Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 157/1998, do 5 de xuño, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Antonio María Rouco Varela, cardeal-azcebispo de Madrid.

En atención ós méritos que concorren en Antonio María Rouco Varela, cardeal-arcebispo de Madrid, e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Antonio María Rouco Varela, cardeal-arcebispo de Madrid.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

5382