Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de marzo de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número PO-02100-O-95 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se indican.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 7 de marzo de 1996.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-02100-O-95

PO-9595-AM

G.C. Tráfico

Caride Fernández, Manuel

Bomiña-O Meixoeiro, 21

Vigo (Pontevedra)

Realizar un transporte de estoxos de cartón para conserva do Porriño a Vigo cun peso en báscula de 4.800 kg tendo o vehículo un peso máximo de 3.500 kg o que supón un exceso de 1.300 kg 27% de exceso. Servicio público. Pesaxe realizada en báscula do porto e ría de Vigo.

6-11-1995; 10.15; N-120; 663

Art. 141 i) LOTT

Art. 198 J ROTT

143 LOTT

201 ROTT

190.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-02136-O-95

PO-0584-W

G.C. Tráfico

Transportes Prado Castro, S.L.

Gral. Sanjurjo, 1

15006 A Coruña

Circular arrastrando un semirremolque matrícula PO-00260-R cargado de madeira, incumprindo as condicións técnicas da autorización, por ter a inspección técnica caducada o 17 de outubro de 1995. Servicio público.

7-11-1995; 11.35; N-550; 139

Art. 141 C LOTT

Art. 198 C ROTT

143 LOTT

201 ROTT

50.000

PO-02177-O-95

PO-1647-F

G.C. Tráfico

Machado de Encarnación,

Manuel

Riveira Torneiros

O Porriño (Pontevedra)

Realizar un transporte de chatarra carecendo da tarxeta visado de transportes. Carece de distintivos de radio de acción. Servicio privado.

30-10-1995; 13; N-550; 660

Art. 141 B LOTT

Art. 198 B ROTT

143 LOTT

201 ROTT

50.000

9602117