Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso da suministración sucesiva de gasóleo C a granel (C.P. 6/1996).

A Dirección Xerencia do Hospital da costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de l994 (DOG nº 191 do 3 de outubro) convoca o concurso público seguinte:

I.-Obxecto e orzamento.

Contratación da subministración sucesiva de gasóleo C a granel (C.P. 6/1996) por un orzamento de 6.700.000 (seis millón setecentas mil), IVE incluído.

II.-Prazo de entrega.

Desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de l996 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

III.-Documentos de intrese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do hospital da costa, Tlfno. (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

IV.-Admisión de variantes.

Admítense variantes.

V.-Solvencia económica e financiera.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

VI.-Solvencia técnica.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no Art. 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII.-Criterios de adxudicación.

1º Bonificación sobre prezo oficial: ata 6 puntos.

2º Medios técnicos: ata 3 puntos.

3º Prazo de entrega: ata 3 puntos.

VIII.-Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza cons

tituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

IX.-Clasificación.

Non se esixe.

X.-Presentación da proposición.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados ou asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do hospital da costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mismo día.

XI.-Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do hospital da costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII.-Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII.-Anuncios.

O pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 23 de febreiro de l996.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

96-2243