Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 21 de xuño de 1999 Páx. 7.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 179/1999, do 17 de xuño, polo que se concede a Medalla de Ouro de Galicia a Paulo Coelho.

En atención ós méritos que concorren en Paulo Coelho, e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgallle a súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Paulo Coelho.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública