposición, para todas aquelas categorías que ata a data non foron obxecto de OPE formalizada ou que o sexan no futuro polo Sergas, incluirase co grao de proporcionalidade e na ponderación que corresponda dentro da estrutura dos seus baremos, logo do acordo da comisión central de seguimento do pacto adoptado no momento que se executen as OPE correspondentes.

De conformidade co acordado pola mesa sectorial na súa reunión do 6 de xuño de 2002, en ningún caso serán tidos en conta para os efectos de baremo na epígrafe de OPE os resultados obtidos nos procesos selectivos convocados ao amparo do disposto na Lei 16/2000, do 21 de novembro, pola que se establece un proceso extraordinario de consolidación de emprego e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias.

3. Ámbito de aplicación do pacto.

3.1. Territorial: será de aplicación en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

3.2. Persoal: afectará a todas as vinculacións temporais, a través dos nomeamentos que se formalicen, das categorías de persoal estatutario.

4. Sistema de nomeamentos.

As listas elaboraranse por categoría profesional e ámbito territorial de área de xestión sanitaria, agás nos casos do persoal técnico e persoal de xestión da función administrativa, as categorías de persoal informático pertencentes aos grupos A, B, logopedas, técnico superior e técnico de grao medio que, de conformidade co que establezan as respectivas convocatorias, poderán ser de ámbito distinto (de comunidade autónoma, provincial ou o que se especifique para cada caso).

5. Formalización das solicitudes.

5.1. Convocatoria.

Publicado este pacto no Diario Oficial de Galicia, convocaranse os aspirantes, mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia (en diante DOG), nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros de xestión de atención primaria e especializada e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Igualmente, daráselle a publicidade adecuada á convocatoria, a través da inserción na prensa dun anuncio dela.

5.2. Prazo e lugar de presentación das solicitudes.

Formalizada a convocatoria e, nos termos que nela se prevexan, os aspirantes disporán dun prazo máximo de entre 15 e 20 días naturais a partir do seguinte á data da publicación desta no DOG, para a presentación da súa solicitude no modelo normalizado, en unión da documentación que sexa pertinente.

As solicitudes poderán presentarse nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e nos centros de xestión.

5.3. Requisitos dos aspirantes.

Na data en que expire o prazo para a presentación das instancias, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

-Ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder a idade da xubilación.

-Acreditar a nacionalidade española ou dun país da Unión Europea (en diante UE) ou, de ser o caso, dispor de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

-Posuír a titulación que, segundo se fai constar no modelo de instancia, habilita para o exercicio da profesión correspondente ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

-Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

-Os demais requisitos recollidos no artigo 30 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde (BOE 301, do 17 de decembro).

Non serán admitidas a trámite as solicitudes dos aspirantes que fosen excluídos das listas confeccionadas en aplicación dos pactos do 1 de abril de 1993 (DOG do 13 de abril), do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), do 21 de decembro de 1995 (DOG do 19 de xaneiro), do 28 de febreiro de 1997 (DOG do 10 de marzo), e do 4 de febreiro de 2000 (DOG do 25 de febreiro) polas causas previstas nos citados pactos, con excepción do previsto na norma xeral 11.2.3.

5.4. Acreditación de méritos avaliables.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata o día inmediato anterior á data de publicación da convocatoria, sempre que se acrediten no prazo de presentación das solicitudes.

A acreditación dos méritos alegados requirirá a incorporación de documentos auténticos, sen prexuízo da posible compulsa que, sobre as copias fotoestáticas deles, sexa realizada polo persoal competente.

Non será necesaria a presentación de documentos acreditativos dos méritos que consten no expediente do aspirante por figuraren na anterior convocatoria do pacto na mesma categoría.

5.5. Formulación das solicitudes.

5.5.1. Cada aspirante aos nomeamentos a que se refire este pacto solicitará a súa inclusión nos ámbitos e categorías sinalados nos modelos de solicitude.

No suposto de que un aspirante incumprise as regras previstas no citado modelo e, se así se detectase a través dos mecanismos de control, excluirase inmediatamente de calquera listaxe das solicitadas. No modelo normalizado de solicitude advertirase, de modo claro e inequívoco, a aplicación desta medida.

A citada exclusión acordarase baixo os seguintes criterios:

-No caso de detectarse duplicidade de áreas ou ámbitos territoriais incompatibles entre si, optarase por manter o interesado na listaxe da área ou ámbito territorial en que figuraba na anterior convocatoria, deixando sen efectividade a solicitude respecto da outra.

-De non figurar nas listaxes da última convocatoria, optarase polo sinalado polo interesado en último lugar.

-De detectarse duplicidade en categorías incompatibles entre si, optarase por manter o interesado na listaxe da categoría na que figurase na anterior convocatoria, deixando sen efectividade a solicitude respecto da outra.

De non figurar nas listaxes da última convocatoria, optarase polo sinalado polo interesado en último lugar.

-Se o interesado presentase solicitude nas diferentes direccións provinciais prevalecerá a posterior sobre a anterior.

5.5.2. Os aspirantes que figuren ademais nas listas que se manteñan vixentes para o acceso a postos de traballo incluídos na relación de postos de traballo Lei 17/1989, poderán optar pola súa baixa nas citados listaxes facéndoo constar na cuadrícula específica da solicitude, das categorías estatutarias da mesma titulación. A baixa nas listaxes terá efectividade coa publicación expresa das listaxes definitivas da categoría solicitada.

6. Elaboración das listas.

6.1. Regra xeral.

6.1.1. As listaxes de aspirantes aos nomeamentos temporais elaboraranse pola estrita orde de puntuación que resultará da aplicación do baremo establecido para as categorías.

6.1.2. Unha vez que se teña realizada a baremación, publicaranse as listas provisorias, por categorías e ámbito territorial respectivo, nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros asistenciais dependentes delas, incluíndo relación dos aspirantes admitidos coa súa puntuación e orde de prelación, así como dos excluídos, indicando as causas da súa exclusión.

Contra as listaxes provisorias, os interesados poderán formular reclamación perante a dirección provincial do Sergas, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación.

6.1.3. Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas do xeito establecido para as provisorias.

Contra as listas definitivas, os aspirantes poderán presentar recurso de alzada perante a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a data seguinte á da súa publicación.

6.1.4. As comisións provinciais de seguimento, cando así o soliciten, serán informadas do seguimento do proceso para a elaboración das listaxes de cada categoría e ámbito.

6.2. Prórroga do pacto.

De prorrogarse a vixencia deste pacto, vehicularase unha nova oferta para a selección dos aspirantes ás vinculacións temporais durante o último trimestre de cada ano natural que corresponda.

A primeira oferta que se produza por esta causa efectuarase a partir do último trimestre do ano 2005 e sucesivos anos.

6.3. Supostos especiais.

6.3.1. Incorporación automática de novos aspirantes.

Co obxecto de garantir a dispoñibilidade de profesionais nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas e enfermeiros/as (ATS/DUE) e cociñeiros, mediante a incorporación dos novos titulados e doutros profesionais, os profesionais, que aspiren aos chamamentos para vinculacións temporais poderán presentar a súa solicitude, sen necesidade dunha convocatoria previa, durante os quince primeiros días de marzo, xullo e outubro, que deberán dirixir ás direccións provinciais do Sergas. Estas listaxes manteranse vixentes ata a resolución da seguinte convocatoria xeral ordinaria da correspondente categoría.

Para estes efectos as direccións provincias divulgarán na segunda quincena do mes anterior un recordatorio da apertura do citado prazo entre os sindicatos, colexios profesionais, escolas de enfermería, servizos e unidades de atención primaria, e nos taboleiros de anuncios das propias direccións provinciais e centros de xestión. Así mesmo, publicarán o oportuno anuncio nun ou varios medios de difusión do ámbito territorial respectivo. Así mesmo, terán ao dispor dos interesados os modelos normalizados de solicitude.

Coas solicitudes presentadas, realizarase a valoración dos expedientes presentados consonte o baremo da categoría que se publica con este pacto e procederá a publicación das listaxes provisorias de puntuacións que poderán ser obxecto de reclamación no prazo de 5 días. As direccións provinciais resol

verán as reclamacións que se presenten no prazo doutros cinco días desde a súa recepción.

A listaxe que resulte pasará a integrar as listaxes xerais da derradeira convocatoria ao cabo da lista, con indicación do período de solicitude -mes (marzo, xullo, outubro) e ano- e pola orde derivada do citado prazo e da prelación que resultase da avaliación.

Idéntico tratamento outorgarase á listaxe que resulte dos aspirantes que optasen por acceder pola quenda de promoción interna.

6.3.2. Convocatorias por indispoñibilidade.

No caso de indispoñibilidade de profesionais nunha lista das categorías convocadas, as direccións provinciais ou, de ser o caso, a División de Recursos Humanos, poderán realizar unha nova oferta para o acceso de aspirantes ás vinculacións temporais desta, logo do seu tratamento na comisión central de seguimento deste pacto.

De tratarse de indispoñibilidade absoluta, procederase a incorporar aos aspirantes pola orde de prelación que resulte ao cabo da lista realizadas con base nas disposicións anteriores.

De tratarse de indispoñibilidade eventual ou para un período concreto e determinado, elaborarase unha lista subsidiaria da principal á cal se acudirá exclusivamente nos casos en que concorra a citada indispoñibilidade.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior, as direccións provinciais terán a dispor dos interesados os modelos normalizados das ditas solicitudes.

Coas solicitudes recibidas, que deberán reunir os requisitos a que se refire o parágrafo 5.3., a dirección provincial elaborará a listaxe correspondente mediante un procedemento simplificado en que unicamente se valorará a formación académica dos aspirantes.

A listaxe provisional publicarase no taboleiro de anuncios da dirección provincial; contra ela poderase presentar reclamación no prazo de 5 días perante a dirección provincial, que resolverá no prazo máximo de 15 días.

Resoltas as reclamacións, publicaranse, nos citados taboleiros as listaxes definitivas, contra as cales caberá interpoñer recurso de alzada perante a División de Recursos Humanos do Sergas no prazo dun mes desde a data da súa publicación.

As novas listas que se elaboren ao abeiro desta epígrafe serán subsidiarias da principal e, de ser o caso, as subseguintes que se publiquen ata a nova convocatoria ordinaria serán subsidiarias entre si por orde cronolóxica.

6.3.3. Indispoñibilidade transitoria na área de aspirantes dunha categoría.

Ata a publicación definitiva das listaxes mencionadas nos parágrafos anteriores, no caso de indispoñibilidade de aspirantes nunha determinada cate

goría, acudirase á utilización de listas das áreas de xestión máis próximas.

Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, considéranse áreas de xestión máis próximas as que se determinan, respecto de cada área concreta, nos respectivos modelos de solicitude.

6.3.4. Novas categorías e readaptación de categorías.

No caso de creación dunha categoría de persoal estatutario ou de non ter convocada algunha das existentes no prazo previsto para a convocatoria xeral, realizarase unha convocatoria cos baremos que corresponda tras a negociación na comisión central de seguimento deste pacto.

No caso de readaptación de categorías ofertadas que supoñan a eliminación doutras anteriores ou a reclasificación dunha ou varias das existentes nunha nova, preveranse no seo da mesa sectorial os mecanismos de adaptación das listaxes das categorías existentes ás novas categorías.

6.4. Baixa automática do persoal estatutario fixo.

O persoal estatutario fixo de novo ingreso en virtude do remate dun proceso selectivo será dado de baixa automaticamente como aspirante ás vinculacións temporais no momento en que se abra o prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas.

7. Xestión das listas.

7.1. A determinación das necesidades de vinculación compételles aos directores xerentes dos respectivos centros sanitarios, de acordo coas súas competencias de xestión normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva información sobre os nomeamentos efectuados, que periodicamente debe facilitarse ás xuntas de persoal de área, nos termos recoñecidos no artigo 9 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE nº 145, do 18 de xuño) e, así mesmo, nos artigos concordantes da Lei orgánica 11/1985, de liberdade sindical.

As comisións provinciais de seguimento tamén poderán solicitar a citada información aos directores xerentes, que deberán facilitala nun prazo razoable.

7.2. A xestión das listas e os chamamentos dos aspirantes levarase a cabo nas direccións provinciais do Sergas, a través dun proceso informatizado, respecto de todas as categorías incluídas neste pacto.

Emporiso, as xerencias de atención primaria poderán exercer tal cometido respecto do persoal facultativo de medicina de familia, odontólogos e pediatras verbo dos distintos ámbitos da súa competencia.

Cando as circunstancias o aconsellen, polo momento, inmediatez e perentoriedade para efectuar o chamamento dun aspirante, os centros de atención especializada e de atención primaria efectuarán directamente tal chamamento, con respecto absoluto

dos criterios de selección previstos neste pacto. Para tal efecto, a dirección provincial correspondente dará cumprida e periódica información da situación e estado das listas, coa explicitación da orde de chamamento dos aspirantes, coordinando axeitadamente o proceso cos centros sanitarios.

7.3. Para efectuar os chamamentos seguirase rigorosamente a orde de puntuación acreditada polos aspirantes en cada ámbito, sen prexuízo dos supostos de suspensión previstos na norma xeral oitava, e dos supostos especiais da norma xeral 12.

Para a formalización de nomeamentos de duración igual ou superior ao ano chamarase, en todo caso, ao aspirante que acredite a maior puntuación na lista da área sanitaria que corresponda, sempre que non estea xa vinculado por outro nomeamento de duración igual ou superior ao citado período.

De acordo co anterior, cando un aspirante figura con dereito preferente, pola puntuación que acredite, para ocupar praza vacante con carácter interino ou para formalizar outro vínculo de duración prevista igual ou superior ao ano, e se atope vinculado por un nomeamento de duración inferior, será requirido para ocupar a citada praza vacante ou para formalizar outra vinculación de duración igual ou superior ao ano.

7.4. Para as vinculacións programadas, e sempre que exista un prazo suficiente de 48 horas, os aspirantes serán avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos en que exista premura na vinculación, avisarase telefonicamente.

En todo caso, quedará constancia da data e hora en que cada aspirante sexa requirido, mediante dilixencia expedida para o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas efectuadas.

7.5. De constatarse un erro material ou de feito no chamamento e posterior vinculación en prol dun aspirante que pola súa orde de puntuación non lle corresponde, procederase, no prazo dos 15 días seguintes, á revogación do nomeamento expedido por tal circunstancia.

De tal actuación notificarase o antes posible á comisión provincial de seguimento correspondente.

8. Duración dos vínculos formalizados.

8.1. Os aspirantes que acrediten un período de traballo de 360 días ou superior, nun prazo de tres anos, en virtude deste ou anterior pacto, non serán chamados para subscribir novos vínculos de duración inferior a un ano nun período de tres meses, desde a data de finalización do último vínculo en virtude do cal se acumule o referido período de traballo.

Para estes efectos os meses contaranse por mes natural ou, no seu defecto, pola agrupación de días traballados, a razón dun mes por cada 30 días de prestación de servizos.

Esta regra será de aplicación ao cómputo do tempo de traballo, así como do período de suspensión que, de ser o caso, se estivese aplicando aos aspirantes, desde a entrada en vigor do pacto, con independencia de que o citado cómputo comezase baixo a vixencia do pacto anterior.

8.2. Esta medida de suspensión dos chamamentos non será de aplicación no caso de que, por razóns conxunturais, non existan profesionais suficientes nalgunha listaxe das categorías convocadas e, de ser o caso, área sanitaria, sen prexuízo da continuidade da aplicación da medida unha vez que se superen as citadas circunstancias.

Así, de procederse á convocatoria extraordinaria prevista por indispoñibilidade, entenderase aplicable esta medida de suspensión.

8.3. Finalizado o período de suspensión dos chamamentos, os servizos prestados comezarán a computarse para os efectos de completar un novo período de 360 días que dea lugar á aplicación novamente da medida de suspensión.

Non se poderán acumular períodos de suspensión dos chamamentos. En todo caso, a citada suspensión non será superior a tres meses, nun período de doce desde a aplicación da medida.

8.4. Sen prexuízo do reflectido non parágrafos anteriores, coa finalidade de acadar unha maior mobilidade das listas en función das peculiaridades que concorran nalgunha área sanitaria ou provincia, as comisións provinciais poderán propoñer, mediante acordo adoptado de conformidade co previsto na disposición décima deste pacto, o establecemento do sistema que consideren máis conveniente para conseguir a aludida maior mobilidade das listas.

Tal proposta de sistema só poderá referirse aos vínculos de duración inferior aos 12 meses e requirirá para a súa efectividade a ratificación da comisión central de seguimento.

Sen prexuízo do anterior, a comisión central de seguimento do pacto acordará as medidas necesarias para a aplicación destas medidas de suspensión.

9. Promoción profesional temporal.

9.1. Convocaranse listas específicas co obxecto de reservar o 50% das necesidades a cubrir nos respectivos centros ou complexos sanitarios, para a formalización de vínculos de interinidade en praza vacante e demais que se estimen, inicialmente, de duración igual ou superior a dous meses, para o persoal estatutario fixo con praza en propiedade de igual ou inferior grupo ao da categoría obxecto de vinculación, que leve polo menos dous anos en servizo activo como persoal fixo.

De concorrer a circunstancia, debidamente constatada, de que a categoría solicitada para promocionar non exista ou sexa obxecto de oferta reducida no centro de xestión ou complexo de que depende o solicitante, a promoción estenderase á área sanitaria ou complexo correspondente.

9.2. Para estes efectos, confeccionaranse unhas listas por centro de xestión ou área sanitaria, segundo corresponda, coa mesma vixencia das anteriores e coa aplicación dos criterios de selección e restantes prescricións establecidas neste pacto.

9.3. Poderá solicitar a inclusión nas devanditas listas de promoción temporal, o persoal estatutario fixo, en servizo activo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia que teña a titulación requirida para prestar servizos na categoría a que opta.

De conformidade co previsto no artigo 34.5º da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, non se exixirá o requisito de titulación para o acceso ás categorías do artigo 7.2º b) da citada lei, agás que sexa necesaria unha titulación, acreditación ou habilitación profesional específica para o desempeño das novas funcións, sempre que o interesado prestase servizos durante cinco anos na categoría de orixe e teña a titulación exixida no grupo inmediatamente inferior á categoría a que opta.

9.4. O persoal estatutario fixo que se incorpore a un novo destino con ocasión dun concurso de traslados poderá solicitar a súa inclusión nas listaxes de promoción temporal do centro de destino, no prazo previsto para a toma de posesión.

Coas solicitudes confeccionaranse as listas de conformidade cos criterios de selección previstos neste pacto. Estas listas serán subsidiarias das que estivesen vixentes ata a data dunha nova convocatoria xeral ordinaria.

10. Seguimento do pacto.

10.1. Para o seguimento do pacto constituiranse unhas comisións paritarias, unha central, con sede nos servizos centrais do Sergas, e unha por provincia, con sede nas direccións provinciais do Sergas. A comisión central estará integrada por un representante sindical de cada unha das organizacións asinantes do pacto e polos representantes designados pola División de Recursos Humanos do Sergas. As comisións provinciais estarán integradas por un representante por cada organización sindical asinante do pacto e en número igual polos representantes designados pola dirección provincial e os centros da provincia.

Os representantes poderán ir acompañados dos suplentes, representantes noutras áreas, cando a reunión teña por obxecto o tratamento de asuntos de área distinta á de pertenza do titular e co obxecto de garantir o coñecemento e a proximidade dos temas. Os suplentes terán voz pero non terán voto.

10.2. A comisión central terá as seguintes competencias:

-Unificar e establecer os criterios de actuación e interpretación do pacto.

-Resolver en única instancia as incidencias e controversias de afectación xeral que deriven da aplicación do pacto.

-Outorgar o aval ás actividades de formación continua destinadas ás correspondentes categorías de persoal non sanitario nos termos que se establecen nos criterios xerais do baremo.

-As demais explicitamente recoñecidas neste pacto.

10.3. As comisións provinciais terán as seguintes competencias:

-Coñecerán, en única instancia, todas as incidencias e reclamacións que se produzan, formulando as propostas de resolución con carácter vinculante que procedan ás direccións provinciais do Sergas para o seu traslado, se é o caso, aos interesados.

-Exercerán o control da execución dos chamamentos dos aspirantes en todo o seu ámbito.

-As demais explicitamente recoñecidas neste pacto.

10.4. Réxime de funcionamento:

10.4.1. Os acordos adoptaranse por maioría dos presentes, requiríndose un quórum de 3 membros de cada unha das partes e sendo decisorio, no caso de empate, o voto do presidente.

10.4.2. A presidencia das comisións corresponderalle a un dos membros designados pola Administración, actuando como secretario destas, con voz e voto, outro dos seus representantes.

10.4.3. As comisións reuniranse, ben con carácter ordinario, unha vez ao trimestre a comisión central, e unha vez ao mes as provinciais; ou ben con carácter extraordinario, nas ocasións en que concorran as circunstancias que o fagan preciso.

A solicitude da convocatoria extraordinaria, na cal necesariamente se fixará a orde do día, farase por instancia, cando menos, de dous dos membros da comisión, e cunha antelación mínima de 48 horas.

11. Penalizacións.

11.1. Renuncias aos nomeamentos.

11.1.1 Será penalizado pasando ao cabo da lista da súa categoría o aspirante que renuncie por primeira vez a unha oferta de vinculación. No caso de concorrer unha segunda renuncia, o aspirante será penalizado coa exclusión da citada lista.

A penalización acordada por un ou outro motivo terá unha duración dun ano, contado desde que a medida se fai efectiva e será notificada ao aspirante afecto e á comisión provincial de seguimento do pacto, con carácter inmediato.

11.1.2. Procederá a suspensión dos chamamentos, sen penalización ningunha á petición do interesado

e sempre que o xustifique suficientemente, nos seguintes casos:

-Maternidade ou adopción legal.

-Exercicio de representación sindical.

-Casamento.

-Falecemento de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

-Coidado de fillos menores de 3 anos ou dun familiar que se encontre ao seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo e non desempeñe actividades retribuídas.

-Participación en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional.

-Calquera outra de entidade suficiente que se considere oportuno a criterio da comisión central de seguimento.

O aspirante deberá alegar as citadas causas, perante a dirección provincial respectiva, e acreditalas con anterioridade á data en que o chamamento se produza ou, de non ser posible, no momento en que se atenda o chamamento ou se formalice o nomeamento.

A suspensión de chamamentos deberá ser informada á comisión provincial de seguimento na seguinte reunión que se celebre desde que se presenta a renuncia.

De concorrer supostos de controversia ou dúbida sobre a causa alegada, a dirección provincial, tras a audiencia do interesado no prazo de 10 días hábiles, e logo do tratamento e acordo adoptado pola comisión provincial de seguimento do pacto, resolverá sobre a súa estimación ou desestimación. No caso de desestimación e, de persistir o rexeitamento da oferta por parte do interesado, adoptarase cautelarmente a medida penalizadora que corresponda, sen menoscabo da súa revogación ulterior, se cabe, co restablecemento da situación do aspirante.

A suspensión dos chamamentos manterase ata que o interesado notifique a súa dispoñibilidade alegando o remate da causa de suspensión e sexa aceptada a súa reposición pola comisión provincial de seguimento do pacto.

11.1.3. Os aspirantes en que concorrese unha causa xustificada que impedise o cumprimento do nomeamento deberán comunicalo no momento da formalización do vínculo, procedendo a dirección provincial do Sergas á suspensión dos chamamentos ata que remate a causa.

Os criterios que sirvan de base á determinación das causas xustificadas de suspensión serán determinados pola División de Recursos Humanos do Sergas previamente ao seu tratamento pola comisión central de seguimento do pacto.

11.2. Incumprimentos graves dos aspirantes.

11.2.1. Serán excluídos definitivamente da lista os aspirantes que incorresen en incumprimentos graves, tanto derivados da súa calidade de aspirante inscrito na lista da categoría correspondente como do desempeño concreto do posto de traballo.

Considéranse incumprimentos graves todas as condutas cualificadas como faltas graves ou moi graves no estatuto marco (Lei 55/2003).

11.2.2. Para facer efectivas as exclusións derivadas dos citados incumprimentos, seguirase un procedemento perante a División de Recursos Humanos do Sergas, no cal se garanta, en todo caso, a audiencia do interesado, e con participación preceptiva da comisión central de seguimento do pacto.

A División de Recursos Humanos do Sergas, unha vez incoado o procedemento de exclusión, poderá adoptar a medida cautelar consistente na suspensión dos chamamentos do aspirante incurso nel.

11.2.3. Tras a ultimación do expediente, a División de Recursos Humanos ditará a resolución en que se pronunciará sobre a exclusión definitiva do aspirante ou acerca do sobresemento do expediente.

Excepcionalmente, se así o aconsellan as circunstancias consideradas no caso, poderá acordar a exclusión do aspirante para chamamentos referidos a determinado ámbito ou ámbitos funcionais, de xestión, temporais, en que caberá contemplar medidas adicionais de adaptación profesional, formación, adestramento, etc. que se consideren oportunas ad hoc e que deberán motivarse no corpo da resolución que se dite.

A citada medida de exclusión tamén será acordada con carácter adicional á resolución que se adopte nos expedientes disciplinarios incoados por mor da comisión de faltas graves e moi graves.

11.2.4. Os aspirantes afectados pola exclusión poderán solicitar autorización para incorporarse ás listaxes de aspirantes nas sucesivas convocatorias. A División de Recursos Humanos resolverá expresamente as citadas solicitudes, logo do seu tratamento na comisión central de seguimento do pacto. Na falta de resolución expresa, as solicitudes entenderanse desestimadas.

Non procederá a citada autorización se a causa de exclusión das listas deriva dun incumprimento disciplinario constitutivo de falta moi grave ou causa penal.

12. Disposicións especiais.

12.1. Período de proba.

Nos nomeamentos expedidos estipularase un período de proba para os aspirantes, de conformidade co establecido no artigo 33.2º da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco de persoal estatutario dos servizos de saúde, e o artigo 5 da orde da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais do 1 de xullo de 1997, pola que se regulan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Ser

vizo Galego de Saúde e demais normas concordantes e complementarias ou que a substitúan.

Cando un aspirante sexa cesado por non superar o período de proba que no nomeamento se estipule, quedará automaticamente excluído da lista.

Emporiso, a comisión central de seguimento do pacto poderá exceptuar a aplicación de tal medida de exclusión, de xeito motivado, naqueles casos en que, polas circunstancias concorrentes se considere oportuno, así como as medidas adicionais que se estimen convenientes.

Os centros sanitarios deberán comunicar á comisión central de seguimento do pacto, o antes posible, os cesamentos que se produzan por tal motivo e, de existiren, as circunstancias que razoablemente obsten á aplicación da medida de exclusión.

12.2. Áreas especiais.

12.2.1. Cando sexa preciso cubrir necesidades de vinculación de ATS/DUE que se produzan nas áreas de UCI-reanimación, quirófanos, hemodiálise, transplantes, hospital de día onco-hematolóxico e onco-pediatría e prematuros-neonatos, e así mesmo no que respecta ás categorías de persoal adscrito ás unidades de saúde mental, os aspirantes que acrediten experiencia profesional nas citadas áreas ou posúan a especialidade ou titulación específica que non fose preceptiva farano constar no espazo reservado para o efecto nas solicitudes que formulen, presentando, en todo caso, certificación acreditativa da experiencia expedida polo centro sanitario correspondente ou a titulación da especialidade.

Excepcionalmente, as xerencias poderán propoñer ás comisións provinciais de seguimento outras áreas de traballo de carácter sanitario, nas cales sexa necesario que os aspirantes acrediten experiencia profesional nelas ou posúan unha determinada especialidade. Para tal fin, o centro presentará informe debidamente razoado e xustificativo. A comisión provincial resolverá sobre a procedencia do chamamento dun aspirante cualificado na área ou servizo, e sobre o sistema de efectuar a designación daquel.

12.2.2. O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde de prelación da lista e en prol das persoas que acrediten a experiencia ou a especialidade aludidas. Así mesmo, requirirase un informe por escrito do centro sanitario solicitante, no cal se fará constar a área sanitaria especial de que se trate e maila necesidade de que para esta se designe persoa coa especialidade ou titulación, de ser o caso, ou con experiencia acreditada. En todo caso, excluirase de tal sistema a cobertura das prazas vacantes e as substitucións dunha duración previsible superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

Serán de aplicación aos aspirantes as medidas de penalización e suspensión de chamamentos previstos nos números 11 e 8 respectivamente deste pacto.

12.3. Vinculacións de curta duración.

12.3.1. Para a cobertura das necesidades de persoal estatutario naquelas categorías que razoadamente se considere oportuno, producidas como consecuencia do traslado de enfermos en ambulancias, absentismo, incapacidade temporal pendente de xustificación non superior a 3 días desde a data da súa efectividade, permisos e licenzas, poderá confeccionarse unha listaxe especial por centro ou complexo da correspondente categoría para nomeamentos que non excedan 5 días.

12.3.2. Os centros interesados no citado sistema farán a oportuna proposta á comisión central de seguimento do pacto, que resolverá sobre da pertinencia concreta de cada listaxe e o número de aspirantes que proceda incluír, en atención ás circunstancias concorrentes e ás necesidades reais de vinculación manifestadas por aqueles.

12.3.3. Os aspirantes que soliciten a inclusión na listaxe especial, exercerán a súa opción consignándoa na epígrafe específica do modelo formalizado da solicitude.

Os aspirantes incluídos na listas, de conformidade co parágrafo 12.3.2, serán chamados para a cobertura deste tipo de situacións pola súa orde de puntuación e de xeito rotatorio.

Ademais, poderá elaborarse unha listaxe de reserva que será utilizada no suposto de esgotamento ou insuficiencia da listaxe principal.

Os aspirantes deberán permanecer na citada listaxe principal durante a vixencia de cada convocatoria.

Serán de aplicación aos aspirantes as medidas de penalización e suspensión de chamamentos previstos nos números 11 e 8 respectivamente deste pacto.

12.3.4. Os aspirantes que figuren nas listaxes a que se refire esta norma xeral 12.3. non poderán ser chamados para vinculacións que superen o cómputo de 10 días por cada mes.

No caso de que acrediten un tempo de vinculación que exceda dos 120 días ao ano, con ocasión dos chamamentos realizados por esta listaxe, serán excluídos da listaxe de vinculacións de curta duración e serán chamados cando lles corresponda polo seu número de orde na listaxe ordinaria. Para a realización do cómputo dos citados días teranse en conta como termo inicial a entrada en vigor das listaxes que se elaboren conforme a este pacto.

12.3.5. En canto se manteña un aspirante nas listaxes a que se refire este punto, quedarán excluídos da formalización de vínculos inferiores a 4 meses, agás nos casos de indispoñibilidade de aspirantes da lista xeral para a cobertura do período de vacacións estivais en que serán chamados polo seu número de orde con preferencia sobre as listas a que se refire a norma xeral 6.3. Os citados casos de indispoñibilidade serán acreditados perante as comisións provinciais de seguimento do pacto que serán debidamente informadas.

12.3.6. As comisións provinciais de seguimento do pacto poderán solicitar información das xerencias co obxecto de realizar o control pertinente sobre as citadas vinculacións, e serán informadas mensualmente da xestión e das súas incidencias das listaxes para vínculos de curta duración.

12.3.7. Así mesmo, as comisións de centro poderán solicitar a citada información das xerencias.

12.4. Vinculacións a tempo parcial ou en ámbito territorial distinto ao da listaxe.

Caberá a renuncia do aspirante á oferta de vinculacións a tempo parcial ou que supoñan a prestación de servizos nun ámbito territorial distinto ao da lista do que forme parte, agás nos casos en que por indispoñibilidade de profesionais, sexa necesaria a súa inmediata incorporación. Para os efectos esgotarase previamente a oferta a todos os aspirantes dispoñibles na lista de que se trate. De non ser aceptada a oferta por ningún deles, a aceptación do chamamento será obrigatoria en segundo chamamento.

Así mesmo, caberá a renuncia sen penalización do aspirante vinculado mediante un nomeamento a tempo parcial ou que supoña a prestación de servizos nun ámbito territorial distinto, sempre que exista dispoñibilidade de profesionais na lista da súa correspondente categoría.

12.5. Cobertura de atención urxente extrahospitalaria.

I. Selección de persoal temporal no ámbito da atención urxente no nivel de atención primaria.

A) Selección para vínculos de longa duración (novas prazas e incidencias nesas prazas que impliquen vínculos de longa duración) no novo modelo de urxencias en atención primaria.

1º A selección do persoal temporal para vínculos de longa duración na nova organización de atención urxente extrahospitalaria que resulte do futuro modelo de urxencias en atención primaria, realizarase de conformidade cos criterios xerais do pacto de selección temporal, coas particularidades seguintes:

1. Os aspirantes optarán voluntariamente a formar parte dunha listaxe específica que será o instrumento utilizado nos chamamentos para os vínculos de longa duración no futuro modelo de atención urxente extrahospitalaria.

Estes vínculos ofertaranse polo número de orde na listaxe específica que resulte da aplicación das epígrafes do baremo xeral ao que se engadirá a puntuación derivada do parágrafo IX do baremo de médicos e VII do baremo de enfermería.

Nestas epígrafes do baremo tense en conta a prestación baixo a modalidade de vínculos para a cobertura de atención continuada en atención urxente extrahospitalaria.

2. A inclusión dun aspirante nesta listaxe específica non o excluirá dos chamamentos que lle corres

pondan pola súa orde de prelación na listaxe ordinaria.

3. A aceptación dos vínculos de longa duración do novo modelo organizativo de urxencias en atención primaria non suspenderá os chamamentos aos vínculos de longa duración que lle correspondan pola lista ordinaria. Se ben a renuncia a un vínculo de longa duración ao que sexa chamado pola súa orde na lista ordinaria implicará o rexeitamento para todo tipo de vínculo destas características, e, xa que logo, a súa opción por permanecer no vínculo de longa duración nas urxencias extrahospitalarias.

A súa opción por permanecer prestando servizos no ámbito das urxencias extrahospitalarias non obstará á súa obrigatoriedade de incorporarse á prestación ordinaria se houber indispoñibilidade de aspirantes para a súa cobertura.

2º A selección de vínculos de curta duración poderá establecerse mediante o sistema previsto na epígrafe B deste punto primeiro, se así se acorda no marco de negociación da selección temporal.

B) Selección para outros vínculos derivados da atención continuada en atención primaria: vínculos de atención continuada en PAC que non estean configurados como de novo modelo.

A vinculación para a prestación á que se refire esta epígrafe realizarase a prol dos aspirantes que figuren na lista especial á que se refire a epígrafe anterior e que soliciten voluntariamente a súa inclusión nunha listaxe de chamamentos para outras vinculacións das urxencias extrahospitalarias non incluídas na epígrafe anterior:

1. A listaxe elaborarase cos aspirantes a que se refire a epígrafe anterior que voluntariamente o manifesten no modelo de solicitude.

2. Os profesionais inscritos cubrirán as necesidades de atención urxente extrahopitalaria e as demais de carácter temporal que supoñan vinculación dun mes ou período inferior, nos ámbitos territoriais do servizo de atención primaria ou punto de atención continuada (PAC), segundo se determine, en cada caso, no marco de negociación da selección temporal.

3. A incorporación á listaxe especial non obstará o chamamento para as vinculacións superiores a un mes que lle corresponda pola súa orde de prelación na listaxe ordinaria.

4. A voluntariedade manifestada para o acceso a vinculacións derivadas desta lista B será tida en conta en futuras convocatorias de selección temporal nas epígrafes VI e IX de médicos e nas epígrafes V.4 e VII de enfermería. Nos baremos das epígrafes IX e VII anteriores serán incluídos en tanto permanezan vixentes as ditas listaxes.

2. Puntuación adicional.

Nos baremos de persoal de enfermería e persoal médico que se inclúe nas epígrafes VII e IX respectivamente dos baremos anexos tómanse en conta

os servizos prestados de atención continuada no modelo transitorio para a configuración das listaxes de aspirantes ás vinculacións ao que se refire esta disposición.

3. Regras transitorias.

1. Transformación dos vínculos actuais de atención continuada.

De conformidade co acordo acadado na data do 5 de marzo de 2004, as actuais vinculacións para a cobertura da atención urxente extrahospitalaria formalizados no mes de marzo de 2004 transformaranse nos novos nomeamentos eventuais que se configuren para a citada prestación coas características e vixencias que se determinen.

2. Dispositivos de posta en marcha do novo modelo de urxencias de atención primaria.

Unha vez determinados os ámbitos dos dispositivos de posta en marcha do novo modelo de atención continuada no ámbito de atención primara, de conformidade co acordo acadado no seo da comisión de seguimento do pacto de urxencias extrahospitalarias, a incorporación de profesionais a estes realizarase en virtude da convocatoria específica para cada ámbito, na que se terán en conta os baremos deste pacto de selección de persoal temporal, coa consideración específica dos servizos prestados no ámbito das urxencias extrahospitarias.

As vinculacións que se realicen terán a consideración de vinculacións de longa duración a que se refire o punto 1. Xa que logo, non excluirá o chamamento para vinculacións de longa duración que corresponda ao número de orde da lista ordinaria, sen prexuízo de que o seu rexeitamento por unha soa vez implica a opción do profesional de manterse vinculado no ámbito das urxencias extrahospitalarias ata a finalización do seu vínculo.

12.6. Nomeamento de médicos de familia con diploma de puericultura.

Para poder aspirar aos nomeamentos de médico especialista de pediatría na atención primaria será requisito imprescindible a acreditación do título especialista en pediatría. Non obstante, no suposto de non existir médico pediatra inscrito nas listas que poida efectuar a cobertura de substitucións ou eventualidades, poderanse utilizar os servizos dos aspirantes da lista de médicos de familia que acrediten o diploma de posgrao en puericultura, que así o soliciten. En todo caso producirase o cesamento dese persoal no suposto de dispoñibilidade de médicos especialistas en pediatría.

Así, confeccionarase unha lista de médicos de familia que acrediten o diploma de posgrao en puericultura por área de xestión sanitaria, co fin de poder chamar os incluídos nela por orde de puntuación para cubrir as necesidades asistenciais aludidas no parágrafo anterior.

Para a súa baremación teranse en conta os méritos recollidos no baremo de pediatras, agás a formación especializada e coa precisión de que a experiencia profesional se refire á acreditada como médicos de familia en prazas de pediatra de atención primaria.

12.7. Compatibilidade da permanencia nas listaxes especiais dunha mesma categoría.

O aspirante poderá solicitar a súa inclusión nunha ou varias listaxes ás que se refire esta norma xeral décimo segunda, agás nos casos de incompatibilidade expresamente indicada en cada convocatoria ou neste pacto.

13. Cobertura de vacantes polo persoal fixo da mesma categoría.

De conformidade co compromiso adquirido no Acordo sobre mellora retributiva e profesional do 1 de outubro de 2003 e segundo o disposto na Lei 55/2003, do estatuto marco do persoal dos servizos de saúde, a cobertura de vacantes que xurdan poderá ser realizada polo persoal fixo da mesma categoría, de conformidade co que se estableza na normativa de desenvolvemento sobre selección de persoal estatutario e provisión de prazas das institucións sanitarias do Sergas que será obxecto de negociación no seo da mesa sectorial.

14. Selección de postos de traballo de facultativo especialista.

A provisión temporal dos postos de traballo de persoal facultativo especialista realizarase mediante un procedemento baseado nos principios de igualdade, publicidade, imparcialidade, mérito e capacidade.

Para os efectos anteriores a normativa de desenvolvemento sobre selección de persoal estatutario establecerá os procedementos de selección e formalización das convocatorias que se deban realizar.

15. Adaptación de postos de traballo.

A comisión central de seguimento do pacto preverá a adopción de medidas de incorporación ao traballo temporal de persoas que requiran adaptacion de postos de traballo por razón da súa discapacidade, que deberá ser acreditada.

II. Criterios de selección.

Para deseñar o proceso de selección de aspirantes e confeccionar as diferentes listas por categoría e área de xestión, tívose en conta a necesidade de artellar un proceso áxil e eficaz con acatamento dos principios básicos recollidos na Constitución e, de xeito especial, no artigo 29 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.

Con tales fundamentos configúranse os criterios de selección deste pacto que se recollen a continuación:

1. Outórgase unha entidade avaliativa á superación da fase de oposición dos procesos selectivos inmediatamente anteriores ás convocatorias que se rea

licen ao abeiro deste pacto. Non obstante, exceptúase a valoración dos resultados da fase de selección dos procesos convocados ao abeiro da Lei 16/2001, do 21 de novembro (BOE do 22 de novembro), en virtude do acordo da mesa sectorial do 6 de xuño de 2002, na que se resolveu excepcionar os ditos resultados da valoración como mérito nos futuros procesos de selección de persoal temporal. Por todo isto, na primeira convocatoria que se realice en execución deste pacto, teranse en conta os resultados da fase de selección do último proceso selectivo realizado con anterioridade á aplicación da citada Lei 16/2001.

A valoración da fase de oposición dos citados procesos adquiren especial relevancia xa que resulta un expoñente claro dos principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade que informan os sistemas de acceso ao emprego público recollidos, neste caso, no estatuto marco como corolario do establecido no artigo 103 da Constitución.

2. Coa imprescindible atención da anterior premisa, establécese o proceso de selección temporal contido neste pacto. Tal proceso, no que respecta ao persoal sanitario, en todo o seu ámbito, facultativo e sanitario non facultativo, consistirá exclusivamente na aplicación dos baremos de méritos que, para as distintas clases de persoal, se establezan neste pacto.

No relativo ao persoal non sanitario, tendo en conta a especificidade ou complexidade dalgunhas das funcións que van desempeñar determinados profesionais, resulta preciso, respecto de concretas categorías que o integran, realizar unha proba de coñecementos que garanta a idoneidade do profesional para o desempeño da praza ou posto de traballo.

a) Así é o caso dos aspirantes ao grupo técnico superior ou medio, técnico e de xestión da función administrativa, e do persoal informático, que, ademais de seren puntuados con carácter previo conforme ao baremo de méritos, realizarán unha proba de carácter teórico-práctico, que determinará, segundo o perfil ou características da praza obxecto da cobertura, a División de Recursos Humanos ou o director xerente do centro sanitario, segundo o caso e ámbito da convocatoria, coa colaboración da comisión central de seguimento do pacto, xunta do persoal da área ou, se é o caso, comisión de centro. Tal proba será executada soamente cando as características e circunstancias da praza obxecto de cobertura o requiran.

b) Os aspirantes ás prazas de carácter técnico ou de oficios, nas categorías de calefactores, electricistas, mecánicos, fontaneiros e cociñeiros realizarán unha proba de aptitude, de carácter práctico, que acredite o dominio necesario do seu oficio.

c) Tamén poderán ser obxecto dunha proba de aptitude de carácter informático os aspirantes á categoría de persoal de servizos xerais, agás aqueles que acreditasen o coñecemento suficiente na área informática, a través de cursos formativos de carácter

selectivo debidamente avalados no seo da comisión central de seguimento do pacto.

Da realización das devanditas probas excluiranse os aspirantes que aprobasen a fase de oposición do proceso selectivo do Sergas á que se fixo referencia. Sen embargo, poderán excepcionalmente acordarse para as categorías dos grupos A e B (técnicos superiores, da función administrativa e persoal informático), respecto ás prazas que polas súas características e deseño non pertenzan á rama xurídica nin económica.

Da execución das devanditas probas exceptuarase tamén aquel persoal técnico, de oficios, e de servizos xerais, que prestasen servizos nalgunha institución sanitaria dependente do Sergas, por un período superior a dous meses, ou superasen a proba de aptitude executada en aplicación dos pactos anteriores.

As características, contido e mailo modo de execución das probas será determinado pola comisión central de seguimento, coa excepción das correspondentes aos grupos técnico, de xestión, de grao medio e persoal de informática, que é competencia, como xa se indicou, das xerencias dos centros en colaboración coas xuntas de persoal da área ou comisións de centro, de ser o caso, en función do ámbito da convocatoria á que se refire o epígrafe a).

As probas de aptitude para o persoal técnico ou de oficios e de servizos xerais, de carácter eliminatorio, terá unicamente a cualificación de apto ou non apto.

Para os aspirantes declarados aptos na proba, así coma para o resto dos grupos profesionais e categorías, tanto de persoal sanitario coma non sanitario, aplicaranse os baremos de méritos contidos neste pacto, resultantes da suma das puntuacións que por cada apartado de méritos se estableza.

3. A puntuación por méritos que acaden os aspirantes determinará a súa orde na lista.

Os empates dirimiranse a prol do aspirante que acredite maior tempo como desempregado total e non subsidiado. De persistir o empate ou ben de tratarse de persoal de promoción profesional, resolverase a prol do aspirante de maior idade.

Entre os aspirantes que superasen a fase de oposición do proceso selectivo, os empates resolveranse a prol do que acredite maior puntuación final nesa fase (excepto a valoración da proba da lingua galega).

III. Baremos.

Os baremos confeccionados refírense a grupos e categorías de persoal de características, nalgún caso, notoriamente diversas.

Por iso, tanto na súa estrutura, coma nas escalas de puntuación resultan diferentes, ao se ter en conta circunstancias distintas para a súa elaboración.

1º Baremos de persoal facultativo.

No caso do baremo de médicos de familia, para a confección dos méritos asignables séguese, dalgún

xeito, a estrutura recollida na Lei 55/2003, do 17 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, que refire nos seus artigos 31 e 33 que se valorarán como mínimo: o currículo profesional, a formación pregraduada, especializada e continuada acreditada, a experiencia profesional en centros sanitarios, as actividades docentes científicas e de investigación e a cooperación ao desenvolvemento ou axuda humanitaria no ámbito da saúde. Ben que, ao tratarse o presente dun baremo para a selección e acceso de persoal temporal, na súa configuración parece razoable requirir unha maior axilidade e simplificación nesa estrutura e textura conformada; por iso é posible preterir aspectos ou actividades -como algunha das referidas na norma- máis propios dun proceso selectivo de acceso á condición de persoal estatutario fixo, o rigor e a virtualidade do cal debe predicarse sobremaneira. E tamén cabe e pode resultar pertinente ter en conta determinadas circunstancias que

parecen axeitadas na configuración dun proceso de selección temporal.

Así, na epígrafe de formación especializada tívose en conta como norma paradigmática o disposto no artigo 4 do Real decreto 1753/1998, do 31 de xullo, sobre acceso excepcional ao título de médico especialista en medicina familiar e comunitaria, e sobre o exercicio da medicina de familia no Sistema Nacional de Saúde. O citado artigo refire que se valorará a formación especializada polo sistema de residencia en medicina familiar e comunitaria. A puntuación global por este período de formación especializada será equivalente á que se lle asigne ao exercicio profesional como médico de entre seis e oito anos. A equivalencia recollida neste baremo adáptase á realidade do emprego, situación sociolaboral da nosa comunidade e aos cadros de persoal no Sergas.

Así mesmo, parece razoable valorar a realización con éxito do curso selectivo de nivelación, de carácter teórico-práctico, por determinados profesionais, que serviu para a obtención do título de medicina familiar e comunitaria, de conformidade co disposto na normativa aplicable e o sistema, desas características, previsto na actual normativa para o acceso excepcional á citada titulación; deste xeito saliéntase, non só o esforzo formativo desenvolvido, senón tamén a maior cualificación colixida deses concretos procesos.

Tales predicamentos, referidos en senso amplo á situación de emprego, cos antecedentes, posibilidade de acceso e o seu decurso, tamén tiveron valor no establecemento doutras epígrafes do baremo do persoal médico de familia; así é o caso da situación de desemprego total e non subsidiado que, como circunstancia constatable, afecta a todas as categorías incluídas no ámbito de aplicación deste pacto, ben que con distinto grao e intensidade por mor das súas diferentes características. De aí que neste caso se precise unha axeitada ponderación, debidamente cohonestada, co resto das epígrafes do baremo e coa situación de emprego destes profesionais.

Tamén debe salientar e, conseguintemente, gozar de certa consideración no baremo, a circunstancia concorrente de xeito continuo en moitos aspirantes, de permanencia nas listas, con plena disposición e sen renuncia ou rexeitamento algún aos chamamentos, asumindo unha descontinuidade no emprego, en moitos casos gravosa, ao longo dos períodos de vixencia dos pactos. Igualmente, tal extremo deberá ser relacionado, cohonestado e subsumido no futuro, coa valoración que se pretende outorgar á situación especial de cobertura de curta duración prevista para os profesionais facultativos de atención primaria na disposición especial 12 na súa epígrafe 5, como así se fai constar explicitamente na concreta epígrafe do baremo.

Tamén deben terse en conta as peculiaridades da cobertura da prestación en determinados ámbitos asistenciais. A configuración transitoria do modelo de urxencias extrahospitalarias que derivará na definición dun futuro modelo organizativo para este ámbito prestacional exixe unha particular consideración da dispoñibilidade dos profesionais no citado ámbito, xa que a prestación no futuro se concibe con carácter voluntario e, xa que logo, as listas que se confeccionen para a cobertura temporal das necesidades que se susciten no citado ámbito resulta así mesmo voluntaria. Por todo isto, prevese unha puntuación adicional e específica que tan só se terá en conta para os efectos da cobertura por persoal temporal das necesidades que xurdan neste ámbito.

Debe salientarse, así mesmo, que se lle outorga unha puntuación específica a aqueles aspirantes que participasen en anteriores convocatorias e así figurasen nas listaxes confeccionadas ao abeiro de pactos anteriores pola súa dispoñibilidade como persoal temporal do Sergas, como manifestación do coñecemento do medio das peculiaridades características da asistencia sanitaria en Galicia.

Os demais aspectos baremables xa tiveron reflexo nos anteriores pactos, con parangonable entidade, ora no caso da formación académica, ora no da formación continuada.

No baremo de psicólogos estase a seguir o disposto no Real decreto 2490/1998, do 20 de novembro, polo que se crea e regula o título oficial de psicólogo especialista en psicoloxía clínica que exixe o título de psicólogo especialista en psicoloxía clínica para o desempeño de postos de traballo en institucións públicas ou privadas. Neste senso parece razoable recoller unha estrutura do baremo similar ao dos médicos de familia pola maior similitude dos profesionais psicólogos con esa categoría, sen menoscabo da exclusión de diversos aspectos baremables para os médicos -exclusivos deles- que non poden ter predicamento para os profesionais psicólogos.

2º Baremo ATS/DUE.

Por mor do contido xa explicitado nos artigos 31 e 33 do estatuto marco, debe valorarse a formación

especializada de posgrao para os profesionais ATS/DUE como un dos aspectos que integran a estrutura do seu baremo. Por tal ditado, parece razoable outorgar maior relevancia -respecto á existente nos baremos dos anteriores pactos- a esa formación especializada desenvolvida e acreditada por estes profesionais nas especialidades que teñen neste momento virtualidade e as que no futuro se vaian desenvolvendo.

Así mesmo, como no caso do persoal facultativo outorgase unha puntuación específica para a elaboración das listaxes, de carácter voluntario, para a selección do persoal temporal no ámbito das urxencias extrahospitalarias, dada a especial configuración do ámbito prestacional ao que se refire a transitoriedade do modelo e a participación dos profesionais neste.

3º No resto dos baremos non se seguiu a estrutura e as escalas de puntuación aludidas anteriormente, ao non existir a formación especializada ou posgraduada que nos casos anteriormente reflectidos resulta en cambio de obrigada observancia e moi relevante, e merecen, polo contrario, outros aspectos unha puntuación máis elevada.

Valorouse notablemente a experiencia profesional en todos os baremos por ser indubidable a súa transcendencia.

Tamén, como se explicou nos parágrafos relativos á exposición dos criterios de selección, valorouse de xeito notable ter superada a fase de oposición do proceso selectivo do Sergas ou algún exercicio desta, co outorgamento da puntuación máxima susceptible de acadar pola aludida experiencia profesional.

4º Desemprego.

Deuse certa importancia ao período acreditado de desemprego, ao implicar unha incidencia grande na xeneralidade das categorías obxecto de cobertura de persoal sanitario non facultativo, non sanitario, co engadido da súa valoración neste pacto para a categoría de persoal facultativo, adaptada ás súas características. A puntuación nesta epígrafe ponderouse con relación á asignada nas epígrafes anteriores sinaladas, na procura de atinxir o baremo máis equilibrado posible e atento á verdadeira virtualidade das distintas epígrafes que o conforman.

5º Formación continua.

Respecto a esta epígrafe, foron considerados de xeito importante para todas as categorías os cursos de formación e perfeccionamento, pola relevancia da formación continuada para todas as categorías de persoal que desenvolve o seu cometido nas nosas institucións sanitarias; e considerando igualmente a transcendencia que tradicionalmente se lle ten dado a tales procesos formativos, con especial predicamento na actualidade, someténdoos ao conseguinte control que procure, ora acadar unha maior

calidade, ora perfeccionar o seu contido de xeito real e cada vez mellor cohonestado coas necesidades asistenciais ou de apoio.

Neste pacto pondérase a entidade avaliativa da formación en función do nivel de formación requirido para o acceso a cada categoría xa que as exixencias formativas, a cualificación profesional, a responsabilidade das tarefas e das disciplinas exixidas para cada grupo de clasificación supoñen un grao de formación continuada diferente para cada un deles.

Así mesmo, prevense criterios de actualización da formación baseados na súa antigüidade que se toma como referencia para a súa caducidade, apartándose do anterior criterio de redución automática da puntuación que se realizaba sen consideración á antigüidade desta. Quedan exceptuados desta medida aqueles cursos que supoñan un grao de especialización de carácter oficial que non estaban afectados pola citada caducidade.

En todos os procesos formativos exíxense uns requisitos rigorosos e solventes para a súa avaliación e, ademais, para os que o requiren especialmente por mor da súa necesaria avalación polo Sergas, dáse a necesaria publicidade dos requisitos exixidos, para que sexa posible permitir a garantía, entidade e a calidade destes cursos, e a preterición, no posible, dos que sexan pouco relevantes ou, incluso, falaces, nalgún caso.

-Avalación polo Sergas:

Os criterios que rexerán para a avalación polo Sergas, á que se refire a epígrafe de formación continua dos distintos baremos serán os seguintes:

I. O contido dos programas de formación deberán ser adecuados ás funcións da categoría estatutaria do aspirante, de acordo coas normas estatutarias correspondentes. Por isto a presentación do programa do curso coas materias impartidas e destinatarios serán requisitos imprescindibles para a súa valoración.

II. No relativo aos profesionais formadores, necesariamente deberá acreditarse a posesión da titulación axeitada ao curso que imparten, así como un breve currículo.

III. Os diplomas que se expidan deberán conter a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición, así como claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, a denominación deste, a categoría destinataria, a localidade e o programa do curso debidamente pormenorizado no reverso.

IV. Os diplomas deberán ir acompañados do documento que acredite a avalación do curso polo Sergas, para poder ser tidos en conta.

V. A comisión central de seguimento do pacto de vinculacións temporais poderá solicitar ás entidades que impartan os cursos, toda aquela documentación complementaria que considere preciso para a súa correcta avalación.

VI. A realización dunha nova edición dun curso que xa tivese outorgada avalación, requirirá nova solicitude presentando toda a documentación correspondente.

VII. De constatarse algunha inexactitude, omisión ou ocultación nos procesos das accións formativas poderán tomarse medidas de carácter suspensivo ou incluso de exclusión nos supostos que sexa preciso.

VIII. A comisión avaliadora poderá establecer criterios obxectivos de avaliación e acordar a súa publicidade.

Recóllense tamén os cursos de persoal sanitario acreditados pola Comisión Nacional para a Formación Continua e os que se acrediten pola Comisión de Formación Continua desta comunidade autónoma de acordo co Decreto 8/2000 (DOG nº 17, do 26 de xaneiro).

Parece razoable, nesta liña de actuación fixada, adaptar os baremos aos criterios xerais de acreditación da formación sanitaria acadados pola Comisión Nacional de Formación Continua, constituída en virtude do Convenio de Conferencia Sectorial do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde sobre formación continuada das profesións sanitarias, así como a súa estrutura e cómputo a través de créditos horarios e non por tramos como na actualidade foron confeccionados. Agora ben, tamén resulta ineludible establecer un réxime transitorio para a aplicación de tal medida que respecte a realidade dos procesos formativos vehiculados ata a data consonte o sistema vixente, para non menoscabar tanto as organizacións ou entidades formadoras, coma os aspirantes receptores dela.

O sistema de avaliación de cursos está referido principalmente aos créditos que se certifiquen. Non obstante, na formación anterior á entrada en vigor dos sistemas acreditadores, os cursos non viñan referidos con tal valoración, por iso, con carácter subsidiario, mantense un sistema de valoración daqueles que tan só veñan certificados en horas e que se aplicará única e exclusivamente para o caso de que o curso non se poida certificar en créditos.

Ademais, para o persoal non sanitario valoraranse aspectos de formación que parecen importantes, como é o caso da titulación específica pensada sobre todo para o persoal de oficios.

6º Promoción profesional temporal.

Finalmente, no que respecta ao persoal de promoción profesional por imperativo do disposto no artigo 35 da Lei 55/2003, do 17 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, requírese necesariamente para acceder por esta quenda dous anos de antigüidade como persoal fixo; e tamén, segundo o ditado desa norma, facilítase a promoción aos grupos C e D de persoal non sanitario, sen exixencia de titulación, aos profesionais con máis de cinco anos de servizo.

Nos baremos para os profesionais que accedan por esta quenda especial, valóranse todos os aspectos que resultan baremables para o persoal que acceda pola quenda ordinaria, coa exclusión, obviamente, do período de tempo en situación de desemprego total e non subsidiado que se substitúe pola acreditación de servizos prestados na súa praza como estatutario fixo nos centros ou complexos sanitarios onde estean destinados.

Cuestións específicas que hai que ter en conta na baremación.

Desemprego e formación continuada:

A situación de desemprego, así como a formación continuada, valoraranse a partir da obtención da titulación habilitadora para o desempeño da praza á que se opte (licenciatura ou especialidade, diplomatura, formación profesional ou equivalente).

Promoción profesional:

Ao persoal de promoción profesional aplicaráselle a totalidade dos méritos contidos nos baremos correspondentes á categoría que opten, agás o referente ao tempo de desemprego, que será substituído pola antigüidade acreditada na categoría que teña en propiedade no centro sanitario onde presta servizos.

As puntuacións serán idénticas ás asignadas na epígrafe correspondente de cada un dos baremos, ao tempo acreditado por desemprego total non subsidiado.

Réxime de homologación dos coñecementos de lingua galega:

O grao de iniciación á lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato (incluído COU):

Un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.

-En formación profesional:

Un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.

-Na universidade:

Un ano cursado e aprobado de lingua galega.

O grao de perfeccionamento de lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato:

Dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega (incluído COU).

-En formación profesional:

Tres anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.

-Na universidade:

Dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.

Os certificados de homologación serán expedidos no caso do bacharelato e da formación profesional, polos propios servizos administrativos dos centros onde se cursaron os estudos, logo de solicitude dos interesados.

No caso dos estudos universitarios, o certificado será solicitado polos interesados á Dirección Xeral de Política Lingüística, órgano competente para tal acreditación.

Así mesmo, consideraranse equivalentes os niveis básico, medio e superior dos cursos de linguaxe administrativa galega cos correspondentes niveis básico, medio e superior dos cursos de linguaxe xurídica galega.

Normativa aplicable:

-Orde do 25 de abril de 1989, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29 de maio).

-Orde do 11 de novembro de 1998, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 4 de decembro).

-Orde do 19 de xaneiro de 1989, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 27, do 8 de febreiro).

-Orde do 10 de marzo de 2004 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 66, do 5 de abril).

ANEXO I

Baremo de persoal facultativo: médicos de familia

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos nesta epígrafe será 3,5 puntos.

1) Estudos de licenciatura:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

-A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

-Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2) Posgrao (a puntuación máxima acadable nesta epígrafe será de 1,5 puntos).

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos.

Por acreditar a suficiencia investigadora: 0,50 puntos.

3) Grao de doutor: 1,75 puntos.

-A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nas epígrafes 2 e 3 será 2 puntos.

A valoración do grao de doutor excluirá a valoración dos curso de doutoramento e/ou da suficiencia investigadora.

Soamente se valorarán para os efectos desta epígrafe, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

II. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será 4 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría do médico de familia na atención primaria de saúde.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do médico de familia na atención primaria de saúde.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas función propias do médico de familia na atención primaria de saúde.

Por crédito 0,20 puntos.

Por hora 0,02 puntos.

Os cursos valoraranse polos créditos que consten nos seus certificados.

De non constar os créditos, os cursos valoraranse polas horas que se especifiquen no certificado.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. En todo caso, os cursos acreditados pola Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e impartidos polas universidades deberán indicar nos seus certificados o número de créditos de correspondencia.

Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Actualización da formación:

Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na súa totalidade, agás que o aspirante acadase a puntuación máxima, caso en que experimentará unha redución de 0,20 puntos.

Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu remate. Non obstante, a formación superior de carácter oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último caso a puntuación que se obteña pola citada formación consolidarase para as futuras convocatorias.

Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade superior a 8 anos.

III. Outras actividades.

Aspirantes que superasen as probas de acceso para a obtención pola vía excepcional do título de especialista en medicina familiar e comunitaria, en virtude dos sistemas dispostos, ora no Real decreto 264/1989, do 10 de febreiro, ora no Real decreto 1753/1998, do 31 de xullo: 1 punto.

IV. Formación especializada.

1. Os aspirantes que, para a obtención do título de médico especialista, teñan cumprido o período completo de formación como médico residente do programa MIR:

a) MIR en medicina familiar e comunitaria: 5 puntos.

b) MIR especialista en medicina interna: 2 puntos.

c) MIR especialista noutras especialidades: 1 punto por especialidade.

O máximo de puntuación polo conxunto deste epígrafe de formación especializada será de 9 puntos.

V. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 12 puntos.

1)

-Polos servizos prestados no ámbito da atención primaria, como médico especialista en medicina familiar e comunitaria, médico xeral, médico titular, médico dos servizos normais ou especiais de urxencias, médico dos servizos de urxencias hospitalarias e de unidades de hospitalización a domicilio en ins

titucións sanitarias dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que outorguen un tratamento recíproco aos aspirantes ás súas vinculacións temporais; polos servizos prestados como inspector médico e na clase de licenciados en medicina e cirurxía da escala de saúde pública e de Administración sanitaria. Por cada mes completo: 0,071 puntos.

-Por cada mes de servizos prestados en institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,034 puntos.

-Por cada mes de servizos prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país de la UE: 0,017 puntos.

2) Aspirantes que desempeñasen praza noutras especialidades médicas:

-Por cada mes de servizos prestados en institucións sanitarias dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que outorguen un tratamento recíproco aos aspirantes ás súas vinculacións temporais: 0,034 puntos.

-Por cada mes de servizos prestados noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,017 puntos.

-Por cada mes de servizos prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,008 puntos.

3) Médicos axudantes de cotas cirúrxicas: por cada mes de servizos prestados: 0,034 puntos.

Non se poderán valorar simultaneamente os servizos prestados en dúas ou máis epígrafes se o son en postos incompatibles entre si de conformidade coa normativa vixente para estes efectos.

A acreditación dos servizos prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servizo de persoal ou servizo equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servizos en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa presentación de certificación da empresa en que se faga constar categoría, duración e xornada do facultativo; tamén se presentará informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo.

Os servizos prestados en institucións sanitarias, tanto públicas coma privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, exixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

VI. Dispoñibilidade para vinculacións temporais de curta duración no Sergas.

Aqueles aspirantes que figuren nas listas de selección temporal do Sergas na categoría de médico sen

ter sido penalizado e que tivesen formalizado cando menos un vínculo por unha duración dun mes ou trinta días ao longo de cada ano: por cada ano completo: 0,5 puntos por ano, ata un máximo de 3 puntos.

Non lle será puntuada a dispoñibilidade a aqueles aspirantes que tivesen vínculos dun ano ou superior duración polo período de tempo dese/s nomeamento/s ou contrato/s.

Para a puntuación por esta epígrafe requirirase a solicitude dos aspirantes para a súa inclusión na futura listaxe especial para a cobertura de atención continuada nos PAC no momento en que tal sistema se poña en marcha.

A puntuación prevista por cada ano, sumada á puntuación pola epígrafe de experiencia profesional acreditada polo aspirante nese mesmo ano, non superará 0,85 punto por ano.

VII. Participación no réxime de selección temporal do Sergas.

A aqueles aspirantes que figurasen nas listas de selección temporal do Sergas desta categoría, sen teren sido penalizados coa súa exclusión, seralles puntuada a súa posta á disposición efectiva constatada a razón de 0,053 puntos/mes ou 0,64 puntos/ano no que figurase como aspirante, ata un máximo de 5 puntos.

Para estes efectos entenderase como data de inicio para o cómputo a data de publicación das listas definitivas de médicos de familia elaboradas con base no pacto publicado no DOG do 13 de abril de 1993.

A aplicación desta epígrafe do baremo será desenvolvida por instrución, previo ao seu tratamento pola comisión central de seguimento do pacto

VIII. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima desta epígrafe é de 1 punto.

IX. Puntuación especial e transitoria para a selección no ámbito das urxencias extrahospitalarias.

Valoración da participación no modelo transitorio establecido no pacto de urxencias extrahospitalarias do 30 de novembro de 1999.

Para a selección temporal no ámbito das urxencias extrahospitalarias elaboraranse unhas listaxes específicas, de conformidade co baremo indicado nos puntos anteriores aos que se engadirá a puntuación desta epígrafe:

Ao persoal con nomeamento/s para a cobertura de atención urxente extrahospitalaria a que se refire o artigo 2.C) 3 da Orde do 1 de xullo de 1997, modificada por Orde do 22 de marzo de 2000, ou nomeamento que o substitúa, outorgaráselle unha

puntuación de 0,066 puntos por mes ata un máximo de 5 puntos.

A regra xeral de baremación será de cómputo do período asignado e dispoñibilidade de prestación polo período da garantía, tendo presente os supostos de interrupción da dita garantía por acceder a nomeamentos de longa duración fóra do marco da garantía citada ou por cambio de nivel asistencial.

Incluiranse tamén nesta epígrafe os nomeamentos de atención continuada en urxencias extrahospitalarias, coa fracción da puntuación que corresponda aos días.

A comisión de seguimento do pacto aclarará os supostos en que a garantía de cobertura de atención urxente extrahospitalaria, que servirá de base para o cálculo desta puntuación adicional de urxencias extrahospitalarias, se entenderá interrompida.

ANEXO II

Baremo de odontólogos

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos desta epígrafe será de 5 puntos.

1) Estudos de licenciatura:

Por cada matricula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

-A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

-No caso dos odontólogos realizarase este cómputo coas notas da licenciatura de odontoloxía. No caso de médicos-odontólogos realizarase coas materias de licenciatura de medicina e as de odontoloxía; e no caso de médicos-estomatólogos coas de medicina e estomatoloxía.

-En calquera caso non se valorarán as materias de relixión, educación física e formación política.

2) Posgrao: (a puntuación máxima acadable nesta epígrafe será de 1 punto).

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

-A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nas epígrafes 2 e 3, será de 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos desta epígrafe os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

II. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría do odontólogo.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do odontólogo.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas función propias do odontólogo.

Por crédito 0,25 puntos.

Por hora 0,025 puntos.

Os cursos valoraranse polos créditos que consten nos seus certificados.

De non constar os créditos, os cursos valoraranse polas horas que se especifiquen no certificado.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. En todo caso os cursos acreditados pola Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e impartidos polas universidades deberán indicar nos seus certificados o número de créditos de correspondencia.

Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Actualización da formación:

Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na súa totalidade, agás que o aspirante acadase a puntuación máxima, caso en que experimentará unha redución de 0,20 puntos.

Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu remate. Non obstante, a formación superior de carácter oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao de espe

cialización oficial non incluída na epígrafe IV deste baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último caso a puntuación que se obteña pola citada formación consolidarase para as futuras convocatorias.

Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade superior a 8 anos.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 18 puntos.

1) Por cada mes completo de servizos prestados como odontólogo ou estomatólogo, en institucións sanitarias xestionadas polo Sergas ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que outorguen un tratamento recíproco aos aspirantes ás súas vinculacións temporais: 0,25 puntos.

2) Por cada mes completo de servizos prestados como odontólogo ou estomatólogo noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3) Pola permanencia na lista especial (suposto 12 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servizos continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada ano ou a puntuación que lle corresponda por cada fracción.

A acreditación dos servizos prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servizo de persoal ou servizo equiparable do centro público que corresponda.

IV. Coñecementos da lingua galega.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima desta epígrafe é 1 punto.

ANEXO III

Baremo pediatras

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos nesta epígrafe será 3 puntos.

1) Estudos de licenciatura:

-Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

-Cada sobresaliente: 1 punto.

-Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias da carreira, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2) Posgrao:

-Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

-Premio extraordinario: 0,75 puntos.

-Cursos monográficos de doutoramento ou de 3º ciclo: 0,25 puntos.

(Máximo 1 punto polas tres liñas anteriores).

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima dos puntos 2 e 3 é de 1,5 puntos.

II. Formación especializada (máximo 7 puntos).

1. Aspirantes que se encontren en posesión do título de especialista en pediatría expedido ou homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.

2. Aspirantes que cumprisen o período completo de formación na especialidade de pediatría como residentes do programa MIR, ou que cumprisen nesa especialidade o período completo de formación como residentes nun centro estranxeiro, con programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade e coa titulación de especialista validada polo Ministerio de Educación e Ciencia: 5 puntos.

III. Experiencia profesional (máximo 7 puntos).

1. Por cada mes de servizos prestados como pediatra en institucións sanitarias dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que outorguen un tratamento recíproco aos aspirantes ás súas vinculacións temporais: 0,08 puntos.

2. Por cada mes de servizos prestados como pediatra noutras institucións sanitarias públicas: 0,04 puntos.

3. Por cada mes de servizos prestados como pediatra en institucións sanitarias privadas: 0,02 puntos.

A acreditación dos servizos prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servizo de persoal ou servizo equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servizos en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse por presentación de certificación da empresa en que se faga constar a categoría, duración e xornada do facultativo pediatra; así, e igualmente, presentarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo pediatra.

IV. Outros méritos (máximo 4 puntos).

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 4 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría do médico de familia na atención primaria de saúde.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do médico de familia na atención primaria de saúde.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas función propias do médico de familia na atención primaria de saúde.

Por crédito 0,20 puntos.

Por hora 0,02 puntos.

Os cursos valoraranse polos créditos que consten nos seus certificados.

De non constar os créditos, os cursos valoraranse polas horas que se especifiquen no certificado.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. En todo caso os cursos acreditados pola Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e impartidos polas universidades deberán indicar nos seus certificados o número de créditos de correspondencia.

Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Actualización da formación:

Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na súa totalidade, agás que o aspirante acadase a puntuación máxima, caso en que experimentará unha redución de 0,20 puntos.

Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu remate. Non obstante, a

formación superior de carácter oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último caso a puntuación que se obteña pola citada formación consolidarase para as futuras convocatorias.

Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade superior a 8 anos.

V. Coñecemento da lingua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima desta epígrafe é 1 punto.

ANEXO IV

Baremo de psicólogos clínicos

Este baremo queda suxeito ás adaptacións que deban realizarse nas sucesivas convocatorias por algunha desta dúas circunstancias:

-Convocatoria dun proceso selectivo para persoal fixo da categoría.

-Remate do novo prazo para a solicitude e expedición do título de psicólogo especialista e psicoloxía clínica que se recolla no futuro real decreto que actualmente está en tramitación nos ministerios de Educación e Sanidade e Consumo.

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos nesta epígrafe será de 3,5 puntos.

1) Estudos de licenciatura (a puntuación máxima acadable nesta epígrafe será de 2 puntos):

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

-A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

-Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2) Posgrao (a puntuación máxima acadable nesta epígrafe será de 1 punto).

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.

1) Grao de doutor: 1,5 puntos.

-A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nas epígrafes 2 e 3 será 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos desta epígrafe, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea, así como os títulos obtidos en estados que tivesen acordos bilaterais con España que supuxesen a validación das titulacións, sempre e cando os ditos títulos acreditasen a homologación dos estudos na súa totalidade, sen necesidade de períodos de formación adicional ou probas conducentes á avaliación dos coñecementos do interesado.

II. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será 4 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

b) Cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos ou psicólogos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, relacionado ou dirixido á categoría a que se opta.

Por crédito: 0,20 puntos.

Por hora: 0,020 puntos.

Os cursos valoraranse preferentemente polos créditos que teñan acreditados.

No seu defecto os cursos valoraranse polas horas que resulten do certificado.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que determine. En todo caso, os cursos acreditados pola Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e impartidos polas universidades deberán indicar nos seus certificados o número de créditos de correspondencia.

Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Actualización da formación:

Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na súa totalidade, agás que o aspirante acadase a puntuación máxima, caso en que experimentará unha redución de 0,20 puntos.

Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu remate. Non obstante, a formación superior de carácter oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último caso a puntuación que se obteña pola citada formación consolidarase para as futuras convocatorias.

Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade superior a 8 anos.

III. Formación especializada.

Formación como psicólogo interno residente: puntuación máxima 7 puntos.

a) Por ter completado o período de formación como psicólogo interno residente: 7 puntos.

b) Aspirantes que tivesen superada a convocatoria nacional para optar a prazas do programa MIR e non teñan cumprido o período completo de formación. Por cada ano completo como residente: 0,6 puntos.

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 12 puntos.

Aspirantes que desempeñasen praza de psicólogo clínico:

a) Por cada mes completo de servizos prestados como psicólogo en institucións sanitarias dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia na categoría, sempre que as citadas institucións outorguen un tratamento recíproco para a selección temporal do seu persoal aos servizos acreditados nas institucións xestionadas directamente polo Sergas: 0,083 puntos.

b) Por cada mes completo de servizos prestados como psicólogo noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,04 puntos.

c) Por cada mes completo de servizos prestados como psicólogo en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE ou pola participación en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,02 puntos.

A acreditación dos servizos prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servizo de persoal ou servizo equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servizos en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa presentación de certificación da empresa en que se faga constar categoría, duración e xornada do facultativo, así e igualmente achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo.

Os servizos prestados en institucións sanitarias, tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, exixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 1,5 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 0,5 puntos.

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima desta epígrafe é 1 punto.

ANEXO V

Baremo de ATS/DUE, enfermeira especialista, matrona, fisioterapeuta e logopeda

I. Oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde.

Os exercicios da fase de oposición do último proceso selectivo vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000, ou que no futuro se convoquen ao abeiro

doutras ofertas públicas de emprego para o Sergas (exclúense os procesos selectivos convocados ao abeiro da Lei 16/2001):

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos desta epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

Para o caso de que a estrutura da fase de oposición dos futuros procesos selectivos fose modificada, con carácter previo á convocatoria que se realice ao abeiro deste pacto, a mesa sectorial procederá á ponderación da puntuación dos exercicios, tendo o referente da puntuación máxima por esta epígrafe.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 2 puntos.

1) Estudos de diplomatura de ATS/DUE, logopeda e fisioterapeuta, segundo o caso.

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación política e educación física, que tampouco se terán en conta para o cómputo do divisor.

2) Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos desta epígrafe, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea, así como os títulos obtidos en estados que tivesen acordos bilaterais con España que supuxesen a validación das titulacións, sempre e cando os ditos títulos acreditasen a homologación dos estudos na súa totalidade, sen necesidade de períodos de formación adicional ou probas conducentes á avaliación dos coñecementos do interesado.

III. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios oficiais de enfermaría, organizacións sindicais ou ava

lados en debida forma polo Sergas, ao abeiro das competencias da comisión de seguimento dos pactos de vinculación anteriores a este, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, dirixidos á categoría a que se opta.

Por crédito: 0,25 puntos.

Por hora: 0,025 puntos.

Os cursos valoraranse preferentemente polos créditos que teñan acreditados.

No seu defecto os cursos valoraranse polas horas que resulten do certificado.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que determine. En todo caso, os cursos acreditados pola Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e impartidos polas universidades deberán indicar nos seus certificados o número de créditos de correspondencia.

Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Actualización da formación:

Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na súa totalidade, agás que o aspirante acadase a puntuación máxima, caso en que experimentará unha redución de 0,20 puntos.

Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu remate. Non obstante, a formación superior de carácter oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último caso a puntuación que se obteña pola citada formación consolidarase para as futuras convocatorias.

Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade superior a 8 anos.

IV. Formación especializada (só para as listaxes da categoría ATS especialista).

A aplicación desta epígrafe do baremo afectará exclusivamente para a elaboración das listaxes da categoría ATS especialista.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 4 puntos.

Polo título ou diploma dunha especialidade de enfermaría que recoñeza a normativa vixente, expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.

V. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 24 puntos.

1) Por cada mes de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia na categoría, sempre que as citadas institucións outorguen un tratamento recíproco para a selección temporal do seu persoal aos servizos acreditados nas institucións xestionadas directamente polo Sergas: 0,25 puntos.

2) Por cada mes completo de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias ou sociosanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da Unión Europea, ou pola participación en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,05 puntos.

4) Pola permanencia na lista especial (disposición 12, epígrafes 4 e 5 dos supostos especiais deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servizos continuados como consecuencia deste: 2 puntos por cada ano, ou a puntuación proporcional para cada fracción cun máximo de 6 puntos.

VI. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VII. Puntuación especial e transitoria para a selección no ámbito das urxencias extrahospitalarias.

Valoración da participación no modelo transitorio establecido no pacto de urxencias extrahospitalarias do 30 de novembro de 1999.

Para a selección temporal no ámbito das urxencias extrahospitalarias elaboraranse unhas listaxes específicas, de conformidade co baremo indicado nos puntos anteriores aos que se engadirá a puntuación desta epígrafe:

O persoal con nomeamento/s para a cobertura de atención urxente extrahospitalaria a que se refire o artigo 2 c) 3. da Orde do 1 de xullo de 1997, modificada pola Orde do 22 de marzo de 2000, ou nomeamento que o substitúa, outorgaráselle unha puntuación de 0,066 puntos por mes ata un máximo de 4 puntos.

A regra xeral de baremación será de cómputo do período asignado e dispoñibilidade de prestación polo período da garantía, tendo presente os supostos de interrupción da dita garantía por acceder a nomeamentos de longa duración fóra do marco da garantía citada ou por cambio de nivel asistencial.

Incluiranse tamén nesta epígrafe os nomeamentos de atención continuada en urxencias extrahospitalarias, coa fracción de puntuación que corresponda aos días.

A comisión central de seguimento do pacto aclarará os supostos en que a garantía de cobertura de atención urxente extrahospitalaria, que servirá de base para o cálculo desta puntuación adicional de urxencias extrahospitalarias, se entenderá interrompida.

VIII. Coñecementos da lingua galega.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima desta epígrafe é 1 punto.

ANEXO VI

Baremo de técnicos especialistas, hixienista dental e auxiliar de enfarmaría

I. Oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde.

Os exercicios da fase de oposición do último proceso selectivo vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000, ou que no futuro se convoquen ao abeiro doutras ofertas públicas de emprego para o Sergas (exclúense os procesos selectivos convocados ao abeiro da Lei 16/2001):

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos desta epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

Para o caso de que a estrutura da fase de oposición dos futuros procesos selectivos fose modificada, con carácter previo á convocatoria que se realice ao abeiro deste pacto, a mesa sectorial procederá á ponderación da puntuación dos exercicios, tendo o referente da puntuación máxima por esta epígrafe.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 1,5 puntos.

Estudos de técnico especialista de formación profesional de 1º ou 2º grao, rama sanitaria da especialidade de que se trate, segundo o caso:

Cada curso con cualificación de sobresaliente na área de coñecementos tecnolóxico e prácticos: 1,5 puntos.

Cada curso con cualificación de notable na área de coñecementos tecnolóxico e prácticos: 1 punto.

No caso de que o expediente académico teña cualificacións individualizadas por cada disciplina ou materia.

Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

Por cada notable: 1 punto.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Para tales efectos, non se consideran como materias valorables as de relixión, formación política, formación física e idiomas. Así mesmo, no suposto de que as cualificacións non veñan especificadas por áreas de coñecemento, as disciplinas que se avaliarán serán as seguintes: tecnoloxía, prácticas e técnicas de expresión gráfica.

Non se computarán aquelas materias que poidan estar validadas.

Para a avaliación das materias utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Sobresaliente: 9 puntos.

Notable: 7 puntos.

Ben: 6 puntos.

Suficiente: 5 puntos.

Ciclos superiores de técnicos especialistas e técnicos en coidados de enfermaría: só se valorarán aqueles módulos que superen a cualificación de cinco. A suma total da puntuación de todos os módulos avaliables dividirase polo número total de módulos do ciclo.

Soamente se valorarán para os efectos desta epígrafe os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea, así como os títulos obtidos en estados que tivesen acordos bilaterais con España que supuxesen a validación das titulacións, sempre e cando os ditos títulos acreditasen a homologación dos estudos na súa totalidade, sen necesidade de períodos de formación

adicional ou probas conducentes á avaliación dos coñecementos do interesado.

III. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, organizacións sindicais ou avaliados en debida forma polo Sergas sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, dirixidos á categoría a que se opta.

Por crédito: 0,5 puntos.

Por hora: 0,05 puntos.

Os cursos valoraranse preferentemente polos créditos que teñan acreditados.

No seu defecto os cursos valoraranse polas horas que resulten do certificado.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que determine. En todo caso, os cursos acreditados pola Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e impartidos polas universidades deberán indicar nos seus certificados o número de créditos de correspondencia.

Actualización da formación:

Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na súa totalidade, agás que o aspirante acadase a puntuación máxima, caso en que experimentará unha redución de 0,20 puntos.

Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu remate.

Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade superior a 8 anos.

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 18 puntos.

1) Por cada mes de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias dependentes do Sergas, ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que as citadas institucións outorguen un tratamento recíproco para a selección temporal do seu persoal aos servizos acreditados nas institucións xestionadas directamente polo Sergas ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,25 puntos.

2) Por cada mes completo de servizos prestados na categoría noutras institucións sanitarias ou sociosanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE ou pola participación en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,05 puntos.

4) Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12, epígrafe 4 deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servizos continuados como consecuencia deste: 2 puntos por cada ano ata un máximo de 6 puntos.

VI. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VII. Coñecementos da lingua galega.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima desta epígrafe é 1 punto.

ANEXO VII

Baremo de persoal non sanitario

I. Oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde.

1º Os exercicios da fase de oposición do último proceso selectivo vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que

se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000, ou que no futuro se convoquen ao abeiro doutras ofertas públicas de emprego para o Sergas (exclúense os procesos selectivos convocados ao abeiro da Lei 16/2001):

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos desta epígrafe será de: 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, excepto o de lingua galega:

a) Grupos A e B: 6 puntos (máximo 3 exercicios).

b) Grupos C, D, E: 9 puntos (máximo 2 exercicios).

Para o caso de que a estrutura da fase de oposición dos futuros procesos selectivos fose modificada, con carácter previo á convocatoria que se realice ao abeiro deste pacto, a mesa sectorial procederá á ponderación da puntuación dos exercicios, tendo o referente da puntuación máxima por esta epígrafe.

2º Ás categorías de persoal non sanitario que non foron obxecto de OPE vehiculada polo Sergas aplicaráselle o previsto na norma xeral 2 deste pacto na súa epígrafe 5º.

II. Formación académica e continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 7 puntos.

a) Formación académica.

1. Pola titulación específica relacionada coa praza a que se opta, sexa ou non título habilitador para o seu desempeño: 4 puntos.

2. Para as categorías integrantes dos grupos A e B, incluídas no ámbito de aplicación do Estatuto de persoal non sanitario, valorarase o expediente académico relativo ao título ou diplomatura que se acredite para acceder á praza solicitada, cun máximo de 3 puntos a razón de:

Grupos A e B:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente. 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Grupo A:

Grao de doutor: 1,5 puntos.

Grupo B:

Por premio fin de carreira: 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos deste epígrafe os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea, así como os títulos obtidos en estados que tivesen acordos bilaterais con España que supuxesen a validación das titulacións, sempre e cando os ditos títulos acreditasen a homologación dos estudos na súa totalidade, sen necesidade de períodos de formación adicional ou probas conducentes á avaliación dos coñecementos do interesado.

b) Formación continuada.

Puntuación máxima de 5 puntos pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avaliados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, dirixidos á categoría a que se opta.

Grupos A e B:

Por cada crédito: 0,25 puntos.

Por cada hora de formación: 0,025 puntos.

Grupos C e D:

Por cada crédito: 0,5 puntos.

Por cada hora de formación: 0,05 puntos.

Grupo E:

Por cada crédito: 1 punto.

Por cada hora de formación: 0,10 puntos.

Os cursos valoraranse preferentemente polos créditos que teñan acreditados.

No seu defecto os cursos valoraranse polas horas que resulten do certificado.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que determine. En todo caso, os cursos acreditados pola Comisión Nacional de Formación Continua ou convocados e impartidos polas universidades deberán indicar nos seus certificados o número de créditos de correspondencia.

Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Actualización da formación:

Consolidación da puntuación obtida na última convocatoria anterior a este pacto: para os efectos da aplicación desta epígrafe terase en conta que a puntuación obtida polos aspirantes na convocatoria celebrada en virtude da Resolución do 28 de decembro de 2001 será consolidable na súa totalidade, agás que o aspirante acadase a puntuación máxima, caso en que experimentará unha redución de 0,20 puntos.

Non se computarán os cursos que se presenten que teñan unha data de antigüidade superior a 8 anos desde a data do seu remate. Non obstante, a formación superior de carácter oficial tal como mestrados ou formación que implique un grao de especialización oficial non incluída na epígrafe IV deste baremo non estará afectada por esta limitación. Neste último caso a puntuación que se obteña pola citada formación consolidarase para as futuras convocatorias.

Xa que logo, sen prexuízo da regra de consolidación nas sucesivas convocatorias, nas convocatorias que se celebren ao abeiro deste pacto, descontarase da puntuación que o aspirante obtivese en convocatorias anteriores por esta epígrafe a puntuación dos cursos que teñan unha antigüidade superior a 8 anos.

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 18 puntos.

1) Por cada mes de servizos prestados na mesma categoría a que se opte en institucións sanitarias dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde, ou fundacións e empresas sanitarias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que as citadas institucións outorguen un tratamento recíproco para a selección temporal do seu persoal aos servizos acreditados nas institucións xestionadas directamente polo Sergas: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servizos prestados na mesma categoría a que se opte noutras institucións sanitarias ou sociosanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servizos prestados na mesma categoría a que se opte en institucións sanitarias privadas ou en institucións públicas non sanitarias españolas ou dun país da Unión Europea ou pola participación en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,05 puntos.

4) Por cada mes de servizos prestados na mesma categoría a que se opta, en empresas de carácter privado españolas ou dun país da Unión Europea: 0,025 puntos.

Para a categoría de persoal de servizos xerais, valoraranse ademais dos desenvolvidos nesta concreta categoría, os desenvolvidos na de auxiliar da función administrativa, celador e telefonista. As referidas puntuacións en cada unha das epígrafes anteriores son:

Epígrafe 1) Auxiliar administrativo: 0,20 puntos.

Celador e telefonista: 0,15 puntos.

Epígrafe 2) Auxiliar administrativo: 0,08 puntos.

Celador e telefonista: 0,06 puntos.

Epígrafe 3) Auxiliar administrativo: 0,04 puntos.

Celador e telefonista: 0,03 puntos.

Epígrafe 4) Auxiliar administrativo: 0,020 puntos.

Celador e telefonista: 0,015 puntos.

5) Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12, epígrafe 4 dos supostos especiais deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servizos continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada ano ou puntuación proporcional por cada fracción ata un máximo de 6 puntos.

IV. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos nesta epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

V. Coñecementos da lingua galega.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima desta epígrafe é 1 punto.