Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.632

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no texto do devandito decreto publicado no DOG número 150, do mércores, 6 de agosto de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 7.612, artigo 1º, no subapartado 1.b), onde di: «... encamiñadas a comproba-la existencia dun depósito arqueolóxico, delimitado ou recoñece-las súa estratigafía. Calquera toma de mostras en depósitos arqueolóxicos...», debe dicir: «... encamiñadas a comproba-la existencia dun xacemento arqueolóxico, delimitalo ou recoñece-la súa estratigrafía. Calquera toma de mostras en xacementos arqueolóxicos...».

-Na páxina 7.613, artigo 1º, no subapartado 1.e), onde di: «... como as intervencións en depósitos arqueolóxicos...», debe dicir: «... como as intervencións en xacementos arqueolóxicos...».

-No mesmo subapartado, onde di: «... limpeza de depósitos arqueolóxicos», debe dicir: «... limpeza de xacementos arqueolóxicos».

-Na páxina 7.613, artigo 2º, apartado a), onde di: «... un depósito catalogado ou inventariado...», debe dicir: «... un xacemento catalogado ou inventariado...».

-Na páxina 7.613, artigo 2º, apartado d), onde di: «... unha institución científica da apoio...», debe dicir: «... unha institución científica dá apoio...».

-Na páxina 7.613, artigo 4º,, onde di: «... cando exista risco de destrucción inmediata dun depósito e se esgotasen todas as posibilidades...», debe dicir: «... cando exista risco de destrucción inmediata dun xacemento e se esgotasen tódalas posibilidades...».

-Na páxina 7.614, artigo 6º,, subapartado 1.b), onde di: «... xunto cun plano do depósito...», debe dicir: «... xunto cun plano do xacemento...».

-Na páxina 7.615, artigo 10º,, no apartado 3, onde di: «... actualiza-los datos dos depósitos arqueolóxicos...», debe dicir: «... actualiza-los datos dos xacementos arqueolóxicos...».

-Na páxina 7.615, artigo 12º, no apartado 1, onde di: «... en relación o contexto deposicional...», debe dicir: «... en relación co contexto deposicional...».

8314