Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.605

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 297/1995, do 16 de novembro, polo que se modifica o Decreto 8/1993, do 19 de xaneiro, polo que se fixan os prezos públicos que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial e pola realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros.

A Lei 3/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia establece, no capítulo segundo do seu título

II, ó réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 12 da devandita lei sinala igualmente que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería de que dependa o órgano ou entidade ofertante.

Así, apróbase o Decreto 8/1993, do 19 de xaneiro, polo que se fixan os prezos públicos que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos, no Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial e pola realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros.

A elevación dos custos de realización das distintas análises que leva a cabo o Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial fai necesario, para permiti-lo equilibrio económico entre o servicio que se presta o precio percibido, o incremento das contías dos distintos parámetros analizados. Así mesmo, faise necesario amplia-los parámetros analizados recollendo outras análises que hoxe pode realiza-lo Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial.

Sendo pois necesario modifica-las contías dos distintos parámetros do prezo público percibido pola Xunta de Galicia no Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial así como o establecemento de novos parámetros e as súas contías por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase a táboa contida no parágrafo 2º do artigo 3 do Decreto 8/1993, do 19 de xaneiro, quedando do seguinte xeito:

I. PH 1.000

II. Sólidos en suspensión1.500

III. Materiais sedimentables1.050

IV. Sólidos graxos1.000

V. D.B.O.5 (mg/l)3.750

VI. DQO (mg/l)2.100

VII. Temperatura ºC1.000

VII. Cor1.000

IX. Aluminio (mg/l)3.530

X. Arsénico (mg/l)5.400

XI. Bario (mg/l)3.530

XII. Boro (mg/l)3.530

XIII. Cadmio (mg/l)2.780

XIV. Cromo III (mg/l)2.780

XV. Cromo IV (mg/l)2.780

XVI. Ferro (mg/l)2.780

XVII. Manganeso (mg/l)2.780

XVIII. Níquel (mg/l)2.780

XIX. Mercurio (mg/l)5.400

XX. Chumbo (mg/l)2.780

XXI. Selenio (mg/l)5.400

XXII. Estaño (mg/l)3.530

XXIII. Cobre (mg/l)2.780

XXIV. Cinc (mg/l)2.780

XXV. Cianuros (mg/l)3.900

XXVI. Cloruros (mg/l)2.200

XXVII. Sulfuros (mg/l)2.600

XXVIII. Sulfitos (mg/l)2.600

XXIX. Sulfatos (mg/l)2.200

XXX. Fluoruros (mg/l)2.200

XXXI. Fósforo total (mg/l)3.000

XXXII. Amoníaco (mg/l)3.000

XXXIII. Nitróxeno nítrico (mg/l)3.000

XXXIV. Aceites e graxas (mg/l)3.400

XXXV. Fenois (mg/l)4.300

XXXVI. Aldehídos (mg/l)4.300

XXXVII. Deterxentes (mg/l)4.300

XXXVIII. Pesticidas (mg/l)6.500

XIL. Conductividade1.000

XL. PCBs (policlorobifenilos)(mg/l)6.500

XLI. Nitróxeno Kjedhal (mg/l)3.050

XLII. Turbidez1.500

XLIII. Osíxeno disolto (mg/l)1.500

XLIV. Anións (bromuros, fluoruros, cloruros,

sulfatos, nitratos, nitritos e fostatos) (mg/l)4.050

XLV. Catións (sodio, litio, potasio, amonio,

manganeso, e calcio) (mg/l)4.050

XLVI. Oxidabilidade ou permanganato potásico

(mg/l)2.500

XLVII. Dureza (ºHF)2.200

XLVIII. Nitratos (mg/l)3.000

XLIX. Residuo seco (mg/l)1.400

L. Acidez e alcalinidade (mg/l)2.100

LI. Calcio (mg/l)2.780

LII. Cromo (mg/l)2.780

LIII. Cobalto (mg/l) 2.780

LIV. Potasio (mg/l)2.780

LV. Sodio (mg/l)2.780

LVI. Manganeso (mg/l)2.780

LVII. Sílice (mg/l)3.530

LVIII. Vanadio (mg/l)3.530

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9507545