Acceso Login

Infórmase a todos os usuarios que o portal REGADE pasa á pagina de GAIA ( https://gaia.xunta.es/plataforma/)

A partir do 4 de novembro para cumprir as súas obrigacións asociadas á Lei 34/2007 e remitir os controis periódicos dos seus focos deberá acceder cos seus datos de acceso en GAIA ao apartado de acceso privado e o portal eREGADE.

A primeira fase será a migración dos seus centros de REGADE a GAIA para o que terán que asignar o seu centro REGADE- CAPCA a un centro existente en GAIA.

As instalacións novas deberán rexistrarse en eTRAMITACIÓN e designar as persoas de contacto para os trámites ambientais.

Se a súa instalacion xa se atopa en REGADE- CAPCA e non pode acceder porque carece dos permisos en GAIA ou a súa empresa non está rexistrada en GAIA Empresas deberá poñerse en contacto a traves de soporte-gaia@xunta.gal

Se o seu centro de traballo xa está rexistrado en REGADE-CAPCA non ten que realizar unha nova inscrición en GAIA eREGADE por iso insistimos en que calquera dúbida sobre permisos ou o centro produtivo en GAIA solicite axuda no email soporte-gaia@xunta.gal

O prazo límite para a migración de centros a GAIA é o 31 de xaneiro de 2021, pasada esa data a aplicación REGADE- CAPCA deixará de funcionar e terá que rexistrarse de novo e incluír todos os seus datos en GAIA sen recuperar ningunha información da existente. Por iso rogámoslle encarecidamente que inicie o acceso a GAIA e identifique os seus centros de traballo a efectos da Lei 34/2007. A partires do 1 de xaneiro de 2021 a páxina https://www.xunta.es/regade_capca/ unicamente permitirá a consulta.

Manual para darse de alta na páxina de GAIA Manual alta de usuarios

Nome
Contrasinal