Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 3-10-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Rañe número 2.464.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 3 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia o delegado provincial de Pontevedra,

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 3-10-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Rañe número 2.464, sita en terreos do termo municipal de Ponteareas Salvaterra de Miño, provincia de Pontevedra, promovido por Francisco Lemos Romero.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación do espacio delimitado polos paralelos 42º 08' 40'' 42º 08' 20'' norte, e polos meridianos 8º 30' 40'' 8º 30' 00'' oeste, e foi incorporada ó

expediente do permiso de investigación Rañe número 2.464, encontrándose a disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 1 de marzo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2573