Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2813

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior para o desenvolvemento urbanístico do polígono delimitado en solo urbano non consolicado do PXOU, en Campolongo (rúas Alfonso X O Sabio, Pintor Rafael Alonso/Fernando II, Pintor Virxilio Blanco, rúa das Perliñas e camiño das Abilleiras).

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 22.11.2012, entre outros adoptou o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva, di:

«(...)

Primeiro. Prestar aprobación, con carácter definitivo, ao Plan especial de reforma interior para o desenvolvemento urbanístico do polígono de solo urbano non consolidado delimitado por acordo da Xunta de Goberno Local do 1.8.2011, na zona de Campolongo: rúas Alfonso X O Sabio, Pintor Rafael Alonso/Fernando II, Pintor Virxilio Blanco, rúa das Perliñas, camiño das Abilleiras e terreos da ONCE, formulado mediante iniciativa particular por Promociones Pelete, S.L. e outros, ao abeiro da D.T. 1ª da LOUG, instrumento urbanístico redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez e Amador Rey Camiño, datado en agosto de 2012 que refunde o proxecto con visado do COAG do 30.3.2010, o anexo IV complementario que contén o informe das compañías subministradoras sobre suficiencia da infraestrutura e servizos da mesma autoría do 30.3.2011 e o anexo complementario que inclúe a memoria descritiva e a xustificación do cálculo da edificabilidade e da reserva de terreos para vivendas suxeitas ao réxime de protección pública da mesma autoría que o PERI datado en marzo de 2012, reiterando expresamente a
desestimación das alegacións achegadas no período de información pública por Marcos Pérez Cachafeiro e conxuntamente por José Carlos e Carmen Gómez González, aos cales xa se notificou, como resposta razoada ou motivada, o acordo da Xunta de Goberno do 1.8.2011.

Segundo. Facer constar expresamente que a obriga de conservación da futura urbanización, ao abeiro do disposto no art. 74 da LOUGA, será por conta do Concello, tal e como determinou por unanimidade a Comisión Informativa Municipal de Urbanismo e Medio Ambiente no seu ditame do 18.1.2011.

Terceiro. Lembrar aos promotores que o proxecto de urbanización que no seu día se redacte e execute deberá recoller as consideracións reflectidas no informe emitido en data 21.4.2010 polo enxeñeiro xefe municipal adscrito á Oficina Técnica de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como as observacións efectuadas polo organismo autónomo Augas de Galicia no período de información pública do documento de inicio do presente proxecto, así como a obriga de prestar as garantías do exacto cumprimento dos deberes de execución do plan, polo importe do 20 % do custo estimado para a implantación dos servizos e a execución das obras de urbanización, de conexión cos sistemas xerais existentes e de ampliación e reforzo necesarias, mediante calquera dos mecanismos previstos na lexislación de contratos das administracións públicas, no prazo máximo de tres meses desde a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, importe que será do 100 % do referido custo, de se pretender a edificación e urbanización simultánea.

Cuarto. Notificar este acordo aos promotores e aos titulares e entidades propietarias afectadas polo ámbito do PERI, a Marcos Pérez Cachafeiro, José Carlos e Carmen Gómez González e ás demais persoas, entidades e organismos interesados no procedemento, con ofrecemento do réxime de recursos procedentes e con comunicación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales recae o presente acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola Secretaría Xeral do Concello, facendo constar a devandita circunstancia; e, dispoñer a publicación deste acordo, no prazo dun mes desde a súa adopción no Diario Oficial de Galicia, facendo constar no anuncio a remisión da documentación á consellería, e do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia, así como na páxina web http//:www.pontevedra.eu, para lograr a súa eficacia e executividade, consonte o establecido nos artigos 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, en relación co artigo 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local».

Faise constar que, con data do 7 de xaneiro de 2013, tivo entrada no rexistro do portelo único da Xunta de Galicia a documentación referida no artigo 92.3 da Lei galega 9/2002.

Recursos procedentes: contra este acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do T.S.X. de Galicia, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (arts. 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

O que se fai público, de conformidade co número 2 do referido art. 92 da Lei 9/2002, e en cumprimento das competencias atribuídas a esta Secretaría polo art. 47.1.e) do Regulamento orgánico do pleno deste concello.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2013

José Luis Mato Rodríguez
Secretario xeral do Pleno