Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.622

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 222/1998, do 10 de xullo, polo que se modifica o Decreto 119/1994, do 28 de abril, no referente á expedición de permisos de pesca nos coutos dependentes da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

O Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, establece unha nova clasificación dos permisos de pesca (artigo 8) e dispón que os permisos para concursos deportivos oficiais e para entidades colaboradoras poderán ser outorgados con carácter gratuíto (artigos 32.1º e 33.1º), polo que é preciso proceder a unha modificación dos prezos públicos esixibles pola realización das devanditas actividades de pesca fixados polo Decreto 119/1994, do 28 de abril, (DOG nº 92, do 13 de maio, e corrección de erros no DOG nº 101, do 27 de maio).

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de xullo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o apartado referente á «expedición de permisos de pesca nos coutos dependentes da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural», do anexo do Decreto 119/1994, do 28 de abril, que queda redactado como segue:

«a) Permiso de primeira categoría, válido para a pesca do salmón e demais especies: 1.500 ptas.

b) Permiso de segunda categoría, válido para a pesca do reo e demais especies agás salmón: 1.000 ptas.

c) Permiso de terceira categoría, válido para a pesca da troita e demais especies agás salmón e reo: 500 ptas.

d) Permiso de cuarta categoría, válido para a pesca de ciprínidos e demais especies agás salmónidos: 250 ptas.

e) Permiso de quinta categoría, aqueles que a Administración poña á disposición dos concesionarios de aproveitamentos piscícolas para a súa venda ou distribución: gratuíto.

f) Permiso de pesca sen morte; válido para a práctica da pesca nos coutos de pesca sen morte: 250 ptas.

g) Permiso de pesca intensiva: 750 ptas.

Os permisos de segunda, terceira e cuarta categoría poderán ser de carácter gratuíto no caso de que fosen para concursos deportivos oficiais; e poderán selo tamén para entidades colaboradoras non concesionarias dun aproveitamento piscícola ou coas que exista convenio ou consorcio».

Disposición transitoria

O prezo do permiso de pesca intensiva empezarase a aplicar na tempada de pesca de 1999.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Medio Ambiente para dicta-las disposicións precisas para a aplicación deste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Carlos del Álamo Jimenez

Conselleiro de Medio Ambiente

6536