Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 26 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Santa Lucía, número 4875.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que Antonio Domínguez Vázquez, con domicilio en Finca Campazas, nº 1 Casixova, Velle (Ourense), presentou nesta delegación provincial o 22 de setembro de 1998, instancia-solicitude do P.I. Santa Lucía, nº 4875 de 12 cuadrículas mineiras para recursos de Sección C, no concello de Castrelo de Miño (Ourense) e que lle correspondeu o nº de expediente 4875 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice 1: 8º 03' 00'' 42º 19' 20''.

Vértice 2: 8º 01' 40'' 42º 19' 20''.

Vértice 3: 8º 01' 40'' 42º 18' 20''.

Vértice 4: 8º 03' 00'' 42º 18' 20''.

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito, e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado, interpoña reclamación, no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 26 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11673