DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2005 Páx. 3.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do catálogo do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico de Pontevedra, na súa ficha 5-54-2, Edificio Sarmiento: convento e edificios acaroados. Museo e arquivo provincial.

O Pleno da Corporación, na sesión de dezanove de novembro de dous mil catro, prestou aprobación definitiva ao proxecto de modificación puntual do catálogo do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico de Pontevedra, na súa ficha 5-54-2, elemento denominado Edificio Sarmiento: convento e edificios acaroados. Museo e arquivo provincial, sito nas rúas Padre Amoedo e Sarmiento, redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística, Carlos García Velasco, datada o 27 de abril de 2004, modificando o nivel de protección do edificio, de monumental a integral no convento e ambiental categoría C nos acaroamentos, coas restantes determinacións que se recollen na ficha modificada elaborada. Así mesmo, dispúxose publicar este acordo na forma legalmente establecida con comunicación ás administracións públicas, entidades e personas interesadas con ofrecemento do réxime de recursos procedente.

De conformidade co disposto no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG

do 31 de decembro), deuse traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, tendo entrada nese organismo en data 16-12-2004.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpor directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes consonte o dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2005.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral