! Lembrámoslles que a Consellería nunca lles pedirá os datos de acceso a este ou calquera outro aplicativo mediante carta, correo electrónico, teléfono, ou calquera outro medio.
! O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico comunica que, con carácter excepcional, amplíase o prazo de notificación a PTRT por parte dos titulares das instalacións a ata o 13 de marzo de 2026.
P.R.T.R. responde ás siglas European Pollutants Release and Transfer Register (Rexistro Europeo de Emisións e Transferencias de Contaminantes). Os tipos de emisións e transferencias recollidas en EPRTR son emisións á atmosfera, emisións á auga, emisións ao solo, transferencias fóra do emprazamento de residuos e transferencia fóra do emprazamento de contaminantes a través da auga.
PRTR-Galicia ten aplicación sobre as actividades industriais contidas no Anexo I do RD 508/2007, a cal deberá ser subministrada a través dos medios e técnicas informáticas ou telemáticas a tal efecto determinen as administracións públicas competentes (artigo 1, apartado 2, RD 508/2007).
· Os sectores afectados son:
· Segundo o artigo 3 do RD. 508/2007 deben notificarse:
· O PRTR incluirá inventario das fontes difusas e contaminación transfronteiriza.
Coa publicación o 23 de xuño de 2007, do RD 812/2007, que na súa Disposición final primeira modifica o RD 508/2007, as instalacións afectadas polo Regulamento 166/2006, en España teñen a obriga de declarar todas as emisións á atmosfera, ao auga e ao solo de calquera dos contaminantes incluídos no anexo II do RD 508/2007, de 20 de abril.
Dacordo coa RD 508/2007, a data de remisión da información completa por parte da Xunta ao Ministerio de Medioambiente, incluída neste rexistro, amósase na seguinte lista.
Para poder acadar este requisito legal, na nosa Comunidade se establecen os seguintes períodos:
Poderá poñerse en contacto coa Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para calquera consulta que necesite.
© Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Laboratorio de Medioambiente de Galicia, R/Torres Quevedo, 3-5. A Grela - 15071, A Coru�a - Tlf.: 881 881 600 Fax: 881 881 618