Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 3.924

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 74/1999, do 11 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en explotacións agrícolas intensivas.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1716/1996, do 12 de xullo, establece o título de técnico en explotacións agrícolas intensivas e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada,

tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa

reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en explotacións agrícolas intensivas, regulado polo Real decreto 1716/1996, do 12 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no apartado 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia, son as que se expresan no apartado 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por teren superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposiciones derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: explotacións agrícolas intensivas.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-las operacións de producción de cultivos agrícolas intensivos conseguindo baixos custos de producción, a calidade requirida nos productos, en condicións de seguridade e hixiene e conservando o medio natural.

* Manexar e manter en uso as instalacións, máquinas, equipos e apeiros necesarios.

* Organizar e xestionar unha explotación agrícola intensiva.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Xestionar e administrar unha explotación agrícola con cultivos intensivos, co obxecto de mellora-las estructuras agrarias, en materia de producción e de comercialización dos productos.

* Interpretar correctamente a información e os termos da linguaxe propia das operacións dos procesos de producción.

* Manexar, regular e pór a punto a maquinaria e apeiros propios da actividade, levando a cabo a súa correcta preparación e bo funcionamento e adoptando as medidas de seguridade axeitadas.

* Realiza-las operacións de mantemento de primeiro nivel das instalacións, maquinaria e equipos da explotación coas medidas de seguridade e hixiene que sexan precisas.

* Realiza-los labores e operacións dos procesos productivos para os diferentes cultivos intensivos integrados na explotación.

* Executar e controla-las operacións de tratamentos fitosanitarios e a aplicación de praguicidas de uso ambiental e alimentario, aplicando as medidas de seguridade e hixiene requiridas para a súa manipulación e aplicación.

* Realiza-los labores e operacións necesarias para a obtención de plantas e productos nos viveiros e invernadoiros.

* Interpreta-las ordes que lle chegan e poder introducir pequenas correccións que melloren a aplicación das ditas ordes.

* Ter unha visión global e integrada das operacións de producción agrícola intensiva e relaciona-las diferentes fases do proceso productivo das diferentes especies, tendo en conta os obxectivos da producción e comprendendo a función das diversas instalacións e equipos para alcanza-los ditos obxectivos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Decidir con rapidez as medidas que se deben tomar ante unha avaría nas instalacións, maquinaria e equipos, ou ante circunstancias meteorolóxicas ou medioambientais adversas, levando a cabo as modificacións que procedan.

* Executar pequenas adaptacións tecnolóxicas temporais necesarias para facer posible a continuidade do proceso productivo en situacións adversas.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Transmitir ordes concretas ó persoal ó seu cargo, precisas, rápidas e adecuadas, para as operacións dos procesos productivos dos diferentes cultivos intensivos da explotación.

* Levar a cabo a xestión de pequenas empresas agrícolas intensivas.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e en especial en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda ós membros que proceda do equipo, cando se produzan continxencias na operación.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e do persoal ó seu cargo.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou procedementos definidos dentro do ámbito da súa competencia, consultando as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.

* Executar un conxunto de accións de contido politécnico e/ou polifuncional de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, segundo métodos establecidos.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais que lle competen, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Xestión e administración dunha explotación de tipo familiar agraria.

* Organización das actividades para o desenvolvemento dos ciclos completos dos cultivos en explotacións agrícolas intensivas.

* Limpeza, acondicionamento e mantemento de uso das instalacións, maquinaria, apeiros e materiais da explotación.

* Preparación e manexo de equipos, maquinaria e apeiros nas distintas situacións de traballo.

* Toma de decisións con rapidez ante avarías en instalacións e equipos ou en circunstancias meteorolóxicas adversas.

* Medida de parámetros ambientais. Rexistro de datos varios dos cultivos.

* Determinación da colleita, clasificación e envasado dos productos agrícolas intensivos.

* Promoción e comercialización dos productos da explotación.

* Tratamentos profilácticos e terapéuticos.

* Aplicación de técnicas de protección ós cultivos e técnicas de rega.

* Preparación do terreo e utilización de fertilizantes químicos e orgánicos.

* Implantación e coidado dos cultivos.

* Recolleita, transporte e almacenamento dos productos.

* Recoñecemento e determinación dos ciclos biolóxicos.

2.4. Unidades de competencia:

1. Organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

2. Preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

3. Realiza-las tarefas/operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro.

4. Realiza-las operacións en cultivos herbáceos intensivos

5. Realiza-las operacións de cultivo en froiteiras e cítricos.

6. Realiza-las operacións de control fitosanitario preservando o ambiente e a sanidade dos alimentos.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha explotación familiar agraria:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Valora-la posibilidade de implantación ou incorporación dunha explotación en función da súa actividade e dos obxectivos de producción.* Selecciónase a forma xurídica de acceso á explotación tendo en conta as características das actividades que se van desenvolver.

* Realízase a análise previa á implantación valorando:

-O réxime de tenza da terra (herdanza, compra, arrendamento, parcería).
-A estructura organizativa axeitada ós obxectivos de producción da explotación.
-A localización física e o ámbito de comercialización (zona, distancia, canles de distribución).
-Os plans de incorporación para agricultores xoves establecidos polas diferentes administracións públicas.
-O estudio técnico-económico tendo en conta:
-A viabilidade da explotación (marxe bruta e marxe neta).
-As necesidades de financiamento para a forma máis rendible.
-A rendibilidade dos investimentos.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas das administracións públicas.
* Determínanse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, da man de obra fixa, eventual e contratada temporal, así como a súa experiencia segundo as funcións e actividades da explotación.
* Establécense as necesidades de edificacións, instalacións, equipos e apeiros, tendo en conta as súas características técnicas e as tarefas/operacións que se van realizar.

RealizaciónsCriterios de realización

1.2.Organiza-lo plan xeral de actividades da explotación en función dos seus obxectivos e dos medios de producción dispoñibles.* Tense en conta e interprétase a documentación relativa ó sector e, en concreto, sobre a explotación familiar agraria.

* Na programación xeral establécese:

-A rotación de cultivos na explotación.
-As especies e variedades que se van cultivar e/ou explotar.
-A man de obra necesaria para cumpri-los obxectivos da explotación.
-Os recursos materiais necesarios.
-As canles de comercialización dos productos.
-O programa de xestión técnico-económica da explotación.
* Prevese a axuda técnica que se vai recibir.
* Elabóranse e envíanse ós órganos de xestión técnica os documentos previamente establecidos.
* As orientacións técnicas emitidas polo órgano de xestión téñense presentes para a nova planificación.
* Téñense en conta as directrices sobre política agraria e as esixencias do mercado.

1.3.Xestionar, organizar e cubri-la documentación necesaria para a constitución ou incorporación a unha explotación.* Establécese un sistema de organización da información do sector adecuado que proporcione a actualización sobre a situación técnico-económica da explotación.
* Identifícase e tramítase a documentación necesaria para a constitución ou incorporación á explotación (escrituras, rexistros, impostos) de acordo cos requisitos legais.
* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade agraria de acordo coa lexislación vixente.

1.4.Realiza-la promoción e comercialización dos productos da explotación, atendendo ás súas esixencias e optimizando os recursos dispoñibles.* Na promoción e comercialización dos productos tense en conta a capacidade productiva e os clientes potenciais (cooperativas, utilización na mesma ou outras explotacións).
* Selecciónanse e tipifícanse os productos para mellora-la calidade da oferta.
* Selecciónase o tipo de promoción que optimiza a relación entre o incremento das vendas e o seu custo.
* Establécense relacións coas asociacións e/ou cooperativas de productores para a distribución dos productos ó mercado.

1.5.Xestionar e organiza-la adquisición e o almacenamento de materiais, productos, útiles e repostos propios da explotación.* Prevense coa antelación suficiente as necesidades de material, productos, útiles e repostos, de maneira que estean dispoñibles en cantidade e calidade no momento da súa utilización.
* Efectúase o pedido correspondente comprobando na súa recepción que o material recibido se axusta en cantidade e calidade ó solicitado.
* Compróbase que as embalaxes e os envases que protexen os productos estean en bo estado, sen deterioracións que poidan condiciona-la súa calidade.
* A descarga lévase a cabo no lugar e modo axeitados, de forma que as mercadorías e materiais non sufran alteracións.
* As operacións de manipulación e transporte realízanse cos medios adecuados, de forma que non se deterioren os productos e aplicando as normas de seguridade e hixiene.

RealizaciónsCriterios de realización

* A distribución dos medios de producción propios da explotación e dos productos adquiridos realízase atendendo ás súas características e seguindo os criterios establecidos para alcanzar un óptimo aproveitamento do almacenamento dispoñible.
* Verifícase que os medios de producción propios da explotación están na localización asignada e nas condicións que require cada un deles.

1.6.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas na adquisición de medios e venda de productos da explotación.* Na negociación cos provedores téñense en conta:

-Os prezos de mercado.

-Os prazos e condicións de entrega.

-A calidade dos productos.

-As condicións de pagamento.
-As medios de transporte, se procede.
-Os descontos en función do volume de pedido.
-O servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de comercialización dos productos da explotación téñense en conta:
-As marxes de beneficio.
-O prezo de custo.
-O tipo de cliente.
-O volume de venda.
-As condicións de cobramento e descontos.
-Os prazos de entrega.
-Os medios de transporte, se procede.
-A manipulación dos productos para almacenar ou envasar.
-A garantía e calidade.
* Desenvólvense e mantéñense boas relacións cos clientes.

1.7.Realizar en tempo e forma as accións derivadas das obrigas legais e das actividades productivas da explotación.* Establécese un plan de anotacións contables (contabilidade simple) tendo en conta as actividades que hai que desenvolver.
* A formalización dos documentos establecidos e a esixida pola normativa vixente realízase de forma periódica e cumprindo os prazos.
* Cúmprese o calendario fiscal correspondente á actividade productiva desenvolvida.
* Realízanse en tempo e forma as obrigas legais sobre:
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.
-Tipos de contratos.

1.8.Aplica-las normas de hixiene e seguridade persoal e no traballo e cumpri-las normas de protección do medio natural.* Compróbase que se cumpren as normas de hixiene establecidas en:

-Os locais e instalacións.

-A manipulación dos productos.

-O manexo de maquinaria, útiles e apeiros.
-A aplicación de productos fitosanitarios e desinfección de locais e instalacións.
-O equipo persoal de traballo.
* Durante a estancia na instalación, cúmprense as medidas de protección e precaución que indica a normativa vixente.
* O equipo de protección persoal e os medios dispoñibles para previr ou controla-los riscos, requiridos nalgunhas tarefas/operacións e no manexo de maquinaria, utilízanse correctamente.
* As tarefas realizadas no traballo execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas.
* Verifícase o cumprimento das normas establecidas sobre a protección do medio natural.
* Os materiais e productos de refugallo colócanse nos lugares asignados ó respecto, reciclándoos, tratándoos ou eliminándoos segundo a normativa vixente.

Dominio profesional.

-Medios de producción:

Trámites administrativos e de xestión para a organización e mantemento dunha explotación agraria, ben realizados de maneira directa ou ben a través da utilización de servicios de persoas ou empresas especializadas. Documentación de carácter xeral: arquivos de clientes, provedores e concesionarios; información sobre evolución de prezos e mercados agropecuarios, fichas de almacén, plan de compras. Documentación de carácter administrativo: permisos e autorizacións en xeral e de circulación e inscrición de maquinaria; solicitudes de axudas e subvencións, formularios administrativos. Documentación contable: libros de contabilidade, facturas, albarás, notas de pedido e entrega, letras de cambio, cheques, inventarios e balances, formularios contables. Escrituras. Impostos de actividades económicas. Réxime de tenza da terra. Documentación fiscal e de persoal: declaracións fiscais, nóminas, retencións, IVE. Contratos: de persoal, de arrendamento, de parcería, de compravenda, de seguros, de

colleitas, formularios laborais. Fichas técnicas de cultivos con especificación de: fertilizantes, sementes, produccións e técnicas de producción recomendadas. Relación de equipos dispoñibles. Equipos de protección de instalacións. Almacéns, silos. Programas de reproducción de gando. Regulamentación sobre seguridade e hixiene no traballo.

-Productos ou resultados do traballo:

Xestión técnica e administrativa dunha explotación agropecuaria: declaracións e documentación fiscal, contabilidade. Análise de grupo de xestión de explotacións. Declaracións periódicas en materia fiscal e/ou administrativa para acceder a determinadas axudas e subvencións.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos contables: Plan Xeral de Contabilidade. Procedementos de xestión técnica. Análise de grupos de xestión de explotacións.

Métodos de valoración de tempos e actividades. Procedementos de control, organización e administración de almacéns. Procedementos de promoción e comercialización de productos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Información sobre prezos e mercados. Obrigas administrativas e fiscais, de persoal sobre salarios, seguridade e hixiene, contratos.

Revistas e outras publicacións especializadas. Textos legais. Ibertex e paquetes informáticos de nivel básico. Normativa de seguridade e hixiene no traballo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Titulares de explotacións agropecuarias a título principal (ATP) ou non. Autónomos. Xefes de explotación. Provedores e clientes. Xestorías. Comunidades de bens. Cooperativas de cultivo. Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Agrupacións de comercialización. Mercos. Conserveiras. Casas comerciais de sementes, fertilizantes, pesticidas e productos sanitarios.

2.5.2. Unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

RealizacionesCriterios de realización

2.1.Controlar e supervisa-lo acondicionamento, limpeza, desinfección e desinsectación dos locais e instalacións de cría e/ou producción.* Compróbase que as instalacións e locais están libres de residuos, programando e/ou aplicando, en caso contrario, os procedementos de limpeza e desinfección/desinsectación necesarios.
* Os equipos de limpeza/desinfección/desinsectación prepáranse de acordo co labor que se vai realizar e seguindo as instruccións de traballo.
* Selecciónanse os productos de limpeza, desinfección e desinsectación e aplícanse coa técnica adecuada e as doses indicadas.
* Prepáranse e acondiciónanse os locais e instalacións seguindo o plan establecido previamente.
* Verifícase o estado da instalación eléctrica, da subministración de augas e dos sistemas de climatización das instalacións.
* Compróbase que a eliminación dos residuos e refugos en locais e instalacións se leva a cabo en tempo e forma indicados e que se depositan nos sitios adecuados para cada un deles.

2.2.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel das máquinas e equipos da explotación efectuando as operacións básicas de mecanizado, soldadura e montaxe/desmontaxe requiridas.* A revisión dos tractores, maquinaria e equipos efectúase coa periodicidade indicada nos manuais de mantemento e operación, realizando as operacións de cambio e reposición de aceites e líquidos, de engraxe, de substitución e limpeza de filtros e pezas e de lastrado de rodas.
* Compróbase que o taller está ordenado e as ferramentas dispoñibles para a súa inmediata utilización.
* Realízase un control continuo dos equipos e maquinaria e instalacións, detectando e identificando as avarías producidas e efectuando o seguimento dos gastos de mantemento e reparación.
* Os elementos avariados ou gastados das máquinas, equipos e instalacións substitúense polos recambios adecuados.
* Compróbase que a maquinaria e equipos, tralo seu uso, están en condicións para a súa próxima utilización.
* Para efectua-las operacións de montaxe/desmontaxe e mecanizado (tradeado, limado, esmerilado, roscado e corte) selecciónanse os equipos e ferramentas adecuados.
* Nas operacións básicas de soldadura eléctrica:

-Selecciónanse os equipos e ferramentas adecuados ó material que se vai soldar.

-Regúlase a intensidade da corrente en función do electrodo e do material que se vai unir.

-As conexións eléctricas á masa realízanse limpando as zonas de contacto.

-Prepáranse e límpanse as beiras que se deben unir, situándoas á distancia adecuada ó tipo de soldadura e electrodo utilizado.

* As operacións básicas e de mantemento de primeiro nivel dos equipos e máquinas lévanse a cabo seguindo os manuais e fichas de mantemento e coa periodicidade indicada neles.

RealizacionesCriterios de realización

2.3Preparar e manexa-los tractores, a maquinaria, equipos, instalacións e outros útiles da explotación para a súa utilización nas tarefas/operacións programadas e para a circulación por vías públicas.* Selecciónanse, engánchanse e regúlanse os apeiros e maquinaria tendo en conta o labor que se vai realizar (preparación do solo, sementeira, fertilización, tarefas culturais, aplicación de fitosanitarios, colleita) e contrólase o seu funcionamento e manexo, en consonancia co que se consideran «axeitadas prácticas agrícolas».
* Os equipos e instalacións regúlanse tendo en conta os plans e actividades da producción agraria.
* Prepárase o tractor e a maquinaria adaptándoos e sinalizándoos convenientemente, cumprindo o código de circulación e a normativa complementaria referente a circulación de vehículos agrícolas por vías públicas.
A selección, preparación e manexo da maquinaria, tractores, equipos e apeiros específicos realízase conforme os requirimentos de cada labor e o ritmo de traballo establecido.
* Verifícase que o abastecemento dos productos (sementes, fertilizantes, fitosanitarios) que necesitan as máquinas na xornada de traballo se realiza adecuadamente evitando as interrupcións e tempos de espera.

2.4Actuar baixo normas de seguridade durante a estancia nas instalacións e nas operacións con máquinas, equipos e ferramentas para previ-los riscos persoais e xerais.* Durante a estancia nas instalacións e no manexo de equipos e ferramentas cúmprense as medidas de precaución e protección establecidas pola normativa ó respecto.
* Utilízanse correctamente os equipos de protección persoal requiridos para o traballo que se debe realizar.
* As tarefas realizadas coas máquinas, equipos e ferramentas execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas para cada un deles.
* A manipulación de productos e materiais lévase a cabo tomando as medidas de protección adecuadas a cada caso.
* En caso de accidente aplícanse as técnicas sanitarias básicas e os primeiros auxilios rapidamente.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Tractores agrícolas e forestais, máquinas autopropulsadas e accionadas para o traballo do solo, para a implantación dos cultivos, para a distribución do fertilizante mineral e orgánico, para a rega, para a aplicación dos productos fitosanitarios, para a colleita de forraxes (herba seca e palla), para a colleita de grans e sementes, para a colleita de tubérculos e raíces, para a colleita de cultivos industriais, para a colleita de froitas e hortalizas, para a carga, a descarga e o transporte de colleitas e materias primas, para a limpeza, clasificación e secado das colleitas e para a gandería (alimentación e extracción e conservación de productos gandeiros). Equipos e instrumentos de taller para mantemento e reparacións de tractores e máquinas, como: bancos de traballo, depósitos de elevación e desprazamento, xogos de ferramentas, extractores, equipos de soldadura, fragua, tradeadora, gatos hidráulicos, equipos de engraxe, compresor e depósito para o almacenamento de combustibles e

lubricantes. Máquinas, equipos e instalacións gandeiras.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Tarefas agrícolas e forestais realizadas de conformidade coas necesidades do cultivo e en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas. Operacións de manexo gandeiro realizadas de conformidade coas necesidades dos animais.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos para o traballo con tractores agrícolas e máquinas autopropulsadas ou con motor térmico. Procedementos para o uso de maquinaria de traballo do solo. Procedementos de traballo para os equipos de: distribución de fertilizantes e emendas, de sementeira, plantación e transplante, de rega, de aplicación de fitosanitarios e praguicidas de colleita e de transporte. Métodos de uso e mantemento para as máquinas, equipos e instalacións fixas. Métodos de uso e mantemento dos equipos de muxido e refrixeración do leite. Métodos para calibrar, axustar e manexa-las máquinas de acordo co estado da parcela (solo e cultivo) ou as necesidades do gando, para conseguir un traballo en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas e gandeiras.

-Información utilizada e/ou xerada:

Manuais de servicio e de taller de tractores, máquinas e equipos e información técnica sobre prestacións de traballo, sobre posibilidades e limitacións das máquina que se deben utilizar, sobre procesos de mantemento de tractores e máquinas agrícolas e instalacións gandeiras. Normativa de seguridade e hixiene no traballo. Código da circulación e normativa complementaria.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Xefe de explotación, empresarios e encargados das empresas para as que realiza os servicios. Operadores de tractores e máquinas agrícolas. Provedores de equipos e elementos funxibles necesarios para o funcionamento da explotación agraria.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realiza-las tarefas/operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro.

RealizacionesCriterios de realización

3.1.Colleitar, manipular, almacenar e adquirir, se é o caso, sementes e material vexetal para a súa reproducción e propagación vexetativa.* Efectúanse e/ou contrólanse as normas establecidas para a provisión de sementes en cantidade e calidade suficiente, colleitándoas no medio físico ou adquiríndoas en establecementos ou organismos oficiais autorizados.
* Procédese correctamente á extracción, manipulación e almacenamento das sementes segundo as súas características específicas.
* Obtense o material vexetal seguindo as técnicas establecidas, tanto para o material escollido como para as especies requiridas, almacenando adecuadamente.
* O material de reproducción e propagación (sementes, material de reproducción «in vitro», gromos para enxerto) reúne as condicións adecuadas e cumpre as normas establecidas.
* Extráense os meristemos correctamente segundo o procedemento preestablecido para inicia-lo proceso de micropropagación «in vitro» dos distintos cultivos.

RealizacionesCriterios de realización

* Compróbase que a adaptación do esplante ó medio de cultivo, temperatura e fotoperíodo na sala de cultivo é a correcta.
A preparación, desinfección de sementes, se é o caso, e sementeira da semente realízase coa densidade adecuada e tendo en conta a especie que se vai cultivar.

3.2Realiza-las tarefas de preparación do solo e/ou os substratos específicos aplicando e supervisando, se é o caso, as correccións oportunas, a súa desinfección e fertilización e utilizando as maquinarias e apeiros necesarios en función do cultivo.* Realízanse correctamente as emendas necesarias para adecua-lo solo destinado á sementeira ou á implantación vexetal.

* Realízanse as operacións de desinfección do solo e dos substratos de cultivo seguindo o procedemento preestablecido.

* Efectúase o proceso de fertilización seguindo o método adecuado e usando as fórmulas, doses e tipos de fertilizante recomendado en función da análise do solo.
* Utilízanse, dosifícanse e líganse os compoñentes idóneos para a fabricación de distintos substratos de sementeira específicos, para os diferentes tipos de cultivos.
* Selecciónase e utilízase o apeiro adecuado segundo as tarefas de preparación do solo que se deben realizar (alzado, binado, enareado, achega de substrato).
* Prepárase adecuadamente o terreo (alombado, plano, en eiras, en terrazas), tendo en conta o cultivo que se vai desenvolver.
* Prepáranse correctamente os distintos medios de cultivo destinados á micropropagación «in vitro» aplicando as técnicas máis avanzadas.
* Esterilízanse correctamente os tarros que conteñen os medios nutritivos dos distintos cultivos en producción, seguindo o procedemento establecido.
* Compróbase que a xelificación é correcta.
* Compróbase que non existen contaminacións por fungos e/ou bacterias na almacenaxe durante o prazo de espera.

3.3Realiza-la implantación do cultivo elixido aplicando as técnicas de reproducción e propagación adecuadas e específicas para cada especie.* Realízanse as multiplicacións necesarias na sala estéril para inicia-lo programa de producción en número e data establecidos para cada cultivo micropropagado.
* Compróbase que se manteñen as temperaturas e fotoperíodos adecuados nas salas de cultivo.
* Compróbase que non existen contaminacións nos tarros cos esplantes dos distintos cultivos nos procesos de multiplicación, elongación e radiación.
* Realízanse os tratamentos adecuados e específicos de presementeira de sementes, tendo en conta a especie que se vai sementar.
* Aplícanse as técnicas de sementeira adecuadas a cada especie utilizando o tipo de envase ou contedor idóneo, tapando e protexendo as sementes contra os seus inimigos naturais e radiación solar.
* Selecciónanse as varas e esgallos, en cada caso, para a propagación das especies elixidas.
* Compróbase que o marco de plantación ou sementeira é o adecuado e fixado previamente.
* Avalíase correctamente o número de marras nos cultivos.
* Realízanse os tratamentos fitosanitarios e hormonais adecuados para cultivo de esgallos e varas.
* Selecciónase o soporte de implantación adecuado para o varado tendo en conta a especie que se vai propagar.

RealizacionesCriterios de realización

* Aplícanse correctamente as técnicas de enxertos específicos para cada especie e variedade, seguindo o procedemento establecido.
* Selecciónanse e trátanse axeitadamente os patróns, pés e o material vexetativo doante de pugas ou xemas.
* Sobre os pés de plantas seleccionadas no campo, aplícanse correctamente as técnicas de enxertado en viveiro, segundo o procedemento establecido para cada variedade.

3.4Realiza-las tarefas culturais e de protección dos cultivos, utilizando as técnicas máis avanzadas.* Realízanse as limpezas adecuadas, con regularidade e cos productos necesarios para mante-la asepsia total nas distintas dependencias do laboratorio de micropropagación.
* Realízanse as operacións de repicado e transplante especificas, así como as podas de formación segundo o cultivo que se vai desenvolver.
* Instálanse os titores adecuados (redes, mallas, arames) para o cultivo que se vai desenvolver.
* Compróbase, por análise foliar, que as achegas de nutrientes son as adecuadas para as diferentes especies de cultivos.
* Compróbase periodicamente o estado sanitario das plantas, para aplicar, se é o caso, o tratamento preventivo fitosanitario (funxicidas, insecticidas) preventivo correctamente.
* Utilízanse adecuadamente os métodos de loita biolóxica e os productos fitosanitarios de baixa toxicidade.
* Compróbase que o solo está libre de malas herbas e en caso contrario elíxense e utilízanse adecuadamente os herbicidas pre e postemerxentes segundo o cultivo que se vai desenvolver.
* Compróbase que as condicións de temperatura e humidade de cultivo forzado e do substrato en cultivo de cama quente son as establecidas para cada especie de cultivo.

3.5Preparar e utiliza-los equipos, ferramentas e materiais específicos da reproducción e propagación vexetal.* Selecciónanse, prepáranse e manéxanse os equipos e ferramentas específicas conforme os requirimentos da operación que se vai realizar.
* Os equipos e material específico revísanse e regúlanse segundo as actividades que se van realizar e compróbase que despois de usalos, están en condicións para a súa próxima utilización.
* Os traballos realizados coas máquinas, equipos e ferramentas específicas execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas para cada un deles.

3.6Instalar e utilizar eficazmente o sistema de rega elixido tendo en conta os cultivos que se van implantar.* As regas ós cultivos realízanse tendo en conta o estado do terreo, a súa época, frecuencia e duración e as necesidades específicas.
* Utilízase a dotación de auga por m adecuada ó cultivo que hai que regar, de acordo co sistema de rega elixido.
* Compróbase que a auga de rega cumpre coas condicións de salubridade adecuadas tendo en conta o cultivo de que se trate.
* Elíxense os sistemas de fertirrigación de acordo cos cultivos establecidos.
* Compróbase que tódolos elementos do sistema de rega funcionan correctamente e, se é o caso, amáñanse ou substitúense os elementos avariados ou gastados.

RealizacionesCriterios de realización

3.7Colleitar, transportar e almacena-los productos cultivados, segundo a época máis conveniente e a demanda do mercado.* Realízase a colleita segundo o desenvolvemento do cultivo e de acordo coas perspectivas de comercialización do producto.
* Selecciónanse e úsanse axeitadamente as ferramentas, maquinaria e envases utilizados na colleita e no almacenamento do producto.
* Durante a colleita evítanse os malos tratos ó producto para que non afecten á súa calidade.
* Transpórtase o producto co medio adecuado e específico para cada un deles, de maneira que non se deteriore durante o seu traslado.
* Os almacéns de conservación reúnen as condicións hixiénicas de acordo coa lexislación vixente e os requisitos imprescindibles sobre acceso, carga e descarga.
* Prevese a utilización de cámaras frigoríficas para a conservación dos productos que necesitan refrixeración ata a súa venda.

3.8Realiza-la instalación e mantemento de invernadoiros sinxelos, túneles e acolchados, utilizando os materiais adecuados e seguindo as instruccións do fabricante.* Elíxese o tipo de invernadoiro que se vai instalar e a súa localización, tendo en conta os ventos de maior intensidade que se dan na zona e o cultivo que se vai implantar.
* Téñense en conta a estructura, os elementos auxiliares e a natureza dos materiais empregados para:

-Evita-la formación de bolsas de auga na cuberta durante a época de chuvias.

-Conseguir un sistema de aireación adecuado.

-Unha luminosidade correcta.

-Un control da temperatura efectivo durante tódolos ciclos do proceso de cultivo.

* Interprétanse correctamente os planos de construcción do invernadoiro.
* Utilízanse a cuberta, estructura e materiais adecuados ó cultivo e ó sistema de protección.
* Téñense en conta as dimensións do invernadoiro en función da mecanización dos cultivos.
* Substitúense os elementos avariados ou gastados do invernadoiro polos materiais adecuados.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Maquinaria, apeiros e ferramentas propios do traballo en viveiros: tractores, motocultores, planadoras e sementadoras, arrincadeiras, aparcadoiros e gradas, motoaixadas, navallas de enxertar, tesoiras de poda de diversos tipos, equipos pneumáticos de poda, serrón, esparto, cintas de plástico, «mastic», cubreenxertos, rafia. Abonadoras. Mesturadoras de substratos. Sementeiras de cepellón. Mallas antipulgón e mallas de sombreado. Equipos e mesas de propagación: de enraizamento, de alcouve. Macetas e bandexas. Contedor. Aparellos e equipos de drenaxe. Equipos e medios para a multiplicación «in vitro»: vitrinas, máscara, termóstatos, autoclaves, medidores de pH. Agarizadores. Cabinas de fluxo laminar. Instalacións cubertas para o cultivo: invernadoiros, túneles de aclimatación e endurecemento, microinvernadoiros de propagación. Acolchados. Materiais de soporte estructural para invernadoiros. Equipos de rega: sistemas de bombeo e de distribución. Diferentes sistemas de rega: aspersión,

goteo, nebulización, inundación ou á manta. Equipos de fertirrigación (normais

e informatizados). Protectores e titores: rodrigas, redes, arames. Plásticos, tirantes, cremalleiras, policarbonatos, arames, aperturas cenitais. Equipos de colleita. Equipos de limpeza e clasificación de productos colleitados. Almacéns. Instalacións de secado e ventilación. Instalacións de frío, medidores de humidade e temperatura.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Sementes. Material vexetativo: esgallos, varas, gromos de enxerto, embrións, portaenxertos. Elementos para composición dos substratos: perlita, vermiculita, cortiza de piñeiro, humus, turba, area de río. Productos fitosanitarios e fitotóxicos. Productos hormonais. Fertilizantes sólidos, líquidos e de liberación lenta. Xeles.

Plantas de distintas especies destinadas a repoboación, producción de plantas de flor para flor cortada, producción de plantas ornamentais de interior e exterior, producción de plantas para reproducción en invernadoiros, producción de plantas hortícolas para a agricultura intensiva e extensiva. Colleitas apañadas e preparadas para a súa conservación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de reproducción e propagación dependendo das especies para cultivar e as súas características. Métodos de cultivo, de rega, estercado, control da temperatura. Procedementos de cultivo adecuados á especie para propagar. Métodos de tratamentos das especies obxecto de cultivo. Procedementos de coidado e mantemento dos cultivos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Métodos de cultivo das especies para reproducir. Tratamento das sementes: colleita, extracción, manipulación. Reproducción vexetativa. Solos, substratos e fertilizantes: tipos. Detección de enfermidades e pragas. Tratamentos adecuados. Prazos de seguridade. Malherboloxía aplicada ós cultivos. Analítica foliar, de solos e de augas de rega. Sistemas de rega. Fisioloxía das plantas que se vaian cultivar. Variedades. Sementes (tipos). pés e material vexetativo. Catálogos e relación de asociacións de productores, nacionais e internacionais.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Cultivadores e agricultores. Autónomos. Cooperativas de producción e Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Comunidades de bens. Empresas de cultivos intensivos e extensivos de flor cortada, de repoboación forestal, de florería. «Garden Centers». Viveiros forestais. Empresas públicas e privadas de xardinería. Empresas de horticultura e fructicultura.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-las operacións en cultivos herbáceos intensivos.

RealizacionesCriterios de realización

4.1.Instalar e utilizar eficazmente o sistema de rega elixido en función do cultivo que se vai implantar.* Tense en conta a calidade da auga para os cultivos que se teñen que regar.
* Determínase se o volume de auga é o suficiente para o número de regas necesarias a cada cultivo.

RealizacionesCriterios de realización

* Realízase un estudio básico de varios sistemas de rega para elixi-lo máis axeitado en función da situación e cultivos que se van implantar.
* O sistema de rega elixido facilita a auga necesaria a cada un dos diferentes cultivos.
* O equipo da toma da auga é o máis axeitado en función da superficie de cultivo que se vai regar.
* Prevense os controis necesarios para determina-la capacidade de campo.
* Compróbase que tódolos elementos do sistema de rega funcionan correctamente e, se é o caso, amáñanse ou substitúense os elementos gastados ou avariados.

4.2Realiza-la preparación do solo ou substrato e a fertilización de fondo utilizando a maquinaria axeitada.* Realízase a desinfección do solo ou substrato co producto adecuado e dando os labores axeitados para o tratamento seguindo o procedemento preestablecido.
* Tense en conta o estado do terreo (tempero) ó efectua-los labores de preparación do solo.
* Utilízase o apeiro adecuado para a preparación do solo no labor específico que se debe levar a cabo.
* Tense en conta o nivel de materia orgánica do solo e, no seu caso, realízase a aportación necesaria cara obte-lo nivel requirido.
* Emprégase a fertilización de fondo máis racional, ou ben o recomendado pola análise do solo (orgánico e mineral) levado a cabo previamente.
* Efectúase a fertilización de fondo na época máis axeitada ó cultivo e o estado do terreo, e coa maquinaria idónea.
* Prepárase o terreo nas condicións específicas ó cultivo que se vai implantar, levando a cabo os labores secundarios idóneos.

4.3Realiza-los labores de sementeira, plantación e transplante dos cultivos elixidos, aplicando as técnicas máis avanzadas.* Emprégase o marco de plantación máis aconsellable tecnicamente para o cultivo que se vai desenvolver.
* Emprégase a densidade de sementeira axeitada á especie que se vai cultivar.
* Compróbase que o terreo se atopa en condicións óptimas de tempero e a preparación do solo é axeitada ó cultivo elixido.
* Prepáranse e utilízanse a maquinaria, apeiros e útiles específicos para os labores de sementeira, plantación ou transplante.
* Compróbase que a densidade de sementeira e a porcentaxe de «marras» está dentro do límite admisible para o cultivo que se vai implantar.
* Elíxese a variedade máis axeitada á zona e ás características do terreo de cultivo.
* As sementes e plantas presentan un estado sanitario correcto, facendo a desinfección no caso en que sexa necesario e comprobando a porcentaxe de xerminación e vigorosidade das sementes.

4.4Coidar e protexe-los cultivos mediante labores culturais e o emprego de nutrientes específicos segundo a especie para cultivar.* Instálanse os titores correctamente segundo o cultivo que se vai desenvolver.

* Tense prevista unha protección do cultivo na primeira fase do seu desenvolvemento co material axeitado o seu estado vexetativo.

* Realízase a achega de nutrientes aconsellada pola análise foliar para cada especie de cultivo.
* Efectúanse os labores culturais superficiais específicos a cada tipo de cultivo.

RealizacionesCriterios de realización

* Efectúanse as podas en verde na época recomendada e seguindo as técnicas máis idóneas e específicas a cada cultivo.

4.5Colleitar, transportar e almacena-la colleita dos cultivos, segundo a época máis conveniente e a demanda do mercado.* Realízase a colleita segundo o índice de madurez e o desenvolvemento do cultivo e de acordo coas perspectivas de comercialización do producto.
* Selecciónanse e úsanse axeitadamente as ferramentas, maquinaria e envases utilizados na colleita e na almacenaxe do producto.
* Tense en conta o destino dos productos e evítanse golpes que afecten á súa calidade.
* Transpórtase o producto colleitado con medio adecuado e envase específico para cada un deles, de xeito que non se deteriore durante o seu traslado.
* Compróbase que os almacéns de conservación reúnen as condicións hixiénicas de acordo coa lexislación vixente e os requisitos imprescindibles sobre acceso, carga e descarga.
* Prevese a utilización de cámaras frigoríficas para a conservación dos productos que necesitan refrixeración cara á súa venda.

4.6Realiza-la instalación e mantemento de invernadoiros sinxelos, túneles e acolchados, utilizando os materiais axeitados e seguindo as instruccións do fabricante.* Elíxese o tipo de invernadoiro que se debe instalar e a súa localización tendo en conta os ventos de maior intensidade que se dan na zona e o cultivo que se vai implantar.
* Tense en conta a estructura, os elementos auxiliares e a natureza dos materiais empregados para:

-Evita-la formación de bolsas de auga na cuberta durante a época de chuvias.

-Conseguir un sistema de aireación adecuado.

-Unha luminosidade correcta.

-Un control de temperatura efectivo durante tódolos ciclos do proceso de cultivo.

* Interprétanse correctamente os planos de construcción do invernadoiro.
* Utilízanse a cuberta, estructura e materiais axeitados ó cultivo e ó sistema de protección.
* Substitúense os elementos avariados ou gastados do invernadoiro polos materiais adecuados.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Tractores e dispositivos de enganche, motocultores, binadoras, plantadoras e sementadoras, arrincadoras, amontoadoras e desamontoadoras, apeiros de labranza primaria (subsoladores, arados, gradas, ciceis, roturadores), desmalezadoras e picadoras de residuos, cultivadores, rolos, tesoiras, serróns, aixadas, esparto, cintas de plástico e rafia, titores. Equipos de bombeo, equipos de fertirrigación, tomas de auga, aforadores, pozos, canles, depósitos, estanques, tubos, ensamblaxe de tubos, aspersores, goteiros, filtros, válvulas e manómetros, equipos de nivelación, aparellos e equipos de drenaxe e instalación de aparellos de drenaxe. Instalacións de cubertas para o cultivo: invernadoiros, túneles, acolchados, materiais de soporte estructurado para invernadoiro. Plásticos, policarbonatos, arames e aperturas cenitais. Fertilizantes, equipos de distribución de fertilizantes minerais, repartidoras de esterco, equipos de limpeza e clasificación dos productos,

almacéns de productos en condicións de salubridade adecuadas (silos, celeiros e almacéns), instalacións de secado e ventilación, instalacións de frío, medidores de humidade e temperatura. Cámaras frigoríficas. Transportadores de gran e sementes, pas cargadoras para tractor, cintas elevadoras, sen-fin.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Cultivo en bo estado desde o punto de vista sanitario e en condicións para que poida acada-la producción potencialmente posible, conseguidos polo que se coñece como boas prácticas agrícolas. Colleitas recollidas e preparadas para a súa comercialización.

-Procesos, métodos e procedementos:

Métodos de rega, de preparación de solos, de fertilización, de implantación e transplante, de coidado e protección dos cultivos, de colleita, transporte, acondicionamento e almacenaxe dos productos. Operacións de campo máis axeitadas para mante-lo potencial productivo do cultivo, sen que se produzan danos no ambiente.

-Información utilizada e/ou xerada:

Botánica básica aplicada. Edafoloxía aplicada. Sistemas de rega. Normativa de hixiene e seguridade e técnico-sanitaria no traballo con agroquímicos, as súas limitacións de uso, prazos de seguridade e niveis tolerables de residuos.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Titulares de explotacións agrícolas. Xefes de explotación. Titulares de explotacións a título principal (ATP). Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Cooperativas de cultivo. Mercos. Casas comerciais de sementes, fertilizantes, fitosanitarios e maquinaria. Autónomos.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realiza-las operacións de cultivo en froiteiras e cítricos.

RealizacionesCriterios de realización

5.1.Efectua-la preparación do solo en función das esixencias técnicas do cultivo que se implante, froiteira ou cítrico.* Efectúase un desfonde co apeiro adecuado e coa profundidade máis conveniente.

* Analízase o solo para determina-las características físicas e químicas e coñece-las emendas que se deben achegar.

* Aplícanse as doses recomendadas de fertilizantes orgánicos e minerais utilizando o apeiro e/ou maquinaria de aplicación máis indicado a nivel técnico e económico.
* Tense en conta para o cultivo que se implanta se é necesaria unha desinfección do solo e, se é o caso, realízase esta co producto adecuado e sinalando os labores apropiados para o tratamento.
* O marco de plantación elixido é o máis axeitado tecnicamente, en canto a sistema de formación, características do solo e luminosidade.
* Efectúase o planeamento de acordo co marco elixido.
* Os foxos de plantación son os máis aconsellables desde o punto de vista tecnicoeconómico, utilizando na súa realización a maquinaria axeitada.

RealizacionesCriterios de realización

5.2Instalar e utiliza-lo sistema de rega elixida en función do cultivo que se vai implantar.* Tense en conta a calidade da auga para os cultivos que se van regar.

* Determínase se o volume de auga é o suficiente para o número de regas necesarias para cada cultivo.

* Realízase un estudio básico de varios sistemas de rega para elixi-lo máis idóneo en función da situación e cultivos que se van implantar.
* O sistema de rega elixida facilita a auga necesaria a cada un dos diferentes cultivos.
* O equipo da toma de auga é o máis indicado en función da superficie de cultivo para regar.
* Realízanse os controis establecidos para determina-la capacidade de campo.
* Compróbase que tódolos elementos do sistema de rega funcionan correctamente e, se é o caso, arránxanse ou substitúense os elementos gastados ou avariados.

5.3Implanta-los cultivos seleccionados tendo en conta a especie que se vai cultivar e as características do solo.* Tense en conta a época de plantación no referente ó terreo, especies, variedade, tipo de pé (raíz espida, cepellón ou «container») segundo o clima da bisbarra.
* Compróbase que os pés presentan bo estado sanitario e vexetativo, realizando a desinfección previa, se é o caso.
* Faise a poda de preplantación coas técnicas axeitadas a cada especie ou variedade.
* Empréganse as máquinas, apeiros e útiles máis indicados desde o punto de vista técnico-económico para unha boa plantación.
* Avalíase correctamente o número de marras.
* Prevese a aplicación do enxerto máis axeitado nas plantacións levadas a cabo con portaenxertos, así como a procedencia do material vexetal (certificado ou estándar).
* Efectúanse as podas en verde tendo en conta o sistema de formación elixido para cada variedade.
* Iníciase a poda de formación en función da especie, variedade e sistema previsto de producción.
* Lévase a cabo a poda de mellor fructificación nas explotacións feitas, de acordo coa variedade, portaenxertos e época de colleita.
* Tense en conta adapta-la poda de fructificación nas plantacións feitas segundo a variedade e demanda do mercado.
* Tense en conta nas plantacións feitas, troca-la variedade por enxertos ou arranxo en función das esixencias do mercado.

5.4Realiza-lo coidado e protección das plantacións utilizando a maquinaria e apeiros axeitados.* Realízanse os labores axeitados que faciliten a rega da plantación.

* Mantense o terreo limpo de malas herbas, ben por labores superficiais ou por emprego de herbicidas, utilizando herbicidas selectivos, equipos axeitados, doses adecuadas e productos pouco contaminantes.

* Sobre o terreo e a planta fixéronse os labores culturais superficiais aconsellados tecnicamente para a plantación.
* Utilízanse os soportes máis indicados para o sistema de formación elixido e a variedade cultivada.
* Realízase a achega de nutrientes complementaria á fertilización de plantación de acordo coa interpretación da análise de terras e do cultivo.
* Utilízanse axeitadamente os fitorreguladores para inducción floral, calibre do froito e a súa precocidade.

RealizacionesCriterios de realización

5.5Colleita-lo cultivo na época máis conveniente e utilizando a maquinaria axeitada.* Colléitase de acordo coas esixencias do mercado, en fresco ou para a industria conserveira.
* Realízase a colleita co índice de madurez axeitado segundo as perspectivas de comercialización do producto.
* Selecciónanse e úsanse axeitadamente as ferramentas, maquinaria e envases usados na colleita e no almacenamento do producto.
* Tense en conta o destino dos productos evitando os golpes que afecten á súa calidade.

5.6Transportar e acondiciona-los productos colleitados e almacenalos no sitio axeitado seguindo as normas de seguridade e hixiene establecidas.* Tense en conta o envase e o medio adecuado de transporte desde o lugar de producción ó almacén ou centro de conservación.

* Compróbase que os almacéns de conservación teñen as condicións hixiénicas adecuadas de acordo coa lexislación vixente.

* Téñense en conta os requisitos imprescindibles nos almacéns sobre acceso, carga e descarga.
* Prevese a utilización de cámaras frigoríficas para a conservación dos productos que requiren refrixeración cara á súa venda.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Tractores e dispositivos de enganche, motocultores, binadoras, plantadoras e sementadoras, arrincadoras, amontoadoras e desamontoadoras, apeiros de labranza primaria (subsoladores, arados, gradas, ciceis, roturadores), desmalezadoras e picadoras de residuos, cultivadores, rolos, navallas de enxertar, tesoiras, serróns, aixadas, esparto, cintas de plástico e rafia, titores. Fitorreguladores. Pés enxertados e sen enxertar. Material de enxerto: tesoiras, navallas, serrón, aixadas, esparto, rafia, cinta de plástico, mástique de enxertar, titores. Equipo de poda. Equipo de marqueo: cinta métrica, cadeas, cordas. Equipos de bombeo, tomas de auga, aforadores, pozos, canles, depósitos, estanques, tubos, ensamblaxe de tubos, aspersores, goteiros, filtros, válvulas e manómetros, equipos de nivelación, aparellos e equipos de drenaxe e instalación de aparellos de drenaxe. Fertilizantes, equipos de distribución de fertilizantes minerais, repartidoras de fertilizantes, equipos de limpeza e

clasificación dos productos, almacéns de productos en condicións de salubridade adecuadas (silos, celeiros e almacéns), instalacións de secado e ventilación, instalacións de frío, medidores de humidade e temperatura. Cámaras frigoríficas. Transportadores de gran e sementes, pas cargadoras para tractor, cintas elevadoras, sen-fin.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Cultivo en bo estado desde o punto de vista sanitario e en condicións para que poida acada-la producción potencialmente posible, conseguidos polo que se coñece como boas prácticas agrícolas. Colleitas recollidas e preparadas para a súa comercialización.

-Procesos, métodos e procedementos:

Métodos de preparación de solos, de rega, de implantación, de transplante, de coidado e protección dos cultivos, de poda, transporte, acondicionamento e almacenaxe dos productos. Operacións de campo máis

axeitadas para mante-lo potencial productivo do cultivo, sen que se produzan danos no ambiente.

-Información utilizada e/ou xerada:

Botánica básica aplicada. Edafoloxía aplicada. Sistemas de rega. Normativa de hixiene e seguridade e técnico-sanitaria no traballo con agroquímicos, as súas limitacións de uso, prazos de seguridade e niveis tolerables de residuos.

-Persoal e/ou organizacións destinataria:

Xefes de explotación. Titulares de explotacións agrícolas. Titulares de explotacións a título principal (ATP). Cooperativas de cultivo en común. Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Mercos. Casas comerciais de sementes, fertilizantes, fitosanitarios e maquinaria. Autónomos.

2.5.6. Unidade de competencia 6: realiza-las operacións de control fitosanitario, preservando o ambiente e a sanidade dos alimentos.

RealizacionesCriterios de realización

6.1.Controla-los ciclos biolóxicos das pragas e das especies útiles, situando os puntos de control nos cultivos das distintas parcelas.* Realízase o planeamento sobre o terreo conforme os planos das parcelas onde se indican os puntos de control establecidos.
* Colócanse as sinalizacións para situa-los puntos de control nas distintas parcelas de cultivos previamente establecidas.
* Practícanse os recontos ou contaxes de límites de pragas e fauna útil en cada punto de control.
* As contaxes e tomas de mostras realízanse no momento e co instrumental adecuado, seguindo o ciclo biolóxico de cada praga, parásito ou predador.
* Revísase e actualízase a información técnica necesaria para clasifica-la fauna útil autóctona e a procedente de biofábricas.

6.2Controlar e rexistra-la situación fitosanitaria dos distintos cultivos e/ou do gando organizando as medidas de detección e identificación de pragas, enfermidades ou danos que lles afectan.* Os itinerarios de vixilancia e a captura de adultos realízanse no momento adecuado.

* Realízase «in situ» a contaxe das pragas e avalíase o seu nivel de ataque reflectindo os datos nas fichas de campo correspondente.

* Cóbrense as fichas/deseño de campo para os diferentes cultivos segundo o programa establecido previamente.
* Tómanse as mostras segundo os procedementos establecidos e prepáranse e envíanse ó laboratorio ou estación fitopatolóxica correspondente.
* Os sistemas de control e detección de pragas e enfermidades aplícanse correctamente.

6.3Controlar e realizar, se é o caso, a loita integrada contra as pragas, utilizando os productos e doses adecuadas e a maquinaria idónea.* Revísase e actualízase a información técnica e económica relacionada coas técnicas de aplicación e cos productos fitosanitarios que se rexistra oficialmente, para mellora-los procedementos.
* A solta de fauna útil efectúase no momento oportuno e na cantidade adecuada para cada cultivo.
* Os tratamentos recomendados efectúanse cos productos indicados e a súa aplicación realízase tomando as medidas adecuadas para non dana-la fauna útil.
* Compróbase que a preparación do producto e a dose que se vai empregar se corresponde coa recomendación prescrita.

RealizacionesCriterios de realización

* Os equipos e maquinaria de aplicación selecciónanse, regúlanse e manéxanse de maneira que se consigan os resultados esperados do seu traballo.
* Prográmase un calendario de tratamentos en función do ano agrícola e dos cultivos que se van tratar.

6.4Aplica-las medidas de protección e seguridade que deben ser adoptadas nos tratamentos contra pragas e enfermidades.* Compróbase que os dispositivos de seguridade nas máquinas e equipos de tratamento funcionan e se utilizan correctamente durante o tratamento.
* Utilízanse correctamente os equipos persoais requiridos para cada tipo de tratamento e producto que hai que empregar.
* A manipulación de productos sanitarios lévase a cabo tomando as medidas de protección prescritas para cada tipo de productos.
* Cúmprese en todo momento a normativa de seguridade e hixiene no traballo utilizando a roupa de protección persoal que o tipo de producto e tratamento recomenda.
* En caso de accidentes aplícanse as técnicas sanitarias básicas e os primeiros auxilios, con rapidez.
* Respéctanse os prazos de seguridade establecidos, antes do seu aproveitamento, para cada tipo de producto fitosanitario segundo o indicado na regulamentación vixente.

6.5Controlar e realizar, se é o caso, a aplicación de praguicidas de uso ambiental e alimentario utilizando os productos e as doses preestablecidos.* Utilízanse as formulacións praguicidas en función das características das pragas que se teñen que combater, de maneira que se minimicen os efectos sobre o ambiente.
* Realízanse as desratizacións tanto de modo activo como pasivo tendo en conta as poboacións de roedores que hai que tratar.
* Realízanse os tratamentos recomendados contra as pragas de insectos e ácaros nos ambientes urbanos seguindo o procedemento establecido.
* Realízanse as desinfeccións de locais e espacios urbanos aplicando as técnicas preestablecidas.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Equipos de detección de pragas e enfermidades: lupas, trampas, engados. Equipos para a aplicación de productos fitosanitarios: pulverizadores hidráulicos, hidropneumáticos (atomizadores), pneumáticos (nebulizadores), centrífugos, termopneumáticos. Equipos de control de aplicación de productos fitosanitarios. Medios de accionamento e tracción: tractores e motocultores, motores térmicos e eléctricos. Material para control e calibración de equipos. Equipos de limpeza. Productos fitosanitarios e contedor para o seu almacenamento e transporte. Praguicidas de uso ambiental e alimentario. Equipos de protección persoal.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Control integrado das pragas dos cultivos ambientais e das instalacións alimentarias de maneira que se asegure a producción sen risco para o ambiente.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas para o control das pragas e enfermidades dos cultivos, incluídos os principios de loita inte

grada, productos fitosanitarios, equipos de aplicación e praguicidas de uso ambiental e alimentario. Métodos para calibrar, axustar e manexar equipos de aplicación de fitosanitarios e praguicidas de maneira apropiada ás características das pragas que se combaten, sen que se deriven riscos para as persoas, o ambiente ou as máquinas utilizadas. Métodos de mantemento das máquinas e equipos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Normativa de seguridade no traballo e técnico-sanitaria sobre fabricación, comercialización e utilización de praguicidas e productos fitosanitarios, as súas limitacións de emprego, prazos de seguridade e niveis tolerables de residuos. Fichas de campo. Mapas meteorolóxicos para épocas oportunas de tratamentos. Manual de productos fitosanitarios coa súa materia activa e toxicidade. Regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, comercialización e utilización de praguicidas (R.D. 3349/1983, do 30 de novembro). Sistema harmonizado comunitario de autorización para comercializar e utilizar productos fitosanitarios (R.D. 2163/1994, do 4 de novembro. Transposición da Directiva 91/414/CE). Orde da Presidencia do 8 de marzo de 1994 pola que se establece a normativa reguladora de cursos de homologación para realizar tratamentos con praguicidas.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Xefes de tratamentos, empresarios agrarios e encargados de explotación. Persoal auxiliar de aplicación. Provedores de equipos de productos fitosanitarios e material necesario nas aplicacións e no seu control.

Aplicadores de productos fitosanitarios e de praguicidas para uso ambiental e alimentario. Manipuladores.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

A rapidez na evolución previsible dos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos, está fortemente condicionada polas decisións que se tomen nos diferentes países en política agraria, derivadas do grao de posta en práctica do Acordo Xeral de Aranceis e Comercio (GATT) e da política agrícola comunitaria da Unión Europea (UE).

En calquera caso pódese considerar que:

* O incremento do coñecemento científico permitirá mellora-las técnicas de producción agrícola, de maneira que se asegure un nivel suficiente na producción de alimentos e materias primas para unha poboación en crecemento, cun mínimo impacto ambiental.

* Para algúns campos específicos, a enxeñería xenética aplicada ás plantas cultivadas pode proporcionar variedades resistentes a determinados tipos de pragas e enfermidades, así como outras pre

paradas para resisti-lo efecto de productos herbicidas sistémicos de acción total.

* Produciranse grandes modificacións nas técnicas de preparación de solos e implantación dos cultivos, de maneira que se minimicen as intervencións e se eviten os fenómenos erosivos, dando paso, en numerosas explotacións, a algún tipo de labra de conservación.

* Coas melloras nas técnicas de fertilización e rega, poderanse reduci-las necesidades de fertilizantes minerais, así como utiliza-la producción agrícola para dar saída ecocompatible a residuos orgánicos de orixe animal ou de depuración de augas residuais de núcleos de poboación, co conseguinte beneficio para o ambiente.

* A racionalización do emprego da maquinaria axudará a reduci-los custos de producción e mellorará a calidade de vida das persoas ocupadas na producción agraria. Pola importancia grande que teñen os custos de producción inducidos pola mecanización na empresa agraria, terase que recorrer, en certos equipos, a algunhas formas de utilización común ou ó concurso da empresa de servicios, que poderá ofrecer labores a baixo custo mediante a intensificación do emprego da maquinaria, desprazándose entre as distintas rexións climáticas.

* O aumento das esixencias ambientais levará a un forte control dos productos fitosanitarios e das técnicas de aplicación, o que esixirá en moitos casos a intervención de persoal e de empresas especializadas en determinados tipos de aplicacións. En calquera caso, terase que realizar un «control integrado» das pragas que minimice as intervencións con agroquímicos de forte impacto ambiental ou perigosos para as persoas, o gando e a fauna.

* En relación coa comercialización das colleitas, tenderase a unha coordinación en grupos, sobre a base, en moitos casos, da formación de interprofesionais que autolimiten os niveis de producción e asignen os prezos e calidades de intercambio.

* As limitacións de orde ambiental, específicas para determinadas zonas xeográficas, poden establecer controis productivos adicionais, o que leva a mante-las explotacións agrarias que utilicen técnicas tradicionais ou conservacionistas, financiadas sobre a base do turismo rural ou da protección do ambiente.

* O posible aumento da demanda de productos de calidade obrigará a establecer sistemas cada vez máis controlados que garantan esa calidade en tódalas fases da producción e comercialización. Tódalas actuacións encamiñadas a iso, como utilización de sementes e productos de garantía, a pertenza a denominacións de orixe que controlen a súa calidade e asociacións de productores, terán unha grande incidencia nos vindeiros anos.

* A crecente preocupación social pola protección do medio natural e a incorporación á Unión Europea (UE) propiciaron o desenvolvemento dunha gran nor

mativa a través de directivas de obrigado cumprimento que afectan ó sector agrario. A utilización de tecnoloxías limpas, o aforro enerxético e de auga, a utilización no emprego de productos contaminantes, a xestión dos residuos sólidos, o control de vertidos líquidos e gasosos son algúns dos principais aspectos que terá que asumir rapidamente o sector agrario.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

Co rexuvenecemento da poboación agraria producido por xubilación ou por cesamento da actividade de gran número de explotacións pequenas que se desenvolven con técnicas tradicionais, a actividade profesional aumentará o nivel de tecnificación, incorporándose diferentes tipos de profesionais que proporcionarán servicios de todo tipo, entre os que se poden incluír tanto os correspondentes á execución de técnicas de cultivo, aplicación de fitosanitarios, colleita e conservación das colleitas e comercialización, como os relativos a xestión e manexo integrado de explotacións asistidas con programas informáticos, contabilidade e servicios económicos e fiscais, sistemas de manexo da información.

Este tipo de actividade profesional especializada coexistirá coa de «xefe de explotación», que tomará unha función máis económica e de xestión, abandonando en parte outras funcións de acción directa na producción que encargará a estes profesionais.

A incorporación de novas tecnoloxías, os cambios organizativos producidos pola política agraria e as necesidades de producción de calidade requiren profesionais polivalentes e con capacidade de adaptación rápida ás novas situacións do sector.

A necesaria asunción dos sistemas de protección do medio natural vai implica-la aparición de novas actividades relacionadas coa conservación do medio rural.

A importancia que ten a rendibilización dos investimentos fai que teña que estar ó día nas áreas comerciais e de xestión para analizar con criterios económicos a conveniencia de calquera innovación.

2.6.3. Cambios na formación.

A diversidade de procesos que interveñen na producción agraria e a súa complexidade como consecuencia de estaren integrados en fenómenos naturais obrigará no futuro a un maior grao de especialización do profesional, sobre unha formación de base común.

Por iso é previsible que xunto ó «xefe de explotación», especialmente preparado para a xestión integrada da empresa pequena e mediana, na que pode chegar a actuar como autónomo, ó mesmo tempo que realiza un gran número de operacións productivas, se necesite potenciar profesionais en campos tan diferenciados como o manexo e a reparación de máquinas e equipos agrícolas, sistemas de rega, instalacións de almacenamento e conservación de

colleitas, comercialización de productos agrarios e noutros de contido sanitario e ambiental, como os de control de pragas e enfermidades dos cultivos, así como na mellora da calidade dos productos de maneira que sexan máis atractivos para a venda directa ó consumidor.

A formación global deste profesional terá que se completar cunha formación continua e especializada en campos moi diversos, debendo quedar desde a súa formación específica preparado para a busca e o manexo dunha información en continua e rápida evolución.

Na formación profesional inicial deberanse potenciar cada vez con máis intensidade os aspectos de:

* Informática e as súas aplicacións no sector a nivel de usuario.

* Operacións de obtención de productos de calidade.

* Importancia da protección e conservación do medio natural e procedementos para o seu control.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico desenvolverá a súa actividade laboral nas explotacións agrarias nas que a súa finalidade sexa a producción agrícola, en cultivos intensivos de sequeiro e regadío, así como no sector de servicios agrícolas.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

* Explotacións agrícolas dedicadas á producción de cultivos intensivos en sequeiro e regadío.

* Empresas de servicios de mecanización agraria.

* Cooperativas de producción agraria.

* Empresas de servicios de protección fitosanitaria.

* Comunidades de regantes e servicios de zonas regables.

* Cooperativas e centros de almacenamento, distribución e comercialización de productos agrarios.

* Centros de investigación aplicada á agricultura.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Este profesional exercerá a súa actividade á fronte dunha explotación agrícola de pequena ou mediana dimensión, en xeral de todo o que poida considerarse como unha explotación familiar economicamente viable.

Formará parte de equipos que desenvolven a súa actividade en explotacións de gran dimensión e cooperativas de producción, podendo desempeñar responsabilidades nas áreas de:

* Traballos de campo.

* Control da maquinaria.

* Control de pragas.

* Aplicación de fitosanitarios.

Pódese integrar en empresas de servicios de mecanización, actuando así mesmo como operador de grandes equipos ou como encargado de taller de mantemento e reparación das máquinas utilizadas en explotacións agrarias.

Os coñecementos tecnolóxicos abranguen os diferentes campos da producción agrícola intensiva e dos servicios con ela relacionados.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados por este técnico, tras adquiri-la competencia profesional definida no perfil do título:

* Xefe de explotación agraria.

* Encargado de explotación de sequeiro e de regadío.

* Maquinista de equipos agrícolas.

* Pragueiro.

* Aplicador profesional.

* Horticultor.

* Fructicultor.

* Productor de cogomelos.

* Viveirista.

* Floricultor.

* Xefe de taller rural.

* Capataz de rega.

* Xefe de almacén de productos agrícolas.

* Xerente de cooperativas de producción, sociedades agrarias de transformación ou outras asociacións de productores.

Posibles especializacións:

Este técnico, ó incorporarse ás ocupacións/postos de traballo indicados, require un período de adaptación/formación para consegui-la especialización requirida.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

-Utilizar e buscar vías de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector agrícola e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

-Valora-los principais materiais utilizados e os productos obtidos nunha explotación agrícola intensiva, analizando as súas propiedades e comportamento

mediante o emprego de instrumentos e métodos adecuados.

-Analizar e realiza-los procesos empregados na producción agrícola, comprendendo a súa interdependencia e secuencia, relacionándoos cos equipos, materiais, recursos humanos e productos implicados na súa execución e avaliando a súa importancia económica.

-Realiza-las probas e comprobacións de control da calidade dos productos, durante o proceso de producción e ó seu remate, paliando, se é o caso, os seus efectos coas medidas técnicas oportunas.

-Valorar estratexias e posibilidades de comercialización de productos agrícolas, estimando as accións que mellor se adaptan a situacións de mercado concretas.

-Sensibilizarse respecto ós efectos que as actividades agrícolas intensivas poden producir sobre a seguridade persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas preventivas e proteccións adecuadas.

-Utiliza-los sistemas informáticos como usuarios para a adquisición de datos, comunicación e control da producción e comercialización agrícolas.

-Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade agrícola, identificando os dereitos e as obrigas que se deriven das relacións laborais, seguindo os procedementos establecidos e actuando con eficacia nas anomalías que se poidan presentar.

-Controlar e identificar inimigos das plantas de cultivos intensivos, valorando métodos, medidas que se deben tomar e productos, minimizando a súa incidencia sobre o medio natural.

-Valora-los danos ocasionados ós cultivos por pragas e enfermidades, analizando a rendibilidade do tratamento e aplicando, se é o caso, o producto máis indicado sen destruír especies beneficiosas e sen contamina-lo medio natural.

-Analiza-las consecuencias derivadas da falta de seguridade e hixiene nas máquinas, equipos e instalacións da explotación agrícola ou da actuación das persoas durante a manipulación dos equipos e aplica-las normas e medidas necesarias para minimiza-los riscos sobre persoas, máquinas e ambiente.

-Valora-los requirimentos de instalacións e equipos de taller para o mantemento de uso e reparación básica de máquinas, equipos e instalacións agrícolas, preparándoos e utilizándoos correctamente.

-Analizar e executa-las operacións mecanizadas da explotación agrícola, preparando e operando correctamente coas máquinas, equipos e instalacións correspondentes e controlando os seus procesos operativos.

-Desenvolve-la iniciativa, o sentido da responsabilidade, a identidade e madurez profesional que

permitan mellora-la calidade do traballo e motivar cara ó perfeccionamento profesional.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión dunha explotación agraria familiar:

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los recursos técnicos, comerciais, económicos e financeiros dispoñibles nunha explotación agraria para poder establece-la súa viabilidade.

* Determina-la orientación productiva da explotación en función da análise dos recursos dispoñibles.

* Elabora-los estudios económicos precisos para a determinación da viabilidade actual e potencial da explotación.

* Analiza-los procedementos para a posta en marcha e organización dunha empresa agraria familiar.

* Determina-lo programa de xestión integral máis axeitado ás características e actividades da explotación.

* Analiza-la necesidade de medios persoais e materiais na explotación e cuantifica-la realización de investimentos para levar a cabo.

* Establece-lo plan de xestión técnica en función dos medios dispoñibles e os obxectivos previstos.

* Selecciona-la combinación de recursos existentes na explotación co obxectivo de obte-la máxima rendibilidade.

* Elaborar un plan de promoción e comercialización dos productos da explotación.

* Analiza-las diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha explotación agraria familiar, sinalando as máis axeitadas de acordo coa actividade económica e os recursos dispoñibles.

* Elaborar un plan xeral de actividades dunha explotación agraria en función dos recursos dispoñibles.

* Analiza-los documentos necesarios para a posta en marcha e desenvolvemento das actividades dunha explotación agraria e elabora-la documentación segundo a lexislación vixente.

* Analiza-las formas máis usuais no sector agrario, de promoción, adquisición e comercialización de productos ou servicios.

* Analiza-los procedementos de control, manipulación e almacenamento de productos e elaboración de inventarios.

* Leva-la contabilidade dunha explotación, orientada á mellora dos seus resultados económicos.

* Analiza-las normas de seguridade e hixiene que se aplican durante o traballo relacionándoas coas medidas preventivas que hai que adoptar para a protección do medio natural.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

-Organización e planificación:

* Determinación da viabilidade actual e potencial dunha explotación con base na súa orientación productiva.

* Elaboración de estudios técnico-económicos de explotacións familiares agrarias con determinación previa da súa orientación productiva.

* Establecemento de características, medios necesarios e previsibles resultados económicos dunha explotación tipo.

* Interrelación dos tipos de xestión levados a cabo nunha empresa agraria (técnica, comercial, financeira, económica, contable, organizativa e administrativa).

-Xestión e comercialización:

* Análise das liñas de financiamento.

* Elaboración e tramitación de documentos requiridos para a implantación e posta en marcha dunha explotación.

* Formalización de de impresos de ofertas de emprego, altas e baixas laborais, liquidación á Seguridade Social, contratos e partes de accidentes.

* Comercialización de productos ou servicios. Negociación de prezos do mercado, prazos e condicións de entrega, calidade, descontos, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Control, manipulación e almacenamento de productos. Carga, descarga e transporte.

* Utilización de aplicacións informáticas para anotacións contables, determinación de datos económicos, obtención de índices e elaboración de informes de diagnóstico e xestión.

-Seguridade no traballo e protección ambiental:

* Aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

* Aplicación de técnicas básicas de recollida, eliminación e depuración de residuos.

Contidos conceptuais

-Organización e planificación:

* Empresa. Elementos. Áreas funcionais. Clasificación.

* Empresa agraria. Actividade agraria (agrícola, gandeira, forestal e mixta). Réximes de tenza.

* Normativa legal sobre explotacións agrarias. Sociedades e asociacións no ámbito do sector agrario. Formas xurídicas da empresa agraria.

-Xestión e comercialización:

* Financiamento. Tipos.

* Xestión. Características. Fins. Fases.

* Contabilidade. Proceso contable.

* Obrigas fiscais.

* Contratación laboral.

* Comercialización. Normalización e tipificación.

* Almacenamento. Manipulación. Transporte.

* Informática básica (proceso de textos, folla de cálculo, base de datos).

-Seguridade no traballo e protección medioambiental:

* Saúde. Condicións de traballo. Riscos laborais. Prevención. Marco legal da prevención.

* Medidas xerais de prevención e protección. Condicións xerais dos locais. Equipos de protección individual. Protección fronte a equipos manuais e máquinas. Sinalización de seguridade.

* Ambiente: conservación e avaliación de impactos.

* Caracterización de residuos. Xestión de residuos. O delicto ecolóxico.

Contidos actitudinais

Organización e planificación:

* Valoración da planificación da empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de analiza-las diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de valora-los distintos sistemas de explotación.

* Recoñecemento da necesidade de relaciona-los distintos tipos de aproveitamentos coa localización xeográfica e co seu contorno socioeconómico.

-Xestión e comercialización:

* Valoración da xestión da empresa agraria.

* Valoración das normas ou disposicións legais e da adquisición de hábitos na súa aplicación.

* Fomento dunha actitude pescudadora sobre os resultados económicos obtidos nunha empresa agraria en función das súas características, orientación productiva e medios empregados.

* Hábito de realizar cálculos nas operacións de interese agrícola.

* Hábito de seguimento das actividades productivas.

* Pulcritude e rigor no manexo de aparellos informáticos.

-Seguridade no traballo e protección ambiental:

* Recoñecemento da necesidade de protección do ambiente e valoración da normativa legal.

* Sensibilización cara á conservación e mellora do ambiente.

* Realización de accións persoais e colectivas para sensibiliza-lo respecto ó medio natural.

* Rigor na aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

3.2.2. Módulo profesional 2: instalacións agrarias.

Asociado á unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

-Capacidades terminais elementais:

* Identifica-los materiais de uso frecuente en construccións e instalacións agrarias, analizando as súas características técnicas e os criterios de calidade.

* Analiza-las infraestructuras e as instalacións dunha explotación agraria, relacionando os diferentes locais coas actividades neles desenvolvidas, co obxecto de elixi-las máis adecuadas para un caso determinado.

* Realizar instalacións sinxelas nunha explotación determinada, elixindo os materiais necesarios e utilizando con destreza e seguridade as ferramentas e os equipos axeitados.

* Analiza-las necesidades de acondicionamento, limpeza, desinfección e desparasitación en locais e instalacións agrarias, para elaborar un programa de actuación.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións básicas de acondicionamento de locais, reparando pequenos desperfectos, repondo elementos deteriorados e aplicando productos de protección axeitados segundo os casos.

* Executa-las tarefas de limpeza, desinfección e desparasitación en instalacións e locais agrarios, seleccionando os equipos e productos idóneos, calculando as doses requiridas e actuando con seguridade e pulcritude.

* Analiza-las características dunha instalación eléctrica, localizando os diferentes circuítos e identificando os elementos de protección e control, coa finalidade de realizar de forma segura as operacións de uso e de mantemento primario.

* Analiza-las características dunha instalación de control ambiental, identificando os seus compoñentes e realizando con seguridade as operacións de regulación, mantemento primario e manexo.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións de mantemento primario de instalacións de auga, identificando e controlando os seus elementos e reparando as posibles avarías.

* Organizar e executar de forma segura as actividades necesarias para o tratamento de residuos e subproductos xerados na explotación agraria, para o seu correcto aproveitamento ou eliminación, se é o caso.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

-Locais e infraestructuras agrarias:

* Mantemento de locais.

* Realización de limpeza, desinfección e desparasitado en locais e instalacións agrarias.

* Montaxe e mantemento de instalacións para conducción e protección de cultivos.

* Tratamento de residuos e subproductos.

-Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Realización de instalacións de conducción de auga.

* Mantemento e manexo de instalacións de auga.

* Reposición de elementos eléctricos sinxelos.

* Manobras en cadros eléctricos e en elementos de control e protección.

* Control e regulación de instalacións de climatización.

-Seguridade nas instalacións:

* Revisión das instalacións agrícolas: identificación de deficiencias na seguridade e realización das medidas correctoras oportunas.

* Simulación de accidentes laborais e de incendios. Posta en práctica de medidas de emerxencia e de primeiros auxilios.

Contidos conceptuais

-Locais e infraestructuras agrarias:

* Materiais básicos de construcción.

* Tipos e compoñentes das instalacións de producción agraria.

* Instalacións de almacenaxe e conservación.

* Equipos e material para a limpeza, desinfección e desparasitado.

* Instalacións para o aproveitamento de subproductos e eliminación de residuos.

* Outras instalacións e ferramentas.

-Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Instalacións de auga. Captación. Grupos de bombeo. Conduccións. Medición de caudais. Equipos de tratamento.

* Instalacións eléctricas na explotación agraria: liñas de baixa tensión, de iluminación e de forza. Elementos de protección e medida. Tarifas eléctricas.

* Xeración autónoma de electricidade e enerxía.

* Instalacións de ventilación, climatización e acondicionamento ambiental: instalacións de gas, calefactores, humectadores e ventiladores, acondicionamento forzado.

-Seguridade nas instalacións:

* Mecanismos perigosos e zonas de precaución das instalacións.

* Elementos de protección das instalacións e das persoas. Vestiario de protección.

* Manipulación e almacenaxe de productos tóxicos e perigosos: lubricantes e combustibles e productos inflamables.

* Normativa legal sobre aloxamentos e instalacións agrarias.

* Primeiros auxilios e situacións de emerxencia.

Contidos actitudinais

-Locais e infraestructuras agrarias:

* Preocupación por mante-la orde e a limpeza nos locais.

* Hábito de observar e comunica-los danos que se aprecian nos locais de traballo habitual.

* Hábito de repara-las pequenos deterioracións que sofren os locais.

* Valoración das desinfeccións en locais que o requiren.

* Valoración das tarefas de tratamento de residuos e aproveitamento de subproductos na explotación agraria.

-Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Rigor na limpeza de filtros.

* Hábito de calibrar periodicamente os parámetros de control ambiental.

* Aceptación de que a reposición de elementos debe realizarse con material de idénticas características.

-Seguridade nas instalacións:

* Conciencia da perigosidade das instalacións de electricidade, calefacción e gas.

* Preocupación por adopta-las medidas de seguridade persoal e colectiva no contorno de traballo.

* Aceptación da necesidade de respecta-la normativa vixente sobre locais e instalacións de uso agrícola.

* Preocupación por realiza-las revisións dos elementos de protección.

3.2.3. Módulo profesional 3: mecanización agraria

Asociado á unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las necesidades de maquinaria e a súa idoneidade en función dos obxectivos de producción da explotación agraria e dos labores para realizar.

* Manexar maquinaria agroforestal, cun rendemento razoable, nas debidas condicións de seguridade e hixiene.

* Realiza-las regulacións e axustes dos equipos en función das condicións de traballo e obxectivos perseguidos.

* Analiza-lo funcionamento e as necesidades de mantemento das máquinas e equipos da explotación agraria, seguindo as instruccións técnicas requiridas.

* Elaborar un programa de mantemento e de rexistro das operacións, tendo en conta as indicacións do fabricante, a carga e tipo de traballo da máquina, as incidencias, desgates e avarías producidas.

* Executar operacións de mantemento de uso, reparacións básicas e adaptacións sinxelas en maquinaria agrícola e forestal, utilizando materiais e equipos de taller coa destreza requirida e de forma hixiénica e segura.

* Operar correctamente cos equipos de mecanizado manual e soldadura, conseguindo os niveis de calidade necesarios e traballando coa seguridade e hixiene adecuadas.

* Efectua-las diferentes medidas en elementos mecánicos coa precisión requirida, elixindo e manexando os instrumentos de medida axeitados, para realizar operacións de reposición, se procede.

* Aplica-las medidas de seguridade e hixiene no uso de maquinaria agroforestal, adaptándoas ás situacións de traballo.

* Identifica-los factores de incidencia sobre o ambiente derivados do uso da maquinaria agroforestal.

-Contidos (duración 215 horas).

Contidos procedementais

-Estructura, funcionamento e manexo do tractor:

* Análise da estructura dun tractor tipo e determinación das funcións que desempeñan nel os seus principais compoñentes.

* Clasificación dos tractores en función do tren de rodaxe, tipo de bastidor, emprego para o que foron deseñados, tipo de transmisión e tracción...

* Manexo correcto de tractores agrícolas, seguindo un proceso lóxico de aprendizaxe.

* Realización do mantemento periódico.

* Interpretación das notacións que expresan as dimensións, prestacións e resistencia das cubertas dos pneumáticos utilizados.

* Identificación dos principais elementos que integran o equipo eléctrico dun tractor.

-O taller mecánico:

* Análise da estructura, superficie, máquinas e ferramentas necesarias dun taller básico para unha explotación agrícola ou forestal.

* Manexo e mantemento correctos das ferramentas e máquinas de taller.

* Realización das operacións de mecanizado manual, utilizando os instrumentos axeitados.

* Execución de reparacións ou operacións de montaxe, desmontaxe ou axuste dos compoñentes das máquinas.

* Realización correcta da soldadura eléctrica, utilizando a técnica axeitada en cada caso.

* Aplicación da normativa de seguridade, tanto no referente ás dependencias do taller e instalación de máquinas coma no manexo de ferramentas, útiles e máquinas de taller.

-Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Análise das repercusións que no traballador e no seu contorno familiar, na empresa e para a sociedade teñen os accidentes de traballo.

* Análise das medidas e procedementos que se poden utilizar para a prevención da accidentabilidade laboral no sector agrario, especialmente no manexo de maquinaria.

* Aplicación da normativa legal sobre prevención de riscos laborais, protección persoal e dos equipos.

* Identificación dos factores de risco máis comúns no uso de maquinaria agraria.

* Descrición das proteccións e dispositivos de seguridade utilizados en maquinaria

* Aplicación das técnicas de primeiros auxilios na simulación de accidentes.

* Análise de métodos e precaucións para que no manexo e manipulación da maquinaria agraria se minimicen os efectos negativos sobre o ambiente.

-Utilización e mantemento de motores e maquinaria:

* Análise dos distintos tipos de motores de combustión interna que se empregan na maquinaria agraria.

* Análise dos ciclos de funcionamento do motor diésel e de explosión, de catro e dous tempos.

* Identificación e funcionamento dos elementos fundamentais do motor diésel.

* Análise da constitución e funcionamento do sistema de distribución dos motores de catro tempos.

* Identificación de elementos do sistema de lubricación do motor e comprensión do seu funcionamento.

* Realización das operacións de mantemento básico de tractores e motores agrícolas.

* Detección de avarías.

* Identificación e utilización dos sistemas de arrinque en motores.

* Identificación e análise do funcionamento dos principais elementos do sistema de alimentación en motores de catro tempos.

* Identificación e análise do funcionamento dos sistemas de carburación e acendido no motor de explosión de dous tempos.

* Identificación de máquinas e apeiros de uso agroforestal.

* Manexo, mantemento e regulacións dos apeiros e máquinas agrícolas accionadas ou arrastradas polo tractor.

* Manexo, mantemento e regulacións de máquinas autopropulsadas e manuais.

* Reparación de avarías básicas.

* Elaboración dunha ficha ou parte para leva-lo control de mantemento.

* Elaboración dunha lista de repostos básicos de distintos tipos de máquinas dos que se debe dispor no centro de traballo.

-Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Enumeración das máquinas coas que se pode realizar cada una das fases de traballo sobre un suposto práctico de mecanización de actividades agrícolas.

* Elección do equipo axeitado atendendo a factores económicos e operativos e mais en función das necesidades reais de producción da explotación.

Contidos conceptuais

-Estructura e funcionamento do tractor:

* Clasificación dos tractores.

* Estructura fundamental dun tractor tipo.

* Transmisión ou tren de forza: embragues, caixa de cambios e diferencial.

* Sistemas de tracción.

* Lubricación da transmisión.

* Sistemas de dirección.

* Rodaxe dos tractores de rodas. Estructura dunha roda. Tipos de cubertas. Nomenclatura de dimensións e resistencia. Cadeas antiesvarantes. Lastrado e variación da vía. Mantemento de pneumáticos.

* Rodaxe dos tractores de cadeas. Estructura dos trens laterais. Tipos de cadeas segundo traballo. Axustes e mantemento.

* Sistemas de freos. Mantemento.

* Sistema hidráulico. Ideas xerais sobre hidrostática. Principio de Pascal. Mantemento do sistema. Aceites hidráulicos.

* Tomas de forza e cabrestante.

* Elementos de seguridade.

-O taller mecánico:

* O taller mecánico na explotación agrícola e forestal. Necesidades mínimas.

* Ferramentas, útiles, equipos, máquinas e instrumentos de medida.

* Soldadura eléctrica: funcionamento, regulación e utilización. Técnicas aplicadas ás operacións de soldadura. Elementos de protección.

* Sistemas de roscas.

* Normas de seguridade no taller. Equipo de protección persoal.

-Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Accidentes. Ponderación. Índices de frecuencia e de gravidade.

* Lei de prevención de riscos laborais e normativa específica sobre proteccións nas máquinas.

* Proteccións e dispositivos de seguridade en maquinaria.

* O equipo de protección persoal. Normalización da roupa ou material de seguridade.

* Normas de seguridade para traballos específicos realizados con maquinaria agroforestal.

* Técnicas de primeiros auxilios.

-Utilización e mantemento de motores e máquinas:

* Principios físicos básicos: forza, traballo, par motor e reserva de par. Tipos de potencias utilizadas en motores e velocidade.

* Elementos constructivos fundamentais do motor.

* Clasificación e funcionamento dos motores de combustión interna.

* Aspectos teóricos e principios físicos aplicados (calibre ou diámetro, PMI, PMS, carreira, cilindrada, relación de compresión...)

* Aparellos e unidades de medida dos seguintes parámetros: presión, temperatura, intensidade eléctrica...

* Distribución do motor: tipos e variacións entre eles.

* Lubricación do motor.

* Sistemas de refrixeración.

* Sistema de alimentación.

* Sistema de admisión.

* Conceptos básicos de electricidade: corrente continua e alterna, tensión ou voltaxe, intensidade e resistencia, Lei de Ohm, sobrecarga, curtocircuíto e inducción.

* Sistema eléctrico. Elementos.

* Sistemas hidráulicos.

* Normas de seguridade para cumprir na manipulación de motores de combustión interna.

* Símbolos pictográficos empregados en maquinaria.

* Mantemento periódico.

* Maquinaria agroforestal: sementadoras e plantadoras, fertilizadoras, de tratamentos, de labor, rozadoras, segadoras e colleitadoras, de aproveitamento forestal, motoserras, de xardinería.

-Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Fases de traballo mecanizables da actividade. Métodos de realización e máquinas que se poden empregar en cada unha delas.

* Características das máquinas. Interpretación.

* Rendementos e capacidades de utilización das distintas máquinas e equipos.

* Máquinas de uso específico e polivalentes. Vantaxes e inconvenientes de cada tipo.

Contidos actitudinais

-Estructura e funcionamento do tractor:

* Responsabilidade no manexo do tractor.

* Preocupación por realiza-lo mantemento periódico.

* Interese por repara-las pequenas avarías.

-O taller mecánico:

* Pulcritude e rigor no manexo de maquinaria e útiles de taller.

* Orde na colocación de ferramentas trala súa utilización.

* Hábito de limpeza do taller e material empregado.

* Interese pola correcta realización das actividades.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

-Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Hábito de aplica-las medidas obrigatorias e voluntarias de protección no manexo de maquinaria.

* Valoración das normas ou disposicións legais de seguridade no traballo con maquinaria.

* Concienciación das consecuencias que pode te-lo mal uso da maquinaria e aceptación das medidas de preparación que hai que adoptar.

-Utilización e mantemento de motores e maquinaria:

* Responsabilidade no manexo de máquinas.

* Pulcritude e rigor no manexo de maquinaria.

* Preocupación por realiza-lo mantemento periódico das máquinas.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

-Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Valoración da importancia da mecanización nunha explotación agraria.

* Valoración da axeitada elección do equipo segundo factores de rendibilidade.

3.2.4. Módulo profesional 4: producción de plantas.

Asociado á unidade de competencia 3: realiza-las tarefas/operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las especies vexetais obxecto de propagación, atendendo a criterios morfolóxicos.

* Analiza-lo estado sanitario do material que se pretende reproducir para evitar contaxios de pragas ou enfermidades.

* Selecciona-las fontes de aprovisionamento do material vexetal, coa finalidade de consegui-la cantidade e calidade desexada.

* Determina-la cantidade de semente necesaria para a sementeira ou de material vexetal para a multiplicación vexetativa.

* Planificar e efectua-las operacións de recollida e preparación do material vexetal para a súa posterior conservación ou propagación.

* Conserva-lo material vexetal en condicións axeitadas para asegura-lo éxito na súa propagación.

* Preparar mesturas coas cantidades e calidades axeitadas de substratos, emendas, fertilizantes e desinfectantes, para empregar como medio de cultivo.

* Manexa-los equipos, materiais e máquinas axeitadas para realiza-las distintas operacións de preparación do solo ou medio de cultivo.

* Selecciona-lo tipo de multiplicación que se debe aplicar nas especies de maior interese da comarca, en función das características da especie e instalacións dispoñibles.

* Realiza-las operacións necesarias para propaga-las plantas, utilizando os diferentes métodos (reproducción por semente, por esgallos, bacelos, enxertos e multiplicación «in vitro»).

* Analiza-las necesidades de efectuar repicados e, se é o caso, aplica-las técnicas axeitadas para a súa realización.

* Utiliza-los equipos, máquinas e instalacións necesarias para as distintas operacións de reproducción e multiplicación.

* Realizar de forma secuencial as operacións de mantemento e protección dos cultivos, seleccionando os medios e as técnicas axeitadas a cada caso.

* Calcula-las doses ou cantidades precisas de producto necesarias para fertilizar, regar e aplicar productos fitosanitarios.

* Aplicar, tomando as correspondentes medidas de seguridade, os productos fitosanitarios axeitados para combater malas herbas, pragas e enfermidades.

* Seleccionar e manexa-los equipos, materiais, ferramentas e máquinas empregados nas operacións de mantemento e protección dos vexetais.

* Manexa-lo sistema de rega/fertirrega para proporcionarlle as cantidades axeitadas de auga e fertilizantes en función da especie e estado do cultivo, considerando as condicións climáticas e ambientais.

* Realiza-las operacións de preparación da planta para a súa venda, determinando o momento oportuno e aplicando as técnicas axeitadas.

* Aplica-las normas de calidade establecidas para a clasificación dos productos.

* Analiza-las condicións ambientais e os sistemas de almacenamento para a conservación dos productos.

* Realiza-las operacións de manipulación e envasado para a almacenaxe ou transporte dos diferentes productos.

* Aplica-la normativa de seguridade e hixiene na realización das distintas operacións de producción de planta.

* Analizar e selencciona-las instalacións de protección e forzado en función das necesidades do cultivo e das súas características e custo.

* Manexa-los dispositivos de control e automatización das instalacións para conseguir un rendemento óptimo.

-Contidos (duración 215 horas).

Contidos procedementais

-Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Identificación das especies obxecto da propagación.

* Preparación e selección da planta nai.

* Selección das épocas máis axeitadas para cada caso.

* Utilización do método de recolleita máis axeitado para cada caso.

* Cálculo da cantidade de material necesario.

* Extracción e limpeza de sementes, utilizando as ferramentas e utensilios axeitados.

* Aplicación dos tratamentos contra fungos e insectos.

* Realización de técnicas para rompe-lo letargo das sementes.

* Conservación do material en condicións axeitadas.

-Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Realización dos labores preparatorios do solo.

* Identificación dos productos utilizados como substratos. Preparación de mesturas.

* Selección dos productos para a desinfección, emendas e fertilizantes, en función das características do solo ou substrato e as necesidades das plantas.

* Cálculo das doses de productos que se necesiten.

* Realización de operacións utilizando as ferramentas, equipos e máquinas axeitadas.

-Reproducción e propagación:

* Selección do tipo de multiplicación máis axeitada.

* Preparación de sementes e realización de alcouves.

* Realización das operacións necesarias mediante esgallos, porbaixas, enxertos e multiplicación «in vitro».

* Utilización correcta de productos, ferramentas, equipos, máquinas e instalacións.

-Mantemento e protección:

* Realización dos programas de rega.

* Aplicación de fertilizantes.

* Realización de podas.

* Realización de repicados e transplantes.

* Identificación e control de malas herbas, pragas e enfermidades.

* Selección e utilización de equipos, materiais, ferramentas e máquinas máis axeitadas para cada operación que se vai realizar.

-Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Determinación das datas e circunstancias máis axeitadas para a colleita dos productos.

* Selección dos productos baseándose nas normas de calidade establecidas.

* Almacenaxe dos diferentes productos para a súa conservación en condicións óptimas.

* Realización de operacións de manipulación e envasado.

* Utilización de máquinas, equipos e ferramentas dispoñibles para a colleita, selección e almacenamento.

* Aplicación da normativa de seguridade e hixiene que rexen para as distintas operacións.

-Instalacións de protección e forzado:

* Determinación dos materiais constructivos máis recomendables para cada caso.

* Interpretación de planos de instalacións.

* Montaxe de instalacións.

* Realización de mantementos periódicos.

Contidos conceptuais

-Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Criterios de preparación e selección das plantas nai.

* Sanidade vexetal.

* Fontes de aprovisionamento de material para reproducir.

* Condicións de manipulación e conservación do material.

* Tecnoloxía de separación e limpeza de sementes.

* Letargo de sementes.

* Condicións ambientais para a conservación.

-Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Labores preparatorios.

* Substratos, emendas e fertilizantes.

* Desinfectantes de solos e substratos.

-Reproducción e propagación:

* Reproducción por semente.

* Porbaixas.

* Esgallos.

* Enxertos.

* Cultivo «in vitro».

-Mantemento e protección:

* Regas.

* Fertilizantes.

* Malas herbas, pragas e enfermidades.

* Tratamentos fitosanitarios.

* Podas.

* Repicados e transplantes.

* Organización dos labores.

-Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Datas máis axeitadas.

* Normas de calidade para a selección de productos.

* Almacenamento de productos.

* Condicións ambientais.

* Operacións de manipulación e envasado.

* Normativa de seguridade e hixiene que rexe.

-Instalacións de protección e forzado:

* Tipos.

* Materiais empregados.

Contidos actitudinais

-Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Concienciación da importancia de utilizar un material vexetal san.

* Hábito de utilizar útiles de corte ben afiados.

* Preocupación por limpa-las ferramentas, apeiros, equipos e máquinas en xeral.

* Hábito de calcula-la cantidade de semente e/ou de material vexetal necesario para obte-lo número de individuos desexados.

* Esforzo por mante-las condicións ambientais axeitadas para a conservación do material.

-Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Conciencia da importancia de utilizar correctamente os desinfectantes do solo e substratos.

* Valoración das emendas para conseguir un solo ou substrato óptimo para os cultivos.

* Hábito de programa-las secuencias para realiza-las distintas operacións que se pretendan realizar.

-Reproducción e propagación:

* Preocupación por efectuar unha preselección do material vexetal co fin de obter uns resultados uniformes.

* Esforzo por realiza-las sementeiras ou plantacións cunha distribución uniforme.

-Mantemento e protección:

* Constancia en efectua-las operacións de mantemento no momento idóneo.

* Sensibilidade na prevención de ataques de malas herbas, pragas e enfermidades.

-Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Valoración da importancia de elixir correctamente a data de colleita dalgúns productos.

* Conciencia da importancia que ten o ser rigorosos coas normas de calidade.

* Compromiso co cumprimento da normativa de seguridade e hixiene nas distintas operacións que se vai realizar.

-Instalacións de protección e forzado:

* Conciencia da necesidade de segui-la orde preestablecida nas instruccións de montaxe.

* Valoración da importancia do aforro enerxético nas instalacións de protección e forzado e de reciclar ou reutiliza-los materiais empregados.

3.2.5. Módulo profesional 5: cultivos hortícolas

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-las operacións en cultivos herbáceos intensivos.

Capacidades terminais elementais

* Planifica-la alternativa e rotación dos cultivos hortícolas e de flor cortada, en función da demanda comercial, recursos dispoñibles na explotación e os condicionantes edafoclimáticos.

* Analiza-las necesidades de auga de distintos cultivos hortícolas e de flor cortada para unha correcta optimización dela como ben escaso.

* Analiza-los distintos sistemas de rega aplicables ós distintos cultivos para selecciona-los máis axeitados en función da planificación da explotación.

* Planifica-las operaicións de rega e fertirrega en función das necesidades dos cultivos e manexa-los equipos de aplicación, para dosificar axeitadamente.

* Realiza-las operacións de preparación, desinfección e fertilización de fondo en solos e substratos, en función das necesidades dos cultivos e características de solos e substratos.

* Planifica-los labores necesarios para a sementeira, plantación e trasplante do material vexetal elixido.

* Manexar con destreza e seguridade as máquinas e equipos necesarios para realiza-los distintos labores dos cultivos hortícolas e de flor cortada.

* Analiza-los distintos sistemas e técnicas de protección e mantemento dos cultivos para selecciona-las instalacións e meteriais máis axeitadas para unha explotación determinada.

* Analiza-las técnicas de producción de cultivos hortícolas e de flor cortada en invernadoiros, alcouves e acolchados.

* Analiza-los procesos e realiza-las operacións de colleita dos productos obtidos das explotacións de horta e flor cortada, planificando as necesidades de recursos humanos e materiais.

* Realiza-las operacións de manipulación, clasificación e envasado, atendendo as normas de calidade establecidas e seleccionando os equipos e procesos axeitados a cada caso.

* Aplica-la normativa de seguridade e hixiene que rexe para as distintas operacións de producción e manipulación dos productos obtidos na explotación.

-Contidos (duración 240 horas).

Contidos procedementais

-Deseño de plantacións e/ou sementeiras:

* Análise dos mercados preto da zona de localización da explotación.

* Análise das necesidades de man de obra nos cultivos para implantar.

* Análise das limitacións do terreo (pendentes, orientación, uniformidade do solo).

* Análise da necesidade de protección ou forzado dalgúns cultivos hortícolas e de flor cortada.

* Diferenciación entre invernadoiros, alcouves e acolchado.

* Formulación de doses de semente, marcos de plantación e ciclo vexetativo dos cultivos que se van implantar.

* Determinación das épocas de implantación dos cultivos.

* Confección de alternativas de cultivos

* Representación gráfica de alternativas

-Plantación e/ou sementeira de plantas hortícolas e de flor cortada:

* Preparación do terreo. Nivelación. Drenaxe. Labores fondos.

* Desinfección dos solos obxecto de sementeira ou plantación.

* Análise da necesidade do alcouve para algúns cultivos

* Aplicación de emendas e fertilización de fondo

* Preparación e regulación de máquinas e apeiros nas operacións primarias.

* Recoñecemento das distintas especies hortícolas e de flor cortada.

* Cuantificación das necesidades nutritivas das diferentes plantas hortícolas e de flor cortada.

* Comparación en canto ó requirimento de textura e preparación do solo que teñen as diferentes especies hortícolas e de flor cortada.

* Cuantificación da semente ou planta necesaria segundo o seu tamaño, o desenvolvemento do cultivo, as condicións do solo, clima e aproveitamento das plantas hortícolas e flor cortada.

* Comparación entre os diferentes tipos de sementeira e transplante.

* Realización das operacións preparatorias da sementeira e/ou plantación.

* Execución da sementeira e/ou plantación de diferentes especies hortícolas e de flor cortada.

-Labores de cultivo:

* Realización dos labores culturais precisos en cada un dos cultivos implantados.

* Aplicación dos herbicidas pertinentes nas parcelas cultivadas.

* Utilización dos productos fitosanitarios necesarios para o mantemento nas mellores condicións das especies implantadas.

* Realización, se é o caso, das podas necesarias.

* Aplicación dos fertilizantes de cuberteira precisos para o normal desenvolvemento dos cultivos.

* Realización das proteccións necesarias en cada cultivo.

* Interpretación dos resultados dunha análise de auga.

* Determinación das necesidades hídricas dos cultivos.

* Cálculo das necesidades netas e totais de auga

* Deseño agronómico da rega de diferentes cultivos.

* Programación automática da rega e fertirrega.

-Colleita de productos:

* Análise dos parámetros que determinan o momento da colleita.

* Interpretación dos métodos de medida da maduración dos productos hortícolas.

* Identificación da época e momento de colleita.

* Aplicación das técnicas de colleita.

* Identificación das distintas máquinas de recollida.

* Preparación e regulación de maquinaria e equipos de colleita.

-Conservación e comercialización de productos hortícolas e de flor cortada:

* Clasificación dos productos obtidos.

* Realización do envasado dos productos obtidos

* Realización dun inventario de almacén.

* Comprobación do mantemento da calidade mediante a utilización de cámaras frigoríficas.

* Control das cámaras frigoríficas.

* Localización de circuítos comerciais.

* Formulación de criterios para a promoción dos productos obtidos.

-Transporte de productos hortícolas e de flor cortada:

* Enumeración dos distintos métodos de transporte e elección do máis axeitado.

* Manexo dos productos colleitados cos coidados requiridos.

* Realización da carga e descarga dos productos obtidos.

-Cultivos hortícolas segundo o seu aproveitamento:

* Implantación de cultivos aproveitables polos seus froitos de maior interese.

* Implantación de cultivos aproveitables polas súas sementes.

* Implantación de cultivos aproveitables polas súas inflorescencias.

* Implantación de cultivos aproveitables polas súas follas.

* Implantación de cultivos aproveitables polos seus talos.

* Implantación de cultivos aproveitables polos súas raíces e tubérculos.

* Implantación de cultivos florais.

* Realiza-los labores preparatorios, a sementeira ou plantación, os labores culturais, a colleita e a conservación de cada un dos cultivos implantados.

-Seguridade e hixiene:

* Aplicación das normas de seguridade na utilización de productos fitosanitarios e no uso de maquinaria.

* Aplicación das normas de seguridade na realización de labores culturais e operacións de mantemento dos cultivos.

* Aplicación dos requisitos hixiénicos precisos na manipulación dos productos obtidos.

* Limpeza dos locais destinados a almacéns dos productos colleitados

Contidos conceptuais

-Deseño de plantacións e/ou sementeiras:

* Protección de cultivos: invernadoiros, alcouves e acolchados

* Características dos distintos sistemas de protección en canto á súa estructura, materiais e formas. Tipos. Orientación.

* Alternativas. Clases.

* Xustificación das alternativas.

* Épocas de sementeira ou plantación.

* Alternativas establecidas. A súa representación gráfica.

-Plantación e/ou sementeira de plantas hortícolas e de flor cortada:

* O solo: características necesarias para as plantas.

* Criterios de recoñecemento das diferentes plantas.

* Preparación do solo, condicións climáticas, fertilización de fondo, desinfección e sementeira.

* Marcos de plantación e doses de semente.

* Formas de sementeira e plantación.

* Características das sementes.

-Labores de cultivo:

* Sistemas de mantemento do solo. Labra. Herbicidas.

* A poda. Sistemas de formación. Poda en verde. Equipos e ferramentas de poda.

* Fitosanitarios e fitorreguladores específicos. Tipos. Características.

* Sistemas de protección dos cultivos. Titores. Cortaventos. Equipos antixeada.

* Fertilización. Mesturas. Época e doses. A fertirrega.

* Rega. Análise da auga. Clasificación da auga. Necesidades de auga. Programación de regas. Calidade da auga.

* Hidroponía. Aportacións de auga. Necesidades nutricionais. Mesturas de fertilizantes. Drenaxe. Equipos hidropónicos. pH e conductividade.

-Colleita de productos hortícolas e de flor cortada:

* Métodos e aparellos de medida de parámetros de colleita.

* Época e momento da colleita.

* Técnicas de recollida dos productos.

* Coidados dos productos. Envases. Tipos de envases.

* Características das distintas máquinas de recollida.

-Conservación e comercialización de productos hortícolas e de flor cortada:

* Sistemas de conservación: conxelación, liofilización, esterilización, ó baleiro.

* Cámaras frigoríficas para os productos. Procedementos de control.

* Almacéns. Inventario.

* Normas de tipificación vixentes na UE.

* Promoción de productos. Distribución. Circuítos comerciais.

-Transporte de productos hortícolas e de flor cortada:

* Métodos de transporte

* Manipulación dos productos. Coidados.

* Maquinaria e equipos de transporte.

-Cultivos hortícolas segundo o seu aproveitamento:

*s plantas hortícolas e de flor cortada segundo e seu aproveitamento.

* Características fisiolóxicas e morfolóxicas de cada unha das especies. Diferencias específicas e varietais.

* Relacións entre as plantas e as condicións de clima e solo.

* Variedades de cada unha das especies.

* Labores preparatorios, cantidades de semente ou planta necesaria, fertilización de fondo e cuberteira, labores culturais, condicións de colleita.

-Seguridade e hixiene:

* Requisitos hixiénicos sobre almacenamento, carga e descarga dos productos hortícolas.

* Cor, sinalización, orde e limpeza nos almacenamentos e manipulación dos productos obtidos na producción.

* Normativa de seguridade e hixiene no traballo referido á producción, manipulación e colleita dos productos.

Contidos actitudinais

-Deseño de plantacións e/ou sementeiras:

* Valoración da importancia de establecer alternativas axeitadas ás condicións requiridas pola zona onde se localiza a explotación.

* Hábito de calcula-la cantidade de semente e/ou material vexetal necesario para cada un dos cultivos que integran a alternativa.

* Preocupación por establece-las proteccións requiridas por cada un dos cultivos

-Plantación e/ou sementeira de plantas hortícolas e de flor cortada:

* Hábito de mante-las condicións de uso en ferramentas, apeiros, equipos e máquinas en xeral.

* Concienciación da importancia de usar correctamente os productos fitosanitarios.

* Esforzo por levar a cabo as sementeiras ou plantacións cunha distribución uniforme.

-Labores de cultivo:

* Sensibilidade na prevención de ataques de malas herbas, pragas e enfermidades.

* Constancia en efectua-los labores culturais precisos no momento idóneo.

* Hábito de cálculo das necesidades hídricas dos cultivos implantados.

-Colleita de productos hortícolas e de flor cortada:

* Valoración da importancia de elixir correctamente a data de colleita dos productos obtidos.

* Preocupación por mante-los coidados precisos no material recollido.

* Compromiso de respecta-los prazos de seguridade dos productos fitosanitarios aplicados.

-Conservación e comercialización de productos hortícolas e de flor cortada:

* Hábito de manter ó día o inventario de almacén.

* Concienciación da importancia que ten sermos rigorosos coas normas de calidade.

* Esforzo por mante-las condicións ambientais axeitadas para a conservación dos productos hortícolas almacenados.

-Transporte de productos hortícolas e de flor cortada:

* Esforzo polo manexo correcto dos productos para transportar.

* Preocupación pola planificación correcta do transporte.

-Cultivos hortícolas e florais segundo o seu aproveitamento:

* Valoración do establecemento de especies segundo a demanda existente polo seu aproveitamento.

* Hábito de programar secuencialmente as operacións para realizar nos cultivos.

-Seguridade e hixiene:

* Compromiso co cumprimento da normativa de seguridade e hixiene nas distintas operacións que se vaian realizar.

3.2.6. Módulo profesional 6: cultivos fructícolas

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-las operacións de cultivo de froiteiras e cítricos.

Capacidades terminais elementais

* Selecciona-los cultivos de froita para unha zona determinada considerando os seus condicionantes de comercialización e edafoclimáticos.

* Relaciona-las características dunha parcela coas esixencias dos cultivos de froita para implantar, para determina-las necesidades de melloras que se pretendan realizar nela.

* Selecciona-los equipos, máquinas, apeiros e ferramentas necesarios para realiza-los labores de implantación e mantemento dos cultivos de froita.

* Planifica-la plantación, elixindo o marco e o sistema de conducción adecuados, e realiza-lo seu planeamento sobre a parcela de cultivo.

* Controla-las malas herbas, as pragas e as enfermidades dos cultivos de froita que poidan condiciona-la súa implantación e desenvolvemento.

* Analiza-los procedementos de plantación en función da especie, variedade, tipo de pé e estado do terreo, coa finalidade de selecciona-los medios idóneos para realizalos atendendo a criterios económicos e os medios técnicos dispoñibles.

* Analiza-las causas dos fallos da plantación, co fin de aplica-las solucións máis idóneas en cada caso, e repo-las marras existentes.

* Analiza-los distintos sistemas de rega aplicables ás plantacións de froita para selecciona-lo máis axeitado en función das especies que se vaian implantar, do mantemento da plantación e da zona de cultivo.

* Planifica-las operacións de rega e fertirrega en función das necesidades dos cultivos e manexa-los equipos de aplicación.

* Analiza-los distintos sistemas e realiza-los labores necesarios para a conservación e mantemento do solo das plantacións en función dos cultivos da explotación e dos condicionantes edafoclimáticos.

* Analiza-los distintos sistemas e realiza-la operación de poda para conseguir unha correcta formación e fructificación das especies implantadas.

* Analiza-los distintos sistemas de enxertos, elixindo os patróns idóneos en función da especie, das condicións edafoclimáticas e manexo previsto da plantación.

* Realiza-las operacións de enxertos requiridas en cada caso, utilizando con destreza e seguridade as ferramentas e equipos idóneos.

* Analiza-los sistemas de protección, conducción e soporte das plantacións froiteiras, caracterizando os materiais e instalacións requiridas en cada caso.

* Determina-la cantidade e calidade da producción esperada nunha parcela de cultivo, para organiza-las operacións de colleita.

* Analiza-los procesos de colleita, envasado, conservación e transporte dos productos obtidos das explotacións de froita, para planifica-las necesidades de recursos humanos e materiais.

* Realiza-las operacións de clasificación e envasado, atendendo ás normas de calidade establecidas e seleccionando os equipos e procesos axeitados a cada caso.

* Analiza-las condicións hixiénicas e ambientais requiridas polos almacéns e cámaras de conservación de froitas.

-Contidos (duración 280 horas).

Contidos procedementais

-Cultivos froiteiros:

* Descrición das características botánicas das especies froiteiras de óso e pebida, viña, froitos subtropicais, pequenos froitos e froitos secos.

* Identificación das diferentes especies froiteiras, dos patróns e das variedades.

* Representación gráfica dos ciclos biolóxicos das especies froiteiras.

* Cálculo da integral térmica das distintas especies e variedades que se van implantar.

-Deseño de plantacións:

* Análise das limitacións do terreo (pendentes, orientación, fertilidade e uniformidade do solo)

* Análise da climatoloxía da zona que incide na elección de especies e variedades (riscos de xeadas, horas de frío, integral térmica).

* Análise sinxela do posible mercado das froitas (enquisas a axentes comerciais, centrais de manipulación ou transformación, análise dos prezos de venda, sistemas de colleita...)

* Deseño dos marcos de plantación para un cultivo dado.

* Elección das especies, variedades e portaenxertos.

* Elección do sistema de conducción e protección dos cultivos que se van implantar.

* Elección dos sistemas de aplicación de auga.

* Representación gráfica do deseño da plantación.

-Implantación:

* Planificación xeral das operacións de implantación.

* Preparación do terreo. Nivelacións. Drenaxe. Labores profundos.

* Aplicación de emendas e fertilización de fondo.

* Labra superficial.

* Realización das operacións de planeamento.

* Recepción, manipulación e conservación do material vexetal.

* Operacións de plantación.

* Montaxe das estructuras de conducción e protección dos cultivos.

* Instalación do sistema de rega nas parcelas de cultivo.

* Reposición de marras.

-Labores de cultivo:

* Operacións de mantemento do solo (establecemento de encespados, mulching, aplicación de herbicidas...)

* Realización de enxertos.

* Realización de podas de formación, fructificación e renovación.

* Operacións de rareo de froitos.

* Programación de calendarios de rega.

* Cálculo de doses de fertilización.

* Aplicación de auga de rega e fertirrega.

* Aplicación de emendas e fertilizantes anuais en profundidade ó solo.

* Identificación e control de malas herbas, pragas e enfermidades nos cultivos de froita.

-Colleita de froitas:

* Cuantificación de produccións para obter nun cultivo determinado.

* Análise dos parámetros que determinan o momento da colleita.

* Realización dos controis necesarios para determina-la data de recollida.

* Organización do proceso de colleita.

* Preparación de máquinas e equipos necesarios para realiza-lo proceso.

* Aplicación das técnicas axeitas de colleita.

* Análise das distintas máquinas e equipos utilizados nas operacións de recolección.

-Transporte de froitas:

* Análise dos distintos sistemas de transporte e elección do máis axeitado.

* Manexo adecuado da froita no proceso de carga, transporte e descarga.

-Conservación e comercialización das froitas:

* Clasificación dos productos obtidos.

* Envasado das froitas.

* Realización dun inventario de almacén.

* Comprobación do mantemento da calidade durante o período de conservación.

* Control das condicións ambientais nas cámaras de conservación de froitas.

* Localización de circuítos comerciais.

* Formulación de criterios para a promoción dos productos da explotación fructícola.

Contidos conceptuais

-Cultivos froiteiros:

* Froiteiras de óso e pebida, viña, froitos subtropicais, pequenos froitos e froitos secos.

* Especies, variedades e patróns. Caracterización.

* Esixencias edafoclimáticas dos distintos cultivos de froita.

-Deseño de plantacións:

* Características do terreo. Orientación do cultivo.

* Condicionantes das explotacións froiteiras (comerciais, man de obra, provedores...).

* Marcos de plantación. Sistemas e materiais de conducción.

* Sistemas de rega en cultivos de froita.

* Cortaventos.

* Sistemas antixeada.

* Tipos de polinización.

* Infraestructuras básicas para unha explotación froiteira.

-Implantación:

* Acondicionamento do predio: nivelación, drenaxe, labores profundos.

* Labores superficiais.

* Fertilización e emendas. Doses segundo tipos de solos e cultivos para implantar.

* Sistemas de replanteo.

* Pés de plantas. Recepción, coidados e preparación.

* Sistemas de plantación

* Épocas e técnicas de plantación.

* Coidados posplantación.

* Fallos nas plantacións. Causas. Prevención.

-Labores de cultivo:

* Sistemas de mantemento do solo (labra, herbicidas, mulching, cuberta vexetal, mixto...)

* O enxerto. Fundamentos. Tipos. Épocas de realización. Afinidade portaenxertos-variedades.

* A poda. Fundamentos.

* Poda de formación. Sistemas de formación e conducción.

* Poda de rexuvenecemento.

* Poda en verde.

* Poda de producción. Concepto de carga.

* Técnicas de rareo.

* Fitorreguladores específicos. Tipos. Características.

* Fertilización das especies froiteiras. Época. Doses.

* Métodos de aplicación dos fertilizantes: en profundidade, fertirrega.

* Rega. Necesidades de auga dos cultivos froiteiros.

* Pragas e enfermidades dos cultivos de froita. Técnicas de control.

-Colleita de froitas:

* Estimación de produccións. Métodos.

* Épocas de recolección.

* Parámetros de control dos momentos de colleita.

* Técnicas e equipos para a recollida de froitas.

* Manipulación dos productos durante a colleita.

* Prazos de seguridade dos productos fitosanitarios que se aplican nas épocas de colleita.

-Transporte de froitas:

* Sistemas e medios de transporte de froitas: vehículos, palets, caixas, contedores...

* Hixiene nos sistemas de transporte.

-Conservación e comercialización das froitas:

* Sistemas de conservación.

* Condicións hixiénicas e ambientais nos almacéns e cámaras de conservación de froitas. Parámetros de conservación.

* Envasado e manipulación da froita. Criterios de clasificación.

Contidos actitudinais

-Cultivos froiteiros:

* Interese por coñecer e diferencia-las diversas características botánicas e fisiolóxicas das especies froiteiras.

* Consciencia da importancia que ten a correcta elección do cultivo para implantar segundo as condicións edafoclimáticas e comerciais.

-Deseño de plantacións:

* Actitude pescudadora sobre a orientación e a distribución das plantas na parcela.

* Rigor nos criterios de elección do cultivo adecuado segundo as características da zona ou parcela.

* Actitude reflexiva sobre a futura conducción do cultivo e a incidencia no manexo posterior.

* Preocupación pola elección do portaenxertos adecuado.

* Preocupación por adecua-lo cultivo e o sistema de rega ás dispoñibilidades de auga.

-Implantación:

* Preocupación pola mellora e acondicionamento das parcelas de cultivo.

* Preocupación pola elección correcta do material vexetal para utilizar.

* Rigor na realización das operacións de plantación.

* Preocupación por secuenciar correctamente as operacións para realizar nos labores de preplantación.

* Valoración da importancia da calidade do solo.

* Esmero na realización das operacións de preparación e conservación dos pés.

* Valoración da importancia da época de plantación adecuada.

* Preocupación por realiza-los coidados posplantación.

* Preocupación por analiza-las causas dos fallos da plantación.

-Labores de cultivo:

* Rigor na realización dos labores no momento oportuno.

* Preocupación pola detección precoz e seguimento das pragas e enfermidades nas plantacións.

* Rigor na realización das podas.

* Atención ás posibles actuacións para protexe-los cultivos dos riscos naturais.

* Comportamento responsable na dosificación da rega dos cultivo e da fertirrega, se procede.

-Colleita de froitas:

* Hábito de determina-lo estado de maduración dos froitos.

* Conducta racional na organización das operacións de colleita.

* Compromiso con manipular correctamente os productos colleitados.

* Rigor ó respecta-los prazos de seguridade dos productos fitosanitarios antes da recollida.

-Transporte de froitas:

* Preocupación por conserva-la calidade das froitas durante o transporte.

* Compromiso de dispor dos medios necesarios para realiza-lo transporte.

-Conservación e comercialización das froitas:

* Interese por coñece-los parámetros de calidade dos productos durante a conservación.

* Interese por coñece-los datos sobre os parámetros ambientais no interior das cámaras de conservación das froitas.

3.2.7. Módulo profesional 7: métodos de control fitosanitario

Asociado á unidade de competencia 6: realiza-las operacións de control fitosanitario, preservando o ambiente e a sanidade dos alimentos.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las principais pragas, enfermidades, fisiopatías e malas herbas que causan danos nos cultivos da explotación agraria ou nos productos agrícolas almacenados, analizando a sintomatoloxía e observando as características morfolóxicas.

* Analiza-los ciclos biolóxicos dos microorganismos patóxenos e das pragas máis importantes da explotación agraria, relacionando as distintas etapas do axente daniño coas condicións climatolóxicas e coas fases do ciclo vexetativo dos cultivos afectados.

* Establecer un programa integrado de control de malas herbas, pragas, enfermidades e fisiopatías para protexe-los cultivos da explotación, definindo os sistemas de control e as estratexias xerais de intervención.

* Aplica-los medios e as técnicas para a detección dos riscos de ataque de pragas e enfermidades que permitan utilizar de forma racional os sistemas de control.

* Identificar e aplicar microorganismos e insectos beneficiosos para o control biolóxico de plagas e enfermidades, analizando as condicións requiridas e os procedementos de utilización.

* Analiza-las categorías toxicolóxicas dos productos fitosanitarios para adopta-las medidas de seguridade e protección necesarias durante a súa aplicación, así como para analiza-las consecuencias que poden ter no ambiente e na saúde pública.

* Analiza-los equipos, máquinas e útiles de aplicación de productos fitosanitarios, así como os procedementos de utilización, coa finalidade de selecciona-lo equipo adecuado para un tratamento determinado.

* Analiza-los equipos de hixiene e protección persoal utilizados na manipulación e aplicación de productos fitosanitarios, para seleccionar en cada caso os elementos idóneos que permitan realiza-los traballos de forma segura.

* Elixi-lo sistema de control e o tipo de producto ou productos para aplicar considerando o estado fenolóxico dos cultivos e as posibles toxicidades dos tratamentos e respectando os prazos de seguridade.

* Dosificar e preparar correctamente os caldos utilizados na loita química, calculando as proporcións das mesturas en función da materia activa, do sistema de aplicación e do cultivo obxecto de tratamento.

* Aplica-los procedementos elementais de primeiros auxilios nun hipotético accidente ocorrido na manipulación de productos fitosanitarios.

-Contidos (duración 130 horas).

Contidos procedementais

-Bioloxía e identificación das pragas, enfermidades e malas herbas:

* Aplicación de técnicas de contaxe e utilización de trampas.

* Análise da información sobre condicións ambientais nas que se desenvolven os cultivos e os axentes patóxenos.

* Observación dos danos producidos sobre o cultivo.

* Recoñecemento do patóxeno ou invasor.

-Métodos de control fitosanitario nos cultivos:

* Realización de prácticas culturais.

* Utilización de medios mecánico-físicos.

* Emprego de variedades resistentes.

* Deseño dun programa de actuación, tendo en conta os prazos de seguridade, o contorno e o custo dos tratamentos fitosanitarios.

* Aplicación dos tratamentos fitosanitarios: preparación dos caldos, elección e preparación das máquinas adecuadas e realización das probas de dosificación dos productos.

* Utilización de recursos biolóxicos no control do nivel sanitario do cultivo.

* Realización da loita integrada como alternativa global ós tratamentos.

-Control en almacéns, espacios urbanos e rurais:

* Realización de tratamentos en zonas cubertas, espacios urbanos o rurais: desratización, desinfección, desinsectación.

* Aplicación de productos químicos.

* Deseño dun programa de actuación, tendo en conta os prazos de seguridade e o producto que se vai tratar.

-Seguridade e hixiene en actividades de control sanitario:

* Elección dos métodos de loita adecuados.

* Procedementos preventivos e recomendacións sobre o manexo dos productos fitosanitarios.

* Actuación en primeiros auxilios en caso de accidente.

Contidos conceptuais

-Bioloxía e identificación das pragas, enfermidades e malas herbas:

* Axentes parasitarios e non parasitarios das plantas.

* Pragas, enfermidades e malas herbas. Danos que producen.

* Ciclos biolóxicos correspondentes.

-Métodos de control fitosanitario nos cultivos:

* Productos químicos. Loita biolóxica. Loita integrada.

* Maquinaria e equipos de aplicación dos productos fitosanitarios.

-Control en almacéns, espacios urbanos e rurais:

* Desratización. Desinfección. Desinsectación.

* Productos químicos. Aplicación.

-Seguridade e hixiene en actividades de control fitosanitario:

* Normativa legal existente sobre o emprego de productos fitosanitarios.

* Repercusión sobre o ambiente e sobre os productos obtidos.

* Toxicidade. Efecto letal. Prazo de seguridade.

Contidos actitudinais

-Bioloxía e identificación das pragas, enfermidades e malas herbas:

* Hábito de relaciona-las condicións ambientais e bioecolóxicas co desenvolvemento das principais pragas e enfermidades de interese.

* Preocupación pola identificación da enfermidade ou praga coa rapidez adecuada para evita-los danos ó cultivo.

-Métodos de control fitosanitario nos cultivos:

* Valoración das consecuencias que poden te-la patoloxía dos cultivos na producción e comercialización.

* Compromiso co cumprimento dun estricto programa de medidas profilácticas.

* Preocupación por determinar, en cada caso, a utilidade do tratamento máis adecuado ou a estratexia que hai que adoptar.

* Valoración das características estructurais dos distintos tipos de maquinaria de tratamentos, condicións de emprego e obxectivos da operación.

* Esforzo por escolle-la máquina adecuada para cada tipo de tratamento.

* Interese en identificar axentes causantes dos danos nos cultivos.

* Hábito no establecemento de contaxes ou instalación de trampas para a xeración da información necesaria na diagnose correspondente.

* Actitude investigadora sobre a obtención de información ambiental utilizando para isto os instrumentos adecuados.

* Actitude reflexiva sobre a correcta utilización dos medios fitosanitarios ó seu alcance.

* Consciencia na planificación dunha loita integrada ou global.

* Interese na elaboración dun programa de actuacións na loita fitopatolóxica.

-Control en almacéns, espacios urbanos e rurais:

* Compromiso coa problemática da desinfección de locais destinados a albergar productos de consumo, así como coa eliminación de animais portadores de factores patóxenos.

-Seguridade e hixiene en actividades de control sanitario:

* Valoración da normativa legal ó respecto.

* Conciencia da importancia extrema que ten a utilización racional dos productos fitosanitarios sobre o medio ambiente.

* Responsabilidade no manexo de productos fitosanitarios.

* Interese e autoesixencia na utilización dos prazos de seguridade indicados no uso dos tratamentos fitosanitarios.

* Sensibilidade cara á desinfección, desinsectación e hixiene dos locais con alimentos.

* Preocupación polos riscos que ocasionan os productos fitosanitarios sobre a saúde humana.

* Pescuda sobre os efectos que os pesticidas poden causar durante o seu manexo.

* Consciencia da necesidade de actuacións rápidas e adecuadas en caso de accidente.

* Valoración da sinalización e protección das zonas tratadas.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 8: agrotecnoloxía

Capacidades terminais elementais

* Selecciona-lo sistema de rega máis adecuado segundo as características dun solo, o cultivo para implantar e a súa fase e a climatoloxía da zona.

* Calcula-las necesidades de auga de rega, a dose e a frecuencia de aplicación para un cultivo determinado, a partir de datos climatolóxicos e edafolóxicos.

* Interpreta-las análises de auga de rega, para determina-la súa calidade e as correccións necesarias.

* Interpreta-los distintos tipos de solos e as súas características, para determina-las posibilidades de desenvolver nel un determinado cultivo e as necesidades de mellora.

* Realiza-la toma de mostras para efectuar unha análise do solo, utilizando as ferramentas de campo axeitadas.

* Interpreta-los resultados das análises dun solo para programa-la aplicación de fertilizantes e emendas segundo o cultivo que se implante.

* Programa-los labores do solo para mellorar e conserva-las súas características físicas.

* Interpreta-lo comportamento dos elementos fertilizantes no solo e a súa asimilación polas plantas, para telos en consideración nos programas de fertilización.

* Elixi-lo fertilizante máis idóneo para unha parcela determinada, en función do tipo de solo, do cultivo, da climatoloxía da zona e do sistema de aplicación

* Analiza-la estructura, morfoloxía e fisioloxía dos vexetais, identificando órganos e tecidos e establecendo as súas relacións coas funcións fisiolóxicas das plantas.

* Analiza-los distintos fenómenos meteorolóxicos que afectan a agricultura da zona, coa finalidade de adopta-las estratexias oportunas de prevención de riscos ou mellora-las condicións ambientais dos cultivos.

* Realiza-la colleita de datos meteorolóxicos para efectua-la súa análise e interpretación, establecendo relacións entre a o clima da zona e os cultivos que se poden desenvolver.

* Interpretar mapas de previsión meteorolóxica coa finalidade de planifica-las tarefas agrícolas que dependen das condicións atmosféricas.

* Relaciona-las condicións topográficas dunha parcela coas súas características edafolóxicas para determina-los seus usos agrarios.

* Elaborar planos de predios por métodos sinxelos, realizando as oportunas medicións en campo, utilizando as escalas adecuadas e aplicando as técnicas gráficas idóneas.

* Interpreta-la lexislación ambiental aplicable ós distintos sistemas naturais, relacionando as condicións de aproveitamento e xestión coas medidas de protección.

* Analiza-las características da flora espontánea e da fauna silvestre máis importantes da zona, indicando as condicións necesarias para a súa conservación, prestando especial atención ás especies protexidas.

-Contidos (duración 185 horas).

Contidos procedementais

-O solo:

* Identificación das características dun solo a partir da súa composición física, química e biolóxica.

* Establecemento de conclusións sobre a evolución da materia orgánica.

* Realización das operacións de mostraxe para a elaboración de análises dun solo.

* Interpretación adecuada da analítica dun solo.

* Descrición dun solo a partir da súa analítica ou mostra física.

* Diferenciación do comportamento dos elementos fertilizantes no solo.

* Descrición dos métodos de mellora das propiedades fisicoquímicas e biolóxicas dun solo.

-A auga:

* Explicación dos procesos da transpiración vexetal.

* Determinación do contido de auga no solo.

* Cálculo de necesidades e frecuencia de regas.

* Selección dos sistemas de rega máis idóneos en cada caso considerado.

* Formulación dos fundamentos e da metodoloxía do cultivo hidropónico.

-Os fertilizantes:

* Descrición das funcións xerais dos elementos nutritivos.

* Realización de ensaios para a observación dos efectos dos nutrientes nas plantas.

* Establecemento de relacións entre a fertilización e as características do solo e cultivo.

* Elaboración dun programa de fertilización adecuado para un solo segundo a súa analítica e cultivo que vai soportar.

* Identificación de fertilizantes e dos sistemas de distribución.

* Manexo da fertirrega.

* Experimentación sobre doses e fertilizantes diferentes actuando sobre o mesmo cultivo.

-Botánica:

* Identificación das familias das principais especies de interese agrario.

* Identificación de células, tecidos e órganos vexetais.

* Elaboración de herbarios.

* Relación da fisioloxía coa estructura morfolóxica do vexetal.

-Reproducción vexetal:

* Identificación dos diferentes tipos de reproducción.

* Identificación de partes da semente.

* Identificación de sementes.

* Explicación da fisioloxía da semente. Determinación de pureza e poder xerminativo.

* Realización de técnicas de reproducción vexetativa.

-O clima:

* Identificación dos factores do clima. Análise da incidencia na producción vexetal.

* Descrición dos distintos tipos de meteoros que poden ter efecto sobre a agricultura da zona ou áreas da Comunidade.

* Análise e interpretación de datos recollidos en aparellos meteorolóxicos.

* Interpretación de mapas meteorolóxicos para a diagnose do clima a curto prazo nunha zona determinada.

* Descrición e manexo das unidades utilizadas en meteoroloxía, así como dos aparellos e sistemas de información de obtención de datos meteorolóxicos.

* Planificación dos traballos agrícolas en función das previsións meteorolóxicas.

-Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Interpretación da lexislación medioambiental referente ós sistemas naturais.

* Descrición das principais características das especies naturais de interese na Comunidade.

* Análise sobre as diferentes actuacións para conserva-lo medio natural.

* Descrición dos principais parámetros que interveñen na avaliación do impacto ambiental.

* Explicación dos plans de ordenación do uso e xestión do medio natural.

* Interpretación das normas para a protección dos sistemas naturais.

-Medición e planeamento do terreo:

* Realización de medicións planimétricas e altimétricas. Cálculos.

* Aplicación de diversas escalas para o cálculo de superficies.

* Elaboración de planos de predios como resultado da súa medición por métodos sinxelos e coas técnicas gráficas requiridas.

* Determinación de superficies e desniveis.

* Realización de planeamentos planimétricos e altimétricos.

Contidos conceptuais

-O solo:

* Fase sólida. Compoñentes. Textura e estructura.

* Composición química do solo.

* Poder absorbente do solo. Complexo de intercambio catiónico.

* Acidez do solo. Salinidade e alcalinidade.

* Elementos nutritivos no sistema solo-planta. Fertilidade do solo.

* Orixe, formación e evolución dos solos agrícolas.

* Emendas. Labores. Conservación de solos. Loita contra a erosión.

-A auga:

* A auga do solo. Formas. Movemento. Balance.

* Capacidade de retención. Capacidade de campo. Punto de murchamento. Auga utilizable.

* A evapotranspiración.

* A rega: Volume, dotación, frecuencia, duración, caudais.

* Equipos e sistemas de aplicación.

* Fertirrega.

* A drenaxe agrícola. Tipos.

-Os fertilizantes:

* Funcións xerais dos elementos nutritivos.

* Características e utilización de fertilizantes orgánicos e minerais.

* Técnicas e sistemas de aplicación.

* Emendas: orgánicas e minerais.

* Fertilización de cultivos herbáceos, arbustivos e arbóreos.

* Fertilizantes en hidroponía.

-Botánica:

* Características xerais dos vexetais.

* A célula e os tecidos vexetais.

* Estructura, morfoloxía e fisioloxía de vexetais e fungos.

* Crecemento e desenvolvemento dos vexetais e fungos. Interacción clima-solo-planta.

-Reproducción vexetal:

* Tipos de reproducción.

* A semente. Morfoloxía e fisioloxía. Tipos. Pureza. Poder xerminativo. Estado sanitario.

* Factores internos e externos que inflúen na xerminación das sementes.

* Propagación vexetativa. Tipos.

-O clima:

* Factores que compoñen o clima: temperatura, luz, auga, vento.

* Clasificacións climáticas.

* Microclimas: naturais e artificiais.

* Métodos e aparellos de medida.

-Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Ecosistemas. Conceptos básicos.

* Tipos de sistemas naturais.

* Espacios naturais protexidos. Características.

* Plans de uso e xestión do medio natural.

* Lexislación ambiental.

-Medición e planeamento do terreo:

* Unidades de lonxitude, angulares e de superficie.

* Escalas.

* Planimetría e altimetría.

Contidos actitudinais

-O solo:

* Consideración do solo como a base esencial de toda producción agrícola con terra.

* Actitude pescudadora sobre os procesos evolutivos do solo e o seu nivel potencial de fertilidade.

* Autocrítica sobre as formas de utilización do solo nos procesos productivos.

* Sensibilidade pola conservación do solo agrícola e polo mantemento da súa fertilidade.

* Preocupación por pescuda-lo comportamento dos nutrientes no solo.

* Actitude indagadora sobre os métodos de mellora das propiedades fisicoquímicas e biolóxicas dun solo.

-A auga:

* Valoración do auga nos solos e o seu papel no desenvolvemento vexetal.

* Consciencia do papel que presenta a auga na composición dos seres vivos.

* Interese por coñece-los balances hídricos dos solos.

* Preocupación pola elección das opcións de rega.

* Actitude crítica sobre o uso da rega na obtención de productos de calidade.

* Sensibilidade na utilización racional da auga de rega.

* Consideración dos cultivos sen solo como posibilidade para utilizar.

* Valoración das drenaxes como forma de mellora da utilización dos solos.

-Os fertilizantes:

* Hábito de control do nivel nutritivo dos solos.

* Interese pola interpretación da analítica dun solo e pola actuación de mellora no seu nivel de nutrientes.

* Hábito de realizar balances de nutrientes para a aplicación adecuada de fertilizantes.

* Consciencia da necesidade de selecciona-lo tipo de fertilizante adecuado.

* Rigor na avaliación de necesidades de emendas minerais e orgánicas.

* Sensibilidade pola posible salinización dos solos como consecuencia de utilización masiva de fertilizantes.

* Preocupación por coñece-los desequilibrios causados nos solos por utilización indiscriminada de métodos de fertilización ou emenda.

* Valora-la necesidade de considera-las formas de nutrición dos vexetais así como as funcións xerais dos elementos nutritivos.

-Botánica:

* Interese por coñece-lo desenvolvemento e ciclo agrícola dos vexetais.

* Valora-la importancia dos coñecementos botánicos na profesión.

* Esforzo por comprende-la interacción clima-solo-planta na obtención de determinados rendementos.

-Reproducción vexetal:

* Valoración do material de reproducción como primeiro condicionante das produccións.

* Preocupación polas condicións de reproducción e pola realización dos coidados posteriores.

-O clima:

* Interese por coñece-la actuación dos factores do clima sobre a producción vexetal.

* Hábito de recollida de datos meteorolóxicos como fonte de análises e interpretación.

* Valoración de mapas meteorolóxicos e climáticos como axuda na planificación de cultivos.

* Valoración das novas tecnoloxías referentes á recollida e transmisión de datos climáticos.

* Preocupación pola defensa do cultivo ante fenómenos meteorolóxicos adversos.

-Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Sensibilidade cara ó medio natural como una peza básica na conservación do equilibrio nun sistema.

* Espírito crítico na conservación do contorno natural.

* Respecto polas zonas para conservar e consideración delas como o patrimonio cultural dunha rexión.

* Colaboración en propostas sobre a conservación do medio natural nunha zona determinada.

* Preocupación por coñece-los métodos e medios existentes na Comunidade para a utilización do espacio natural.

* Consideración das actividades agrarias como elemento favorecedor ou de risco na conservación do medio natural.

* Consideración da necesidade de mantemento e conservación dos espacios protexidos e a integración das actividades agrarias neles.

-Medición e planeamento do terreo:

* Rigor nas medicións e no uso adecuado das unidades.

* Valoración dos planos como elemento útil para a organización e manexo da explotación.

* Preocupación polo correcto planeamento.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1Relaciona-los cultivos cos condicionantes climáticos, edafolóxicos e de comercialización.* Interpreta-las características dos solos da explotación.

* Participar na programación dos cultivos considerando as condicións climáticas e comerciais da zona.

* Elaborar gráficos de alternativas e rotacións de cultivos da explotación.
* Representar graficamente a evolución dos prezos de venda dos productos ó longo dunha campaña.

2Montar, manter e manexa-las instalacións da explotación.* Montar e mante-las instalacións de protección dos cultivos: invernadoiros, alcouves, umbráculos, acolchados, cortaventos.
* Instalar elementos de rega e drenaxe.
* Controla-los parámetros climáticos dentro dos invernadoiros.
* Controla-las instalacións de cultivos sen solo.
* Manexa-las instalacións de climatización dos invernadoiros.
* Describi-las instalacións de tratamento dos residuos e subproductos da explotación.

3Executar labores de preparación de terreos e/ou substratos.* Realiza-los labores profundos e superficiais.

* Aplicar emendas orgánicas e inorgánicas.

* Distribuír fertilizantes.
* Preparar substratos para alcouves ou cultivos sen solo.
* Realizar desinfeccións de solos e/ou substratos.

4Producir plantas hortícolas ou pés de árbores e arbustos de froita.* Realizar sementeiros.

* Realizar tarefas de multiplicación vexetativa de plantas.

* Participar na comercialización de planta hortícola e pé de froita.

5Realiza-los labores de implantación dos cultivos.* Planea-las plantacións.

* Preparar camallóns ou mesetas.

* Plantar.
* Realizar sementeiras directas de cultivos hortícolas.

6Executa-las tarefas de mantemento dos cultivos.* Instalar titores e soportes dos cultivos.

* Realizar podas e pinzados.

* Identifica-las pragas, as enfermidades e as malas herbas.
* Controlar pragas, enfermidades e malas herbas.
* Controlar e manexar instalacións de rega.
* Aplicar fertilizantes na auga de rega.
* Anota-los consumos de auga e fertilizantes utilizados nos distintos cultivos.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

7Analiza-la incidencia da man de obra nos gastos da explotación.* Calcula-los rendementos de traballo das operacións de maior consumo de man de obra (sementeira, plantación, controlar malas herbas, podas e pinzados, colleita, envasado), en distintos cultivos.
* Calcula-lo custo de cada labor por unidade de producto.
* Elaborar un gráfico comparativo coa incidencia nos distintos cultivos.

8Manexar e mante-la maquinaria da explotación.* Manexar apeiros e máquinas arrastradas e/ou accionadas polo tractor ou motocultivador.
* Participar na realización do mantemento de uso das máquinas: revisar niveis de aceite e combustible, limpa-los filtros, limpa-los apeiros e máquinas e cambia-lo aceite.
* Regular apeiros e máquinas.

9Valora-lo traballo mecanizado.* Controla-los tempos de traballo das máquinas da explotación e calcula-los rendementos horarios.
* Calcula-los custos dos labores feitos coas máquinas.
* Comparar custos de labores feitos á man cos realizados con maquinaria.
* Elaborar un gráfico comparativo.
* Realizar unha análise sinxela sobre a idoneidade das máquinas da explotación.

10Analiza-los procedementos de colleita, clasificación, manipulación, almacenamento e comercialización dos productos da explotación.* Determina-los momentos oportunos de colleita.

* Clasificar e envasar productos hortofructícolas para a venda.

* Participar en tarefas de transporte de froitas, hortalizas ou flores.

* Visitar mercados e almacenistas do sector, analizando os prezos, as canles de comercialización e as condicións dos productos.
* Controla-las condicións ambientais das cámaras de conservación de froitas, hortalizas e flor cortada.
* Participar no mantemento das instalacións de frío.
* Emitir albarás e facturas de venda de productos.
* Participar na cobertura e negociado de letras.

11Analiza-las condicións de seguridade e hixiene da explotación e o tratamento de residuos e subproductos.* Identificar e describi-los elementos de protección para as persoas utilizados na explotación.

* Verifica-los dispositivos de seguridade.

* Participar no tratamento de refugallos e subproductos da explotación.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

*Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións a seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais

-Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

-Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

-Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

-O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

-Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

-Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

-Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

-O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de explotacións agrícolas intensivas.

Módulo profesional

Especialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión dunha explotación agraria familiarProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

2Instalacións agrariasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

3Mecanización agrariaOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

4Producción de plantasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

5Cultivos hortícolasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

6Cultivos frutícolasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

7Métodos de control fitosanitarioProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

8AgrotecnologíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

9Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente decreto.

Materias

Especialidade

do profesorado

Corpo

Bioloxía e xeoloxíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

Ciencias da terra e do medio ambienteProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariales, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia.

As titulacións declaradas equivalentes, a efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensinanza secundaria deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes

a efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994 do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos de producción agraria

-Enxeñeiro técnico agrícola, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico forestal, en tódalas súas especialidades

Formación e orientación laboral

-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de explotacións agrícolas intensivas require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m25%

Laboratorio de análises90 m60 m25%

Taller agrario150 m120 m15%

Superficie de cultivos (1)2 ha2 ha35%

(1) Espacio singular non necesariamente situado no centro docente.

-A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

O «grao de utilización» expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

-Na marxe permitida polo «grao de utilización», os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

-En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

-Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Organización e xestión dunha explotación agraria familiar.

* Instalacións agrarias.

* Mecanización agraria.

* Producción de plantas.

* Métodos de control fitosanitario.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Instalacións agrarias.

* Mecanización agraria.

* Producción de plantas.

* Métodos de control fitosanitario.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4. Distribución horaria.

-Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

110Instalacións agrarias

130Métodos de control fitosanitario

215Producción de plantas

240Cultivos hortícolas

185Agrotecnoloxía

4º, 5º e 6º trimestre

110Organización e xestión dunha explotación agraria familiar

215Mecanización agraria

280Cultivos fructícolas

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

-As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.