Infórmase a
todos os usuarios que o portal REGADE pasa á pagina de GAIA (
https://gaia.xunta.es/plataforma/)
A partir do 4 de novembro para cumprir as súas
obrigacións asociadas á Lei 34/2007 e remitir os
controis periódicos dos seus focos deberá acceder cos
seus datos de acceso en GAIA ao apartado de acceso privado e o
portal eREGADE.
A primeira fase será a migración dos seus centros de
REGADE a GAIA para o que terán que asignar o seu centro
REGADE- CAPCA a un centro existente en GAIA.
As instalacións novas deberán rexistrarse en
eTRAMITACIÓN e designar as persoas de contacto para os
trámites ambientais.
Se a súa instalacion xa se atopa en REGADE- CAPCA e non pode
acceder porque carece dos permisos en GAIA ou a súa empresa
non está rexistrada en GAIA Empresas deberá poñerse en
contacto a traves de
soporte-gaia@xunta.gal
Se o seu centro de traballo xa está rexistrado en
REGADE-CAPCA non ten que realizar unha nova inscrición en
GAIA eREGADE por iso insistimos en que calquera dúbida sobre
permisos ou o centro produtivo en GAIA solicite axuda no email
soporte-gaia@xunta.gal
O prazo límite para a migración de centros a
GAIA é o 31 de xaneiro de 2021, pasada esa data a
aplicación REGADE- CAPCA deixará de funcionar e
terá que rexistrarse de novo e incluír todos os seus
datos en GAIA sen recuperar ningunha información da
existente. Por iso rogámoslle encarecidamente que inicie o
acceso a GAIA e identifique os seus centros de traballo a efectos
da Lei 34/2007. A partires do 1 de xaneiro de 2021 a páxina
https://www.xunta.es/regade_capca/
unicamente permitirá a consulta.
Manual para darse de alta na páxina de GAIA
Manual alta de usuarios
|