Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.689

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 152/1998, do 15 de maio de 1998, estableceu as condicións para o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, sendo indispensable dotalo dunha regulación xeral de carácter administrativo que recolla os diversos aspectos técnicos e de formación, que permitan un adecuado desenvolvemento da actividade.

A importancia do mergullo como ferramenta de traballo en multitude de actividades, en especial con aquelas relacionadas coa explotación dos recursos do mar, obriga a establecer unha norma clara e sinxela co obxecto de fomenta-lo seu desenvolvemento.

Por outra parte, o risco que leva a práctica do mergullo profesional, tanto no desenvolvemento da inmersión coma dos traballos, fan que as normas se orienten a minimizar este. O desenvolvemento normativo débese facer tendo en conta, en primeiro lugar, a seguridade do mergullador, polo que é necesario establecer unha serie de requisitos en relación coas condicións de saúde do aspirante a mergullador que se deben de manter ó longo da súa vida profesional, para o que, ademais do exame médico e da avaliación psicolóxica iniciais, se fai necesario establecelas correspondentes revisións periódicas.

Pero a seguridade non se limita ó estado físico e psíquico do mergullador senón que se estende ás súas prácticas de traballo e actuación, polo que este concepto debe abarcar todo o ámbito de regulación pero singularmente o da formación e o de control das inmersións como medios para conseguir que a seguridade se converta no control da actuación dos mergulladores. En tal sentido establécense unidades específicas nos programas de formación, así como a necesidade de realiza-los cursos de socorro e primeiros auxilios e a obriga de levar un libro diario de mergullo.

As posibilidades que a libre circulación dos traballadores lles ofrece ós mergulladores fai que a norma estableza, entre outras, o libro diario de mergullo, na liña co que se esixe noutros países da Unión Europea, esixencias que orientan o conxunto da regulación adaptándose ó estándar inglés e francés na medida en que a nosa propia realidade o permite e buscando, así, o recoñecemento das nosas titulación profesionais neles.

As posibilidades que o mergullo ofrece actualmente e para o futuro na explotación dos recursos do mar, fai que se incorporen nos programas formativos das distintas titulacións e especialidades aquelas técnicas e coñecementos que poidan ter un desenvolvemento importante nos anos próximos.

Unha vez que a diversidade de titulacións profesionais leva a unha inevitable casuística que esixe amplia-los contidos desta orde mediante os necesarios anexos nos que se detallan os mínimos esixibles e aqueloutros aspectos que pola súa especificidade requiren unha regulación detallada, e tendo en conta que o citado decreto determina que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura desenvolverá o seu contido, perséguese con esta orde establecer todo o corpo normativo necesario para o exercicio do mergullo profesional en Galicia, de forma que se lle facilite o seu recoñecemento ós interesados.

Polo exposto e na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Capítulo I

Obxecto e disposicións de carácter xeral

Artigo 1º

Para a práctica de intervencións hiperbáricas e subacuáticas de carácter laboral, profesional ou científica de calquera tipo en augas pertencentes ó ámbito territorial de Galicia, nas que se someta a persoas a un medio hiperbárico, será necesario que estas estean en posesión do título de mergullo profesional adecuado ó seu nivel de exposición hiperbárica, obtido de acordo co establecido na presente orde.

Artigo 2º

A práctica por un mergullador profesional de intervencións hiperbáricas e subacuáticas de carácter

laboral, profesional ou científica de calquera tipo en augas pertencentes ó ámbito territorial de Galicia, realizarase de acordo co establecido na presente orde e dentro dos límites das atribucións da titulación posuída polo mergullador e nas normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de 1997 (BOE nº 280, do 22 de novembro).

Artigo 3º

A realización por mergulladores profesionais de intervencións hiperbáricas e subacuáticas de carácter laboral, profesional ou científica de calquera tipo en augas pertencentes ó ámbito territorial de Galicia, deberá de ser autorizada pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a través das súas delegacións territoriais.

Artigo 4º

A devandita autorización será solicitadas para cada intervención polo responsable da empresa de mergullo ou entidade, mediante escrito do modelo do anexo I-A, acompañada dunha memoria na cal se indique:

Tipo de traballo, profundidade e descrición.

Lugar e datas en que se vai realizar.

Empresa de mergullo profesional ou entidade responsable, e persoa ó cargo.

Persoa ou persoas que van actuar de xefe de equipo.

Mergulladores que van participar e titulación que posúen.

Horario e tempo aproximado diario.

Equipo e plantas de mergullo utilizados.

Gases respirables que se van utilizar.

Embarcacións, maquinaria, equipos, ferramentas, explosivos, etc. que se van utilizar.

Empresa ou entidade para a que se realiza o traballo, domicilio social e persoa responsable dela.

En caso de utilización de explosivos, fotocopia compulsada da autorización para o seu uso por parte da autoridade competente na materia.

Artigo 5º

No caso de intervencións que se repitan con frecuencia no tempo, nos mesmos espacios e que se realicen por equipos estables, a solicitude poderá realizarse para períodos de tempo anuais, achegando os datos establecidos no punto anterior. Neste caso o solicitante quedará obrigado a comunicar, no prazo de 15 días, calquera modificación substancial que se realice con respecto da previsión indicada, en especial os cambios nas persoas participantes e responsables dos traballos.

Artigo 6º

As empresas que realicen intervencións hiperbáricas subacuáticas en augas galegas deben de ter no lugar onde se realiza esta o documento de autorización emitido pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a disposición das autoridades inspectoras.

Artigo 7º

Os mergulladores que participen en calquera tipo de intervención hiperbárica deberán de estar en posesión da titulación adecuada en vigor para a intervención que se vai realizar e do libro diario de mergullo, coas anotacións previstas nel actualizadas á data do inicio da intervención. É responsabilidade dos xefes de equipo comprobar estes requisitos e, se é o caso, realizar e referendar coa súa sinatura as anotacións que lle correspondan segundo os traballos realizados.

Artigo 8º

O xefe de equipo, como responsable da intervención, está obrigado a lle notificar á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura calquera incidencia ou accidente que poida suceder durante a práctica da intervención hiperbárica, que irá acompañada dun informe detallado se hai danos persoais.

Capítulo II

Das credenciais persoais do mergullador

Artigo 9º

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura emitirá a solicitude do interesado a tarxeta de mergullador profesional, acreditativa da titulación ou a certificación acreditativa da especialidade de mergullo que lle corresponda e o libro diario de mergullo, segundo o establecido na presente orde.

I. Das tarxetas e certificacións de identidade profesional.

Artigo 10º

As tarxetas de mergullador profesional e as certificacións de especialidades profesionais serán emitidas pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación a través do seu Negociado de Titulacións Náutico Pesqueiras e rexistradas no Rexistro de Titulacións Náutico Pesqueiras existente.

Artigo 11º

As tarxetas de mergullador profesional son persoais e intransferibles, correspondendo a responsabilidade do seu uso e custodia ó seu titular. No caso de ser utilizada de xeito fraudulento ou por persoa distinta do titular, retirarase e anularase, sen prexuízo de esixi-las responsabilidades ás que houbese lugar.

Non son válidas para efectos de acredita-la identidade do titular e deberán ir acompañadas do DNI.

Artigo 12º

En virtude do disposto no Real decreto 1377/1997, do 29 de agosto, sobre traspaso de función e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de mergullo profesional, as tarxetas de mergullador profesional, as certificacións de especialidades de mergullo e o libro diario de mergullo son válidos en todo o territorio do Estado español.

Artigo 13º

As tarxetas emitidas pola Comunidade Autónoma de Galicia corresponderanse segundo titulacións e especialidades co modelo e características que se establecen no anexo II.

Artigo 14º

As tarxetas de mergullador profesional terán 5 anos de validez desde a data de emisión. As certificacións de especialidades de mergullo profesional terán validez permanente.

II. Do procedemento de emisión e renovación das tarxetas e certificacións.

Artigo 15º

Os interesados que, despois de superaren as probas de aptitude e cumpriren os requisitos mínimos establecidos, desexen que lles sexa emitida a correspondente tarxeta de identidade ou certificación da especialidade, deberán de solicitalo por escrito no modelo de solicitude do anexo I-B, achegando a documentación que se indica para cada unha.

Artigo 16º

A documentación necesaria para a obtención da tarxeta de mergullador profesional é a seguinte:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-B.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Fotocopia compulsada da 1ª e 4ª follas do libro diario de mergullo, salvo que se solicite a de iniciación ó mergullo.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

6. Certificado de exame expedido ou validado pola Administración competente en materia de formación de mergullo. Non será necesaria a súa presentación se este se realizou na Comunidade Autónoma de Galicia con posterioridade á entrada en vigor da presente orde.

7. Documentación fidedigna que acredite que cumpre os requisitos específicos establecidos para cada titulación.

8. Certificado médico de aptitude para o correspondente nivel de mergullo, expedido por un facultativo habilitado. Este certificado acreditativo de supera-las probas establecidas no anexo IX pode

ser substituído polo recoñecemento médico anual en vigor anotado no libro diario de mergullo.

9. Certificado de avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo expedido por un facultativo habilitado. Este certificado non será necesario se o solicitante está en posesión doutra tarxeta de mergullo profesional en vigor, debendo neste caso acreditalo co libro diario de mergullo.

10. Fotocopia compulsada do certificado de ter superado o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais no seu nivel correspondente ou, estando en posesión del, certificado de que foron realizadas as reciclaxes correspondentes.

11. Certificado expedido pola entidade xestora da Seguridade Social de non ser pensionista nin por xubilación nin por invalidez.

Artigo 17º

A renovación das tarxetas de mergullo profesional poderá ser solicitada polos interesados no último trimestre da súa vixencia mediante solicitude modelo do anexo I-B acompañada da documentación que se indica.

Artigo 18º

A documentación necesaria para a renovación das tarxetas de mergullo profesional é a seguinte:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-B.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada da tarxeta antiga.

4. Fotocopia compulsada da 1ª e 4ª follas do libro diario de mergullo.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

6. Certificado médico de aptitude para o correspondente nivel de mergullo, expedido por un facultativo habilitado. Este certificado acreditativo de supera-las probas establecidas no anexo IX, pode ser substituído polo recoñecemento médico anual en vigor anotado no libro diario de mergullo.

7. Certificado de avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo, expedido por un facultativo habilitado. Este certificado non será necesario se o solicitante está en posesión doutra tarxeta de mergullo profesional en vigor, debendo, neste caso, acreditalo co libro diario de mergullo.

8. Certificado expedido pola entidade xestora da Seguridade Social de non ser pensionista nin por xubilación nin por invalidez.

9. Fotocopia compulsada do certificado de ter superado o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais no seu nivel correspondente, ou, estando en posesión del, certificado de que foron realizadas as reciclaxes correspondentes.

Artigo 19º

No caso de extravío, roubo ou destrucción física da tarxeta, poderá expedirse un duplicado que manterá a data de caducidade que correspondese á orixinal.

Na nova tarxeta emitida para substituí-la orixinal, farase constar que é duplicado do orixinal.

Para os efectos do aboamento de taxas o duplicado terá a consideración dunha renovación.

A emisión do duplicado realizarase por solicitude do interesado, que achegará a seguinte documentación:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-B.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Declaración fidedigna das circunstancias do extravío ou destrucción da tarxeta ou copia da denuncia do roubo en que conste o da tarxeta.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

6. Do libro diario de mergullo, fotocopias de: 1ª folla e da folla do último recoñecemento médico.

Artigo 20º

A documentación necesaria para a obtención das certificacións de especialidades de mergullo profesional é a seguinte:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-C.

2. Fotocopia compulsada da 1ª e 4ª follas do libro diario de mergullo.

3. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

4. Certificado de exame expedido ou validado pola administración competente en materia de formación de mergullo. Non será necesaria a súa presentación se este se realizou na Comunidade Autónoma de Galicia con posterioridade á entrada en vigor da presente orde.

5. Fotocopias compulsadas das follas do libro diario de mergullo correspondentes ó recoñecemento médico anual en vigor anotado no libro diario de mergullo, á avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo e de anotación do curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais no seu nivel correspondente.

Artigo 21º

As tarxetas serán recollidas persoalmente polo interesado na oficina da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura que indique na solicitude. Para recollela deberá de presenta-lo libro diario de mergullo, co fin de que se realice a anotación correspondente.

III. Do libro diario de mergullo.

Artigo 22º

O libro diario de mergullo é o elemento material que recolle a historia profesional do titular; o seu formato e composición están establecidos no anexo II. Terá unha validez de dez (10) anos desde a expedición, e nel anotaranse as titulacións de mergullo profesional e as especialidades, a realización dos cursos de primeiros auxilios para mergulladores profesionais e as súas correspondentes reciclaxes, os recoñecementos médicos e psicolóxicos periódicos e as eventuais restriccións para a práctica do mergullo e, ademais, todas e cada unha das intervencións hiperbáricas nas que participe.

Artigo 23º

O libro diario de mergullo é persoal e intransferible, correspondendo a responsabilidade do seu uso e custodia ó seu titular. En caso de ser utilizado de xeito fraudulento ou por persoa distinta do titular, retirarase e anularase, sen prexuízo de esixi-las responsabilidades ás que houbese lugar. Para tódolos efectos substitúe o caderno de actividades subacuáticas.

Artigo 24º

É responsabilidade do titular manter e actualiza-lo libro diario de mergullo, para o que deberá:

-Face-los rexistros das inmersións efectuadas cada día e que serán referendadas polo xefe de equipo.

-Solicitar que os facultativos correspondentes realicen as anotacións das revisións médicas e psicolóxicas periódicas.

-Solicitar da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura as anotacións das novas titulacións e especialidades que obteña.

IV. Do procedemento de emisión do libro diario de mergullo.

Artigo 25º

O libro diario de mergullo será expedido a solicitude do interesado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a través das súas delegacións territoriais, que o dilixenciarán e cubrirán as follas 1ª e 4ª, anotarán o número de serie, o titular a quen corresponde e a súa data de expedición.

Á finalización da súa validez ou no caso de esgotarse as súas follas de anotación, deberase de solicitar un novo.

Artigo 26º

A documentación necesaria para a obtención do libro diario de mergullo é a seguinte:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo I-D.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome escrito no dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Documentación fidedigna que acredite as titulacións e especialidades que posúe, salvo que teñan sido emitidas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

A documentación solicitada nos puntos 3 e 4 poderá substituírse pola presentación do libro diario de mergullo anterior. Non obstante, deberanse de acreditalos cambios ou engadidos ós datos que figuran nel.

Capítulo III

Das titulacións e da súa obtención

I. Das titulacións de mergullo profesional.

Artigo 27º

As titulacións de mergullo profesional que se poden obter en Galicia son:

1. Mergullador en apnea.

2. Iniciación ó mergullo profesional.

3. Mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

4. Mergullador profesional de 2ª clase.

5. Mergullador profesional de 1ª clase.

6. Mergullador instructor profesional.

7. Técnico en mergullo de media profundidade.

8. Especialidades subacuáticas profesionais:

a) Instalacións e sistemas de mergullo.

b) Reparacións en flotación e salvamento de buques.

c) Corte e soldadura subacuáticas.

d) Obras hidráulicas.

e) Explosivos subacuáticos.

f) Salvamento e rescate subacuáticos.

g) Inspección subacuática e ensaios non destructivos.

h) Mergullo en ambientes hiperbáricos e subacuáticos especiais e contaminados.

i) Mostraxe e inspección biolóxica.

Artigo 28º

As titulacións de escafandrista de pequena profundidade, escafandrista de gran profundidade, escafandrista instructor e operador de cámaras poderanse renovar nas condicións xerais establecidas nesta orde.

Artigo 29º

Consonte o establecido no Decreto 152/1998, do 15 de maio, para poder optar a unha titulación ou especialidade de mergullo profesional é necesario reunir condicións físicas e psíquicas acordes coas

características da actividade de mergullo profesional polo que se establecen para o seu acceso e/ou a emisión e renovación das tarxetas, as probas e mínimos que seguen:

1. Exame médico de aptitude para o mergullo profesional nas súas modalidades inicial e periódico, segundo o establecido no anexo IX.

2. Proba de avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional, segundo o establecido no anexo IX.

3. Probas físicas tanto en terra como en piscina, o contido e mínimos das cales se establecen nos requisitos para acceder ás titulacións (anexo IV).

II. Da obtención das titulacións.

Artigo 30º

Para obter unha titulación ou especialidade de mergullo profesional os aspirantes deberán de inscribirse e realizar un curso de formación, superando ó seu remate unha proba de coñecementos ante un tribunal designado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos termos establecidos na presente orde.

Artigo 31º

Para poder inscribirse nos cursos de formación, o aspirante deberá de reuni-los seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos dezaoito anos de idade. No caso de aspirar ós de mergullo en apnea ou iniciación ó mergullo profesional, ter 16 anos cumpridos e posuír autorización do pai, nai ou titor acreditada documentalmente.

2. Te-lo ensino académico obrigatorio.

3. Supera-lo exame médico de aptitude para o mergullo profesional. O certificado médico acreditativo de superar este exame pode ser substituído polo recoñecemento médico anual en vigor anotado no libro diario de mergullo.

4. Supera-la avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional. Esta proba non será necesaria se o solicitante está en posesión doutra tarxeta de mergullo profesional en vigor, debendo neste caso acreditalo coa propia tarxeta ou co libro diario de mergullo.

5. Aquelas específicas para cada titulación ou especialidade establecidas no anexo V.

Artigo 32º

No caso de que os cursos requiran a realización previa de probas físicas e/ou de recompresión e tolerancia ó osíxeno, estas deben de ser convocadas previamente, debendo estar presentes na súa realización un representante da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, o instructor encargado da dirección do curso correspondente e un facultativo en medicina inscrito no censo previsto no artigo 43.

Dos resultados das citadas probas levantaranse a/as actas correspondentes, indicando os aspirantes aptos ou non aptos, que serán asinadas polas tres persoas anteriormente citadas antes da súa remisión á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Artigo 33º

De acordo cos resultados das devanditas probas e despois de comprobar na documentación presentada polo aspirante o cumprimento dos demais requisitos, procederase á súa inscrición no curso correspondente.

Artigo 34º

Os aspirantes a un título ou especialidade de mergullo profesional están obrigados a asistir ó curso de formación, sendo necesaria a realización da totalidade das prácticas e a asistencia de polo menos o 80% das horas de formación teórica para acceder á proba de avaliación final.

Artigo 35º

A programación xeral, cos contidos teóricos e prácticos dos cursos de formación para cada unha das titulacións e especialidades son os establecidos no anexo VI.

Artigo 36º

A proba de coñecementos final do curso e a avaliación da aptitude para titulación ou especialidade de mergullo profesional será realizada por un tribunal designado pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, de acordo co Decreto 428/1993, do 17 de decembro, que estará formado por tres docentes, un dos cales actuará como presidente e outro como secretario, e polo mergullador instructor profesional director do curso.

O tribunal, en casos específicos, poderá solicita-la asistencia técnica de docentes especialistas na materia.

Artigo 37º

Os aspirantes que superen a avaliación co resultado de aptitude poderán solicita-la tarxeta de mergullador profesional correspondente á titulación ou especialidade superada cando cumpran os requisitos establecidos no anexo V para cada unha delas, para o que deberán de presenta-la documentación establecida no artigo 15º.

Artigo 38º

Os aspirantes que teñan a titulación académica de técnico en mergullo de media profundidade, cando soliciten a súa tarxeta de mergullador profesional expediráselles e anotaráselles no seu libro diario de mergullo as especialidades subacuáticas profesionais de: instalacións e sistemas de mergullo, corte e soldadura subacuática, obras hidráulicas, reparacións en flotación e salvamento de buques e explosivos subacuáticos.

Artigo 39º

Os mergulladores profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, para a obtención e/ou renovación das súas tarxetas profesionais, deben de realiza-lo curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais ou, se é o caso, efectua-las correspondentes reciclaxes no nivel determinado no anexo V desta orde, a programación xeral, contidos teóricos e prácticos da cal son os establecidos no anexo VII. Os correspondentes cursos serán convocados e impartidos en centros oficiais da Comunidade Autónoma galega na forma que regulamentariamente se determine.

As citadas reciclaxes realizaranse cada cinco anos, e son necesarias para a renovación das tarxetas correspondentes, as cales serán anotadas no libro diario de mergullo.

Capítulo IV

Da realización dos cursos

Artigo 40º

Os cursos para a obtención das titulacións e especialidades de mergullo profesional serán dirixidos e impartidos por un mergullador instructor profesional coa colaboración do persoal necesario. As dotacións mínimas de persoal e a súa titulación, así como o número máximo de alumnos por curso, axustaranse ó disposto no anexo VIII.

Artigo 41º

Correspóndelle ó mergullador instructor profesional, como responsable do curso, adopta-las medidas necesarias para un correcto aproveitamento das ensinanzas para garantir en cada momento o necesario nivel de seguridade ós participantes. Dirixirá e coordinará as prácticas, asegurándose de que se conta co material necesario para a súa realización nas debidas condicións de seguridade, e elaborará un procedemento de actuación de emerxencia e un dispositivo de evacuación para poder poñer en práctica en caso dun accidente.

Artigo 42º

Todo o persoal docente que interveña nun curso correspondente para a obtención dalgún título ou especialidade de mergullo profesional, debe de estar en posesión dun curso de capacitación pedagóxica de polo menos 100 horas lectivas, impartido por unha entidade oficial.

Non se esixirá este requisito ós expertos que participen ocasionalmente no curso impartindo materias puntuais, charlas ou similares.

Capítulo V

Do censo de facultativos habilitados

Artigo 43º

Créase un censo de facultativos habilitados para a realización das probas de avaliación psicolóxica e exames médicos dos mergulladores, que se establece no Negociado de Titulacións Náutico-Pesquei

ras da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Artigo 44º

Para a aceptación dos certificados médicos ou informes de avaliación psicolóxica emitidos polos correspondentes facultativos, estes deberán estar inscritos no censo de facultativos do artigo anterior.

Artigo 45º

Para inscribirse no censo o facultativo interesado deberá solicitalo por escrito, indicando o seu enderezo profesional e acompañando a solicitude de:

Fotocopia compulsada do título profesional correspondente e indicación do número de colexiado e colexio oficial no que está dado de alta ou certificado do colexio oficial que acredite a súa colexialización.

Documento que acredite a realización, segundo corresponda, dun curso de polo menos 150 horas lectivas de especialización en medicina subacuática ou dun curso de 25 horas lectivas de avaliación psicolóxica para mergulladores, expedido por unha entidade oficial.

Artigo 46º

Os facultativos inscritos no censo están obrigados a:

Manter nos seus arquivos un expediente do examinado, debidamente informado para o seu uso no caso de accidente.

Comunicar á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación os recoñecementos ou probas de resultado non apto que lles efectúen ós mergulladores en activo, por escrito, no prazo de cinco (5) días naturais posteriores ó devandito recoñecemento. Neste caso entregaranlle ó interesado un informe detallado para os efectos de xustifica-la súa situación laboral e para que poida, se fose pertinente, tramitar ante a Administración correspondente a baixa laboral por incapacidade temporal ou grande invalidez, ou calquera outra situación xurídico-social que o traballador puidese solicitar, conforme a lexislación vixente na materia.

Capítulo VI

Dos recoñecementos e validacións

Artigo 47º

Os posuidores de tarxetas emitidas por outras administracións españolas poderán cambialas polo seu equivalente en Galicia, debendo axustarse nos prazos fixados nas disposicións transitorias ó establecido nesta norma.

Artigo 48º

Os posuidores de titulacións profesionais expedidas en países da Unión Europea poderán solicita-lo seu recoñecemento mediante escrito realizado á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, segundo o establecido no R.D. 1396/95 e R.D. 1754/98.

Artigo 49º

Os posuidores de titulacións profesionais emitidas en países estranxeiros poderán solicita-la súa validación mediante petición realizada á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, á que se acompañará a documentación oficial que acredite as atribucións da titulación, os requisitos de acceso, o programa formativo e de prácticas que é necesario realizar para a súa obtención, debidamente dilixenciados pola embaixada ou polo consulado de España e acompañado unha traducción xurada se aquela está en idioma distinto do castelán.

Disposicións transitorias

Primeira.-Esta orde será de aplicación ás solicitudes de emisión ou renovación de tarxetas de mergullo presentadas con anterioridade á súa entrada en vigor, salvo que a última normativa anterior en vigor fose máis favorable; en tal caso aplicarase esta.

Segunda.-A partir do 1 de xaneiro do 2001, será necesario ter realizado e anotado no libro de mergullo o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais, no nivel que corresponda a cada titulación e a súa reciclaxe correspondente.

Terceira.-No prazo de seis (6) meses desde a entrada en vigor desta orde tódolos mergulladores profesionais en Galicia deben estar en posesión do libro diario de mergullo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Créanse no Rexistro de Titulacións Náutico-Pesqueiras dúas seccións, unha sección de pesca e outra de mergullo profesional, nas que se realicen as anotacións segundo corresponda a unha ou outra.

Segunda.-Para efectos da realización dos recoñecementos medicos establecidos na presente orde, son habilitados para a súa realización os facultativos titulares pertencentes ó Servicio de Medicina Marítima do Instituto Social da Mariña.

Terceira.-Créase a Comisión Galega de Mergullo Profesional, como órgano consultivo da consellería para os asuntos relacionados con esta actividade. A súa composición e funcionamiento será establecido regulamentariamente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para a publicación daquelas disposicións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1999.

P.D. (17-12-1997 DOG nº 276 do 22)

Amancio Landín Jaráiz

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

ANEXO II

MODELOS E CARACTERÍSTICAS DAS TARXETAS DE MERGULLO PROFESIONAL

As tarxetas de mergullo profesional responderán ó modelo que corresponda coas seguintes características:

Material: PVC (cloruro de vinilo) laminado ou equivalente.

Tamaño: 85,69 mm de longo por 53,98 mm de largo.

Grosor: 0,76 mm.

Suxeitas ás normas ISO 7810 y 7811.

Fotografía: integrada por dixitalización a cor.

Anverso: fondo azul (Pantone Process Cyan 2) e branco; Impresión en negro.

Reverso: fondo branco con escudo de Galicia en azul. Impresión en negro.

ANEXO III

DIARIO DE MERGULLO PROFESIONAL

O libro diario de mergullo axustarase ás seguintes características:

1. Formato 17x21 cm.

2. Composición. O libro constará dos seguintes puntos:

Datos do titular. 1 páxina.

Instruccións para cubrilo. 1 páxina.

Lexislación e normas de seguridade. 1 páxina.

Titulacións de mergullo profesional. 1 páxina.

Especialidades de mergullo profesional. 1 páxina.

Cursos de primeiros auxilios. 1 páxina.

Reciclaxes de primeiros auxilios. 1 páxina.

Datos médicos. 1 páxina.

Aptitude medica. 10 páxinas.

Aptitude psicolóxica. 1 páxina.

Rexistro de inmersións. 400 páxinas.

Rexistro del períodos de saturación. 2 páxinas que terán o formato que se indica.

3. Os textos imprimiranse en galego, castelán e inglés.

4. No momento da súa expedición será asinado e selado na páxina correspondente e cubertos os datos dos recadros que corresponda encher á Administración.

ANEXO IV

REQUISITOS QUE DEBERÁN CUMPRIR E PROBAS QUE TEÑEN QUE SUPERA-LOS ASPIRANTES A UN TÍTULO OU ESPECIALIDADE DE MERGULLO PROFESIONAL PARA INSCRIBIRSE NOS CURSOS DE FORMACIÓN

Os requisitos singulares que deben cumprir e as probas específicas que teñen que supera-los aspirantes a participar nun curso de formación para a obtención de cada titulación ou especialidade de mergullo profesional son:

1. Mergullador en apnea.

Probas específicas:

Supera-las seguintes probas físicas en piscina:

-Facer una apnea de 1 minuto.

-Nadar 400 metros braza.

2. Iniciación ó mergullo profesional.

Probas específicas:

1. Superar todas e cada unha das seguintes probas físicas:

En instalacións en terra:

1. Course Navette de 20 m, acadando como nivel mínimo o nivel 6.

2. 30 m lisos saída-parada: tempo mínimo 7 seg.

3. Salto a pés xuntos. Distancia mínima: homes 1,5 m, mulleres 1,25 m.

4. Flexión barra: tempo mínimo, homes 20 seg., mulleres 15 seg.

5. Flexións no chan (abdominais): número mínimo, 25 nun min.

En piscina:

1. Realizar unha apnea de 1 minuto.

2. Mergullarse 25 metros en lonxitude polo fondo da piscina.

3. Nadar 200 metros braza con equipo lixeiro.

2. Supera-lo test de compresión e tolerancia ó osíxeno hiperbárico.

5 minutos a 50 m.c.a. en cámara hiperbárica respirando aire.

30 minutos a 18 m.c.a. respirando osíxeno medicinal.

3. Mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

Requisitos específicos:

Estar en posesión do título de iniciación ó mergullo profesional.

4. Mergullador profesional de 2ª clase.

Requisitos específicos:

Estar en posesión do título de mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

5. Mergullador profesional de 1ª clase.

Requisitos específicos:

Estar en posesión do título de mergullador profesional de 2ª clase, ou ben estar en posesión do título profesional de técnico en mergullo a media profundidade.

6. Mergullador instructor profesional.

Requisitos específicos:

Estar en posesión do título de mergullador profesional de 1ª clase.

Ter realizado un curso de aptitude pedagóxica ou de formación de formadores, de polo menos 100 horas lectivas, con certificado emitido por un organismo oficial.

7. Especialidades subacuáticas.

Requisitos específicos:

Estar en posesión do título de mergullador profesional de 2ª clase por un período mínimo dun ano, ou estar en posesión do título profesional de técnico de mergullo a media profundidade ou doutro de superior categoría.

ANEXO V

REQUISITOS PARA A OBTENCIÓN DAS TITULACIÓNS DE MERGULLO PROFESIONAL

Os requisitos que deben cumprir para obter cada unha das titulacións ou especialidades de mergullo profesional e solicita-la correspondente tarxeta acreditativa son:

1. Mergullador en apnea.

Se é menor de 16 anos, acreditar documentalmente a autorización do pai, nai ou titor.

2. Iniciación ó mergullo profesional.

Ter realizado o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais. Nivel I.

Se é menor de 16 anos, acreditar documentalmente a autorización do pai, nai ou titor.

3. Mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

Estar en posesión do título de iniciación ó mergullo profesional.

Ter realizado o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais. Nivel I.

4. Mergullador profesional de 2ª clase.

Estar en posesión do título de mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

Ter realizado o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais. Nivel I.

5. Mergullador profesional de 1ª clase.

Estar en posesión do título de mergullador profesional de 2ª clase por un período mínimo de dous anos, ou ben estar en posesión do título profesional de técnico en mergullo a media profundidade por un período mínimo dun ano.

Presentar diario de mergullo profesional correctamente cuberto tendo realizado 3.000 minutos de tempo baixo a auga, dos cales 600 minutos serán realizados a máis de 20 metros de profundidade e 300 a máis de 30 metros de profundidade.

Ter realizado o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais, nivel I e II.

6. Instructor de mergullo profesional.

Estar en posesión do título de mergullador profesional de 1ª clase por un período de polo menos dous anos.

Acredita-la realización do cursos de primeiros auxilios para mergulladores profesionais, nivel I e II.

Acreditar 400 horas de docencia en cursos de mergullo profesional, dos regulados nesta norma, por medio de certificado/os emitido/os pola entidade responsable da súa organización, xustificados documentalmente.

7. Técnico en mergullo de media profundidade.

Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

Acreditar estar en posesión do título académico de técnico en mergullo a media profundidade.

Certificado médico que acredite ter superado o exame médico de aptitude para a práctica do mergullo profesional.

Ter realizado o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais. Nivel I.

8. Especialidades subacuáticas.

Estar en posesión do título de mergullador profesional de 2ª clase por un período mínimo dun ano, ou ben estar en posesión do título profesional de técnico en mergullo a media profundidade.

Ter realizado o curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais. Nivel I.

ANEXO VI

PROGRAMAS DE FORMACIÓN PARA CADA TITULACIÓN

O programa de formación de cada titulación ou especialidade axustarase ó seguinte deseño curricular:

1. Mergullador en apnea.

* Obxectivo xeral.

Realizar traballos de extracción e recursos mariños de maneira segura, competente e responsable ata unha profundidade de 10 metros, utilizando exclusivamente técnicas de mergullo en apnea.

* Obxectivos específicos.

Coñece-los parámetros físicos elementais que rexen o mergullo en apnea.

Coñecer e utilizar con seguridade o equipo de mergullo en apnea.

Coñecer e realiza-los procedementos laborais e especialmente os de seguridade.

Traballar en equipo.

Coñece-los accidentes máis comúns nesta actividade e a súa prevención.

Realizar primeiros auxilios.

Realizar procedementos de emerxencia e evacuación.

Desenvolver unha conciencia responsable ante os recursos mariños.

* Contidos.

Teóricos.

1. Física aplicada ó mergullo en apnea.

A presión.

Lei de Boyle-Mariotte. Aplicación práctica.

2. O equipo de protección individual para a práctica do mergullo en apnea.

A máscara.

O tubo respiratorio.

O traxe, escarpíns, etc.

O cinto de lastre.

As aletas.

O coitelo.

Os guantes.

A boia.

3. Técnicas de inmersión en apnea.

Preparación previa á inmersión.

O descenso: técnicas de inmersión, golpe de ril, etc.

Manobras de compensación dos oídos máis frecuentes.

A navegación baixo a auga, en apnea.

O ascenso. Precaucións e seguridade.

A inmersión en parellas.

4. Anatomía e fisioloxía humana elemental.

O sistema respiratorio.

O sistema circulatorio.

5. Fisiopatoloxía da inmersión en apnea.

Barotraumas.

Accidentes biofísicos.

Accidentes debidos á fauna mariña.

Accidentes laborais motivados por axentes externos.

5. Primeiros auxilios.

Técnicas de rescate do accidentado.

Técnicas de reanimación cardiopulmonar.

Procedementos de emerxencia e evacuación.

Hemorraxias.

Actuación ante un proceso alérxico motivado pola fauna mariña.

A caixa de urxencias.

6. Procedementos de traballo. Seguridade e saúde laboral.

Normas de seguridade para a práctica de actividades subacuáticas de aplicación.

O xefe de equipo.

Equipos de protección individual, en terra, a bordo e debaixo da auga.

Planificación do traballo. O traballo en equipo.

A embarcación de apoio. Funcións.

Sinalización da zona de traballo.

Elaboración do plan de emerxencias e de evacuación.

As comunicacións.

Normas elementais para a prevención da saúde e de hixiene persoal.

7. A extracción de recursos responsable.

Os recursos pesqueiros. A pesca responsable. Aplicacións á actividade dos mariscadores en apnea.

Breves indicacións da bioloxía das especies que se van extraer.

Normativa marítimo-pesqueira autonómica aplicable.

Prácticos.

1. En terra.

Mantemento e reparación elemental do equipo.

Técnicas correctas de respiración de preparación para a apnea.

Técnicas de reanimación cardiopulmonar.

2. En piscina ou augas confinadas (profundidade menor de 2 metros).

Equiparse correctamente.

Técnicas de entrada na auga.

Técnica correcta para move-las aletas.

Navegación en superficie:

-Boca abaixo co tubo respiratorio e máscara.

-De costas.

-Boca abaixo co tubo e sen máscara.

Técnicas de inmersión: o golpe de ril.

Navegación debaixo da auga.

Remolque do compañeiro.

Coloca-la máscara debaixo da auga.

Técnicas de relaxación debaixo da auga.

Percorridos crecentes.

3. No mar (en profundidades crecentes ata 10 metros).

Percorridos en superficie.

Realización dunha simulación dun procedemento de recuperación rescate e evacuación dun mergullador en apnea accidentado.

Realización de traballos de extracción (simulación) a profundidades crecentes, en parellas, aplicando tódolos coñecementos adquiridos.

* Normas para a realización de prácticas.

1. En piscina ou augas confinadas (profundidade menor de 2 metros), o número mínimo de xornadas de prácticas será de 6. Só se poderá realizar unha diaria.

2. No mar, o número mínimo de xornadas de prácticas será de 6. Só se poderá realizar unha diaria.

3. Os alumnos deben de totalizar unha distancia total mínima en percorridos en superficie non inferior a 10 quilómetros ó longo do curso.

4. Os alumnos deben de totalizar, como mínimo, 12 horas de traballo efectivo no mar, simulando traballos de extracción. Será realizado en profundidades crecentes.

* Carga horaria do curso: 50 horas lectivas (15 teóricas e 35 prácticas).

2. Iniciación ó mergullo profesional.

* Obxectivo xeral.

Traballar e realizar, de forma segura e competente, intervencións en medio hiperbárico e subacuático ata una presión relativa de 1,5 bares, utilizando como medio respiratorio o aire.

* Obxectivos específicos.

Ter un nivel de formación xeral que permita utiliza-los documentos industriais habituais (planos, plánings, ábacos, descrición do material, procedementos) e a maneira de traballar con seguridade coas ferramentas correntes na obra en superficie.

Ter un nivel de formación teórica e práctica suficiente para comprender e efectua-los cálculos necesarios para a realización de inmersións seguras (táboas de descompresión, nocións de física dos gases, análise, control dos tempos, cálculo de flotabilidade e pesos ...).

Traballar en equipo.

Realizar primeiros auxilios.

Te-la acuaticidade adecuada e manexar con seguridade o equipo autónomo e de subministración desde superficie.

* Obxectivos concretos para cada unidade didáctica.

1. Teoría.

1. Lexislación.

O alumno coñece:

As normas de seguridade para a práctica das actividades subacuáticas.

As titulacións e cualificacións. Competencias.

Normativa sobre hixiene e prevención de riscos laborais. Normativa anexa que poida afecta-lo traballador subacuático.

2. Física e química aplicadas ó mergullo.

O alumno coñece:

Magnitudes e cálculos necesarios.

Física e química relacionadas co mergullo.

As aplicacións específicas á práctica do mergullo.

3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos.

O alumno coñece:

Conceptos de anatomía básicos.

Fisioloxía e fisiopatoloxía aplicadas ó mergullo.

Os accidentes derivados da práctica do mergullo.

Os primeiros auxilios en caso de accidente de mergullo.

4. Material de mergullo.

O alumno coñece:

Nocións básicas das plantas e equipos de mergullo.

As regras de seguridade referidas á utilización de plantas e equipos de mergullo.

Mantemento e conservación básica de plantas e equipos de mergullo.

O manexo de ferramentas elementais de utilización subacuática.

5. Planificación e organización do traballo subacuático.

O alumno coñece:

A preparación e alistado do material e do traballo subacuático.

A utilización das listas de comprobación (check-list). As follas e impresos de inmersión.

Os métodos e estratexias de traballo en grupo.

6. Técnicas de mergullo.

O alumno coñece:

A utilización das táboas de descompresión.

O manexo do equipo de inmersión.

O consumo dos distintos equipos de mergullo.

A comunicación entre mergulladores e mergullador superficie.

O material e equipo necesarios na preinmersión.

O mergullo en apnea.

2. Práctica.

1. Métodos e equipo.

O alumno coñece:

A preparación e forma de equiparse adecuadamente, os distintos elementos que compoñen os equipos autónomos e de subministración desde superficie.

A utilización das listas de comprobación.

2. Adaptación ó medio e técnicas de mergullo.

O alumno coñece:

As técnicas de natación con aletas.

A utilización do equipo na piscina.

O abandono e recollida do equipo autónomo.

O uso do traxe seco de volume variable.

A orientación con compás no mar.

As técnicas necesarias para levar a cabo percorridos en inmersión no mar.

As técnicas de comunicación mergullador-mergullador, mergullador-superficie.

A utilización de equipos con subministración desde superficie.

Técnicas elementais de mergullo en apnea.

3. Prácticas de emerxencia.

O alumno coñece:

Os métodos de actuación do mergullador de emerxencia. Axuda, rescate e evacuación.

Procedementos de emerxencia con equipos autónomos.

Procedementos de emerxencia con equipos de subministro desde superficie.

4. Técnicas de traballo subacuático.

O alumno coñece:

Procedementos de traballo en equipo.

As técnicas de traballo con ferramentas manuais básicas.

A realización de traballos elementais.

5. Condicións particulares de traballo.

O alumno coñece:

As técnicas de mergullo con visibilidade limitada.

As técnicas do mergullo nocturno.

O mergullo en ambientes insalubres.

* Contidos das unidades didácticas.

1. Teoría.

1. Lexislación.

Normas de seguridade para a práctica das actividades subacuáticas.

Titulacións e cualificacións.

Normativa de hixiene e prevención de riscos laborais.

Normativa anexa, de interese para a práctica do mergullo laboral.

2. Física e química aplicadas ó mergullo.

Sistemas de unidades e magnitudes.

Flotabilidade. Principio de Arquímedes.

Gravidade, peso e centro de gravidade.

Condicións físicas do medio acuático. Salinidade, densidade, presión, temperatura, iluminación, reflexión, refracción.

Propiedades dos líquidos e dos gases:

-Relación entre presión e volume (Lei de Boyle-Mariotte).

-Volume e temperatura (Lei de Charles).

-Presión parcial dos gases (Lei de Dalton).

-Solubilidade dos gases nun fluído (Lei de Henry).

3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos.

Anatomía e fisioloxía básicas de:

-Sistema circulatorio.

-Sistema cardiorrespiratorio. Volumes e consumos respiratorios.

-Oído e seos.

-Sistema músculo-esquelético.

Fisioloxía e fisiopatoloxía:

-Efectos da presión sobre o corpo humano.

Accidentes derivados da práctica do mergullo:

-Problemas xerais.

-Problemas de descenso.

-Problemas no fondo.

-Problemas do ascenso.

-Problemas derivados do mergullo en apnea.

Primeiros auxilios.

-Recoñecemento dos síntomas dos accidentes de mergullo.

-Parada cardiorrespiratoria e técnicas de reanimación.

-Feridas, hemorraxias, fracturas, queimaduras, electrocución, asfixia e edema pulmonar, hipo e hipertermia.

-Traslado do accidentado.

4. Material de mergullo.

Material de mergullo:

-Equipos autónomos.

-Equipos de subministración desde superficie.

-Traxes húmidos e secos.

-Compresores de alta e de baixa presión.

-Procedementos de carga de botellas.

Regras de seguridade:

-Equipos de protección individual dos traballadores en superficie.

-Na carga de botellas.

-No manexo de ferramentas básicas.

Inspeccións periódicas de recipientes e aparellos a presión.

Transporte e almacenamento de recipientes a presión.

Mantemento dos equipos:

-Adozado, limpeza, desinfección, estiba e arranchado do equipo.

-Reparacións básicas e reposición de compoñentes do equipo.

-Manexo e interpretación de libros de rexistro e mantemento.

Manexo de ferramentas.

5. Planificación e organización do traballo subacuático.

Planificación e coordinación do traballo.

Composición, funcións e responsabilidade dos membros integrantes dun equipo de traballo subacuático.

Elaboración do plan de emerxencia e evacuación.

6. Técnicas de mergullo.

Manexo e interpretación de táboas.

Manexo do equipo de inmersión: autónomo e de subministración desde superficie.

Cálculo de consumos cos distintos equipos de mergullo.

Comunicación e sinais manuais entre mergulladores.

Procedementos de comunicación oral que garantan a eficacia na transmisión de ordes mergullador-superficie e mergullador-mergullador.

2. Prácticas.

Piscina:

Equipo lixeiro:

-Equiparse adecuadamente.

-Entradas na auga.

-Control da flotabilidade e adaptación ó medio.

-Natación con aletas.

-Descenso en apnea.

-Percorridos en apnea.

Equipo autónomo:

-Equiparse adecuadamente.

-Control da flotabilidade, adaptación ó medio e descenso.

-Ambientación.

-Comunicación por sinais.

-Drenaxe e recuperación do regulador.

-Baleirado de lentes.

-Desenvolverse no fondo sen lentes.

-Prácticas e flotabilidade co chaleco hidrostático.

-Entradas na auga.

-Comparti-lo regulador (estático e dinámico).

-Percorridos polo fondo e en superficie.

-Ascenso de emerxencia.

-Simulación de emerxencias debaixo da auga.

Subministración desde superficie:

-Practica-los roles do grupo de traballo.

-Xefe de equipo: listas de comprobación, manipulación e control do cadro de distribución.

-Axudante de mergullo: equipa e desequipa o mergullador. Controla os umbilicais.

-Mergullador de emerxencia: simulación de situacións de emerxencia.

-Mergullador:

-Entradas e saídas na auga.

-Prácticas de comunicación: orais e por tiróns.

-Prácticas de flotabilidade.

-Natación con aletas e sen elas.

-Prácticas de emerxencia.

-Prácticas co traxe seco.

-Corte de subministración. Simulación de aboiamento.

-Enredo de umbilicais.

-Inundado da máscara facial.

Percorridos en augas libres:

Equipo lixeiro: percorridos progresivos en superficie.

Equipo autónomo: percorridos progresivos en superficie e baixo a auga con compás e profundímetro.

Taller e equipos:

Funcionamento e mantemento do compresor de alta e de baixa presión.

Carga de botellas.

Reparacións sinxelas nos traxes de mergullo.

Revisións do estado de xuntas, conexións e mangueiras.

Arranchado, estiba e adozado do material de mergullo.

Manexo de ferramentas simples debaixo da auga.

Manexo de baterías de alta presión.

Primeiros auxilios:

RCP con manequín.

Vendaxes, inmobilizacións e traslado do accidentado.

Montaxe e utilización do equipo de osixenoterapia.

Traballos en augas libres:

Equipo autónomo:

-Descenso sen lentes.

-Recuperación do mergullador inconsciente.

-Ascenso con regulador compartido.

-Intercambio do equipo no fondo.

-Práctica de sinais no fondo.

-Escape libre, desde 5-10-15 metros de profundidade.

-Abandono e recollida do equipo.

-Realización dun traballo con visibilidade cero.

Subministración desde superficie:

-Prácticas de emerxencia.

-Prácticas de aboiamento con traxe seco.

-Corte de subministración.

-Enredo de umbilicais.

-Inundado de máscara facial.

Traballos:

-Cortes con serra, cizalla e cortafríos.

-Realización de traballos con visibilidade cero.

-Montaxe e desmontaxe de gola.

-Cravar madeira.

-Realización dun encofrado.

-Busca e recuperación (globos dun máximo de 500 kg).

-Inspección visual.

-Taponamentos.

* Carga horaria do curso.

Teoría.

Lexislación: 10 horas.

Física e química aplicadas ó mergullo: 12 horas.

Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos: 8 horas,

Material de mergullo: 4 horas.

Planificación e organización do traballo subacuático: 2 horas.

Técnicas de mergullo: 14 horas.

Práctica.

Piscina: 40 horas.

Percorridos en augas libres: 8 horas.

Taller e equipos: 10 horas.

Primeiros auxilios: 2 horas.

Traballos en augas libres: 40 horas.

Normas para a realización das prácticas na auga.

O tempo de prácticas en piscina (40 horas) inclúe a preparación do equipo, percorridos e o tempo baixo a auga. Será impartido en sesións de 4 horas diarias, durante dúas semanas, preferentemente os días laborables, de forma continuada.

O tempo de percorridos en augas libres (8 horas), é efectivo e non inclúe o tempo de preparación do equipo nin de desprazamento ó lugar de prácticas. Poderán ser efectuadas o mesmo día cós traballos en augas libres.

O tempo de traballos en augas libres (40 horas). O tempo de inmersión (inclúe a suma do tempo efectuado nas inmersións, desde que se deixa, ata que se alcanza de novo a superficie) será de 2.100 minutos, nos cales non se poderán incluír desprazamentos ó lugar de prácticas nin de preparación e equipamento.

As inmersións realizaranse diariamente, sen interrupción entre elas, preferentemente os laborables.

As profundidades serán crecentes.

Distribuiranse da seguinte forma: tempo total: 35 horas=2.100 minutos.

Profundidades (metros)Tempo mínimo total de inmersión

(Min.)

Tempo mínimo recomendado diario das inmersións (Min.)Nº mínimo de inmersións (Min.)Nº de inmersión mínimo con equipo autónomo e de subministración desde superficie

0-580012074 Aut./3 S. Sup.

)5-1070012064 Aut./2 S. Sup.

)10-15600 9074 Aut./3 S. Sup.

3. Mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

* Obxectivos xerais.

Traballar e realizar, de forma segura e competente, intervencións en medio hiperbárico e subacuático ata unha presión relativa de 3 bares, utilizando como medio respiratorio o aire.

* Obxectivos específicos.

Manexa de maneira segura e competente variados tipos de ferramentas pneumáticas en superficie e baixo a auga, ademais de elementos de tracción e embrague.

Realiza de maneira segura e competente manobras de elevación e traslado de pesos.

Planifica e realiza de forma segura e competente intervencións en medio hiperbárico e subacuático que requiran paradas de descompresión.

Realiza a tramitación e as xestións oportunas para a posta en marcha dun traballo en medio hiperbárico ou subacuático.

* Obxectivos concretos para cada unidade didáctica.

1. Teoría.

1. Lexislación.

O alumno coñece:

As normas de seguridade para a práctica das actividades subacuáticas.

As titulacións e cualificacións. Competencias.

Normativa sobre saúde e prevención de riscos laborais.

Normativa anexa que poida afecta-lo traballador subacuático.

2. Física e química aplicadas ó mergullo.

O alumno coñece:

Magnitudes e cálculos necesarios.

Física e química relacionadas co mergullo.

As aplicacións específicas á práctica do mergullo.

3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos.

O alumno coñece:

Fisioloxía e fisiopatoloxía aplicadas ó mergullo.

Os accidentes derivados da práctica do mergullo.

Os primeiros auxilios en caso de accidente de mergullo.

4. Material de mergullo:

O alumno coñece:

As plantas e equipos de mergullo. Regras de seguridade.

Manexo de ferramentas pneumáticas de utilización subacuática.

Regras de seguridade.

Mantemento e conservación básicos de plantas e equipos de mergullo.

5. Traballos subacuáticos.

O alumno coñece:

Preparación e planificación do traballo subacuático.

Os métodos de execución de traballos que implican manobras con trácters, cables, cabos e pastecas.

Os métodos de traballo en operacións de elevación e traslado de pesos. Regras de seguridade.

As xestións e trámites administrativos necesarios para a posta en marcha de intervencións subacuáticas.

6. Técnicas de mergullo.

O alumno coñece:

Utilización das táboas de inmersión.

Manexo do equipo de inmersión.

A planificación e realización da preinmersión,

7. Idioma.

O alumno coñece:

Procedementos de comunicación mergullador-superficie e mergullador-mergullador, na lingua inglesa.

Terminoloxía técnica aplicada ó mergullo na lingua inglesa.

8. Formación complementaria.

O alumno coñece:

Os principais elementos estructurais dun buque.

As técnicas de prevención e extinción de incendios.

Abandono de buques. Normas de conducta.

Condicións do medio no que se desenvolve o traballo.

2. Práctica.

1. Prácticas de emerxencia.

O alumno coñece:

Os métodos de actuación do mergullo de emerxencia. Axuda, rescate e evacuación.

Procedementos de emerxencia con equipos autónomos.

Procedementos de emerxencia con equipos de subministro desde superficie.

2. Técnicas de traballo subacuático.

O alumno coñece:

A organización dos distintos materiais e equipos que interveñen nun traballo subacuático.

Os procedementos de traballo en equipo.

Técnicas de traballo con ferramentas pneumáticas.

Técnicas de traballo con ferramentas operadas con auga a presión.

Elementos e técnicas de tracción, manobra e embrague.

Elevación e traslado de pesos.

Técnicas elementais de ensamblaxe.

Realización de inmersións en cámaras hiperbáricas.

3. Condicións particulares de traballo.

O alumno coñece:

As técnicas de mergullo con visibilidade limitada.

As técnicas de mergullo nocturno.

O mergullo en ambientes insalubres.

As técnicas de mergullo en ambientes confinados.

* Contidos das unidades didácticas.

1.Teoría.

1. Lexislación.

Normas de seguridade para a práctica das actividades subacuáticas.

Titulacións e cualificacións.

Normativa de saúde e prevención de riscos laborais.

Normativa anexa, de interese para a práctica do mergullo laboral.

2. Física e química aplicadas ó mergullo.

Gases: aplicacións prácticas das leis dos gases.

Sólidos: cálculo de volumes e pesos. Densidade.

Líquidos: principio de Pascal. Aplicacións.

3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos.

Teoría da descompresión.

Accidentes derivados da práctica do mergullo.

-Sobrepresión pulmonar.

-Enfermidade descompresiva.

Toxicidade dos gases (0, CO, CO, N).

Outros accidentes de inmersión.

Protocolo de actuación en caso dun accidente de mergullo. Plan de emerxencia e evacuación.

Declaración de accidente de mergullo.

Primeiros auxilios:

-Recoñecemento dos síntomas dos accidentes de mergullo.

-Parada cardiorrespiratoria e técnicas de reanimación.

-Feridas, hemorraxias, fracturas, queimaduras, electrocución, asfixia e edema pulmonar, hipo e hipertermia.

-Traslado do accidentado.

4. Material de mergullo. Regras de seguridade.

Plantas e equipos de mergullo. Regras de seguridade.

-Compoñentes dos compresores de alta e baixa presión.

-Baterías de alta e baixa presión.

-Manorreductores de alta e baixa presión.

-Manómetros.

-Xeradores.

-Faciais e reguladores.

-Procedementos de seguridade referidos á utilización de plantas e equipos de mergullo.

Manexo de ferramentas pneumáticas de utilización subacuática. Procedementos de seguridade.

-Martelo pneumático.

-Trades.

-Chupona.

-Perforadoras.

-Cepillos.

-Radiais.

-Mangueiras e conexións.

-Procedementos de seguridade na utilización de ferramentas pneumáticas.

Mantemento e conservación básicas de plantas e equipos de mergullo.

-Engraxadores.

-Cambio de aceite e filtros.

-Reparacións básicas de botellas, faciais e manorreductores.

-Mantemento e conservación de ferramentas pneumáticas.

5. Traballos subacuáticos.

Preparación e planificación do traballo subacuático.

-Inspección previa: composición de lugar, toma de datos.

-Selección do sistema de mergullo.

-Composición do grupo de traballo.

-Preparación e posta a punto da ferramenta e equipos.

-Os métodos de traballo que implican manobras con trácters, cables, cabos e pastecas.

-Descrición de elementos.

-Manobras.

-Procedementos de seguridade.

Os métodos de traballo en operacións de elevación e traslado de pesos. Regras de seguridade.

-Cálculos: cubicacións, pesos e requirimentos de aire.

-Ancoraxes e embragues.

-Tipos de sistemas de elevación.

-Procedementos de seguridade.

As xestións e trámites administrativos necesarios para a posta en marcha de intervencións subacuáticas.

6. Técnicas de mergullo.

Utilización das táboas de inmersión.

-Inmersións con aire.

-Inmersións sucesivas.

-Inmersións en altitude.

-Inmersións con descompresión en superficie.

-Descompresións omitidas.

Manexo de equipos de inmersión.

A planificación e realización da inmersión.

-Listas de comprobación do equipo de mergullo.

7. Idioma.

Procedementos de comunicación mergullador-superficie e mergullador-mergullador, en lingua inglesa.

Terminoloxía técnica aplicada ó mergullo en lingua inglesa.

8. Formación complementaria.

Os principais elementos estructurais dun buque.

As técnicas de prevención e extinción de incendios.

Abandono de buques. Normas de conducta.

Condicións do medio no que se desenvolve o traballo.

2. Práctica.

1. Prácticas de emerxencias.

Os métodos de actuación do mergullo de emerxencia. Axuda, rescate e evacuación.

-Rescate de mergullador inconsciente no fondo.

-Intervención nun enredo de umbilicais.

-Evacuación dun accidentado.

Procedemento de emerxencia con equipos autónomos (20 m).

-Descenso sen lentes.

-Recuperación do mergullador inconsciente.

-Ascenso con regulador compartido.

-Intercambio do equipo no fondo.

-Escape libre a 20 m.

Procedementos de emerxencia con equipos de subministración desde superficie.

-Corte de subministración.

-Enredo de umbilicais.

-Saca-la máscara facial e respirar dunha fonte alternativa.

2. Técnicas de traballo subacuático.

Técnicas de traballo con ferramentas pneumáticas.

-Barrenado en rocha e formigón.

-Trades e colocación de ancoraxes.

-Limpeza de superficies con cepillo.

-Corte de chapa e tubo con radial.

-Martelo rompedor (rocha e formigón).

-Dragaxe con chupona.

Técnicas de traballo con ferramentas de auga a presión.

-Lanzas de auga a baixa presión.

-Dragaxe con chupona.

Elementos e técnicas de tracción, manobra e embrague. Elevación e traslado de pesos.

-Elevación e traslado con globos de entre 500 e 3.000 kg.

-Elevación de bloques.

-Elevación de pezas irregulares.

-Elevación de tubo con globos.

Traballos elementais con tubo.

-Ensamblaxe de tubo de aceiro.

Inmersións en cámara hiperbárica ata 30 m de profundidade.

Condicións particulares de traballo.

-Técnicas de mergullo con visibilidade limitada.

-Realización de traballos en fondo lamacento.

Técnicas de mergullo nocturno.

-Realización dun traballo simple.

Mergullo en ambientes insalubres.

-Utilización do equipo especial.

-Procedementos de limpeza e desinfección trala inmersión.

Mergullo en ambientes confinados.

-Realización de traballos no interior de tubo ou estructura pechada somerxida.

Medicións.

* Carga horaria do curso.

1. Teoría.

Lexislación: 2 horas.

Física e química aplicadas ó mergullo: 5 horas.

Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos: 4 horas.

Material de mergullo: 3 horas.

Traballos subacuáticos: 3 horas.

Técnicas de mergullo: 8 horas.

Idioma: 2 horas.

Formación complementaria: 3 horas.

2. Práctica: 60 horas.

Normas para a realización das prácticas na auga.

O tempo mínimo de traballos en sumas libres será de (60 horas), o cal englobará o tempo de desprazamento, preparación, equipamento, operacións básicas de mantemento e o tempo total baixo a auga.

Realizaranse inmersións con equipo de subministración desde superficie, autónomo e en cámara hiperbárica ata unha profundidade de 30 metros.

As profundidades serán crecentes.

En cada rango de profundidades deberase de facer, como mínimo, unha inmersión sucesiva.

En cada rango de profundidades deberase de facer como mínimo unha inmersión que teña paradas de descompresión na auga, co equipo de subministración desde superficie.

O tempo total de inmersión fai referencia ó tempo total de inmersión pasado baixo a auga (descenso, tempo a profundidade e tempo de descenso).

Profundidades (metros)Tempo mínimo total de inmersión (Min.)Nº mínimo de inmersións (Min.)Nº de inmersión mínimo con equipo autónomo, subministración desde superficie e cámara hiperbárica

15-2040062 Aut./4 S. Sup.

)20-2530051 Aut./4 S. Sup.

)25-3025061 Aut./3 S. Sup./2 Cám. Hiperb.

4. Mergullador profesional de 2ª clase.

* Obxectivo xeral.

Traballar e realizar, de forma segura e competente, intervencións en medio hiperbárico e subacuático ata una presión relativa de 6 bares, utilizando como medios respiratorios o aire ou o nitrox.

* Obxectivos específicos.

Manexa de forma segura e competente variados tipos de ferramentas hidráulicas.

Manexa de maneira segura e competente elementos de oxicorte e soldadura.

Realiza de forma segura e competente diversos traballos de obras hidráulicas.

Realiza de maneira segura e competente diversos traballos de reparación a flote e de reflotación de buques.

Realiza de maneira segura e competente inmersións con campá húmida.

* Obxectivos concretos para cada unidade didáctica.

1. Teoría.

1. Lexislación.

O alumno coñece:

As normas de seguridade para a práctica das actividades subacuáticas.

Normativa sobre saúde e prevención de riscos laborais.

Normativa de mergullo profesional do Realth and Safety Executive. Normativa de mergullo profesional francesa.

Normativa sobre salvamentos, achados e extraccións marítimas.

2. Física y química aplicadas ó traballo subacuático.

O alumno coñece:

Aplicacións específicas da física e a química á práctica do mergullo.

3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos,

O alumno coñece:

Fisioloxía e fisiopatoloxía aplicadas ó mergullo.

Os accidentes derivados da práctica do mergullo.

Os primeiros auxilios en caso de accidente de mergullo.

4. Material de mergullo.

O alumno coñece:

Plantas e equipos de mergullo. Regras de seguridade.

Montaxe, manexo e mantemento de ferramentas hidráulicas. Regras de seguridade.

Montaxe, manexo e mantemento de equipos de oxicorte e de soldadura subacuática.

Montaxe, manexo e mantemento de ferramentas de explosión. Mantemento e conservación de plantas e equipos de mergullo.

5. Traballos subacuáticos.

O alumno coñece:

Temporalización do traballo subacuático.

Cálculos de consumos e optimización de recursos.

Realización de obras hidráulicas.

Realización de traballos de corte e soldadura subacuática. Realización de traballos de reparación a flote e salvamento de buques.

Realización de traballos con explosivos.

Realización de traballos de medición e inspección.

Traballos en estructuras en augas abertas.

Traballos en encoros.

As xestións e trámites administrativos para a posta en marcha de intervencións subacuáticas.

6. Técnicas de mergullo.

O alumno coñece:

A utilización das táboas de inmersión. O mergullo en campá húmida.

Técnicas de mergullo utilizando como medio respiratorio o nitrox. Procedementos de seguridade para mergullo en buques equipados con sistemas de posicionamento dinámico.

Nocións básicas sobre equipos especiais (circuíto pechado e semipechado).

7. Idioma.

O alumno coñece:

Terminoloxía técnica aplicada ó mergullo.

Xeneralidades de gramática.

Procedementos de comunicación.

8. Formación complementaria.

O alumno coñece:

Utilidade de embarcacións auxiliares.

Procedementos radiotelefónicos.

Coñecementos de navegación e manobra.

2. Práctica.

1. Prácticas de emerxencias.

O alumno coñece:

Os métodos de actuación do mergullador de emerxencia. Axuda, rescate e evacuación.

Procedementos de emerxencia con equipos de subministración desde superficie.

2. Técnicas de traballos subacuáticos.

O alumno coñece:

Planificación do traballo e organización do material.

Ferramentas hidráulicas.

Corte e soldadura.

Ferramentas de explosión.

Obras hidráulicas.

Reparacións a flote e salvamentos.

Técnicas de traballo con explosivos.

Realización de medicións e inspeccións.

Traballos en estructuras en augas abertas.

3. Técnicas de mergullo.

O alumno coñece:

Mergullo en campá húmida.

A utilización do traxe de auga quente.

Mergullo utilizando o nitrox como mestura respiratoria.

Utilización do osíxeno nas paradas de descompresión.

Técnicas de descompresión en superficie.

Mergullo en condicións particulares.

* Contidos das unidades didácticas.

1. Teoría.

l. Lexislación.

As normas de seguridade para a práctica das actividades subacuáticas.

Normativa sobre saúde e prevención de riscos laborais.

Normativa de mergullo profesional do Health and Safety Executive.

Normativa de mergullo profesional francesa.

Normativa sobre salvamentos, achados e extraccións marítimas.

2. Física e química aplicadas ó mergullo.

Fundamentos físicos das ferramentas de utilización subacuática.

Nocións básicas de electricidade.

Nocións básicas de pneumática.

Nocións básicas de hidráulica.

Comportamento dos gases utilizados en ferramentas baixo presión.

Resolución de supostos prácticos de traballos subacuáticos.

3. Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos.

Sobrepresión pulmonar: embolia de aire traumática e outras formas.

Enfermidade descompresiva.

-Tipo I.

-Tipo II.

Osíxeno.

-Límites de tolerancia e exposición.

-Hipoxia.

-Hiperoxia aguda.

-Hiperoxia crónica.

O CO e o CO.

Narcose.

Protocolo de actuación no lugar do accidente de mergullo.

Evacuación.

Introducción ós tratamentos de accidentes de mergullo.

4. Material de mergullo.

Descrición e funcionamento da cámara hiperbárica.

Plantas e equipos de mergullo. Regras de seguridade.

Estructura, compoñentes e tipos de campás húmidas.

Montaxe, manexo e mantemento de ferramentas hidráulicas.

-Central hidráulica.

-Mangueiras e conexións.

-Radial.

-Martelo.

-Trade.

-Cepillo.

-Molinetes, chigres e cabrestantes.

Montaxe, manexo e mantemento de equipos de oxicorte e de soldadura.

-Oxicorte.

-Lanza térmica.

-Electrodos.

-Pinza.

-Cables.

-Mangueiras.

-Manorreductoras de osíxeno de gran caudal.

-Grupo de soldadura.

-Regras de seguridade.

-Soprete.

-Diferentes tipos de boquilla.

-Mangueiras.

-Manorreductoras (osíxeno, acetileno e propano).

-Manipulación e control dos gases.

-Regras de seguridade.

-Soldadura.

-Grupo de soldadura.

-Pinzas.

-Cables.

-Electrodos.

-Regras de seguridade.

Montaxe, preparación e utilización das ferramentas de explosión.

Mantemento e conservación dos equipos.

5. Traballos subacuáticos.

Obras hidráulicas.

Descrición de traballos e regras de seguridade.

-Cimentación, replanteo e muro.

-Gabias.

-Enrases.

-Tendido de emisarios.

-Pilotaxe.

-Dragaxes.

-Colocación de bloques e caixóns.

-Barcos porta e diques.

Realización de traballos de corte e soldadura subacuática.

-Fundamentos e aplicacións dos sistemas de corte subacuático.

-Fundamentos e aplicacións dos sistemas de soldadura subacuática.

Realización de traballos con ferramentas de explosión.

-Precaucións e riscos específicos.

Realización de traballos de reparación a flote e salvamento de buques.

-Limpeza e substitución de elementos da obra viva.

-Taponamento de vías de auga.

-Reflotación de buques. Riscos específicos.

Realización de traballos con explosivos.

-Definición, tipos e características.

-Manexos e aplicación.

-Riscos e precaucións.

Medición e inspección.

-Medición de estructuras.

-Inspección visual.

-Fotografía, vídeo e CCTV.

-Ensaios non destructivos.

-Ultrasóns.

-Partículas magnéticas.

-Correntes inducidas.

-Líquidos penetrantes.

-Radiografías.

-Medición de potencial catódico.

Traballos en estructuras en augas abertas.

-Pipelines.

-Tendido de tubos.

-Equipos de plataformas.

-Monoboias.

Traballos en encoros.

As xestións e os trámites administrativos para a posta en marcha de intervencións subacuáticas.

6. Técnicas de mergullo.

A utilización das táboas de inmersión.

-Táboas de descompresión con aire.

-Táboas para inmersións normais.

-Táboas para inmersións sucesivas.

-Táboas excepcionais.

-Táboas de descompresión en superficie.

-Procedementos en descompresións anormais.

-Condicións sobre inmersións en altitude.

-Procedementos de descompresión con nitrox.

-Procedementos de descompresión en líquidos de densidade distinta á da auga.

-Introducción ás táboas de tratamento.

-Outras táboas de descompresión.

Mergullo con traxes de auga quente.

Mergullo en campá húmida.

-Estructura, compoñentes e funcionamento.

Técnicas de mergullo utilizando como medio respiratorio o nitrox.

-Mergullo con nitrox. Vantaxes e inconvenientes.

-Precaucións no mergullo con nitrox. Características diferenciais do equipo.

-Uso de táboas adecuadas.

Procedementos de seguridade para mergullo en buques equipados con sistemas de posicionamento dinámico.

Nocións básicas de equipos especiais.

-Circuíto pechado.

-Circuíto semipechado.

7. Idioma.

Terminoloxía técnica aplicada ó mergullo.

Procedementos de comunicación.

8. Formación complementaria.

Uso das embarcacións auxiliares en operacións de mergullo.

Procedementos radiotelefónicos.

-Chamadas de socorro e emerxencia.

-Servicio radiomédico.

Coñecementos de navegación e manobra.

-Cartas náuticas e portolanos: interpretacións e posicionamento.

-Marcas e balizamento.

2. Prácticas.

1. Prácticas de emerxencia.

Os métodos de actuación do mergullador de emerxencia. Axuda, rescate e evacuación.

-Rescate de mergullador inconsciente no fondo.

-Intervención nun enredo de umbilicais.

-Evacuación dun accidentado.

Procedemento de emerxencia con equipos autónomos (20 m).

-Descenso sen lentes.

-Recuperación do mergullador inconsciente.

-Ascenso con regulador compartido.

-Intercambio do equipo no fondo.

-Escape libre a 20 m.

Procedementos de emerxencia con equipos de subministración desde superficie.

-Corte de subministración.

-Enredo de umbilicais.

-Saca-la máscara facial e respirar dunha fonte alternativa.

Procedementos de emerxencia con campá húmida.

-Corte de subministración principal.

-Rescate de mergullador inconsciente.

-Enredo de umbilicais.

2. Técnicas de traballo subacuático.

Ferramentas hidráulicas.

-Perforador.

-Martelo picador.

-Cepillos de limpeza.

-Centrais hidráulicas.

-Mangueiras.

-Chave de apertar.

Soldadura.

-En terra:

-Depositar cordóns sobre prancha.

-Unir por soldadura dúas platinas con cordón simple.

-Unir con cordóns superpostos.

-Unir dúas platinas con soldadura vertical.

-Unir soldadura en cornixa.

-Subacuática:

-Depositar cordóns en horizontal.

-Soldar en horizontal de dúas platinas.

-Soldar en vertical dúas platinas.

-Soldar en cornixa.

-Soldar dous tubos.

-Soldar un tubo a unha prancha.

Oxicorte.

-Oxiacetileno:

-Técnicas de acendido do soprete.

-Calibración da chama.

-Corte de distintas pranchas e perfís.

-Corte de cadea.

-Corte de viga.

-Lanza térmica:

-Prácticas de corte de aceiro, formigón e pedra.

Obras hidráulicas.

-Planeamento de fondos e nivelacións.

-Prácticas de enrase con grava.

-Colocación de bloques.

-Encofrados e formigón somerxido.

-Apertura de gabias.

-Lanzamento, depósito e conexión dun emisario submarino.

-Sistemas de ancoraxe.

Ferramentas de explosión.

-Colocación de parafusos.

-Fixación dunha chapa.

Reparacións a flote e salvamentos.

-Reflotación dunha embarcación de polo menos 8 TRB, a un máximo de 12 metros de profundidade.

Técnicas de traballo con explosivos.

-Barrenado.

-Simulación de liña de tiro.

-Comprobación de liña.

-Simulación de pega eléctrica.

Realización de medicións e inspeccións.

-Medición e elaboración de esbozo e de estructuras en porto e en augas abertas.

-Inspección do casco dun buque: visual, fotográfica e TVCC.

-Medición de grosores.

-Medición de potenciais catódicos.

Traballos en estructuras en augas libres (entre 30 e 60 m).

-Empalme de tubo metálico pesado.

-Montaxe e desmonte de válvulas.

-Traballos en raisers.

-Montaxe de tubos entre augas.

3. Técnicas de mergullo.

Utilización en traballos do equipo de subministración desde superficie utilizando casco de fluxo continuo e traxe de volume constante.

Mergullo en campá húmida.

Utilización en traballos, de traxes de auga quente.

Mergullo utilizando nitrox como mestura respiratoria.

Utilización do osíxeno nas paradas de descompresión.

Realización de descompresións en superficie.

* Carga horaria do curso.

1. Teoría.

Lexislación: 4 horas.

Física e química aplicadas ó mergullo: 8 horas.

Fisioloxía aplicada a ambientes hiperbáricos: 7 horas.

Material de mergullo: 7 horas.

Traballos subacuáticos: 11 horas.

Técnicas de mergullo: 14 horas.

Idioma: 4 horas.

Formación complementaria: 5 horas.

2. Práctica.

Traballos en augas libres: 180 horas.

Normas para a realización das prácticas na auga.

O tempo mínimo de traballos en augas libres será de (180 horas), o cal englobará o tempo de desprazamento, preparación, equipamento, operacións básicas de mantemento e o tempo total baixo a auga.

Realizaranse inmersións con equipo autónomo ata 50 m, e co de subministración desde superficie e en cámara hiperbárica ata unha profundidade de 60 metros.

As inmersións en augas libres realizaranse en porto ou costa e en offshore (tamén valerían encoros, ríos ou lagos).

En tódalas inmersións en augas libres realizaranse traballos.

As inmersións non se limitarán ó descenso, permanencia no fondo, senón que se efectuará algún tipo de traballo.

Recoméndase que os traballos en augas libres se realicen en profundidades crecentes.

Deberanse de facer como mínimo dúas inmersións sucesivas, co equipo de subministración desde superficie.

Realizarase polo menos unha descompresión en superficie.

As inmersións efectuadas a máis de 30 metros de profundidade, realizadas co equipo de subministración desde superficie, ou coa campá húmida, deberán de ter paradas de descompresión.

O tempo total de inmersión fai referencia ó tempo total de inmersión pasado baixo a auga (descenso, tempo a profundidade e tempo de ascenso).

Profundidades (metros)Tempo mínimo total de inmersión (Min.)Nº mínimo de inmersiónsNº de inmersións mínimo con equipo autónomo, e de subministración desde superficie, campá húmida e cámara hiperbárica

0-151.5001716 S. Sup./1 Camp.Hum.

)15-30 100 22 Aut.

)30-40 540 91 Aut./7 S. Sup./1 Camp. Hum.

)40-50 300 61 Aut./4 S. Sup./1 Camp. Hum.

)50-60 160 42 S. Sup./2 Cám. Hiperb.

Mergullador profesional de 1ª clase.

* Obxectivo xeral.

Traballar e realizar, de forma segura e competente, intervencións en medio hiperbárico e subacuático ata a presión que permita o sistema utilizado, respirando aire ou mesturas sintéticas.

* Obxectivos específicos.

Realizar inmersións seguras con mesturas de gases sintéticos, de intervención dende superficie e de saturación.

Coñece-los procedementos de elaboración das mesturas.

Preparar e comproba-los equipos antes e despois da inmersión.

Utilizar de maneira segura e competente equipos especiais de mergullo.

Realizar de maneira segura e competente diversos traballos de reparación de estructuras offshore.

Realizar de maneira segura e competente inmersións con torreta.

* Obxectivos concretos de cada unidade didáctica.

1. Teoría.

1. Lexislación.

O alumno coñece:

As normas de seguridade para a práctica das actividades subacuáticas.

Normativa sobre saúde e prevención de riscos laborais.

Normativa de mergullo profesional do Health and Safety Executive. Normativa de mergullo profesional francesa.

Normativa sobre salvamentos, achados e extraccións marítimas.

Normativa de portos e mariña mercante. Normativa de costas.

2. Física e química aplicadas ó traballo subacuático.

O alumno coñece:

Características dos distintos gases que compoñen as mesturas sintéticas.

O cálculo das distintas mesturas para un traballo determinado. Os cálculos necesarios para o proceso de elaboración de mesturas sintéticas por distintos sistemas.

Fundamentos físicos dos distintos sistemas de respiración.

3. Fisioloxía e fisiopatoloxía aplicadas a ambientes hiperbáricos.

O alumno coñece:

Os fundamentos e consecuencias sobre o organismo da respiración de mestura de gases.

Os accidentes derivados da práctica do mergullo.

Conceptos de fisioloxía do exercicio.

A nutrición adecuada do mergullador.

A hixiene adecuada do mergullador a saturación.

4. Material de mergullo.

O alumno coñece:

Os distintos sistemas e equipos empregados na mestura de gases.

Sistemas de comunicación con antidistorsión de voz.

Material de mergullo de intervención desde superficie con mesturas de gases.

Material de mergullo para inmersións con torreta e a saturación. Equipos especiais de mergullo.

Sistemas de limpeza e desinfección das cámaras hiperbáricas e sistemas de mergullo.

Métodos de preparación de sistemas para a utilización con osíxeno. Productos de limpeza e lubricantes.

5. Traballos subacuáticos.

O alumno coñece:

Operacións de mergullo con mestura de gases.

Sistemas de traballo a gran profundidade.

6. Técnicas de mergullo.

O alumno coñece:

Táboas de descompresión e tratamento con aire.

As táboas de descompresión para intervencións con mestura de gases sen saturación.

Os procedementos de compresión, saturación e descompresión en inmersións con saturación.

Técnicas de mergullo con equipos especiais de inmersión.

7. Idioma.

O alumno coñece:

Terminoloxía técnica aplicada ó mergullo.

Procedementos de comunicación.

Vocabulario marítimo da IMO.

2. Prácticas.

1. Prácticas de emerxencias.

O alumno coñece:

Os métodos de actuación do mergullador de emerxencia, axuda, rescate e evacuación.

Procedementos de emerxencia con campá húmida e torreta.

2. Técnicas de traballos subacuáticos.

O alumno coñece:

Distintas técnicas de inspección subacuática.

Planificación do traballo a gran profundidade.

3. Técnicas de mergullo.

O alumno coñece:

As distintas técnicas de mergullo con mestura de gases de intervención desde a superficie.

Mergullo a saturación.

Mergullo con equipos especiais.

Preparación, mantemento e conservación dos equipos de inmersión.

* Contidos das unidades didácticas.

1. Teoría.

1. Lexislación.

As normas de seguridade para a práctica das actividades subacuáticas.

Normativa sobre saúde e prevención de riscos laborais.

Normativa de mergullo profesional do Health and Safety Executive.

Normativa de mergullo profesional francesa.

Normativa sobre salvamentos, achados e extraccións marítimas.

Normativa de portos e mariña mercante.

Normativa de costas.

2. Física e química aplicadas ó mergullo.

Características dos distintos gases que compoñen as mesturas sintéticas.

O cálculo das distintas mesturas para un traballo determinado.

-Límites de presións parciais para os distintos gases.

-Elección da mestura adecuada.

-Cálculo de consumos e requirimentos de gases para unha operación de mergullo.

Cálculos necesarios para o proceso de elaboración de mesturas de gases.

-Por presións parciais e porcentaxes.

-Corrección de mesturas.

Fundamentos físicos dos distintos sistemas de respiración.

-Reguladores.

-Cascos de fluxo continuo.

-Sistemas de recirculación.

-Aparellos a circuíto pechado e semipechado.

3. Fisioloxía e fisiopatoloxía aplicadas a ambientes hiperbáricos.

Os fundamentos e consecuencias sobre o organismo da respiración de mestura de gases.

-Fisioloxía das altas presións.

-Mecanismos de producción e sintomatoloxía da SNHP (síndrome nerviosa de altas presións).

Os accidentes derivados da práctica do mergullo.

-Sobrepresión pulmonar: embolia de aire traumática e outras formas.

-Enfermidade descompresiva.

-Tipo I.

-Tipo II.

-Osíxeno.

-Límites de tolerancia e exposición.

-Hipoxia.

-Hiperoxia aguda.

-Hiperoxia crónica.

-O CO e o CO.

-Os límites de exposición de temperatura á que un mergullador se pode someter. Hipotermia e hipertermia.

-Protocolo de actuación no lugar do accidente de mergullo. Evacuación normal e hiperbárica.

-Tratamentos de accidentes de mergullo. Utilización de mesturas de gases.

Conceptos de fisioloxía do exercicio.

A nutrición adecuada do mergullador.

4. Material de mergullo.

Os distintos sistemas e equipos empregados na mestura de gases.

-Ramplas de carga.

-Bombas «booster».

-Compresores tipo «Rix».

-Compresores de membrana.

-Oxímetros.

-Analizadores.

Material de mergullo de intervención desde superficie con mesturas de gases.

-Faciais e cascos.

-Mangueiras.

-Botellas de seguridade.

-Centrais e traxes de auga quente.

-Cadros con sistemas de cambio a distintos tipos de mesturas de gases, e de utilización con osíxeno medicinal.

Material de mergullo para inmersións con torreta e a saturación.

-Compoñentes e funcionamento dunha campá húmida de mergullo.

-Compoñentes e funcionamento dunha torreta.

-Compoñentes e funcionamento dun complexo de saturación.

-Cámaras.

-Torreta.

-Sistemas de producción e rexeneración dos gases.

-Analizadores.

-Equipos individuais de recirculación de gases.

Equipos especiais de mergullo.

-Equipos autónomos de circuíto pechado.

-Equipos autónomos de circuíto semipechado.

Sistemas de limpeza e desinfección das cámaras hiperbáricas e sistemas de mergullo.

-Sistemas e productos de limpeza.

-Sistemas e productos de desinfección.

Métodos de preparación de sistemas para a utilización con osíxeno. Productos de limpeza e lubricantes.

-Equipos «en servicio de osíxeno».

-Sistemas e productos de limpeza.

-Sistemas e productos de lubricación.

-Materiais compatibles co osíxeno.

5. Traballos subacuáticos.

Operacións de mergullo con mestura de gases.

-Definición de obxectivos.

-Recompilación e análise da información.

-Establecemento dos plans de traballo.

-Selección da técnica de inmersión.

-Métodos de apoio e aprovisionamento.

-Selección e adecuación do persoal.

-Plan de emerxencia e evacuación.

Sistemas de traballo a gran profundidade.

-Inspección:

-Sistemas de limpeza.

-Visual, medicións e elaboración de esbozos.

-Fotografía, vídeo e TVCC.

-Inspeccións de corrosión.

-Ensaios non destructivos.

-Instrumentos de medición.

-Buscas localizadas.

-Traballos en tubos e conduccións.

-Operacións en plataformas.

-Operacións en encoros a gran profundidade.

-Operacións en buques para traballos diversos a profundidade.

-Operacións de reflotación a profundidade.

Traballos dende buques con posicionamento dinámico.

6. Técnicas de mergullo.

Táboas de descompresión e tratamento con aire.

-Táboas para inmersións normais.

-Táboas para inmersións sucesivas.

-Táboas excepcionais.

-Táboas de descompresión en superficie.

-Procedementos en descompresións anormais.

-Condicións sobre inmersións en altitude.

-Procedementos de descompresión con nitrox.

-Procedementos de descompresión en líquidos de densidade distinta á da auga.

-Táboas de tratamento.

-Outras táboas de descompresión.

As táboas de descompresión para intervencións con mestura de gases sen saturación.

-Táboas de descompresión para inmersións con nitrox.

-Táboas de descompresión para inmersións con trimix.

-Táboas de descompresión para inmersións con heliox.

Os procedementos de compresión, saturación e descompresión en inmersións con saturación.

-Coñecemento e utilización de dous procedementos para inmersións con saturación.

Técnicas de mergullo con equipos especiais de inmersión.

-Procedementos de inmersión con equipos de circuíto pechado.

-Procedementos de inmersión con equipos autónomos de circuíto semipechado. Técnicas de descompresión.

7. Idioma.

Terminoloxía práctica aplicada ó mergullo.

Procedementos de comunicacións.

Vocabulario marítimo da IMO.

2. Práctica.

1. Prácticas de emerxencia.

Os métodos de actuación do mergullador de emerxencia. Axuda, rescate e evacuación.

-Rescate de mergullador inconsciente no fondo.

-Intervención nun enredo de umbilicais.

-Evacuación dun accidentado.

Procedementos de emerxencia con campá húmida e torre.

-Corte de subministración principal.

-Rescate de mergullador inconsciente.

-Enredo de umbilicais.

-Perda das comunicacións.

2. Técnicas de traballos subacuáticos.

Realización dunha planificación dun traballo a profundidade.

Realización dun traballo de inspección a profundidade dunha estructura, utilizando mesturas de gases (esbozo, limpeza, fotográfico e ensaio non destructivo).

Utilización de ferramentas a profundidade.

3. Técnicas de mergullo.

Experiencia en fabricación e corrección de mesturas.

Rol do buscador de emerxencia na torreta.

Utilización de listas de comprobación e documentos relativos á inmersión con mestura de gases.

Control da saturación:

-Análise dos parámetros ambientais.

-Control e mantemento dos parámetros ambientais.

Inmersións:

Equipos de mergullo autónomo (aire).

-1 inmersión a 30 metros.

-1 inmersión a 50 metros.

Equipos especiais de mergullo.

1 inmersión en piscina, con equipo de circuíto pechado de osíxeno.

1 inmersión en augas abertas con equipo de circuíto semipechado.

Subministración desde superficie a campá húmida (nitrox 25.40 % de osíxeno).

-2 inmersións entre 30 e 40 metros.

Subministración desde superficie a campá húmida (trimix).

-2 inmersións entre 70 e 85 metros.

Inmersións con torreta «bounce dive» (heliox).

-2 inmersións entre 50 e 100 metros.

Inmersión a saturación (profundidade de saturación 5060 metros).

-2 saídas de campá a 100 metros.

* Carga horario do curso: 120 horas lectivas.

Mergullador instructor profesional.

Curso de programación e ensino de mergullo profesional.

* Obxectivo xeral.

Realiza-la programación, organiza-las actividades e imparti-la formación en tódolos niveis e especialidades de mergullo profesional de maneira segura e competente.

* Obxectivos específicos.

Programa-las actividades de cada curso ou módulo formativo.

Dirixir e supervisa-la realización das actividades formativas.

Preparar, dirixir e supervisa-las prácticas coidando a súa seguridade.

Avalia-los coñecementos, capacidades e actitudes dos alumnos.

* Contidos.

Conceptos de deseño curricular aplicados ó ensino do mergullo profesional.

Elaboración de programacións xerais.

Os equipos de ensino de mergullo profesional.

Fundamentos psicopedagóxicos do alumno de mergullo profesional.

A tensión, o pánico e a perda de control no alumno de mergullo profesional.

Técnicas de autocontrol para mergulladores profesionais.

Desenvolvemento das clases teóricas na aula.

Desenvolvemento das clases teóricoprácticas no taller.

Desenvolvemento das clases prácticas en piscina.

Desenvolvemento das clases prácticas en augas libres.

A avaliación dos alumnos de mergullo profesional.

Dereitos e obrigas dos alumnos das ensinanzas de mergullo profesional.

Normativa de seguridade para a práctica do mergullo profesional.

Normativa de prevención de riscos laborais.

Normativa de industria aplicable ó mergullo profesional.

Normativa de mergullo profesional de Galicia.

LOXSE e regulamentos de desenvolvemento normativo que afecten as ensinanzas de mergullo profesional.

A ratio de prácticas neste curso será de: 40% teoría e 60% práctica.

A carga horaria mínima do curso será de 100 horas lectivas.

Especialidades subacuáticas.

1. Instalacións e sistemas de mergullo.

* Obxectivo xeral.

Coñecer, manipular e manter de maneira segura e competente as distintas plantas, sistemas e equipos necesarios para realizar intervencións hiperbáricas e subacuáticas.

* Obxectivos específicos.

É capaz de manipular e manter de maneira segura e competente as cámaras hiperbáricas.

Manipular e manter equipos autónomos, de subministración desde superficie e campás húmidas.

Manipular e mante-los equipos de carga, fabricación, almacenaxe e análise de gases.

Deseñar e calcular instalacións hiperbáricas.

Coñecer e mante-los equipos especiais de mergullo.

* Contidos.

1. Teoría.

1. Descompresión con aire e mestura de gases.

Historia e conceptos de teoría da descompresión.

Táboas de descompresión con aire, nitrox, trimix e heliox.

Táboas e sistemas de descompresión con equipos especiais de mergullo. Funcionamento, clasificación e recompilación de información dos ordenadores de mergullo.

Programas informáticos de descompresión.

2. Fisiopatoloxía e tratamento de accidentes de mergullo.

Comportamento do ser humano en ambientes hiperbáricos.

Mecanismos de producción dos diferentes accidentes disbáricos.

Sintomatoloxía dos accidentes do mergullo.

Loxística dos accidentes de mergullo.

Actuación no lugar do accidente, durante o traslado e na cámara hiperbárica.

Introducción ás técnicas básicas de enfermería en ambientes hiperbáricos.

Procedementos de realización dos tratamentos en cámara hiperbárica. A osixenoterapia hiperbárica.

3. Táboas de tratamento.

Táboas de tratamento de accidentes de mergullo.

Utilización de mesturas de gases no tratamento de accidentes de mergullo.

Parámetros ambientais durante un tratamento.

4. Cámaras hiperbáricas.

Distintas partes que compoñen unha cámara hiperbárica:

-Recipiente e sistemas de peche.

-Valvulería e tubos.

-Subministración de osíxeno medicinal hiperbárico. Controis.

-Iluminación.

-Prevención de incendios.

-Equipos de limpeza e desinfección.

Manipulación e procedementos de actuación do equipo de traballo. Operacións de mantemento e limpeza.

5. Material xeral. Funcionamento, tipos, clases, mantemento e reparacións elementais.

Regulamentación sobre instalacións, equipos, recipientes e aparellos a presión.

Válvulas, latiguillos, roscas, conexións, tubos, válvulas antirretorno, xuntas tóricas e planas, etc.

Manorreductores, manómetros, pneumos.

Distribuidores.

Compresores de subministración de aire respirable, de alta e de baixa presión.

Filtros, decantadores e separadores. Botellas e botellóns.

Baterías de alta presión e caldeiras de baixa. Centrais de auga quente.

6. Material de mergullo. Funcionamento, tipos, clases, mantemento e reparación elemental.

Autónomo.

-Reguladores de mergullo.

-Profundímetros.

-Botellas e billame.

-Chalecos hidrostáticos.

-Reparación de traxes húmidos.

Subministración desde superficie.

-Cadros de distribución de gases.

-Mangueiras.

-Faciais e cascos de demanda e cascos de fluxo continuo.

-Traxes secos, de volume variable e constante, de neopreno e de goma.

-Comunicacións.

-Campá húmida.

-Percorrido da campá.

-Mantemento do sistema de arriado e izado.

-Substitución de compoñentes.

7. Materiais en «servicio de osíxeno».

Sistemas e productos de limpeza.

Materiais compatibles.

Sistemas e productos de lubricación.

Precaucións.

8. Gases e mesturas sintéticas.

Características dos elementos que compoñen os gases.

Características dos gases.

Cálculo das mesturas.

Fabricación de mesturas. Cálculos necesarios e procedementos.

Ramplas de carga, mesturadores, bombas «booster», compresores «Rix», baterías de almacenamento, transvasadores, etc.

Analizadores de gases. Procedementos de análise.

Oxímetros. Procedementos de utilización.

9. Equipos especiais de mergullo. Funcionamento, mantemento e reparación.

Equipos de circuíto pechado con osíxeno puro.

Equipos de circuíto semipechado.

10. Deseño e cálculo de instalacións.

Cálculos de seccións, caudais, rendementos, consumos.

Deseño de instalacións.

2. Práctica.

1. Manipulación e mantemento das cámaras hiperbáricas.

Preparación da cámara hiperbárica.

Manipulación da cámara hiperbárica:

-Ataques, caudais.

-Réximes de ventilación.

-Control da temperatura.

-Control da porcentaxe de osíxeno e CO.

-Control de tempos.

-Entrada dunha persoa coa cámara presurizada.

-Paso de alimentos ou medicamentos pola esclusa.

-Os roles dun equipo de traballo.

-Intoxicación por osíxeno.

-Perda de presión.

-Simulación de descompresións en superficie con osíxeno.

-Simulación de accidentes e recaídas durante e despois do tratamento.

-Cálculos reais de consumo.

Rexistro das inmersións e tratamentos.

Limpeza e desinfección da cámara.

2. Mantemento e reparación de plantas e equipos.

Análise de gases.

Reparación e calibración de reguladores.

Despezamento dun facial ou casco.

Revisión dunha botella.

Percorrido de conduccións hiperbáricas.

Cambio de filtros en compresores.

Montaxe dun equipo de subministración desde superficie.

Percorrido e comprobación dunha campá húmida.

Libros de mantemento dos equipos.

3. Preparación de materiais para a súa utilización con osíxeno e mesturas sobreosixenadas.

Preparación dun facial para o seu uso con osíxeno.

Preparación dunha pequena instalación para o seu uso con osíxeno.

4. Realización de mesturas sintéticas.

Preparación de nitrox.

Preparación de trimix.

5. Equipos especiais de mergullo. Mantemento e reparación.

Despezamento dun equipo de circuíto pechado.

Despezamento dun equipo a circuíto semipechado.

Cambio de consumibles.

* Carga horaria mínima do curso: 150 horas (50 horas de teoría e 100 de práctica).

Polo menos cada alumno deberá de intervir como mínimo en 20 xornadas de manipulación da cámara hiperbárica.

Reparacións a flote e salvamento de buques.

* Obxectivo xeral.

Realizar de forma segura e competente traballos de reparacións a flote e salvamento de buques.

* Obxectivos específicos.

Realizar traballos de recoñecemento, inspección e reparación de buques.

Intervir en salvamentos de buques avariados no mar.

Intervir en salvamentos de buques afundidos.

Intervir en salvamentos de buques varados.

* Contidos.

1. Teóricos.

1. Xeneralidades.

Concepto de salvamento. Tipos de salvamentos.

Avarías en buques. Tipos de avarías.

Salvamento de buques avariados no mar.

Salvamento de buques afundidos en porto.

Salvamento de buques afundidos en mar aberto.

Salvamento de buques varados.

2. Construcción naval e teoría do buque.

Construcción naval:

Nomenclatura e estructura do buque.

Teoría do buque. Estabilidade.

3. Elementos de manobra e medios de izado.

Estachas e cabos. Cables. Gazas e costuras.

Cadeas e grillóns.

Motóns, aparellos, trácters.

Resistencia dos elementos de manobra.

Guindastre, cabrias, pontonas, gabarras e botes.

Embarcacións de izado.

Flotadores.

Sistemas de embrague.

4. Reparacións a flote.

Inspección visual, fotográfica e con TVCC.

Medicións: manuais, de grosores, de potenciais catódicos.

Limpeza de carenas e hélices.

Limpeza de reixas.

Cambio de ánodos.

Operacións de cambio e reparación de hélices.

Taponamentos a flote.

5. Elementos xerais para salvamentos.

Reparacións subacuáticas.

Palletes.

Turafallas.

Paneis. Distintos tipos de colocación.

Cofferdams.

Masillas.

Uso, mesturas e colocación de formigón.

Apontoamento.

6. Salvamento de buques avariados no mar.

Reparacións elementais no mar. Precaucións.

Dar remolque. Precaucións no remolque.

Protección e loita contra avarías e vías de auga.

Faenas de dique.

7. Salvamento de buques afundidos.

Cálculo da capacidade ascensional.

Preparación e secuenciación do traballo.

Sistemas de evacuación de fuel e mercadorías contaminantes.

Sistemas de elevación por medio de globos.

Sistema de elevación por achique:

-Con aire.

-Con bombas.

Outros sistemas de elevación.

Efectos de succión do fondo.

8. Salvamento de buques varados.

Equipo que hai que utilizar.

Alixeiramento.

Tendido de aparellos.

2. Práctica.

l. Reparacións a flote.

Efectuar inspeccións: informes visuais, fotográficos, TVCC.

Limpezas de carenas e de hélices.

Medición de grosores e de potenciais catódicos.

Prácticas de taponamentos:

-Con masillas.

-Con soldadura.

-Con ferramentas de explosión.

-Con cofferdams.

Corte de cables e estachas.

Utilización do formigón baixo a auga.

2. Reflotación de buques.

Recoñecemento previo.

Cálculos necesarios.

Planificación do traballo e requirimento do material. Rendibilidade da operación.

Reflotación dun buque de polo menos 8 TRB, a unha profundidade máxima de 15 metros:

-Con globos.

-Con bombas e por soprado.

Reflotación dun buque ou artefacto de polo menos 3 TRB, a unha profundidade entre 20 e 30 metros.

* Carga horaria mínima do curso: 120 horas (40 horas de teoría e 80 de práctica).

Obras hidráulicas.

* Obxectivo xeral.

Realizar de maneira segura e competente os distintos traballos requiridos en construcción subacuática.

* Obxectivos específicos.

Manexa-las ferramentas necesarias para intervir nunha obra hidráulica.

Coñece-las técnicas elementais de construcción subacuática.

Realiza-las manobras necesarias para a instalación de estructuras subacuáticas.

Reparar estructuras subacuáticas.

* Contidos.

1. Teoría.

1. Xeneralidades de construcción subacuática.

Tipos de construccións.

Replanteo.

Cementacións.

Muros.

Ángulos.

Muros de contención.

2. Coñecemento do medio.

Mareas.

Correntes.

Sondas.

Cartas e portolanos.

Balizamentos de precisión.

Seguimento de arcos capaces.

Batimetrías.

3. Ferramentas utilizadas en obras subacuáticas.

Utilización e mantemento de ferramentas pneumáticas:

-Trades.

-Martelos.

-Manga de succión.

-Compresores de baixa presión.

Utilización e mantemento de ferramentas hidráulicas:

-Trades.

-Martelos.

-Radiais.

-Centrais hidráulicas.

Campás pneumáticas.

Lanzas de auga de alta presión.

4. Manipulación do formigón baixo a auga.

Compoñentes do cemento.

Uso do cemento na auga.

Preparación do formigón.

Técnicas de colocación.

5. Traballos con bloques e caixóns.

Tipos de bloques. Colocación e precaucións.

Caixóns. Colocación e precaucións.

Procedementos de embrague.

Procedementos de traballo con cargas suspendidas.

Normas de seguridade para manobras con guindastres.

6. Emisarios e conduccións.

Realización de gabias.

Emisarios:

-Soprado.

-Lanzado.

-Ancoraxe.

-Precaucións.

Conduccións de gas.

Oleoductos.

Cimentacións.

7. Diques e paradoiros.

Dique seco.

Varadoiros.

Sistemas de peche. Barcos porta.

Corrección de perdas.

Dique flotante.

2. Práctica.

1. Recoñecemento de estructuras e construccións.

Recoñecemento dun varadoiro rampla.

Recoñecemento dun varadoiro sinerolit.

Recoñecemento de peirao de muro e ángulo.

Recoñecemento de diques e crebaondas.

Visita a un dique seco.

Inspección dun emisario.

2. Manexo de ferramentas.

Utilización de ferramentas pneumáticas:

-Perforadora.

-Martelos.

-Manga de succión.

Utilización de ferramentas hidráulicas:

-Perforadora.

-Martelo.

-Radial.

Lanzas de auga de alta presión.

3. Realización de traballos.

Realización de batimetría.

Planeamento do fondo.

Realización dun achance de formigón.

Traslado con globos de:

-Bloques.

-Pedra crebaondas.

-Tubos.

* Carga horaria mínima: 150 horas (50 horas teóricas e 100 prácticas).

Corte e soldadura subacuáticas.

* Obxectivo xeral.

Realizar de maneira segura e competente traballos de oxicorte e soldadura baixo a auga.

* Obxectivos específicos.

Coñecer e aplica-las normas de seguridade en traballos de oxicorte e soldadura subacuática.

Realizar distintas técnicas de oxicorte de maneira competente.

Realizar traballos de soldadura baixo a auga de maneira competente.

Coñecer distintas técnicas de soldadura de aplicación subacuática.

* Contidos.

1. Teoría.

1. Xeneralidades.

Historia do corte e da soldadura subacuática.

Precaucións e normas de seguridade de aplicación a tódolos métodos. Precaucións e normas de seguridade cos equipos eléctricos.

Precaucións e normas de seguridade no uso e manipulación de gases. Precaucións e normas de seguridade ó realizar traballos desta índole en buques.

2. Corte subacuático.

Método arcoosíxeno:

-Equipo eléctrico.

-Pinza de corte arcoosíxeno.

-Electrodos.

-Técnica de corte.

-Precaucións de seguridade.

Método arcometálico:

-Equipo.

-Técnica de corte.

-Precaucións de seguridade.

Método oxiacetileno:

-Equipo.

-Soprete. Distintos tipos de bocas.

-Requirimentos de gases.

-Manorreductoras.

-Mangueiras.

-Técnica de corte.

-Precaucións de seguridade.

Lanza térmica:

-Pinzas.

-Mangueiras de osíxeno e cables.

-Manorreductoras de gran caudal.

-Lanzas térmicas e ultratérmicas.

-Requirimentos de osíxeno.

-Sistemas de acendido.

-Precaucións de seguridade.

3. Soldadura subacuática.

Soldadura por arco eléctrico:

-Equipo eléctrico. Pinzas.

-Cables.

-Electrodos.

-Machetes cortacorrente.

-Pantallas protectoras.

-Precaucións de seguridade.

Soldadura en habitáculos secos.

Outros sistemas de soldadura subacuática.

2. Práctica.

1. Soldadura en terra.

Depositar cordóns sobre prancha.

Unir por soldadura dúas platinas con cordón simple.

Unir con cordón superposto.

Unir dúas platinas con soldadura vertical.

Unir con soldadura en cornixa.

2. Soldadura subacuática.

Soldadura en horizontal, unir dúas platinas.

Soldadura en vertical, unir dúas platinas.

Soldadura en cornixa, unir dúas platinas.

Soldadura de tubos, soldar dous tubos.

Soldar un tubo a unha prancha.

3. Oxiarco.

Corte de diferentes grosos, pranchas e perfís.

Prácticas con diferentes electrodos, primeiro en terra e despois na auga.

4. Arcometálico.

Corte de diferentes metais, ferrosos e non ferrosos.

Corte con diferentes electrodos e intensidades.

5. Oxiacetileno e oxipropano.

Prácticas de acendido do soprete en terra. Axuste da chama.

Corte de diferentes chapas e perfís, tubos e vigas.

Utilización de diferentes boquillas.

6. Lanza térmica.

Prácticas de corte de aceiros, formigón e pedra.

7. Mantemento e conservación dos equipos.

* Carga horaria mínima: 150 horas (30 teóricas, 40 corte e soldadura en terra, 80 horas corte e soldadura subacuática).

Explosivos subacuáticos.

* Obxectivo xeral.

Manipular e utilizar de maneira segura e competente, en traballos subacuáticos, explosivos.

* Obxectivos específicos.

Manipular de forma segura os explosivos e accesorios.

Calcular de forma correcta as cargas.

Aplica-la utilización dos explosivos a distintos traballos.

Realiza-las xestións e solicita-los permisos pertinentes para a realización deste tipo de traballos subacuáticos.

* Contidos.

1. Teóricos.

1. Xeneralidades.

Precaucións xerais de seguridade.

Precaucións de seguridade para o emprego de explosivos na auga. Clasificación de explosivos.

Efectos mecánicos da explosión.

Características dos explosivos.

Cargas e artificios de fogo.

2. Cargas.

Preparación das cargas.

Artificios pirotécnicos.

Clasificación dos acendidos.

Mechas de seguridade e mechas detonantes.

Cápsulas, espoletas e acendedores.

Artificios eléctricos.

Cebos, cables, carreteis e alongadores.

Galvanómetros.

3. Tendidos de demolición.

Tendido pirotécnico.

Inflamación de mechas de seguridade.

Cebado de petardos.

Detonación de mechas detonantes.

Empalmes.

Tendidos eléctricos.

Diferentes circuítos eléctricos.

Empalme de conductores.

Localización de interrupcións eléctricas.

Accesorios para a estanquidade.

Unións estancas.

Iniciador estanco.

Acendedor estanco.

Corta-incendios.

4. Cálculo de cargas.

Corte de madeiras.

Corte de ferro.

Corte de cables e cadeas.

Destrucción dun medio.

Destrucción dun muro.

Voadura de rochas.

Barrenos.

Suavizado de cantís.

Alteración do fondo de canles e portos.

Colocación de cargas en salvamentos de buques.

5. Dispersión e salvamento de chatarra.

Asento dun buque no fondo.

Eliminación de superestructuras.

Dispersión de buques de madeira.

Despezamento de buques.

Corte de aceiro.

División do buque.

Aplanado.

Extracción de hélices.

2. Prácticas.

1. Simulación de técnicas de traballo con explosivos.

-Barrenado.

-Simulación de liña de tiro.

-Comprobación de liña.

-Simulación de pega eléctrica.

2. Práctica real de explosivos en terra.

3. Realización dunha voadura real baixo a auga.

* Carga horaria mínima: 80 horas (40 horas teóricas e 40 de prácticas).

Salvamento e rescate subacuático.

* Obxectivo xeral.

Realizar salvamentos, recuperacións e rescates, de maneira segura e competente, ademais de avalia-los riscos posibles nas citadas operacións.

* Obxectivos específicos.

Ter unha adecuada preparación física e psicolóxica.

Recompilar datos para as buscas.

Realizar buscas subacuáticas con diferentes sistemas en distintos medios.

Recuperar cadáveres, obxectos, vehículos, avionetas.

Intervir en salvamentos de alto risco, accidentes e desastres naturais.

* Contidos.

1. Teóricos.

1. Coñecemento dos medios subacuáticos nos que se pode facer unha recuperación subacuática.

Oceanografía física elemental.

Os ríos.

Os encoros.

Os lagos e charcas.

Os pozos.

As covas.

2. Compoñentes e funcións dun equipo de salvamento e rescate subacuático.

3. Sistemas de busca con mergulladores.

4. Sistemas elementais de detección electroacústica.

5. Entrevistas e busca de información previa ó rescate.

6. Recuperación de cadáveres:

Causas da morte.

Conceptos elementais de medicina legal e forense aplicados.

Observacións post morte.

Planificación da busca, en función dos distintos parámetros que poidan influír nela.

Recuperación do cadáver e toma de datos.

Recuperación de cadáveres de mergulladores.

7. Recuperación de automóbiles.

8. Recuperación de avionetas e helicópteros.

9. Recuperación de pequenas embarcacións.

10. Intervención en salvamentos de alto risco.

11. Intervención en accidentes e desastres naturais. Evacuacións con helicóptero.

12. Coñecementos en espeleomergullo.

2. Práctica.

1. Preparación física na auga e en terra.

2. Realización de 10 operacións de busca e recuperación no mar.

3. Realización dunha busca e recuperación nun río.

4. Realización dunha busca e recuperación nun encoro.

5. Realización dunha busca e recuperación nunha zona portuaria contaminada.

6. Exercicios de natación con aletas en praias con ondas.

7. Exercicios de evacuación con helicóptero.

* Carga horaria mínima: 120 horas (40 horas de teoría e 80 de práctica).

Inspección subacuática e ensaios non destructivos.

* Obxectivo xeral.

Realizar de forma segura e competente ensaios non destructivos en medio hiperbárico e subacuático.

* Obxectivos específicos.

Realiza-la preparación dos aparellos antes dos traballos.

Realiza-la calibración dos aparellos previamente á súa utilización.

Prepara-las superficies para a realización do ensaio.

Coñece-las estructuras subacuáticas e as súas principais deterioracións.

* Contidos.

1. Teoría.

1. Estructuras, instalacións, plataformas e buques susceptibles de seren inspeccionados na industria subacuática actual.

2. Normativas estatais e requirimentos das compañías de clasificación en materia de inspección.

3. Conceptos de enxeñería de estructuras offshore e buques.

4. A corrosión.

5. Visita, limpeza e preparación das superficies previas á realización do ensaio.

6. Inspección visual:

Métodos de inspección visual.

Sistemas básicos de medición.

Elaboración dun informe de inspección visual. A utilización da fotografía, o vídeo e CCTV. A fotogrametría e videometría.

Principais defectos, detectados visualmente, en soldaduras. Introducción á utilización de ROV en inspeccións visuais.

7. Ultrasóns: medición de grosores e detección de defectos internos.

8. Partículas magnéticas.

9. Radiografías.

10. Outros métodos de inspección:

Medición de potenciais.

Correntes inducidas.

Fluídos penetrantes.

Novos sistemas e tecnoloxías de inspección subacuática.

11. Elaboración dun informe de inspección.

2. Práctica.

1. Realización de distintos métodos de inspección visual elemental dunha estructura somerxida e do casco dun buque:

Visita.

Preparación de superficies.

Realización de medicións.

Utilización de fotografía, vídeo e CCTV.

Realización de fotogrametría.

Utilización dun ROV de pequeno porte.

Elaboración dun informe de inspección.

2. Realización de ensaios con ultrasóns:

Medición de grosores.

Detección de defectos en soldaduras.

3. Realización dun ensaio baixo a auga cun sistema de partículas magnéticas.

4. Realización dun ensaio baixo a auga utilizando a técnica de radiografía.

5. Realización dun ensaio baixo a auga de medición de potenciais catódicos.

6. Práctica de calibración dos distintos aparellos previamente á súa utilización.

7. Elaboración dun informe de inspección (reports).

* Carga horaria mínima do curso: 100 horas (50 horas de teoría e 50 de práctica).

Mergullo en ambientes hiperbáricos e subacuáticos especiais e contaminados.

* Obxectivo xeral.

Realizar traballos de maneira segura e competente e avalia-los riscos posibles en ambientes hiperbáricos e subacuáticos especiais e contaminados.

* Obxectivos específicos.

Coñece-los distintos contaminantes nos que un mergullador pode intervir.

Avalia-lo risco duna intervención nun ambiente especial ou contaminado.

Coñecer e utiliza-los equipos de protección individual para os mergulladores e os axudantes de superficie.

Coñece-las operacións de intervención nos medios hiperbáricos e subacuáticos especiais e contaminados.

Coñecer e realiza-los medios de descontaminación adecuados.

Coñece-las distintas fontes e organismos de información en materia de contaminantes.

* Contidos.

1. Teoría.

1. Lexislación aplicable a exposicións a ambientes contaminados.

2. Distintos tipos de contaminantes.

Biolóxicos.

Químicos.

Radiactivos.

3. Avaliación dos distintos niveis de contaminación.

4. Equipos de protección individual para o mergullador e para o axudante de superficie.

Equipos de mergullo autónomos.

Equipos de subministración desde superficie.

EPI para axudantes de superficie en función do nivel de contaminación.

5. Sistemas e equipos de descontaminación.

6. Operacións de mergullo en ambientes especiais.

Mergullo baixo o xeo.

Augas con visibilidade cero.

Mergullo en ambientes confinados.

Mergullo con correntes.

Mergullo entre augas.

Mergullo en augas a elevadas temperaturas.

7. Operacións de mergullo en ambientes contaminados.

2. Práctica.

1. Operacións de mergullo en ambientes especiais:

Realización dun traballo con visibilidade cero.

Realizar un traballo nun ambiente confinado.

Realización dun traballo nun río con corrente.

Realización dun traballo entre augas.

2. Operacións de mergullo en ambientes contaminados.

Realización de labores de:

-Avaliación dos niveis de contaminación.

-Consulta acerca de contaminantes.

-Realización dos labores de axudante de mergullo.

-Simulación dunha operación de mergullo en ambientes contaminados.

-Realización dunha inmersión en augas contaminadas bioloxicamente.

-Realización dunha inmersión en augas contaminadas quimicamente.

* Carga horaria mínima do curso: 100 horas (50 horas de teoría e 50 de práctica).

Mostraxe e inspección biolóxica.

* Obxectivo xeral.

Realizar de forma segura e competente traballos de mostraxe e inspección biolóxica subacuática.

* Obxectivos específicos.

Recoñece-los distintos grupos de seres vivos acuáticos.

Interpretar e manipula-los distintos elementos de información do medio no que vai traballar.

Posicionar correctamente as estacións de mostraxe.

Interpretar e colaborar na elaboración de plans e metodoloxías de mostraxe.

Intervir no deseño, perfeccionamento ou adecuación dos métodos e sistemas de mostraxe.

Manipular aparellos e sistemas de mostraxe.

Recompilar datos e especies do medio acuático.

Organizar e conservar correctamente os datos e mostras recollidos.

* Contidos.

1. Teóricos.

1. Coñecemento dos medios subacuáticos nos que se pode facer unha mostraxe subacuática.

Oceanografía física e química elemental.

Distintos ecosistemas e medios mariños.

Os ríos.

Os encoros.

Lagos e charcas.

Covas.

Mananciais e pozos.

2. Principais grupos de seres vivos acuáticos.

A fauna e flora de augas doces.

As algas mariñas.

Invertebrados mariños

Vertebrados mariños.

3. Distintos elementos de información do medio acuático.

Cartas mariñas.

Táboas de mareas.

Mapas.

Mapas xeolóxicos.

Sondas.

4. Sistemas de posicionamento.

Por mapa e cartas.

Sistemas globais de posicionamento.

5. Plans e metodoloxías de mostraxe.

Metodoloxías de mostraxe.

Planificación da mostraxe.

6. Métodos e sistemas de mostraxe.

Concepto de mostraxe cualitativa e cuantitativa.

Recollida directa.

Contabilidades visuais.

Transectos.

Cuadrículas.

Mangas de succión.

Corers.

Caixas e placas de seguimento.

Redes, bolsas e trampas.

Anestésicos.

Marcaxes.

Fotografía e vídeo científico subacuático.

Experimentos realizados.

7. Sistemas de organización e conservación das mostras.

Etiquetado.

Bolsas, botes, caixas, etc.

Sistemas de cribaxe.

Líquidos e sistemas utilizados na conservación das mostras.

8. Coñecemento dos fundamentos elementais de sistemas de mergullo avanzados.

Mergullo con Trimix e Heliox.

Equipos de circuíto pechado e semipechado.

Mergullo a saturación.

Cámaras e complexos hiperbáricos.

Os traxes de mergullo atmosféricos.

Somerxibles.

Os vehículos operados non tripulados (ROVs)

2. Prácticas.

1. Recollida cualitativa de fauna nun substrato duro e nun brando.

2. Mostraxe en cuadrículas.

3. Realización dun transecto en substrato rochoso.

4. Utilización da fotografía e vídeo subacuático.

5. Utilización de mangas de succión específicas para a recollida de fauna.

6. Utilización de corers.

7. Realizar unha operación de mostraxe completa dunha zona rochosa.

8. Realizar unha operación de mostraxe completa nun substrato brando.

* Carga horaria mínima do curso: 80 horas (30 horas de teoría e 50 de práctica).

ANEXO VII

PROGRAMA DE FORMACIÓN DOS CURSOS «PRIMEIROS AUXILIOS PARA MERGULLADORES PROFESIONAIS» E DAS RECICLAXES PERIÓDICAS

1. Curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais.

Nivel I (20 horas).

1. Xeneralidades.

1.1. Compoñentes do corpo humano.

1.2. Tipos de accidentes.

1.3. Actuación en caso de accidente.

1.4. Recoñecemento do paciente.

1.5. Signos vitais.

1.6. Material e equipo de primeiros auxilios.

2. Accidentes comúns.

2.1. Sistema musculoesquelético.

2.1.1. Conceptos básicos.

2.1.2. Lesións e mecanismos de producción básicos.

2.1.3. Síntomas: dor, calor, rubor, inflamación, tumefacción, impotencia funcional, deformación.

2.1.4. Procedementos de actuación: en solitario e con colaboración.

2.2. Sistema respiratorio.

2.2.1. Conceptos básicos.

2.2.2. Mecanismos máis frecuentes de producción de lesións.

2.2.3. Síntomas: apnea, disnea, hipernea, asfixia, dor pleurítica, escumación e pneumoptise.

2.2.4. Procedementos de actuación.

2.3. Sistema circulatorio.

2.3.1. Conceptos básicos.

2.3.2. Mecanismos máis frecuentes de producción de lesións.

2.3.3. Síntomas: dor torácica, palpitacións, sangrado externo, sangrado de orificios.

2.3.4. Procedementos de actuación.

2.4. Sistema nervioso.

2.4.1. Conceptos básicos.

2.4.2. Mecanismos máis frecuentes de producción das lesións.

2.4.3. Síntomas: perda de conciencia, obnubilación, paresias e/ou parálise, movementos involuntarios, alteracións sensitivas, alteracións visuais.

2.4.4. Procedementos de actuación.

3. Parada cardiocirculatoria.

3.1. Xeneralidades.

3.2. Recoñecemento dos síntomas.

3.3. Reanimación cardiopulmonar.

3.3.1. A.B.C. da RCP.

3.3.2. Procedementos de reanimación, en solitario ou con axudantes.

4. Accidentes derivados do traballo.

4.1. Accidentes traumáticos.

4.1.1. Craniais.

4.1.2. Torácicos.

4.1.3. En extremidades.

4.2. Accidentes químicos.

4.3. Accidentes térmicos.

4.4. Accidentes por onda expansiva.

4.5. Ergonomía do traballo. Saúde e hixiene laboral.

5. Accidentes derivados do medio subacuático e hiperbárico.

5.1. Conceptos xerais.

5.1.1. Afogamento.

5.1.2. Vómitos baixo a auga.

5.1.3. Accidentes en oídos, seos e órganos vestibulares.

5.1.4. Sobrepresión pulmonar.

5.1.5. Enfermidade descompresiva.

5.1.6. Toxicidade dos gases: 0, CO, N e CO.

5.1.7. Protocolos de actuación.

5.1.8. Plans de emerxencia e evacuación.

Á finalización do curso é preciso superar unha proba de coñecementos.

Nivel II (10 horas).

1. Exame do paciente.

2. Signos vitais.

3. Presión parcial do osíxeno.

4. Fisioloxía de altas presións. SNAP (síndrome nerviosa de altas presións).

5. Emerxencias médicas en torretas de mergullo.

6. Transferencia dun accidentado desde a torreta á cámara principal.

7. Sintomatoloxía e diagnóstico dun accidente de descompresión.

8. Embolia gasosa.

9. Barotrauma pulmonar.

Á finalización do curso é preciso superar unha proba de coñecementos.

Reciclaxes.

Realizaranse unha vez cada 5 anos.

Nivel I: 8 horas de prácticas sobre materia do programa do curso do seu mesmo nivel.

Nivel II: 4 horas de prácticas sobre materia do programa do curso do seu mesmo nivel.

ANEXO VIII

MÍNIMOS NECESARIOS DE PERSOAL E TITULACIÓN PARA IMPARTI-LOS CURSOS DOS TÍTULOS E ESPECIALIDADES DE MERGULLO PROFESIONAL

Núm. máximo de alumnos por curso.

Mergullador en apnea: 20 alumnos.

Outras titulacións e especialidades: 12 alumnos.

Persoal mínimo necesario por curso.

1. Mergullador en apnea.

1 Mergullador instructor profesional.

1 Mergullador profesional de 2ª clase.

1 Licenciado en medicina e cirurxía inscrito no censo establecido no artigo 43 da presente orde ou un diplomado universitario en enfermería, con experiencia en medicina subacuática.

2. Iniciación ó mergullo profesional.

1 Instructor de mergullo profesional.

2 Mergulladores profesionais de 2ª clase con polo menos unha especialidade subacuática.

1 Licenciado en medicina e cirurxía inscrito no censo establecido no artigo 43 da presente orde ou un diplomado universitario en enfermería, con experiencia en medicina subacuática.

3. Mergullador profesional de 2ª clase restrinxido.

1 Mergullador instructor profesional.

3 Mergulladores profesionais de 2ª clase con polo menos unha especialidade subacuática.

1 Licenciado en medicina e cirurxía inscrito no censo establecido no artigo 43 da presente orde ou un diplomado universitario en enfermería, con experiencia en medicina subacuática.

4. Mergullador profesional de 2ª clase.

1 Mergullador instructor profesional.

3 Mergulladores profesionais de 1ª clase.

1 Licenciado en medicina e cirurxía inscrito no censo establecido no artigo 43 da presente orde ou un diplomado universitario en enfermería, con experiencia en medicina subacuática.

5. Mergullador profesional de 1ª clase.

2 Instructores de mergullo profesional.

2 Mergulladores profesionais de 1ª clase, coa especialidade de instalacións e sistemas de mergullo.

1 Licenciado en medicina e cirurxía inscrito no censo establecido no artigo 43 da presente orde ou un diplomado universitario en enfermería, con experiencia en medicina subacuática.

6. Curso de programación e ensinanza de mergullo profesional.

2 Instructores de mergullo profesional.

1 Licenciado en psicoloxía que estea en posesión do curso de 25 horas ó que fai referencia o artigo 44 da presente orde.

1 Licenciado en pedagoxía.

7. Especialidades subacuáticas.

1 Mergullador instructor profesional coa especialidade a impartir.

2 Mergulladores profesionais de 1ª clase coa especialidade a impartir. En caso de especialidades de nova creación, deberán acreditar coñecementos e experiencia profesional no campo.

1 Licenciado en medicina e cirurxía inscrito no censo establecido no artigo 43 da presente orde ou un diplomado universitario en enfermería, con experiencia en medicina subacuática.

8. Curso de primeiros auxilios para mergulladores profesionais nivel I e II.

1 Licenciado en medicina e cirurxía inscrito no censo establecido no artigo 43 da presente orde.

1 Diplomado universitario en enfermería, con experiencia en medicina subacuática.

ANEXO IX

AVALIACIÓN PSICOLÓXICA E EXAME MÉDICO PARA MERGULLADORES PROFESIONAIS

A. Avaliación psicolóxica de aptitude para a práctica do mergullo profesional:

A realización da avaliación psicolóxica de aptitude que se efectúe ós mergulladores profesionais ou ós que queiran acceder a unha titulación de mergullo profesional axustarase ás seguintes normas e protocolos de actuación.

1. Avaliación psicolóxica de mergulladores profesionais.

A certificación de aptitude deste exame indicará a presencia no traballador de habilidades psicosociais e niveis de competencia cognitiva e emocional apropiadas á práctica do mergullo profesional, actividade que presenta algunhas características de risco relevantes desde o punto de vista psicolóxico.

Para a realización da avaliación o psicólogo utilizará, como mínimo, as técnicas de:

-Entrevista.

-Aplicación das probas obxectivas psicométricas que considere máis apropiadas.

2. Periodicidade.

A periodicidade das avaliacións psicolóxicas será de cinco anos. En calquera caso o facultativo recoñecedor poderá determinar un período menor cando existan causas que o xustifiquen, debendo, neste caso, indicalo así no informe de avaliación que expida.

Poderanse solicitar avaliacións de maneira excepcional:

-A petición do propio interesado.

-Cando se detecte a aparición dun problema que poida incidir no normal desenvolvemento da actividade.

3. Criterios de avaliación.

Para a determinación da aptitude dos aspirantes deberanse de considerar: como criterios excluíntes:

-A existencia de calquera tipo de psicopatoloxía.

-Calquera tipo de demencia.

-Trastornos mentais debidos a enfermidade médica.

-Trastornos relacionados co consumo de substancias.

-Esquizofrenia e calquera psicose.

-Trastornos do estado de ánimo.

-Trastornos de ansiedade.

-Trastornos somatomorfos.

-Trastornos facticios, disociativos. Da conducta alimentaria, do sono, do control de impulsos.

-Trastornos adaptativos.

-Trastornos do desenvolvemento intelectual.

-Trastornos da personalidade.

Como perfil psicolóxico axustado á actividade, os seguintes:

-Estabilidade emocional: emocionalmente madura, estable e constante nos seus intereses, enfoque realista da vida.

-Autocontrol: controla as súas emocións, posúe hábitos de traballo.

-Responsabilidade: persoa práctica, lóxica e emocionalmente disciplinada, constante nas súas tarefas.

-Atrevemento: persoa emprendedora, que non teme os riscos.

-Seguridade: persoa confiada en si mesma, sen temores e autosuficiente.

-Sociabilidade: disposto a cooperar, atento coas persoas, adaptable e que conxenia.

A superación da avaliación psicolóxica de aptitude está suxeita á limitación temporal propia dela e entenderase como comprometida cando concorran circunstancias laborais ou persoais excepcionais.

4. Requisitos dos psicólogos avaliadores.

Estaren inscritos no censo que se establece no artigo 43º da presente orde.

B. Exames médicos a mergulladores profesionais.

A realización dos recoñecementos médicos que se lles practiquen ós mergulladores profesionais ou ós que queiran acceder a unha titulación de mergullo profesional axustaranse ás seguintes normas e protocolos de actuación.

1. Modalidades de exames médicos en mergullo profesional.

Os exames médicos previstos no Decreto 152/1998, do 15 de maio, polo que se establecen

as condicións para o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia serán:

* Exame inicial.

É o estudio que ten como obxectivo descartar contraindicacións médicas previas á obtención do primeiro título de mergullo profesional.

* Exame periódico.

É o estudio que ten como obxectivos:

-Verificar que o suxeito mantén unha capacidade física suficiente para o seu nivel de cualificación como mergullador.

-Vixia-la aparición de patoloxías derivadas da súa actividade laboral subacuática.

-Determinar periodicamente unha aptitude para a práctica da súa actividade laboral.

-Permitir, mediante o estudio e análise dos datos obtidos, un coñecemento real das repercusións sociosanitarias desta actividade.

2. Periodicidade.

A periodicidade dos exames médicos será anual. En calquera caso o facultativo recoñecedor poderá determinar un período menor cando existan causas que o xustifiquen debendo, neste caso, indicalo así no certificado que expida ou na anotación do libro diario de mergullo.

Poderán solicitarse exames de maneira excepcional:

-A petición do propio interesado.

-Cando se detecte a aparición dun problema médico que poida interferir co normal desenvolvemento da súa actividade.

-Cando sexa imprescindible para avalia-los efectos das condicións de traballo na saúde dos traballadores.

-Por cambio a un traballo de maior risco.

-Para o acceso a unha titulación de mergullo superior.

3. Contido dos exames médicos.

O exame médico inicial constará de:

-Declaración persoal de saúde (modelo I).

-Modelo de historia clínica (modelo II):

-Filiación.

-Anamnese.

-Exploración clínica.

-Probas complementarias: analítica de sangue e urina. Radiografías de tórax postero-anterior en inspiración e expiración, Rx lateral de tórax, Rx de seos paranasais, Rx de cintura escapular, pelviana e de ámbolos dous xeonllos, espirometría, electrocardiograma, ergometría, audiometría, impedanciometría e campimetría.

O exame periódico constará de:

-Declaración persoal de saúde (modelo IV).

-Modelo de historia clínica (modelo V):

-Filiación.

-Historia laboral.

-Anamnese.

-Exploración clínica.

-Probas complementarias: determinaranse polo médico recoñecedor en función da evolución da historia clínica e laboral do mergullador.

4. Resultados do exame médico.

No exame inicial teranse en conta as recomendacións sobre as condicións de non aptitude descritas no cadro III. Se o resultado do exame é positivo cualificarase como apto e consignarase nun certificado médico oficial.

No exame periódico, a aptitude será determinada polo médico recoñecedor en función da evolución da historia clínica e laboral do mergullador, podendo servir como orientación as recomendacións determinadas no cadro III. O resultado do exame consignarase no diario do mergullador e poderá cualificarse como:

-Apto.

Será declarado apto para o exercicio das funcións que o capacita a súa titulación profesional aquel mergullador que non padeza enfermidades nin defectos psicofísicos que lle dificulte a súa actividade laboral, nin que poidan agravarse con ela ou constituír un risco para el ou os seus compañeiros.

-Apto con restriccións.

Será declarado apto con restriccións para o exercicio das atribucións propias da súa titulación profesional aquel mergullador que teña a súa actitude psicofísica limitada. Os tipos de restricción poderán ser en canto a profundidade máxima de traballo, tempo de estancia no medio, equipos que se empreguen, tipo de actividade laboral subacuática, distancia á costa ou outros factores de importancia a xuízo do médico recoñecedor.

Estas restriccións consignaranse no mesmo apartado do recoñecemento médico do diario do mergullador.

-Non apto temporal.

Será declarado non apto temporal aqueles mergullador que padeza no momento do recoñecemento, enfermidade ou defecto psicofísico recuperable, pero incompatible coa actividade subacuática.

-Non apto permanente.

Será declarado non apto permanente aquel mergullador que padeza enfermidade ou defecto físico non recuperable e incompatible con esta actividade.

5. Requisitos dos médicos recoñecedores.

Estar inscritos no censo que se establece no artigo 43 da presente orde.

CADRO III

RECOMENDACIÓNS SOBRE AS CONDICIÓNS DE APTITUDE PREVIAS Á OBTENCIÓN DO PRIMEIRO TÍTULO DE MERGULLO PROFESIONAL

* Xeral.

A idade mínima será de 16 anos e non se recomenda comezar a partir dos 40 anos.

O embarazo contraindica a práctica do mergullo.

Unha sobrecarga ponderal evidente debe de ser considerada como unha contraindicación para a exposición ó medio hiperbárico.

Será causa de non aptitude a dependencia ou hábito a drogas de calquera tipo, incluído o alcoholismo.

Referente ó hábito tabáquico, consignarase a cantidade e valorarase a súa repercusión sobre o aparello cardio-respiratorio.

* Aparello respiratorio.

Serán causa de non aptitude os antecedentes de pneumotórax espontáneo.

Valoraranse os antecedentes clínicos da asma. Será causa de exclusión para a práctica de mergullo profesional a presencia de crises que teñan requirido atención médica nos últimos 24 meses.

Será causa de non aptitude os signos radiolóxicos compatibles con presencia de cistes, bullas enfisematosas, zonas de bronquiectasia ou atelectasia e adherencias pleurais.

Toda patoloxía que poida supoñer cadros obstructivos, restrictivos ou de atrapamento aéreopulmonar serán causa de non aptitude.

Nas probas funcionais espirométricas, os valores das constantes medidas non deberán de ser inferiores ó 75% dos valores de referencia.

* Aparello cardiovascular.

Serán causa de non aptitude:

-Calquera cardiopatía conxénita.

-A cardiopatía isquémica en calquera das súas manifestacións.

-Calquera valvulopatía, excepto as insuficiencias valvulares leves con boa resposta ó exercicio físico e sen repercusión funcional, demostrada por ecocardiografía e ergometría.

-Tódolos trastornos do ritmo cardíaco, excepto as arritmias sinusais e as extrasístoles illadas que desaparecen co exercicio.

-Calquera trastorno da conducción, excepto o bloqueo illado de rama dereita.

-As cifras de presión arterial superiores a 140 mm de Hg de sistólica e 90 mm de Hg de diastólica.

-A hipotensión arterial con manifestacións vagas e episodios de ortostatismo.

-A insuficiencia vascular periférica arterial.

-A insuficiencia venosa periférica, ben con antecedentes de flebite ou presencia de trastornos tróficos ou presencia de tractos varicosos.

-Calquera patoloxía cardíaca que poida limita-la actividade ou agravarse co exercicio físico que supón a práctica de mergullo.

* O.R.L.

Serán causa de non aptitude:

-Todo proceso que curse con obstrucción respiratoria nasal, ben sexa de causa conxénita, traumática ou inflamatoria (polipose nasal, hipertrofia de cornetes e mucosas).

-Sinupatías con alteracións clínicas ou radiolóxicas.

-Incapacidade anatómica ou funcional de equilibrar presións no oído medio, requiríndose un grao de permeabilidade normal da trompa de Eustaquio.

-A existencia de curvas de timpanometría compatibles con patoloxía de cadea osicular, obstrucción tubárica ou líquido no oído medio.

-As perdas de audición superiores a 30 dB nas frecuencias de 250, 500, 1000 e 2000 Hz.

-Calquera trastorno do equilibrio de causa labiríntica.

-Valorarase calquera antecedente otorrinolaringolóxico que se poida agravar co exercicio profesional en medio hiperbárico.

* Oftalmoloxía.

Serán causa de non aptitude:

-A agudeza visual inferior a 2/3 en cada un dos ollos.

-As alteracións cromáticas severas.

-A glaucoma e calquera proceso susceptible de producir hipertensión ocular (enfermidades uveais, vasculares, cirurxía, corticoterapia local, secuelas de traumatismos, etc.).

-Retinopatías.

-A queratotomía radial, ata un período de 12 meses posterior á intervención.

-Valorarase calquera patoloxía que se poida agravar polo exercicio profesional en medio hiperbárico.

* Aparello dixestivo.

Serán causa de non aptitude:

-A presencia de próteses dentais móbiles.

-Aerofaxia e meteorismo.

-Hernia de hiato.

-Úlcera gástrica ou duodenal en fase aguda.

-Hernias inguinais, umbilicais, eventracións e dehiscencias da parede muscular.

-Hepatopatías en fase aguda e calquera hepatopatía crónica.

-Calquera proceso inflamatorio intestinal de evolución crónica.

-Valorarase calquera patoloxía dixestiva susceptible de recidivas ou de complicacións polo traballo en medio hiperbárico.

* Sistema nervioso.

Serán causa de non aptitude:

-Cadros migrañosos con manifestacións neurolóxicas.

-Antecedentes de perdas de consciencia espontáneas e cadros convulsivos de calquera etioloxía.

-Epilepsia en calquera das súas formas clínicas.

-Cirurxía intracranial e secuelas de traumatismos cranioencefálicos.

-Calquera antecedente de patoloxías con focalidade neurolóxica.

-Calquera cadro que afecte a integridade do sistema nervioso, central ou periférico.

-Antecedentes ou sospeita clínica de trastornos psiquiátricos.

-Calquera trastorno psicolóxico ou alteracións da personalidade, comportamento e adaptación, que comprometa a seguridade da práctica do mergullo.

* Aparello locomotor.

Son causa de non aptitude:

-As anomalías da raque e extremidades que impidan o emprego de equipos estándar de mergullo ou limiten o desenvolvemento na auga.

-Antecedentes de patoloxía discal.

-Calquera artropatía aguda ou crónica, de etioloxía traumática ou inflamatoria.

-Calquera alteración ou lesión ósea que supoña compromiso vascular.

-Conectivopatías e calquera proceso neuromuscular ou muscular sistémico.

* Dermatoloxía.

Serán causa de non aptitude:

-As dermopatías que cursen con hipersensibilización a materiais e equipos de mergullo, as que impliquen risco de contaxio e calquera que poida agravarse pola exposición solar e ó medio acuático.

* Outras causas de exclusión.

Serán causa de non aptitude:

-Alteracións do hemograma, poliglobulia e anemia.

-Hemoglobinopatías, presencia de células falciformes, diana e talasemia (excepto minor con valores analíticos en límite normalidade).

-Calquera coagulopatía.

-Calquera afectación crónica ou dexenerativa de médula ósea e tecido linfoide.

-Calquera endocrinopatía ou alteración metabólica con repercusión sistémica ou que precise tratamento médico periódico ou continuado.

-Cadros alérxicos, en calquera das súas causas que precisen tratamento periódico ou continuado.

-Enfermidades infectocontaxiosas e patoloxías que afecten o sistema inmunitario.

-Nefropatías.

De modo xeral, nos recoñecementos médicos iniciais serán así mesmo causa de exclusión aquelas patoloxías non descritas nesta relación que, a xuízo do médico recoñecedor, poidan compromete-la seguridade do mergullador; para avaliar este apartado farase de acordo coa bibliografía e coñecementos cientificamente documentados e actualizados.