DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2005 Páx. 1.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación número 34 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, esquina rúas Doutor Loureiro Crespo-José Malvar.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o 17-9-2004, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ao Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actua

ción número 34 do Plan Xeral de Ordenación Urbana deste termo municipal -rúas Loureiro Crespo e José Malvar Figueroa- formulado, mediante iniciativa particular, por Construcuatro, S.A., e redactado polo arquitecto Eugenio Jiménez Passolas e Gustavo Pérez Álvarez con visado da delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 21-7-2004, que reforma e corrixe exclusivamente, respecto do documento exposto a información pública e visado o 10-7-2003, a identidade da promotora actual nos seus documentos, o emprazamento da edificación complementaria ao parque contabilizada no aproveitamento lucrativo privado e as tramas diferenciadoras de espazos libres e zonas verdes.

Segundo.-Notificar este acto administrativo ás entidades mercantís Lar de Pontenova I, S.L. e Promociones Garrido y Barros, S.L., afectadas polo ámbito do PERI e organismos interesados co ofrecemento do réxime procedente de recursos, con comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda nos termos do artigo 92 LOUGA, dándoselle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola Secretaría Xeral do Concello, facendo constar a dita circunstancia.

Terceiro.-Dispoñer a publicación de anuncio do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia facendo constar a remisión da documentación á consellería, e a publicación do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP para lograr a súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na lexislación de réxime local, concretamente artigos 70.2º e 65º LRBRL».

Faise constar expresamente que se remitiu a documentación á que se refire o artigo 92.3º da Lei 9/2002 á CPTOPV, tendo entrada nese organismo con data do 2-12-2004.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpor directamente por quen se considera lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme dereito, significándole que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interpo

sición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 9 de decembro de 2004.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde-delegado da Área

de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral