Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de demasías número 606.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública

a petición das demasías producidas na concesión de explotación Mercedes nº 606, situada no termo municipal de Valga, solicitadas por Novo y Sierra, S.A.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días a partir desta publicación, os titulares das concesións mineiras estremeiras con Mercedes nº 606, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 1 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra