Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a especialidade de montaxe de dispositivos de remolcar, ata un peso máximo de 3.500 Kg, dentro da actividade dos talleres de reparación de vehículos.

Visto o Real decreto 736/1988 que dispón como reforma de importancia a incorporación de dispositivos para remolcar (gancho, bola ou 5ª roda).

A citada norma, no seu artigo 3.2º, apartado 2 establece que as reformas de importancia poderán ser realizadas polo fabricante do vehículo ou talleres legalmente autorizados na especialidade correspondente, que dispoñan dos medios axeitados para o tipo de reforma a realizar.

Vistas as peticións de autorización para instalación de enganche a remolques e turismos.

Vistos os informes dos servicios técnicos das delegacións provinciais de Industria.

Considerando que o Decreto 206/1994, do 16 de xullo, polo que se adapta a normativa vixente en materia de prestación de servicios nos talleres de reparación de vehículos e dos seus equipos e compoñentes, no Art. 3.5º, establece que a Dirección Xeral de Industria, por instancia do interesado ou das asociacións de talleres poderán autorizar especialidades.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autoriza-la especialidade de montaxe de dispositivos de remolcar, ata un peso máximo de 3.500 Kg, dentro da actividade dos talleres de reparación de automóbiles e dos seus equipos e compoñentes.

O equipamento mínimo esixible a esta especialidade, para a súa autorización e correspondente inscrición no Rexistro Especial de Talleres de reparación de vehículos será o seguinte:

-Trade portátil, con portabrocas ata 16 mm.

-Banco de traballo con torno.

-Foso ou elevador adecuado.

-Gato hidráulico sobre carro.

-Chave dinamométrica.

-Un xogo de chaves tipo Allen.

-Un xogo de chaves fixas planas.

-Un xogo de chaves de estrela planas.

-Un xogo de chaves acobadadas.

-Un xogo de chaves de vaso articuladas.

-Un xogo de alicates (universal, puntas e illados).

-Un xogo de desaparafusadores (planos, estrela e illados).

-Un calibre pé de rei.

-Un arco de serra de metais.

-Un xogo de limas: bastas, semifinas e finas.

-Unhas tenaces para terminais preillados.

-Unhas tenaces pelacables.

-Un comprobador tester para c.c., tensión e intensidade (0-10 A.) con puntas de proba e continuidade.

A placa distintiva, será das características indicadas no Decreto 206/1994 e o distintivo estará constituído por unha representación esquemática dun dispositivo de remolcar de bola, de cor azul sobre fondo branco.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa poderá poñerse recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo de 1 mes a contar desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido no artigo 114.2º, en relación co artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria