Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 2 de xaneiro de 1997 pola que se fixan as tarifas e prezos privados dos cursos e talleres de artistas impartidos no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Dándolle cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede fixa-los prezos privados dos cursos e obradoiros de artistas que son impartidos no Centro Galego de Arte Contemporánea de conformidade co seu plan de actividades.

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exancións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

É polo que

DISPOÑO:

Artigo único.

1.-As tarifas esixibles como contraprestación das actividades de cursos e obradoiros de artistas, xestionadas polo Centro Galego de Arte Contemporánea, da Consellería de Cultura e Comunicación Social, se fixan no anexo desta orde, a xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

2.-Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

3.-Para os efectos da xestión, liquidación e recadación do prezo, o seu código será o 36.26.00.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

A.-Oferta de cursos, seminarios e ciclos de conferencias do C. G. A. C.

1.-Inscrición: 3.000 ptas.

B.-Oferta obradoiros de artistas no C. G. A. C.

1.-Inscrición: 5.000 ptas.

A presentación do carné de estudiante eximirá do pagamento do 50% da inscrición dos cursos, seminarios e ciclos de conferencias.

0046