Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 265/1995, do 13 de outubro, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia á Agrupación Táctica Galicia.

En atención ós méritos que concorren na Agrupación Táctica Galicia, polo labor humanitario e en favor da paz en Bosnia-Herzegovina, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia á Agrupación Táctica Galicia.

Santiago de Compostela, trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9506660