Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 28 de novembro de 1995 pola que se regulan os prezos privados que se aplicarán pola cesión temporal de determinadas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia establece a posibilidade de obtención de recursos por parte dos órganos da Administración, entes e organismos autónomos como consecuencia da cesión, transferencia ou prestación de servicios.

Así mesmo, define os prezos privados como as contraprestacións que obteñan os órganos da Administración, entes e organismos autónomos como consecuencia da cesión ou da transferencia de bens ou da prestación de servicios sempre que exista oferta privada concorrente. Os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen.

A Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, relaciona, no seu artigo 13, como un dos medios económicos con que contará o instituto «Os productos, rendas e incrementos do seu propio patrimonio». O artigo 2.2º a) do Decreto 288/1988, do 29 de setembro, de desenvolvemento da Lei 3/1988, establece que o instituto poderá «adquirir, vender, posuír, reivindicar, permutar, ceder gratuitamente ou mediante prezo, arrendar e administra-lo seu patrimonio».

Na súa virtude, e tralo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, en uso das facultades que teño conferidas, de acordo co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A presente orde ten por obxecto o establecemento dos prezos que se van aplicar e das normas de xestión pola cesión temporal do salón de actos e sala de exposicións do Instituto Galego da Vivenda e Solo para actividades alleas ós fins deste organismo.

Artigo 2º

O uso destas dependencias deberá autorizarse previamente para o cal a entidade organizadora presentará, por escrito, a pertinente solicitude dirixida á Secretaría Xeral do Instituto, de acordo co modelo que figura no anexo I.

A solicitude para a utilización de calquera das dependencias mencionadas no artigo 1º deberá facerse como mínimo con sete días de antelación ó comezo da actividade.

Artigo 3º

Os prezos establecidos na táboa de tarifas que se xunta como anexo II deberán ser satisfeitos no prazo de dous días contados a partir da data do outorgamento da autorización e, en todo caso, antes da súa utilización.

Os prezos revisaranse anualmente en función da evolución do IPC.

Artigo 4º

Os ingresos xerados pola utilización das instalaccións repercutirán no orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase ó director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a aplicación e posterior desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

Solicitante:

Don/Dona:

con DNI: Enderezo:

Localidade: Provincia:

Teléfono:

En representación legal de

Enderezo:

Localidade: Provincia:

Dependencia e uso para o que se solicita.

Dependencia:

Actividade:

Data: Horario:

Sr. Secretario Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO II

Táboa de tarifas:

Salón de actos (capacidade para cen persoas)

1 día58.000 ptas. (inclúe IVE)
1/2 día40.600 ptas. (inclúe IVE)

Sala de exposicións:

1 día40.600 ptas. (inclúe IVE)
1/2 día23.200 ptas. (inclúe IVE)

8068