Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de outubro de 1995 pola que se aproban os novos modelos de solicitude de renda de integración social de Galicia e das axudas para situacións de emerxencia social.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos termos do Decreto 198/1994, do 16 de xuño, polo que se establece a súa estructura orgánica, é o órgano responsable da superior dirección e do control do desenvolvemento das funcións e competencias que en materia de servicios sociais, sen prexuízo das atribucións doutras consellerías, lle corresponden á Xunta de Galicia.

Transcorridos casi catro anos desde a entrada en vigor da Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, faise preciso adecua-los modelos de instancia de renda de integración social de Galicia e das axudas para situacións de emerxencia social, ás necesidades derivadas dos modernos sistemas de xestión de procedementos administrativos.

Por todo o exposto, en virtude das facultades que me confire a disposición derradeira primeira do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, e a disposición derradeira primeira do Decreto 375/1991, do 24 de outubro, polos que se desenvolve a Lei 9/1991,m no relativo á renda de integración social de Galicia e ás axudas para situacións de emerxencia social,

DISPOÑO:

Primeiro.-Aproba-los modelos de solicitude de renda de integración social de Galicia e das axudas para situacións de emerxencia social que se publican como anexo I e II á presente orde.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

6845