DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 22 de setembro de 2005 Páx. 15.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 27 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o 22-7-2005, prestou aprobación definitiva á modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 27 do PXOU/Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa que fora aprobado por acordo plenario do 31-3-2001, segundo proxecto redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, con visado da Delegación en Pontevedra del COAG en data 25-2-2005, sendo formulada esta modificación do instrumento urbanístico de desenvolvemento pola entidade mercantil Promociones Ramírez y Construcciones Gallegas, S.L., ratificada pola Xunta da Compensación da Unidade.

Nese acto administrativo dispoñíase, de conformidade cos compromisos adquiridos e motivacións do presente acordo, que a Xunta de Compensación proceda a formular proposta de modificación do proxecto de compensación en que se reflicta e garanta a obtención do dereito de luces e vistas a favor da parcela de resultado nº 5 cedida ao concello en compensación do 10% do aproveitamento da unidade e que o mantemento e conservación tanto da zona de uso público e propiedade privada que se xera coa modificación como da celosía que se vai instalar na nova aliñación para evitar a visualización das traseiras do edificio existente na rúa do Gorgullón, corran por conta da promotora, propietaria do predio ou dos futuros propietarios do inmoble que se construirá na parcela 4a+4b en proporción ás súas cotas.

Faise constar expresamente que se remitiu a documentación á que se refire o artigo 92.3º da Lei 9/2002 á CPTOPV, tendo entrada nese organismo en data 13-9-2005.

O que se fai público para a súa executividade, de conformidade cos preceptos sinalados significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa e conta a disposición xeral, aprobada definitivamente, poderase interpoñer directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 14 de setembro de 2005.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente