Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996 pola que se convoca unha Xornada de Estudio sobre Ética Ambiental.

A Escola Galega de Administración Pública organiza unha Xornada de Estudio sobre Ética Ambiental, conforme as seguintes bases:

1. Obxecto.

O día 2 de decembro de 1996 desenvolverase, no salón de actos da Escola Galega de Administración pública, unha Xornada de Estudio Sobre Ética Ambiental.

2. Obxectivos.

A xornada ten por finalidade proporcionar unha formación básica en relación ás distintas alternativas de política ambiental desde o punto de vista ético.

3. Contido.

Entre outros, desenvolveranse os seguintes temas:

-O home ante a utilización dos recursos naturais e dereitos de propiedade.

-Ética do medio natural e conservación da natureza.

-Problemática e perspectivas da ética nas decisións de política ambiental.

4. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

5. Desenvolvemento e duración.

A xornada abrirase o luns, día 2 de decembro, ás 9.30 horas, e rematará, ás 19.30 horas, do mesmo día.

6. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 28 de novembro de 1996.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 - 15703, Santiago de Compostela). Teléfono 57 08 00. Telefax 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 29 de novembro, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono de 10.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos, que se expoñerá no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública 24 horas despois de remata-lo prazo de presentación de solicitudes.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a ela, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

8216